
Eleccións Municipais 2011

Sede: R/. Cardenal Cisneros, 60 Baixo 15007 A Coruña
Teléfono Grupo Municipal: 981 189 878
Teléfono Voceiro do Grupo Municipal: 608 025 970
Correo-e: eu-coruna@esquerdaunida.org

Coordinador Comarcal e Voceiro do Grupo Municipal da Coruña

César Santiso, nacido en 1968, é técnico informático funcionario da Deputación da Coruña desde o ano 1993. Con anterioridade dirixiu unha empresa de informática creada en modo coperativista entre varios compañeiros de estudos.
Desde os 16 anos participa activamente na defensa do medio ambiente, sendo moi coñecido nos sectores máis alternativos do movemento ecoloxista, onde destaca polas súas achegas en sectores como bioconstrucción, decrecemento sostible, permacultura, agricultura ecolóxica, autosuficiencia, crise enerxética ou solidariedade.
Paralelamente desenvolve unha intensa actividade sindical en CCOO como responsable da Coordinación Comarcal do Sector da Administración Local na Coruña, o que unido ao seu traballo profesional permítelle ser un gran coñecedor da problemática administrativa, organizativa e económica dos concellos e por conseguinte ter unha gran perspectiva dos entes locais.
Convencido de que para transformar a sociedade non é suficiente con manter un estilo de vida harmónico coa natureza e solidario cos seres humanos, senón que é necesario implicarse na vida política, ingresa en Esquerda Unida onde logo dun período de militancia de base, accede a Secretaría de Organización Comarcal da Coruña en 2008 para pasar á Secretaría de Organización Nacional en 2009, cargo que abandonou recentemente para encargarse da Coordinación Comarcal da Coruña, aínda que mantén a súa condición de membro da Executiva Nacional.
Un dos seus maiores avais, tanto en política como en ecoloxismo e sindicalismo, é a coherencia entre o seu discurso e o seu modo de vida, baseado en principios de decrecemento sostible, consumo responsable, solidariedade e honradez.
Executiva Comarcal
Coordinador: César Santiso
Secretaría de Organización: Jorge Gil Morabes
Secretaría de Política Municipal: Elena González
Secretaría de Movementos Sociais: Miguel Novoa
Secretaría de Medio Ambiente: Alvaro Trillo
Consello Político Comarcal
Alba Sánchez, Alberto Vilariño, Almudena García, Antonio Bruquetas, César Santiso, Elena González, Eleuterio Vázquez, Fran Novoa, Jesús Liste, Jorge Gil Morabes, Juan Fernández, Miguel Novoa, Tino Pan.