jSharing - JA Teline III

O Concello incumpre coa Arroutada

Correo-e Imprimir PDF

EU-V tivo que mediar entre os organizadores e Goberno municipal para que A Coruña puidese contar cun evento de proxección estatal como é a Arroutada Party.

 

Así logo de intensos contactos o 25 de outubro chegouse a un acordo para que finalmente A Coruña tivese a súa Arroutada dos días 17 ao 20 de novembro no Coliseum, acordo acadado baixo a premisa de que o Concello resolvese unha serie de deficiencias denunciadas pola asociación sen ánimo de lucro, AMIGA, organizadora do evento, xunto á xestión da conexión a Internet como propoñía Esquerda Unida.

 

O voceiro do grupo municipal de EU-V, César Santiso, acompañado da candidata ao congreso dos deputados, mariluz canal, visitaron hoxe a Arroutada Party como mostra de apoio aos organizadores dun evento con dezasete anos de historia na Coruña que a xuízo de Esquerda Unida ten grande importancia, pois fomenta a imaxe da Coruña como cidade moza, emprendedora, e destino turístico.

 

César Santiso puido comprobar “in sistu” as queixas dos organizadores e declarou “como coruñés síntome decepcionado, como membro da corporación avergoñado polo desinterese amosado polo Goberno local. Negociase para chegar a acordos que logo deben cumprirse, o traballo institucional non remata coa foto e o titular como pensa o Goberno municipal, senón que é cando realmente empeza”.

 

Así, Santiso enumerou algunhas das queixas que recibiu, como un atraso de máis de 12 horas na cesión en condicións do Coliseum para poder preparar o evento, pois no momento da hora e data pactada, o martes as 09:00 h., aínda estaban sen desmontar as estruturas utilizadas no evento anterior. Tanto é así que os propios membros da organización tiveron que varrer o chan que estaba cunha grosa capa de area, pois o Concello en lugar de incorporar os mecanismos necesarios para a extracción da area, tan so puxo a dúas persoas a varrer manualmente, motivo polo cal a Arroutada, onde cabe recordar que moitos participantes quedan a durmir, está chea de po de area. Por outra banda tamén houbo eivas en canto ao tamaño do palco, máis grande do acordado, o que obrigou á organización a redeseñar os espazos.

 

Outra mostra da desorganización amosada polo Concello o constitúe o feito de que a organización non tivo constancia da operatividade da conexión de Internet ata a noite do mércores, ou que parte das cadeiras para os participantes chegaba precisamente cando estaba a finalizar a visita, as 14:00 h. cando o evento empezara catro horas antes.

 

Esquerda Unida denuncia que o Goberno municipal incumpriu parte do acordo acadado para evitar que A Coruña quedase este ano sen Arroutada Party.