
Unha vez máis EU Coruña, actúa como altofalante da cidadanía, nesta ocasión membros da organización acudiron ao final da rúa Oleoducto para comprobar in situ as queixas da veciñanza.
Esquerda Unida denuncia un vertedoiro ilegal e descontrolado na rúa Oleoducto, situación inconcibíbel en pleno século XXI para unha cidade que se di moderna é aspira a estar a vangarda española e europea. De pouco sirve incorporarse a rede de cidades intelixentes si os poderes públicos non son quen de erradicar estas prácticas ou a lo menos actuar con dilixencia e rapidez diante deste tipo de actuacións incívicas.
Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe ao Goberno municipal que proceda a limpeza da zona e a tomar as medidas oportunas para recuperar os descampados da nosa cidade para o uso e goce público, en lugar de permitir a súa degradación e conversión en espazos marxinais.
O voceiro de EU-V, César Santiso, que indicou que “entendemos a política como un servizo a cidadanía, por iso sempre acudiremos cando a veciñanza nos reclame para tentar axudar na medida das nosas posibilidades”, propuxo transformar temporalmente todos os descampados abandonados en hortos urbanos “para recuperar zonas verdes degradadas e posibilitar unha nova ferramenta de subsistencia nestes duros tempos de crise”.
César Santiso indicou que con esta iniciativa, moitas das persoas desempregadas poderían, non so aprender e practicar unha activade alternativa, senón a posibilidade de producir coas súas propias mans e sentirse útiles.







