jSharing - JA Teline III

Manifestación 19 de xullo

Correo-e Imprimir PDF

Fai un ano PP e PSOE, de costas á cidadanía e coa oposición frontal de Esquerda Unida, fraguaron unha reforma constitucional de grande calado, constitucionalizando un límite ao gasto público que abre a porta aos recortes sociais.

 

Esta modificación altera a decisión do constituiente plasmada no titulo preliminar onde di que España constitúese nun Estado social e democrático de dereito”, xa que logo estamos a falar dunha reforma estrutural e non coxuntural como argumentou o bipartito PPSOE para saltarse o control democrático e excluír a participación popular na reforma a través do referendo. Así o PSOE abriu a porta de par en par para que o PP aplicase cantos recortes ideolóxicos queira, recortando os dereitos conquistados e minguando un estado do benestar que xa de por si atopábase moi degradado logo das políticas antisociais aplicadas polo goberno Zapatero.

 

O consello comarcal de Esquerda Unida chama a cidadanía a participares masivamente na manifestación do xoves 19 que partirá as 20:00 h. da Praza da Palloza para rexeitar uns recortes tan inxustos como ineficaces. Efectivamente os novos recortes aprobados en Consello de Ministros dous días despois, nun novo “venres de paixón” evidencian que o PP está a levar a ruína ao país e a pobreza a cidadanía, desincentivando o consumo e deprimindo a economía con medidas como a suba do IVE ou o roubo da paga extra dos empregados públicos e castigando as familias traballadoras e os sectores máis débiles da sociedade cos recortes a desempregados, a dependentes, ou a renda básica de emancipación para a mocidade.

 

Diante desta situación, o noso grupo parlamentar “a esquerda plural” por medio do seu voceiro, Cayo Lara, esixiu ao Goberno a convocatoria dun referendo na comparecencia do Presidente do Goberno do 11 de xullo para explicar as subas de impostos e recortes contra a maioría social, mais como non houbo resposta Esquerda Unida – Os Verdes presenta unha Proposición non de lei para someter a referendo consultivo os recortes antisociais aprobados no Real-Decreto Lei 20/2013 de 13 de xullo de medidas para garantir a estabilidade presupostaria e o fomento da competitividade. A devandita PNL rexistrouse o luns día 13, primeiro día laboral logo da publicación no BOE do RD.

 

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, manifestou a súa enorme satisfacción pola unidade sindical acadada e indicou que “Esquerda Unida leva tempo pulando pola unidade de acción porque somos coñecedores que xuntos podemos vencer aos mercados e aos lacaios que os defenden”.