jSharing - JA Teline III

Rolda de Prensa moción Aminetou Haidar

Correo-e Imprimir PDF

Unha representación do Consello Local da Coruña, encabezada pola Cooridnadora Local Alba Sánchez e o Secretario de Organización Nacional, César Santiso, ven de presentar unha moción en solidariedade con Aminetou Haidar e a causa palestina ante o Concello da Coruña.

 

Segundo expresou Alba Sánchez, Esquerda Unida condena e expulsión inxustificada do Sahara Occidental da activista polos dereitos humanos, Aminetou Haidar, afastándoa da súa familia e do seu pobo polo que leva tantos anos de loita pacífica.

 

Así mesmo a Coordinadora local condenou a complicidade das autoridades españolas na retención ilegal de Aminetou, vulnerando os seus dereitos humanos e a propia lexislación   española. Por lo que solicitou que se restitúa inmediatamente o dereito de Aminetou a regresar ao seu país con todas as garantías para a súa integridade persoal.

 

Por outra banda César Santiso expresou que supón unha auténtica tristura que teña que ser un drama persoal, como o que está a acontecer con Aminetou, o que traia a primer plano da actualidade a lamentábel situación que está a vivir o pobo saharauí debido as continuas violacións dos dereitos humanos cometidas por Marrocos co silencio cómplice dos distintos executivos que gobernaron España.

 

Esquerda Unida está a presentar mocións nos distintos concellos da Galiza coa intención de mostrar a solidariedade dos galegos e galegas con Aminetou e o pobo saharauí. Neste senso xa está presentadas mocións en Mugardos, Ponteareas, Lugo, A Guarda, Ferrol e agora na Coruña, xa que logo, EU considera fundamental contar co apoio da cidadanía coruñesa. Nos días vindeiros moitas outras mocións presentáranse nos concellos galegos.

 

Nestas mocións Esquerda Unida solicita que os acordos acadadados polo pleno das corporacións se envíen ao Goberno Español, coa intención de abrir un profundo e sincero debate que posibilite que España lidere unha posición internacional a prol da liberdade do pobo saharauí, tal e como mandata a resolución da ONU que ata o de agora incumpriuse sistematicamente. Situación que na actualidade atópase moi afastada, xa que logo, o Goberno Español está a actuar con hipocrisía e falta de valentía no exercicio dunha diplomacia mal entendida.