Direción: Rúa do Sol, 124 entrechán esq.
Localidade: Ferrol
Provincia: A Coruña
Teléfono: 981 356 773
Fax: 981 356 773 - eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
JAVIER GALÁN AGLUTINOU AO REDOR DA SÚA PROPOSTA Á MAIORÍA DO PADROADO: INSTAR ÁS EMPRESAS A NEGOCIAR COS TRABALLADORES PARA CHEGAR A UN ACORDO
APROBOUSE TAMÉN, A PROPOSTA DE ESQUERDA UNIDA, RESCINDIR A CONTRATA ÁS EMPRESAS EN CASO DE PERSISTIR O CONFLITO
Esquerda Unida tense que felicitar polo desenlace da xunta do Padroado de Deportes de onte, onde á proposta de Javier Galán, representante do Grupo Municipal de EU, someteuse a votación unha proposta alternativa, defensora das e dos traballadores en folga, que saíu aprobada por maioría.
Con anterioridade, Leopoldo Ibáñez, do Grupo Municipal de IF, defendera outra proposición na que tanto se defendía que as partes negociaran canto que se procedera a apertura das instalacións deportivas, o que supuña un golpe certo ás demandas das e dos traballadores das instalacións deportivas.
Javier Galán, diante do silencio do Goberno Municipal, afirmou unha proposta alternativa, baseada en dous puntos.
Instar ás dúas empresas a negociar coa representación sindical das e dos traballadores das instalacións deportivas. Hai que lembrar a negativa das empresas a sentarse á mesa de negociacións. Negativa inaceptable e prepotente, diante dunhas demandas máis que razonables: acadar os 1.000 euros mediante subas escalonadas para o ano 2012. Hoxendía os salarios non superan os 800 euros coas pagas extraordinarias prorrateadas.
Resolver a rescisión das contratas ás dúas empresas, no caso de persistir a súa negativa a chegar a un acordo satisfactorio aos intereses do cadro de persoal.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida, consonte o aprobado no Pleno pasado, exerceu no Padroado unha defensa eficaz dos intereses dos traballadores e traballadoras en folga.
Javier Galán reclama do Goberno Municipal un traballo incesante e firme diante das empresas na defensa da plantilla en folga, no convencemento de que de facelo así o Goberno obterá resultados diante das devanditas empresas, que manteñen unha actitude de prepotencia, que da a razón aos partidarios de municipalizar este servizo, como é o caso de EU.
Ferrol, venres 5 de febreiro de 2010
EU EXPRESA O SEU RESPALDO E FAISE ECO DAS RECLAMACIÓNS DA PLANTILLA
YOLANDA DÍAZ INSTA AO GOBERNO A QUE SE REÚNA COA REPRESENTACIÓN SINDICAL E FORCE Á EMPRESA A CUMPRIR COA LEGALIDADE DO CONVENIO
O Grupo Municipal vén de manter unha xunta cunha representación do comité de empresa de Urbaser no que se nos informou da existencia dun conxunto de incumprimentos e malas prácticas por parte da empresa.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere expresar o seu apoio as demandas das e dos traballadores de Urbaser en Ferrol diante das reiterados incumprimentos do convenio colectivo. Incumprimentos e prepotencia caracterizan o mal quefacer da empresa en relación coa plantilla.
As reclamacións das e dos traballadores fan fincapé nas anomalías que supoñen a vulneración de artigos do convenio. Así a empresa vulnera o artigo 8 do convenio colectivo, cando nomea un capataz que non figura na relación de traballadores na empresa en Ferrol, constando no devandito artigo que a promoción para as prazas de superior categoría farase entre o persoal en activo no centro de traballo ao que se lle aplica este convenio, a saber, a plantilla adscrita ao servizo de limpeza pública, recollida e transporte de RSU do concello de Ferrol. O capataz nomeado pola empresa está adscrito a salvamento marítimo, nunha flagrante vulneración do convenio colectivo.
Outra das actuacións inaceptables forzadas pola empresa é o manter fóra da cidade os máis dos días á traballadora que leva a delegación de riscos laborais, que só vén moi de cando en cando por Ferrol. Coa moi grave problemática que arrastra o noso país en materia de sinistralidade laboral esta actuación semella inaceptable.
O mal quefacer da empresa tenta non deixar rastro no papel e desta maneira cando acceden a manter unha reunión coa representación sindical e impoñen que non haxa acta.
Incumprimentos do convenio e malas prácticas (caso de utilizar as instalacións de Ferrol para proceder a reparación de camións doutras localidades; ou a non garantía de confidencialidade nas nóminas, a causa de seren entregadas até hai pouco abertas ou agora sendo ensobradas sen garantirse a referida confidencialidade) conforman un penoso ronsel que denigra todos os días á empresa, que vén protagonizando un continuum de ataques aos dereitos das e dos traballadores.
Esquerda Unida reclama do Goberno Municipal que fagas as xestións oportunas conducentes a rematar con estas malas prácticas e ataques os dereitos das e dos traballadores. Primeiro mantendo unha reunión de urxencia coa representación sindical e acto seguido obrigando á empresa a ser escrupulosa no respecto ao convenio e aos dereitos das e dos traballadores de Urbaser en Ferrol.
Ferrol, martes 2 de febreiro de 2010
ESQUERDA UNIDA VAI PRESENTAR UNHA BATERÍA DE INICIATIVAS NO CONGRESO NA PROCURA DE CONQUERIR A DESAFECTACIÓN DE VARIAS INSTALACIÓNS MILITARES PARA QUE SEXAN DE USO UNIVERSITARIO
O Grupo Municipal de Esquerda Unida, xunto co deputado de EU no Congreso Gaspar Llamazares, manterán mañá martes, 2 de febreiro, ás 18:00 horas. unha reunión coa directiva da asociación veciñal de Esteiro na súa sede. Reunión na que abordarán a posible desafectación de varias instalacións militares enclavadas en Esteiro, para a continuación xirar un breve percorrido polo barrio para velas in situ. O deputado de EU visitará o local da directiva e o barrio acompañado pola Voceira do Grupo Municipal de EU, Yolanda Díaz, a coordinadora comarcal de EU, Rosana Llago e outros membros do Grupo Municipal.
Esquerda Unida vai reivindicar no contexto da necesaria ampliación dos espazos da universidade que o cuartel de Dolores, e os espazos conexos de Batallóns e Campo de Abaixo, asemade da residencia de oficiais sexan os elementos que garantan a ampliación da universidade no corazón da nosa cidade.
Esquerda Unida desenvolverá unha batería de iniciativas no Congreso na procura de conquerir a desafectación dunha serie de instalacións militares radicadas na zona de Esteiro e que deberían de servir para ampliar a universidade.
A histórica débeda que o exército mantén coa nosa cidade pode ser con esta operación en parte amortizada, ao través da desafectación destes terreos e instalacións para uso universitario. A universidade supón, hoxendía unha grande oportunidade para desenvolver as capacidades de futuro de Ferrol.
Ao xuízo do Grupo Municipal de EU cómpre que dende o concello se amose receptividade coas iniciativas axeitadas para prever o desenvolvemento no medio prazo do campus de Ferrol: esta é unha delas sen nengún xénero de dúvidas.
Ferrol, luns 1 de febreiro de 2010
O GRUPO MUNICIPAL ESIXE A INMEDIATA RESOLUCIÓN DO CONTRATO CON SERVIOCIO PARA PODER ACOMETER A REURBANIZACIÓN DA PRAZA DE SARTAÑA
SEMELLA INTOLERABLE QUE NESTES DOUS ANOS E MEDIO NADA SE TEÑA FEITO PARA RESOLVER A CUESTIÓN
O Grupo Municipal de Esquerda Unida esixe á alcaldía que de maneira inmediata comece o proceso que permita reurbanizar a praza de Sartaña, primeiro resolvendo o contrato de adxudicación que resta con Servicio para de seguido desenvolver o proxecto para reurbanizar a Praza de Sartaña. Non podemos deixar de advertir dende a nosa organización do risco –dada a parálise do Goberno neste punto– de que venza o mandato sen ter desenvolvido a actuación.
A Voceira do Grupo, Yolanda Díaz, lembra os diferentes acordos acadados a instancia de Esquerda Unida para facer efectiva a reurbanización da Praza de Sartaña. O acordo de goberno no verán de 2007 e logo o acordo orzamentario de maio de 2009 seguen aínda sen verse feitos realidade no que atinxe a Sartaña.
De resultas da falla de cumprimento dos seus compromisos polo Goberno Municipal xorde unha enésima iniciativa de Esquerda Unida para atender á reurbanización da Praza de Sartaña. Diante das posibles actuacións a desenvolver ao abeiro dos fondos FEIL 2010, o noso Grupo Municipal propuxo incluír a reurbanización da Praza de Sartaña no conxunto de actuación contempladas, proposta que o Goberno Municipal aceptou.
Logo a marcha atrás do Goberno deixa en evidencia o desinterese do actual Goberno Municipal para resolver unha cuestión senlleira para a cidade como é o tema de Sartaña, cuestión que é central para o noso Grupo Municipal.
Semella esgotador o catálogo de declaracións feitas polo Goberno Municipal e polo propio Alcalde nos que anunciaba a súa vontade de arranxar Sartaña concordando co sentir da cidadanía xa dende os tempos da precampaña electoral das municipais 2007. O alcalde indicaba que sería unha das súas 75 primeiras accións de Goberno, evitando facer a política da avestruz.
Na reunión que mantivera coa veciñanza de Sartaña, en abril de 2007, o futuro alcalde avanzara o seu compromiso tanto para evitar a construción da piscina na praza canto a súa determinación de facer realidade a reurbanización da praza para facela un verdadeiro punto de encontro para a cidadanía. Amosárase, entón, favorable a redefinir os usos de maneira consensuada coa veciñanza e a aprobar actuacións de mellora na contorna da praza.
O certo é que alén das declaracións en campaña e logo dela, nada fixo este Goberno pola reurbanización da praza e, xa que logo, para facer efectivas as arelas da veciñanza que leva anos traballando para conquerir que a Praza de Sartaña sexa un espazo para a vida e o encontro da cidadanía, con espazos que permitan acoller as diferentes persoas que a vaian a disfrutar, dende os nenos e nenas até os maiores.
Logo de tantos acordos incumpridos e de declaracións de intencións baleiras, Esquerda Unida reclama a fin das dilacións, da parálise e o estrito e rápido cumprimento dun proxecto que para nós ten a condición de fundamental.
Ferrol, luns 1 de febreiro de 2010
YOLANDA DÍAZ, VOCEIRA DO GRUPO, AFIRMA O COMPROMISO DE EU COA VECIÑANZA DE SARTAÑA
INCAPACIDADE E DESLEIXO EXPLICAN QUE TRAS DOUS ANOS E MEDIO NON SE TEÑA RESOLTO SARTAÑA
O Grupo Municipal de Esquerda Unida ten que denunciar que o Goberno Municipal retire da relación das obras do FEIL 2010 a reurbanización da Praza de Sartaña, iniciativa que se incorporou ao catálogo de actuacións grazas a insistencia e proposta de Esquerda Unida.
Non acertamos a entender os motivos que explican que tras dous ano e medio de xestión nada se teña feito para arranxar Sartaña. Se acaso, a nosa organización ten que considerar como explicacións plausibles deste non facer do Goberno Municipal o seu desleixo e a súa incapacidade para desenvolver os proxectos que melloran de maneira evidente a vida cotián da nosa cidadanía.
As arduas negociacións que ao longo destes días se desenvolveron e permitiran acadar un acordo do noso Grupo Municipal co Goberno, acordo que supuña entre outras melloras a reurbanización da devandita Praza de Sartaña, a iniciativa de Esquerda Unida, rompeuse diante desta incomprensible marcha atrás do Goberno Municipal.
Esquerda Unida quere lembrar a necesidade de levar a Pleno a relación de iniciativas contempladas ao abeiro do FEIL 2010 polo acordo plenario de novembro deste ano que así mandata ao Goberno Municipal: consenso e aprobación plenaria é o que reclama o noso Grupo Municipal.
A Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, reafirma o noso máis firme compromiso coa reurbanización da Praza de Sartaña, cunha demanda cidadá que o noso Grupo Municipal vai manter a pesares dos obstáculos e do desinterese deste mal Goberno.
Ferrol, venres 29 de xaneiro de 2010
EU SALIENTA A IMPORTANCIA DESTA UNIDADE PARA SALVAGARDAR O MEDIO AMBIENTE DE INACEPTABLES AGRESIÓNS MEDIOAMBIENTAIS E URBANÍSTICAS
O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere facer constar a súa satisfacción polas actuacións da recuperada unidade de policía medio ambiental desenvolvidas na zona de Doniños. As construcións irregulares en Doniños son un bo exemplo do valor desta unidade, que a nosa organización recuperou coa súa proposta de outubro.
Esquerda Unida salienta o valor desta unidade policial, recuperada a raíz dunha proposta en forma de moción presentada por Esquerda Unida ao Pleno, en data de 29 de outubro.
A protección da inigualable contorna natural que posuímos na nosa cidade supón un desafío da meirande importancia para nós e supón un valor certo para unha cidadanía cunha cada vez máis acentuada conciencia medioambiental. A unidade policial medioambiental supón unha axuda indispensable para facer cumprir unha legalidade respectuosa co noso medio.
Aínda hai uns días, Esquerda Unida denunciou un verquido que afectou á praia de Cariño. A sucesión dos verquidos neste areal expresa outra vez a realidade de agresións medioambientais que requiren unha resposta eficaz e rápida das administracións públicas.
Para Esquerda Unida esta unidade policial contribúe de maneira certa a protexer a nosa legalidade; legalidade que ten o sentido de procurar unha utilización racional de todos os recursos naturais públicos e, xa que logo, a mellorar a calidade de vida da nosa cidadanía.
Ferrol, xoves 28 de xaneiro de 2010
O GRUPO MUNICIPAL DE EU DENUNCIA A DEIXACIÓN DE FOMENTO E A FALLA DE COMPENSACIÓNS Á ZONA RURAL TANTO EN DONIÑOS COMO EN MANDIÁ
Esquerda Unida quere preguntar polas razóns que levan ao Goberno Municipal a deixar facer ( ou mellor dito a non facer ) a Fomento no caso do camiño do Muíño, en Doniños. O noso Grupo xa formulou na Comisión de Urbanismo do día 20 do corrente esta cuestión, dado que entendiamos que era competencia de Fomento o amaño deste camiño. Agora se recoñece, na Comisión de hoxe, polo Goberno, que a competencia é de Fomento, pero que de momento o arranxo corre por conta do concello. Xa que logo, o noso Grupo ten que denunciar a incapacidade do Goberno Municipal para obrigar a Fomento a cumprir co que son as súas competencias.
Esquerda Unida esixe de Fomento que asuma as súas responsabilidades coa nosa cidade, en particular coa Zona Rural, coas parroquias de Doniños e Mandiá afectadas de xeito severo polas obras realizadas polo Ministerio nesas áreas.
Este Grupo quere lembrar a situación de abandono das demandas unha e outra vez reiteradas da Zona Rural, da man da falla de previsión do Goberno e a súa neglixente execución das actuacións comprometidas. Neste senso, Esquerda Unida aproveita para reclamar do Goberno información acerca da falla de cumprimento do acordo orzamentario, que contemplaba a inclusión de case un millón cen mil euros para atender a situación de abandono da Zona Rural, partida que foi unha das esixencias achegadas por Esquerda Unida nesa negociación.
Ferrol, mércores 27 de xaneiro de 2010
SARI ALABAU AFIRMA QUE HAI RAZÓNS SOCIAIS, PEDAGÓXICAS E LABORAIS DABONDO PARA A RETIRADA DAS BASES
A representante de Esquerda Unida no Consello Municipal de Educación, Sari Alabau, manifesta a súa confianza en que o Consello Municipal requira á Xunta para que retire as bases do decreto, que as agochadas formularon no nadal.
Na xunta que mañá celebrará o Consello Municipal, Esquerda Unida vai propor que este órgano acorde elevar un pronunciamento o máis unánime posible á Consellaría de Educación, no sentido de que retire as bases do decreto e retome o camiño do consenso e o acordo sociais sobre o respecto da legalidade vixente, o Estatuto, a Lei de Normalización Lingüística e o Plan de Normalización.
A sociedade galega vén de rexeitar de plano este intento de imposición contra o galego de duvidosa legalidade incluso.
Sari Alabau aduce razóns de carácter social, pedagóxicas e laborais para que de inmediato se proceda a súa retirada. As bases son un flagrante retroceso nas medidas para normalizar e pular por unha lingua minorizada e esnaquizan o consenso que neste eido normalizador presidira todas as actuacións dos diversos Gobernos da Xunta de Galicia. Lembra a concelleira de EU, que non é posible exercer a liberdade máis que en condicións de igualdade social, económica e cultural, que non se cumpren de maneira evidente na actual situación do galego.
Non son nin as familias nin os claustros os que teñen que exercer unhas competencias que lle corresponden as institucións democráticas. Pseudo liberalismo e guerra nos centros son o que nos propón as bases do decreto.
Sari Alabau indica que a redución das materias en galego vai supor mermar a competencia lingüística do alumnado en galego. Asemade as bases non estabelecen mecanismos para garantir a competencia lingüística de ningunha das linguas, de xeito que se garanta a correcta aprendizaxe das materias, o que vai percutir negativamente nas taxas do chamado fracaso escolar, e o fará sobre o alumnado máis feble socialmente.
Non podemos deixar de denunciar a realidade da perda de dereitos laborais, por canto se quere obrigar ao profesorado a impartir o ensino nunha lingua que non é a súa.
Son razóns dabondo para que a representación da sociedade ferrolá presente no Consello se pronuncie de maneira nidia pola súa retirada, en consonancia co gran rexeitamento social que mereceu a antipolítica educativa do PP na manifestación nacional do día 21 pasado.
Ferrol, martes 26 de xaneiro de 2010
EU CONSIDERA POSIBLE E NECESARIO COLMAR ESE BALEIRO EN FERROL VELLO, PORTA DE ENTRADA DO TURISMO A NOSA CIDADE
Esquerda Unida considera necesario colmar o baleiro existente hoxendía en Ferrol Vello, baleiro que supón que nese barrio non haxa ningún caixeiro automático,o que non deixa de constituír senón un atranco e unha incomodidade para a veciñanza e visitantes do barrio.
A nosa organización quere salientar tamén o valor do barrio en tanto que zona de entrada de visitantes a nosa cidade, o que entrega máis argumentos a prol de conquerir a instalación de caixeiros automáticos nesa zona. A fiestra turística que é Ferrol Vello demanda que o concello atenda este aspecto de prestación de servizos.
Esquerda Unida entende necesario que o Goberno Municipal desenvolva as actuacións oportunas conducentes a superar esta eiva. Esquerda Unida, xa que logo, insta ao Goberno para que este se dirixa ás entidades financeiras ao obxecto de acadar un acordo que permita que sexa atendida esta carencia.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida entende que a satisfacción desta petición vai redundar na mellora do día a día para a cidadanía e os visitantes do barrio, mellorando o volume de negocio do pequeno comercio e hostalería.
Ferrol, martes 26 de xaneiro de 2010
O GRUPO MUNICIPAL DE EU ESIXE DILIXENCIA E BO FACER PARA EXECUTAR AS OBRAS NECESARIAS PARA A MELLORA DA NOSA CIDADE
O Grupo Municipal de EU ten que denunciar o incualificables atraso que suma a obra do Palco das Ánimas. Lonxe da manida velocidade de cruceiro predicada polo Goberno, o noso Grupo Municipal detecta unha preocupante incapacidade do Goberno Municipal para desenvolver os proxectos nos tempos e prazos fixados.
Esquerda Unida quere lembrar que a redacción do proxecto do Palco das Ánimas adxudicouse o 19 de decembro de 2008 e tiña como prazo de execución 4 meses.
A realidade dos tempos exasperantes deste Goberno nos leva a que 9 meses após do prazo fixado para ter o proxecto nada da obra se realizou, deixando morrer estes meses sen xustificación algunha.
A nosa organización considera que a labor do Goberno Municipal ten que ser moi coidadosa cos tempos para a realización das obras, accións que supoñen unha mellora certa na calidade do entorno urbano dos barrios onde vivimos as e os ferroláns.
Xa que logo, Esquerda Unida demanda celeridade e bo facer para executar obras necesarias da cidade ao Goberno Municipal.
Ferrol, sábado 23 de xaneiro de 2010
EU REXEITA AS CONTINÚAS EXTERNALIZACIÓNS DE SERVIZOS MUNICIPAIS
O Grupo Municipal de Esquerda Unida denuncia a privatización do servizo municipal de retirada de vehículos que vén de acordar o Goberno Municipal.
O Grupo Municipal de EU lamenta a dinámica na que se atopa o Goberno Municipal, consistente en externalizar ás empresas privadas tarefas que se realizaban ate o de agora polos traballadores e traballadoras do propio concello.
Estamos certos que as políticas de esquerdas pasan por pór en valor a capacidade dos e das traballadoras públicos para desenvolver os cometidos asignados e non en teimar a toda presa en privatizar á primeira oportunidade.
O noso Grupo Municipal lamenta e ten que criticar a falta de información sobre esta privatización aos Grupos Municipais, representantes da nosa cidadanía e merecentes de coñecer o pormenor destas decisións.
Queremos lembrar, dende Esquerda Unida, que as empresas concesionarias de servizos públicos adoitan atender a maximizar o beneficio económico a custa de empeorar as condicións laborais dos traballadores e de empeorar a calidade do servizo. Non inventamos nada neste campo, apeas hai que ver o ronsel de conflitos que se anotan nesa dinámica que nós rexeitamos en absoluto.
Ferrol, mércores 20 de xaneiro de 2010
EU INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A ESCLARECER OS INCIDENTES E PROCEDER Á LIMPEZA DO AREAL
O Grupo Municipal de EU quere denunciar a reiteración duns verquidos - até en tres ocasións- acaecidos na praia de Cariño, e que están a producir serios trastorno á veciñanza.
A nosa organización quérese facer eco deste malestar das e dos veciños diante duns verquidos que producen alomenos un terrible cheiro e sobre os que semella necesario cursar unha investigación acerca da súa procedencia. As impresións da veciñanza os relacionan con algunha das empresas instaladas no Porto Exterior.
Obra no noso poder unha mostra do areal de Cariño que non deixa lugar á dúvidas acerca do inaceptable da situación, que imposibilita o emprego deste areal para a vida cidadá.
Esquerda Unida quere demandar da Concellería de Medio Ambiente que esclareza canto antes os repetidos incidentes medioambientais que están a producir trastornos na veciñanza e que comprometen o areal de Cariño.
No entanto, o no Grupo Municipal quere requirir do Goberno Municipal unha rápida acción de limpeza do devandito areal. O noso Grupo Municipal interesarase por estes incidentes na vindeira Comisión de Medio Ambiente.
Ferrol, martes 19 de xaneiro de 2010
FELICITÁMONOS POLA INCLUSIÓN DA NOSA PROPOSTA DE REURBANIZACIÓN DE SARTAÑA O GRUPO RECLAMA DO GOBERNO MUNICIPAL UNHA RECTIFICACIÓN QUE PERMITA A INCLUSIÓN DAS NOSAS ACHEGAS
O Grupo Municipal de EU quere expresar a súa insatisfacción coa proposta de actuacións elaborada polo Goberno Municipal e presentada á Xunta de Voceiros do día 14 do corrente. Non podemos compartir unha proposta que desbota un amplo abano das nosas achegas e que aposta con desmesura polo gasto corrente, esgotando o límite previsto no Decreto. Non podemos compartir –descoñecendo o pormenor das partidas ás que se quere imputar o gasto– esta previsión cando aínda temos sen executar unha grande parte do orzamento de 2009.
Nembargantes, si queremos salientar e felicitármonos da inclusión da reurbanización da Praza de Sartaña. Inclusión que prodúcese pola proposta feita por Esquerda Unida, toda vez que o Goberno Municipal non contemplaba esta iniciativa na súa primeira proposta. Queremos aplaudir a inclusión polo Goberno dunha partida para desmantelar a peza que en Amboaxe exalta aos vencedores da Guerra Civil.
O Goberno Municipal desbota un conxunto de actuacións –presentadas polo noso Grupo Municipal- que ao noso entender mellorarían claramente a proposta global que se trouxo á Xunta de Voceiros. Coñecida é a globalidade da nosa proposta que facía fincapé no valor da sustentabilidade e na defensa dunha serie de demandas xa formuladas en repetidas ocasións ao Goberno, até o de agora sen demasiado éxito, asemade de incorporar boa parte das demandas formuladas polo movemento veciñal.
A relación de actuacións propostas deixa en evidencia a pouca vontade do Goberno para aceptar propostas necesarias, posibles e positivas para a nosa cidadanía:
Nós queremos pór a énfase na necesaria adaptación enerxética das instalacións deportivas municipais para as que a nosa organización defende a dotación de solares térmicas como enerxía renovable, dado o grande consumo destas instalacións. Xa o pasado ano o Goberno centrouse nas escolas e para nós semella que este ano hai que abordar de maneira prioritaria as instalacións deportivas e reclamar da Xunta un meirande compromiso cos centros escolares.
Queremos salientar que a Biblioteca Central –que ten que ser un dos pulmóns culturais da cidade- ten pendente de realización un proxecto elaborado pola anterior responsable da concellería de cultura que permitiría gañara e humanizar a traseira do centro.
Demandamos que se fagan realidade os centros de atención á cidadanía, que son elementos senlleiros dunha política pública descentralizada e participativa.
O noso Grupo non comparte que non se tome en consideración o proxecto de reforma do Torrente, centro cultural por excelencia da nosa cidade, para desaproveitar a oportunidade en obras no arredor do Centro cultural que non lle corresponden ao Goberno.
Tornamos a pedir que se faga realidade o derrubo da nave do mercado fóra de ordenación.
Ou a reforma e acondicionamento do quisco do Inferniño para o seu uso polo movemento asociativo veciñal.
Ferrol, 18-01-2010
O NOSO GRUPO REXEITA AS DILACIÓNS TANTO DO GOBERNO MUNICIPAL CANTO DA XUNTA DE GALICIA
É UNHA NECESIDADE COMPARTIDA DO BARRIO E DA CIDADE O INCREMENTO DA OFERTA PÚBLICA DE PRAZAS ESCOLARES NA ETAPA INFANTIL, SUBLIÑA A VOCEIRA DO GRUPO, YOLANDA DÍAZ
O Grupo Municipal de Esquerda Unida reclama a inmediata posta a disposición, por parte do Goberno Municipal, dun espazo público axeitado no barrio de Esteiro para a que será a futura escola infantil. Temos que reclamar un compromiso firme do concello e da Consellaría para facer real esta dotación educativa, que demanda a nosa cidade de maneira unánime.
Temos que lamentar e denunciar as dilacións que vén sufrindo a escola infantil por parte das dúas administracións, concello e Xunta, dado que o compromiso para conquerila data de abril de 2008, cando se asinou un protocolo de colaboración estable entre a Xunta e o concello que prevía entre outras cuestións a dotación dunha escola infantil en Esteiro. Pasou máis dun ano e medio e non foron quen de concretar o espazo sobre o que se vai erguer a escola.
O noso Grupo Municipal reclama do Goberno Municipal que se ceda con urxencia un espazo público no barrio que permita á Xunta de Galicia poder acometer as obras para crear a escola infantil.
Mais o noso Grupo quere reclamar a necesidade de que a Xunta comprometa e faga efectivo o financiamento para esta dotación educativa, toda vez que nos orzamentos de 2010 non se contempla unha partida orzamentaria para este equipamento.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida lembra que os investimentos en políticas educativas públicas son fundamentais para garantir unha educación de calidade como a que demanda a nosa cidadanía.
Ferrol, mércores 13 de xaneiro de 2010
O NOSO GRUPO SAÚDA QUE O MINISTERIO DECIDA CUMPRIR A LEI SEGUNDO LLE RECLAMOU O PLENO DO CONCELLLO DE FERROL, A RAÍZ DUNHA MOCIÓN PRESENTADA POLO NOSO GRUPO
ESQUERDA UNIDA DEMANDA CELERIDADE E DETERMINACIÓN AO MINISTERIO E O GOBERNO MUNICIPAL PARA LIBRAR A CIDADE DOS RESTOS DUN PASADO OMINOSO
O Grupo Municipal de Esquerda Unida saúda o recente interese que parece manifestar o Ministerio de Defensa para retirar a estatua ecuestre do ditador que se atopa aloxada no Arsenal. Non é sen tempo, pois van dous anos da aprobación da lei 52/ 2007, norma que obriga ás administracións públicas a retirar obxectos e mencións que conmemoren o golpe militar, a guerra provocada polo mesmo e a represión da ditadura. A nosa organización lamenta o ritmo de tartaruga que o Goberno do Estado está a practicar para dar cumprimento as previsións recollidas na lei.
O noso Grupo presentou xa varias iniciativas coa finalidade de conquerir a eliminación da simboloxía franquista que aínda resta en diferentes espazos públicos da cidade. En particular, de resultas da moción presentada ao Pleno do 24 de setembro, fixemos fincapé na necesidade de eliminar todos os vestixios dun tempo felizmente clausurado. E no noso paso polo Goberno Municipal executamos varias accións de eliminación de restos físicos da ditadura.
Esquerda Unida, na presentación da moción, fixo fincapé na reclamación de que a estatua ecuestre do ditador fora fundida para, desta maneira, poder realizar unha nova peza adicada ás vítimas da ditadura. Yolanda Díaz e Javier Galán avanzaron a idea de convocar un concurso entre os creadores plásticos ao obxecto de que a peza resultante tivera un impacto certo e especialmente valioso no plano artístico.
A nosa organización, xa que logo, aposta pola fundición da estatua e pola convocatoria dun concurso para deseñar unha nova obra que sirva, esta si, para honrar a memoria dos que sufriron a violencia do golpe militar e da subseguinte ditadura.
Ferrol, luns 11 de xaneiro de 2010
A EMPRESA SERÁ A FERRAMENTA CLAVE PARA DESENVOLVER UNHA POLÍTICA PÚBLICA DE VIVENDA EN ALUGUER E PARA AFRONTAR A REHABILITACIÓN DE RECIMIL
A VOCEIRA DO GRUPO, YOLANDA DÍAZ, LEMBRA QUE FORMA PARTE DO ACORDO DE ORZAMENTOS DE 2009
O Grupo Municipal de Esquerda Unida reclama que se constitúa a empresa municipal de vivenda, elemento indispensable para desenvolver unha política pública de vivenda en aluguer, e ferramenta necesaria para avanzar na rehabilitación do barrio de Recimil.
A constitución da empresa municipal de vivenda semella un dos elementos distintivos dos concellos que abordan de maneira activa a creación de políticas públicas de contido social favorables a facilitar ao acceso á vivenda pública en aluguer. No tempo da nosa estadía no Goberno Municipal comezamos os trámites necesarios para abordar a súa creación.
A rehabilitación do barrio de Recimil vai ser un dos cometidos centrais deste instrumento de actuación pública, que Esquerda Unida incorporou tamén no punto VI do Acordo para os Orzamentos de 2009.
A nosa organización insta ao Goberno Municipal a cumprir os acordos e pór toda a determinación e enerxía para dotar á cidade desta ferramenta para mellorar as condicións de vida da nosa cidadanía.
Ferrol, venres 8 de xaneiro de 2010
O SEU CARÁCTER PÚBLICO E A PROFESIONALIZACIÓN EIXOS PARA VERTEBRAR UNHA POLÍTICA MUNICIPAL SUSTENTABLE E CREADORA DE EMPREGO NO EIDO TURÍSTICO
O Grupo Municipal de EU quere amosar a súa satisfacción pola constitución da empresa municipal de turismo, a cal foi unha das primeiras e importantes iniciativas desenvolvidas por Esquerda Unida dende a responsabilidade da concellería de cultura e turismo.
Dende a responsabilidade que ostentou EU, desenvolveuse o proxecto e se acadou o compromiso da Cámara de Comercio e da Asociación de Hostalería para participar na empresa, asemade de conseguir os recursos necesarios do Ministerio de Industria e Turismo ao obxecto de elaborar esta importante ferramenta.
O noso Grupo Municipal quere salientar o valor desta empresa municipal para desenvolver unha política pública de turismo de carácter sustentable e co grao de profesionalización necesario para que esta actividade supoña un aspecto relevante no tecido económico da nosa cidade.
Queremos demandar do Goberno Municipal que se lle adique tempo, recursos e intelixencia para explotar o valor desta ferramenta, elemento central para facer de Ferrol un destino turístico de primeira magnitude, xerador de emprego estable, dinamizador da economía e atento os valores da sustentabilidade.
Ferrol, mércores 30 de decembro de 2009
EU NON ENTENDE E REPROBA A TARDANZA PARA FACER EFECTIVA A APROBACIÓN PLENARIA
A VOCEIRA DO GRUPO LEMBRA A OBRIGA LEGAL DE RETIRAR TODO OBXECTO OU MENCIÓN QUE EXALTE AO FRANQUISMO
O Grupo Municipal de EU reitera a demanda de que se lle adique unha rúa ao contralmirante, Antonio Azarola Gresillón, que entregou a súa vida por manterse fiel á legalidade constitucional republicana, exemplificando coa súa actitude o compromiso de tantos militares que mantiveron o seu xuramento de servir á legalidade republicana, á causa do pobo.
O noso Grupo quere lembrar, que no Pleno do 26 de marzo deste ano aprobouse unha moción no Pleno do concello na que se lle daba unha rúa polo seu compromiso coas liberdades republicanas, compromiso tinguido tamén dunha preocupación social para cos obreiros do sector naval da nosa cidade e para co interese xeral da cidadanía. Ben, pois transcorridos xa 9 meses, non entendemos que nada se teña feito para facer realidade o acordo plenario. Son demasiadas as ocasións, case todas, nas que este Goberno Municipal esquece levar adiante, cumprir, o que son acordos democráticos da nosa cidade refrendados no Pleno da Corporación.
Sexa desleixo ou incapacidade, o certo é que non se está a respectar un acordo plenario, e a nosa organización reclama dilixencia para facelo efectivo cando se cumpren dous anos da aprobación da Lei 52/ 2007, de 26 de decembro, coñecida como de memoria histórica.
O atraso no desenvolvemento dos contidos – doutra banda abertamente insuficientes – da devandita lei semella contaminar a inacción ou atraso co que o Goberno Municipal desatende as dúas mocións presentadas neste ano por Esquerda Unida no eido da memoria histórica:
a referida a figura do contralmirante e ministro republicano, Antonio Azarola. A que reclama a substitución da simboloxía franquista que aínda resta nos diversos espazos públicos da cidade e en dependencias doutras administracións públicas, nomeadamente do Ministerio de Defensa.
Esta segunda atende o cumprimento da promulgación hai 2 anos da Lei 52/2007, a cal no seu artigo 15 obriga ás administracións públicas a tomar as medidas oportunas conducentes a retirar escudos, insignias, placas e outros obxectos e mencións conmemorativas da exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da guerra e da represión do réxime ditatorial que a seguiu. Tamén neste caso Esquerda Unida esixe do Goberno celeridade para cumprir unha moción que vai no sentido de facer efectiva a devandita lei.
Ferrol, mércores 30 de decembro de 2009
EU CONSIDERA UN DESPILFARRO PARA A CIDADE A NON UTILIZACIÓN E POSIBLE PERDA DUN MILLÓN DE EUROS NA REURBANIZACIÓN DA RÚAS DO CASCO HISTÓRICO
O NOSO GRUPO REXEITA XOGOS MALABARES COA PRAZA DE ARMAS PARA AGOCHAR A NEGLIXENCIA E IMPROVISACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL
O Grupo Municipal de EU lamenta ter que denunciar a pésima xestión da concellería de urbanismo en relación co convenio co IGVS. O noso Grupo ten que reprobar que se deixen sen executar preto dun millón de euros, circunstancia grave de seu, pero que semella inaceptable na actual situación da cidade.
O convenio, asinado en 2002,para a reurbanización da Magdalena e Ferrol Vello acumula retrasos dabondo e o fai nun contexto marcado pola necesidade evidente da súa rápida execución diante do estado actual dalgúns espazos senlleiros da cidade. Xa que logo, o noso Grupo entende que a actitude da concellería de urbanismo ten que pasar pola asunción autocrítica das súas responsabilidades diante da neglixente execución do convenio para o 2009, que ameaza con facerlle perder a nosa cidade preto dun millón de euros.
Autocrítica para corrixir unha xestión marcada pola improvisación: un día vanse imputar os cartos do convenio para comprar a casa de Carvalho Calero, outro día aparece a Praza de Armas: semella que hai moito de improvisación e ista é unha mala menciña para curar unha execución neglixente do devandito convenio.
Esquerda Unida entende que non se poden aceptar ocorrencias na administración do interese xeral e, xa que logo, non pode acordarse en decembro de proporlle á Xunta unha addenda en decembro. A concellería de urbanismo, o Goberno Municipal tería que acordar antes da cuestión e traer unha proposta non cando xa se iniciara decembro.
O noso Grupo le como meros e baleiros xogos malabares tentar xogar coas partidas orzamentarias e falar agora da Praza de Armas, espazo clave da nosa cidade e que xa acumula tamén algunha actuación deste Goberno Municipal que o noso Grupo non pode compartir, caso do oneroso rescate da concesión ou dos baleiros nos que durante varios meses deste comezo de ano funcionou o concesionario do aparcadoiro (cobrando tarifas aos usuarios sen un contrato que o amparase).
Ferrol, 29 de decembro de 2009
EU INTRODUCE UN AMPLO E AMBICIOSO ABANO DE ACTUACIÓNS E INCORPORA AS DEMANDAS ACHEGADAS POLO MOVEMENTO VECIÑAL
O Grupo Municipal de EU vén de presentar a súa batería de propostas para seren incorporadas ao Plan E deste vindeiro ano 2010. A proposta que achega Esquerda Unida contempla un amplo abano de actuacións para transformar aspectos importantes da nosa cidade e gañar novos equipamentos que van redundar no benestar da nosa cidadanía.
Esquerda Unida fai súas as diferentes demandas presentadas nestas semanas atrás polo movemento veciñal e outros colectivos como os ecoloxistas no convencemento de que dan resposta acertada ás necesidades da nosa cidadanía.
Esquerda Unida quere facer un chamamento ao Goberno Municipal para que integre as diferentes achegas presentadas no convencemento de que van supor unha mellora certa para a nosa cidade.
No arquivo anexo vai a relación de actuacións presentadas polo noso Grupo e que atinxe a n moi amplo espectro de intervencións, que tenta abarcar diversos aspectos das necesidades cidadás, algunhas delas xa demandadas en reiteradas ocasións pola nosa organización:
As que fan referencia á sustentabilidade, coa instalación de equipamentos enerxéticos renovables en diversas instalacións municipais.
As que inciden na realización de proxectos que transforman a fisonomía da nosa cidade, ao mellorar sustancialmente os seus equipamentos (Forno Bellón, Costa de Mella, Biblioteca Central, Torrente Ballester...).
As que supoñen a atención á diversidade funcional ao avanzar no eido da accesibilidade ( roteiros Caranza- Centro, e estradas Catabois e Castela ).
As que atenden á problemática e necesidades das diversas parroquias da Zona Rural.
As obras de urbanización de diferentes espazos da cidade, entre outras as da Praza de Sartaña.
Ferrol, 28 de decembro de 2009
Yolanda Díaz Pérez, Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, presenta, ao abeiro do Plan E para o ano 2010, segundo as condicións recollidas no real-decreto 13/2009, de 26 de outubro, polo que se crea o Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local, a seguinte relación de actuacións para a súa inclusión no mesmo:
A creación dos puntos de atención á cidadanía en Serantes e Caranza.
A reforma do quiosco do Inferniño.
A reurbanización da Praza de Sartaña.
O derrubo da nave do mercado que se atopa fóra de ordenación.
A reforma da parte traseira da Biblioteca Central.
A actuación no paseo de Irmandiños.
O proxecto de centro cívico para San Pablo.
O proxecto de reforma do Centro Cultural Torrente Ballester.
A reurbanización e rehabilitación da Costa de Mella.
A reurbanización da praza Sánchez Aguilera.
O proxecto de sinalización turística da cidade.
A implantación de equipamentos enerxéticos renovables nas instalacións públicas
A implantación de paneis fotovoltaicos nas escolas de infantil e primaria e no alumeado público.
A execución dun roteiro de accesibilidade de Caranza ao centro para atender as necesidades das persoas con diversidade funcional. E a previsión de que nas obras de humanización das estradas de Catabois e Castela se executen outas dúas rotas semellantes.
A urbanización da praza Álvaro Cunqueiro co asfaltado das rúas que converxen nela e o perímetro da praza.
A compra do inmoble coñecido como Forno Bellón.
A supresión de barreiras arquitectónicas e mellora da accesibilidade no local social de Covas. Mellora do son no salón de actos e pechamento con cuberta da pista polideportiva de Covas. Asfaltado e contención da pista que vai de Soagraña a Aldea. Instalación enerxética renovable (placas solares) para o albergue de Covas.
A adecuación de camiños e regatos nos montes de Brión. Habilitación de roteiros interpretativos sobre a batalla de Brión e sobre os restos megalíticos na zona. Repoboación na zona con árbores autóctonas.
A dotación do parque infantil en Brión.
A recuperación dos muíños da parroquia de Doniños, que discorren ao longo do ría que atravesa o Val, até a Lagoa.
A construción vestiarios pista polideportiva.
A conservación e limpeza de áreas naturais e masas forestais na parroquia de Brión.
A mellora de edificios de propiedade municipal en Brión.
O acondicionamento dun espazo no local social de Santa Icía.
A mellora da rede de abastecemento de auga potable en Brión.
A mellora do transporte e da seguridade vial en Brión. Acondicionamento das beirarrúas en Santa Icía entre Irmandiños na marxe esquerda até a igrexa da parroquia. Dotar a estrada que conduce a Penencia de bandas redutoras de velocidade.
A restauración e recuperación de fontes e lavadoiros na bisbarra de Doniños.
A construción de beirarrúas dende a subida a Prioriño até Penencia. Asfaltado da estrada que vai ao Confurco.
A recuperación como rota de sendeirismo do camiño que conduce a Monteventoso dende Fonta, coa recuperación do seu castro.
ESQUERDA UNIDA RECLAMA A INCLUSIÓN DE RISCOS SIGNIFICATIVOS PARA A SAÚDE DA CIDADANÍA CASO DA PLANTA DE GAS DE REGANOSA OU O ARSENAL MILITAR
JAVIER GALÁN DENUNCIA QUE O DOCUMENTO INCUMPRE O PLAN DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Grupo Municipal de Esquerda Unida vén de presentar as súas alegacións ao PEMU para salvar as eivas que ao noso xuízo ten o documento e que xa manifestamos tanto na Comisión informativa como no Pleno.
Reclamamos, primeiramente, que se incorpore no catálogo de instalacións de interese, susceptibles de provocar un incendio industrial polo súa consideración de industrias perigosas, a planta de gas de Reganosa, que aínda que non se atopa dentro do termo municipal do concello de Ferrol, afecta polas súas características a nosa cidade en caso de producirse un accidente.
A clasificación APELL de Nacións Unidas deixa ben ás claras que os riscos derivados da planta de gas de Reganosa son de carácter catastrófico polas súas consecuencias para a vida e a saúde, pola contaminación do medio ambiente polas consecuencias para os bens materiais. As magnitudes que contempla esta clasificación para a vida e saúde humanas (máis de 20 persoas mortas e máis de 500 persoas evacuadas), para o medio ambiente (contaminación moi severa e con efectos dispersos) e para os bens materiais (máis de 20 millóns de dólares estadounidenses) expresan a vulnerabilidade para as persoas e as cousas que se derivan do actual emprazamento da devandita planta.
A lei 2/1985 de 21 de xaneiro sobre protección Civil incide sobre as obrigas dos titulares da instalación de dispor dunha organización de autoprotección e dun Plan de Emerxencia Interior, e contempla asemade a facultade dos órganos e autoridades competentes para requirir información sobre determinadas cuestións e maila capacidade das Administracións Públicas para desenvolver un Plan de Emerxencia Exterior para que xunto ao interior constitúan un único e integrado plan de actuación.
Tamén defendemos que se contemple e incorpore no catálogo de instalacións de interese, susceptibles de provocar un incendio industrial o Arsenal Militar polos riscos derivados da súa natureza.
Un aspecto descoidado no PEMU son as cuestións de risco producidas polas canalizacións de fibrocemento existentes no noso termo municipal, canalizacións de fibrocemento que posúen fibras de reforzo de amianto e sílice, que o desprenderse incorpóranse o auga da traída, sendo o amianto un elemento que xera asbestose. A antiguedade das canalizacións do auga na cidade fai que boa parte das mesmas aínda sexan deste material co risco que supoñen os desprendementos deste material no auga consumida pola cidadanía.
Javier Galán defendeu a incorporación ao PEMU da cuestión da xestión, transporte e eliminación dos residuos biolóxicos e radioactivos, que restan sen tratar neste documento.
Pedimos tamén que se coide a linguaxe e que, xa que logo, se modifique no capítulo das Concentracións humanas o nome do evento San Xosé Obreiro polo correspondente de Día Internacional da Clase Traballadora e a inmediata tradución do texto á lingua propia de Galicia.
Ferrol, 18 de decembro de 2009
O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA DE FEROL AMOSA A SÚA SOLIDARIEDADE CON AMINETOU HAIDAR E COA SÚA LOITA A PROL DOS DEREITOS DO POBO SAHARAUI
ESQUERDA UNIDA SÁUDA O ÉXITO DA SÚA LOITA
O Consello local EU quere expresar a súa solidariedade con Aminetou Haidar, cuxo comportamento exemplar defendendo o seu dereito a vivir na súa terra e a manter a súa condición de saharaui vén de deixar en evidencia os intereses espúreos que vencellan aos Gobernos de Madrid e Rabat.
A nosa organización fai un chamamento público a cidadanía para participar na mobilización convocada para o domingo no que expresar o noso respaldo a loita exemplar desta muller que no seu compromiso exemplifica a digna causa do pobo saharaui.
Saudamos a resolución exitosa do empeño desta muller por tornar o seu fogar a pesares do inaceptable comportamento antidemocrático e vulnerador dos Dereitos Humanos do Goberno marroquí.
Este triunfo ten que supor un pulo para a causa saharaui, para acadar o dereito de autodeterminación e para conquerir unha República Árabe Saharaui Democrática na súa terra, libre e en paz.
Ferrol, 18 de decembro de 2009
DÍA E HORA: VENRES, 18 DE OUTUBRO DE 2009, ÁS 11:45 HORAS
LUGAR: CONCELLO DE FERROL
OBXECTO : PRESENTACIÓN DAS ALEGACIÓNS AO PEMU
PARTICIPANTES: ROBERTO ARTABE E JAVIER GALÁN.
YOLANDA DÍAZ, VOCEIRA DO GRUPO, CONSIDERA URXENTE A DOTACIÓN DESTE EQUIPAMENTO EDUCATIVO PARA O BARRIO DE ESTEIRO
O Grupo Municipal de EU reclama do Goberno Municipal que poña de inmediato a disposición da Xunta de Galicia os terreos para poder comezar a construción da escola infantil no barrio de Esteiro. A nosa organización non entende as dilacións do Goberno Municipal para ceder os terreos que fagan posible un proxecto necesario, básico, e que é reclamado polos habitantes do barrio.
A nosa organización denuncia a lentitude exasperante coa que o Goberno Municipal desenvolve as máis das súas accións, e no caso da escola infantil de Esteiro o certo é que non se cumprirá a previsión de contar con este equipamento para o barrio no vindeiro ano. O acordo para a construción da escola infantil data de abril de 2008 cando asinouse un protocolo de colaboración estable entre a Xunta e o concello (adro da incorporación da nosa cidade ao Consorcio Galego do Benestar) que entre as súas cláusulas consignaba a dotación de dúas escolas infantís na cidade, unha delas a de Esteiro.
O certo é que nun intre en que non deixan de crecer os recursos adicados a concertada, os atrasos das administracións públicas na posta en marcha dun equipamento escolar público supón un dano certo a escola pública como o elemento fundamental para garantir o dereito á educación.
O noso Grupo Municipal entende e reclama como urxente que o Goberno Municipal realice os trámites da cesión dos terreos xa, para dotar o barrio de Esteiro con este equipamento.
Ferrol, 16 de decembro de 2009
YOLANDA DÍAZ, VOCEIRA DO GRUPO, RECLAMA UNHA ACCIÓN CONCERTADA DE TODOS OS GRUPOS PARA ESIXIR DA CONSELLARÍA QUE ATENDA AS NECESIDADES DE PROFESORADO DE APOIO QUE NECESITA O CENTRO
O Grupo Municipal de EU rexistrou hoxe unha petición para que se reúna con carácter de urxencia a Xunta de Voceiros ao obxecto de abordar a problemática do CEIP Manuel Masdías, que a Xunta de Galicia segue sen atender de maneira satisfactoria.
A petición de Esquerda Unida obedece a inaceptable resposta – fuxida cara a un adiante que semella ningures – que dá a Xefa Territorial do Departamento da Consellaría de Educación, contestación na que a devandita responsable informa que o CEIP Manuel Masdías xa ten os profesores necesarios para atender correctamente as nenas e nenos escolarizados nel.
A realidade é teimuda e desmente o deixar pasar do Goberno do PP en relación coa necesidade expresada de maneira reiterada polo centro, docentes e Consello Escolar, pola cidadanía ferrolá e máis polo Pleno do concello de Ferrol: as políticas de integración que desenvolve o centro escolar de Caranza requiren un profesorado de apoio do que adoecen.
Esquerda Unida considera urxente manter unha reunión dos voceiros dos Grupos Municipais para conquerir unha resposta firme e unitaria de todos os partidos con representación no concello que pese na Consellaría de Educación e faga que esta reaccione e atenda as necesidades de profesorado de apoio que require un centro con un amplo número de alumnado con necesidades educativas especiais.
Ferrol 15 de decembro de 2009
EU LOGRA QUE NAS TAXAS SE TRATEN FAVORABLEMENTE AS UNIDADES FAMILIARES MONOPARENTAIS
O GRUPO MUNICIPAL INTRODUCIU UN GRAVAME SOBRE AS VIVENDAS BALEIRAS DESOCUPADAS E SOBRE OS PROPIETARIOS DE SOLARES URBANOS CONSOLIDADOS QUE NON CUMPRAN CO SEU DEBER DE EDIFICAR
O Grupo Municipal de Esquerda Unida síntese satisfeito do traballo realizado e que vén de permitir dotar ás ordenanzas fiscais do concello de Ferrol do concepto de progresividade, ao introducir un índice corrector de pago que atenda á renda per cápita da unidade familiar nas diferentes taxas do concello.
O noso Grupo Municipal, atento a grave situación de crise económica e social, introduciu tamén a figura do aprazamento dos pagos fraccionados no entanto o suxeito pasivo acredite atoparse no desemprego ou non percibir rendas superiores ao IPREM. Semella necesario prestar unha atención preferente aos sectores sociais traballadores máis golpeados pola creba das políticas económicas neoliberais.
Esquerda Unida acadou un tratamento favorable para as unidades familiares monoparentais ao obxecto de mellorar o seu tratamento fiscal atendendo a unha realidade que lles entrega unha cor de xénero certa.
Para implementar unha nova política de vivenda no ámbito municipal, a nosa organización vai facer realidade unha posibilidade aberta coa reforma da Lei de Facendas Locais, a de gravar no IBI os inmobles baleiros desocupados, cun incremento do 50%; xunto a isto vaise crear unha nova taxa para gravar aos propietarios de solares urbanos consolidados que incumpran o seu deber de edificar até dobrarlles a cota do IBI.
Esquerda Unida tamén conqueriu que se decuplique a taxa de declaración de ruína cando os propietarios non cumpran co seu deber de conservar o inmoble e provoquen logo a posterior declaración de ruína.
No eido deportivo a nosa organización vén de garantir a consecución da utilización das instalacións deportivas municipais a todas as asociacións deportivas que traballen con menores de idade, coa finalidade de fomentar o deporte de base no noso concello.
O Grupo Municipal acadou tamén as exencións no que atinxe ao pago das copias da documentación para as entidades sen ánimo de lucro ao obxecto de facilitarlles o acceso a información municipal.
Ferrol 15 de decembro de 2009
O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere amosar o seu apoio á demanda -formulada pola Asociación Cultural Fuco Buxán- de que se lle adique unha rúa ao que fora alcalde republicano de Serantes, Alejandro Porto Leis.
A nosa organización quere salientar que sentímonos copartícipes da recuperación da memoria do que fóra alcalde nos anos da República, Alejandro Porto Leis. Dende a concellería de cultura, que dirixía Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, desenvolveuse a iniciativa da recuperación deste persoeiro cunha ampla colaboración para sufragar parte dos custos xerados polo documental que se estrea no Jofre. Atendimos aos traballos de investigación desenvolvidos por Paulino Gasalla.
Esquerda Unida vén desenvolvendo un pulo integral no que atinxe ás políticas públicas da recuperación da memoria histórica no noso quefacer público no concello de Ferrol, tanto na nosa etapa no Goberno Municipal, como neste intre no que nos atopamos na oposición.
Somos coñecedores de que cada anaco das historias exemplares e tráxicas que se recuperan e divulgan sirven para que o seu arrecendo de dignidade vaia callando na sociedade de hoxe.
2-12-2009
O Grupo Municipal de Esquerda Unida e o PSOE asinaron un documento conxunto onde se recolle un dobre compromiso: namentras Esquerda Unida vai apoiar o Plan Económico Financeiro do Goberno para que se poidan executar unha ampla batería de investimentos necesarios para a nosa cidade, o Goberno Municipal, pola súa banda, comprométese a executar con celeridade o acordo orzamentario con EU e as mocións aprobadas no Pleno e que aínda dormen o soño dos xustos.
Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal de EU, e Vicente Irisarri, alcalde da cidade, asinaron unha declaración conxunta dos dous grupos políticos ao obxecto de que o Goberno Municipal corrixa a deficiente xestión e cumprimento do acordo de orzamentos e das mocións aprobadas no Pleno.
O Goberno Municipal recoñece, no documento asinado hoxe xoves, o evidente e preocupante atraso que levan os compromisos acordados con Esquerda Unida. Asemade recoñece que a praxe democrática require que o acordado se cumpra, que non cabe truncalo polo desinterese do Goberno Municipal, xa que os investimentos e mocións presentados por Esquerda Unida supoñen un pulo formidable para a nosa cidade.
No documento asinado, O Goberno Municipal comprométese a acelerar sustancialmente a execución do acordo orzamentario subscrito con EU o 28 de abril de 2008 e que resta case na súa totalidade sen desenvolver, xunto coas mocións aprobadas no Pleno e que tampouco foron desenvolvidas.
Esquerda Unida torna a facer unha vez máis un exercicio de xenerosidade poñendo por diante de calquera outra consideración a necesidade de que a cidade conte cos recursos económicos suficientes para acometer os proxectos que recollidos no acordo de orzamentos suporán unha notable transformación para a nosa cidadanía.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere amosar a súa satisfacción pola anunciada compra da casa natal de D. Ricardo Carvalho Calero. Esta é unha das esixencias que Esquerda Unida achegou para acordar o orzamento de 2009. Celebramos, xa que logo, que se dea satisfacción a nosa demanda.
Esquerda Unida presentou ao Pleno do concello de Ferrol unha moción, en xaneiro deste ano, para facer posible a compra da casa deste eximio ferrolán. Foi aprobada por unanimidade de todos os Grupos Municipais. Esta iniciativa insírese no ronsel de actuacións que dende a concellería de cultura se levaron adiante durante a vixencia do Goberno bipartito da cidade para acadar o seu nomeamento para o Día das Letras Galegas. O Grupo Municipal de Esquerda Unida lembra que en outubro de 2010 cúmprese o centenario do nacemento do autor do Futuro imperfecto. O 30 de outubro de 1910 nacía Carvalho Calero e a nosa organización considera necesario poder rematar a rehabilitación do inmoble á altura de outubro do vindeiro ano. Reclamamos celeridade para proceder a súa rehabilitación. A súa posta en funcionamento como centro cultural para dentro dun ano suporía un sinal importante do compromiso da cidade cun dos seus fillos predilectos e, xa que logo, sería un argumento de peso certo diante da Academia Galega para conquerir que se lle adique o Día das Letras Galegas.
A biblioteca persoal de D. Ricardo Carvalho Calero se atopa en Compostela e a nosa organización insta ao Goberno Municipal a traballar para acadar un acordo que devolva ese legado para o espazo rehabilitado da súa casa natal.
O enorme atraso que leva o cumprimento do conxunto das actuacións previstas no acordo orzamentario entre o PSOE e o BNG nos leva a urxir ao Goberno Municipal a axilizar os trámites necesarios para executalo, porque todas actuacións comprendidas no devandito acordo supoñen darlle un pulo importante a morfoloxía urbana e de servizos da nosa cidade.
25-11-2009
Yolanda Díaz Pérez, Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, de conformidade co disposto no artigo 104 do Regulamento Orgánico do Concello de Ferrol, e co artigo 97.2 do vixente Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Grupo Municipal de Esquerda Unida vese na obriga de traer novamente ao Pleno a moción sobre a creación dunha unidade de policía medio ambiental diante do incumprimento polo Goberno Municipal do compromiso de levar á seguinte Comisión informativa de Seguridade Cidadá esta cuestión que o noso Grupo achegaba ao través da devandita moción.
A saúde e a enfermidade non son dous fenómenos sen relación ou opostos senón que son o resultado da interacción entre os seres humanos e o medio ambiente. Lonxe de considerar ao ser humano como un ente illado da súa contorna físico-química e biolóxica, temos que ter en conta as correlacións e interaccións entre as persoas e o medio que envolve, porque a humanidade está en continuamente exposta ás influencias externas do medio que condicionan o estado da saúde.
A nosa organización entende que a creación da policía medio ambiental semella unha esixencia necesaria e posible diante das esixencias medioambientais que a consciencia cívica da nosa cidadanía demanda cada vez con maior firmeza.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida pretende con esta proposta de moción a constitución dentro da policía local do noso concello dunha unidade específica de policía medioambiental que vele polo cumprimento das normativas vencelladas ao medio ambiente e coadxuve deste xeito o mantemento da saúde pública.
Xunto con esta proposta de dotármonos da unidade de policía medio ambiental, o noso Grupo Municipal quere tamén propor a recuperación da unidade motorizada da policía local, que vén de desaparecer, o cal non deixa de ser unha mala noticia para a cidade.
A falla dunha unidade específica motorizada adicada ao control e vixiancia do tráfico supón unha eiva para o tráfico da cidade, o que non deixa de incomodar a cidadanía e a fluidez da circulación.
O artigo 8.B da Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais fai constar como funcións da policía local a de Ordear, regular, sinalizar, denunciar infraccións e dirixir o tráfico no ámbito da súa competencia no solo urbano legalmente delimitado, dacordo co estabelecido nas normas de tráfico e seguridade viaria. Esquerda Unida coida que cómpre recuperar este servizo en canto coadxuva a conquerir unha mellora no tráfico da cidade.
Xa que logo, o Grupo Municipal de Esquerda Unida propón, para a toma en consideración polo Pleno do concello de Ferrol, a seguinte proposta de acordos:
- A creación e dotación dunha unidade de policía medioambiental dentro da policía local para coadxuvar a preservación, coidado e disfrute dun medio ambiente adecuado.
- A recuperación da unidade motorizada da policía local ao obxecto de coadxuvar a mellora e ordenación do tráfico na cidade.
24-11-2009
O Grupo Municipal de Esquerda Unida lamenta a absoluta falla de receptividade da concellería de medio ambiente para atender as alegacións presentadas polo noso Grupo. As alegacións pretenden superar as eivas e lagoas da ordenanza e garantir que non malfira – pretextando a necesaria limpeza na cidade – os dereitos de expresión recoñecidos na Constitución.
Na ordenanza non se contemplan as medidas sobre campañas de prevención e concienciación, que son as mellores ferramentas cívicas e pedagóxicas para que a cidadanía sexamos responsables e cumpramos os diferentes preceptos da ordenanza. ¡E que pouca predisposición terá a concellería cando desbota estas campañas de prevención que son algo habitual en moitas vilas e cidades!
Para a nosa organización as primeiras obrigas as ten que comprometer o concello, circunstancia que non se recolle na proposta de ordenanza: faltan papeleiras por toda a cidade e nós entendemos que hai que facer un primeiro e importante esforzo para dotarnos delas. Só cos deberes feitos terá o concello autoridade moral para reclamar da cidadanía o cumprimento das necesarias obrigas que recolle a ordenanza. Xa que logo, o noso Grupo propón que se amplíe o número de papeleiras para toda a cidade segundo as ráteos contempladas no artigo 7.4 da ordenanza. Alegación que non se acepta.
Semellante circunstancia acontece no que atinxe no caso dos paneis de comunicación social, que apenas existen na cidade e que son radicalmente insuficientes para atender o fluxo de información que xeran as organizacións e entidades da cidade, que na meirande parte dos casos só teñen esa fórmula de expresión para informar das súas actividades. A nosa organización demanda un plano de creación deste paneis que garanta satisfacer as necesidades de comunicación social da nosa urbe. Demanda que tampouco é aceptada. E semella inaceptable que o reparto de volantinas ou carteis na rúa quede sometida a autorización administrativa do concello. Neste punto a concellería aceptaría retirar a disposición sobre as octavillas.
A nosa organización fai tamén unha serie de achegas para evitar a contaminación tanto a derivada do transporte de escombros até o lugar da súa reciclaxe, canto os residuos sólidos urbanos especiais e os residuos de carácter sanitario, que a proposta de ordenanza non trata de maneira algunha.
A nosa proposta tamén considera necesario atender ao problema dos solos contaminados pola acción antrópica xa que nada di a normativa municipal sobre o seu tratamento. Propostas que son desbotadas.
O noso Grupo Municipal anuncia a nosa máis firme determinación de manter a defensa das alegacións para desta maneira colmar as insuficiencias que ten a ordenanza e para garantir que non se empregue como ferramenta contra a liberdade de expresión.
20-11-2009
O Grupo Municipal de EU presentou unha ampla batería de medidas para as ordenanzas fiscais de 2010, ao obxecto de procurar introducir nelas tanto criterios de protección para os sectores sociais máis febles canto para introducir criterios de progresividade e que favorezan a loita contra a especulación e o acceso á vivenda en aluguer.
Esquerda Unida propón que se incorpore a figura do aprazamento sine die nos pagos fraccionados da débeda no entanto o suxeito pasivo se atope no desemprego ou perciba uns ingresos inferiores ao SMI. Na actual situación excepcional de crise, os poderes públicos teñen que ser particularmente sensibles as situacións de desemprego e falla de recursos.
A nosa organización achega a proposta de protexer na tributación municipal ás unidades familiares monoparentais, de maneira análoga a como se recolle na ordenanza fiscal primeira, no seu artigo 4, para a figura das familias numerosas. A realidade social amosa que as unidades monoparentais corren un risco engadido de caer na pobreza e a exclusión social e adoitan compoñelas con mulleres.
Coa finalidade de gañar progresividade nos tributos municipais – que pague máis quen máis ten – , o Grupo Municipal de Esquerda Unida introducirá un índice corrector nos pagamentos que atenda aos ingresos per capita da unidade familiar.
Esquerda Unida impulsou a modificación contemplada na Lei de Facendas Locais, que agora permite que as vivendas baleiras desocupadas poidan ser gravadas cun incremento no IBI de até un 50%. Defendemos que esta posibilidade se incorpore ás ordenanzas fiscais do vindeiro ano ao obxecto de avanzar na solidariedade e na mellora dos ingresos fiscais.
A nosa organización tamén propón penalizar fiscalmente aos propietarios de solares urbanos consolidados que non cumpren co deber de edificar cun alza de até o dobre da cota do IBI. No mesmo senso, imos penalizar fiscalmente aos propietarios que incumpran o deber de conservar os seus inmobles para provocar a declaración de ruína, decuplicando a taxa cando é o propietario quen a promove.
O Grupo Municipal propón o estabelecemento dunha exención total ás entidades deportivas que traballen con menores de idade pola utilización das instalacións deportiva – ordenanza número 26 -, ao obxecto de fomentar o deporte de base na nosa cidade.
Os planos ou informes solicitados polas entidades sen ánimo de lucro que consten no rexistro de asociacións gozarán dunha exención na súa taxa, ao obxecto de facilitar o dereito e o acceso a información por parte do tecido asociativo cidadá.
Esquerda Unida entende que as nosas achegas lle entregan as ordenanzas fiscais un perfil que incide en facelas máis atentas aos sectores sociais especialmente golpeados pola crise, asemade de avanzar no campo da progresividade fiscal, esto é, que pague máis quen máis ten.
20-11-2009
Yolanda Díaz Pérez, Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, de conformidade co disposto no artigo 104 do Regulamento Orgánico do Concello de Ferrol, e co artigo 97.2 do vixente Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Grupo Municipal de Esquerda Unida contempla con desacougo o paso do tempo sen que o Goberno Municipal sexa quen de acadar unha solución que garanta a protección integral da fraga do Menáncaro.
Esquerda Unida entende que non caben máis dilacións para protexer a fraga porque pasou tempo dabondo para cumprimentar os acordos políticos subscritos polo PSOE e maila nosa organización para acadar a protección de Menáncaro, acordos asinados en xuño de 2007 para conformar o Goberno Municipal e no acordo orzamentario de maio de 2009 para aprobar os vixentes orzamentos; acordos ambos que contemplaban a resolución da cuestión do Menáncaro coa modificación do plan para garantir a súa protección integral. Acordos que aínda hoxe non acadaron efectividade algunha.
Hai que rematar cos parches e tempos mortos destes máis de dous anos. Para Esquerda Unida, como para a conciencia medio ambiental desta cidade, urxe a resolución desta cuestión. No Pleno ordinario de novembro de 2008 acordouse a suspensión de licenzas ao abeiro da realización dun estudo para a chamada Senda Verde e aínda nestes días atrás – 23 de setembro - acordouse na mesa de contratación a contratación do devandito estudo ( para o final deixar fóra espazos da relevancia como o das Regueiras ).
O propio Valedor do Pobo, Benigno López, salientaba en agosto de 2008, o valor da fraga de Menáncaro, cando requería de oficio ao concello a anulación ou revogación, nun prazo dun mes do acordo de aprobación definitiva do plan de sectorización.
Esquerda Unida considera imprescindible proceder xa á modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que cualifica a zona como solo rústico común apto para urbanizar de resultas dunha modificación operada no mandato 1999-2003. Tal cambio provocou xa un intento -frustrado- de urbanización no anterior mandato. Mais, namentras non se proceda a modificar o plan, corremos riscos certos de que se tente de novo urbanizar e, xa que logo, estragar a zona.
Esquerda Unida entende que a masa forestal situada no val do río Aneiros ou da Sardiña, coñecida como fraga de Menáncaro, supón unha riqueza particularmente valiosa para o noso concello, ao conter unha fraga singular polas súas carballeiras, escasas no noso ámbito municipal. A unidade que queremos protexer a constitúe un bosque ripario que ocupa as marxes do río, unha zona de carballeira que se liga con ameneiros e zonas de prado húmido nas marxes do bosque. Unidade que vai en beneficio da nosa cidadanía que protexamos de maneira integral.
Xa que logo, o Grupo Municipal de Esquerda Unida presenta á consideración do Pleno do concello de Ferrol a seguinte proposta de ACORDOS:
- O Pleno do concello de Ferrol insta ao Goberno Municipal a realizar a modificación puntual do PXOM da nosa cidade ao obxecto de acadar para a fraga de Menáncaro a máxima protección integral, de xeito que non se poida edificar nela baixo ningún concepto.
19-11-2009
O Grupo Municipal de EU quere amosar a súa satisfacción pola retirada polo Goberno Municipal do punto primeiro da orde do día do Pleno de hoxe, o Plan Económico e Financeiro, para desta maneira ter tempo paratentar chegar a acordos sobre o contido do mesmo.
O noso Grupo fíxolle notar ao Goberno Municipal a irresponsabilidade de soster o debate dun documento que non tiña garantido contar cos votos suficientes para ser aprobado no Pleno.
Esquerda Unida ten que expresar o seu profundo malestar diante do grao de atraso que levan todos os proxectos incluídos pola iniciativa de EU no acordo orzamentario, proxectos que non sendo investimentos non están afectados polo devandito Plan Económico Financeiro.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida ten que constatar, con pesar, a mala xestión do Goberno Municipal que supuxo a perda de 6 meses para a elaboración dun Plan que xa sabiamos necesario para facer posible o orzamento no capítulo dos investimentos. Unha vez máis nada hai de veraz na velocidade de cruceiro. Lembrar que os orzamentos se aprobaron no Pleno de 14 de maio. A nosa organización entende un serio problema que a mala xestión do Goberno produza o vencemento do prazo do 31 outubro, prazo último que contempla o real decreto 1463/2007 que aproba o regulamento de desenvolvemento da lei 18/2001 de Estabilidade Orzamentaria; prazo último para presentar este plan económico financeiro.
Esquerda Unida considera necesario desenvolver unha ampla negociación que permita acadar un amplo consenso que sirva aos intereses xerais da cidadanía.
Esquerda Unida salienta que non comparte a filosofía dos documentos de estabilidade orzamentaria, que serven para limitar as posibilidades de gasto social e que dende o Tratado de Maastricht adoitan empregarse contra os intereses da maioría social traballadora. Sendo, nembargantes, coñecedores de que a legalidade que comparten PSOE e PP esixe a aprobación de plans de estabilidade, teimamos en propoñer para o futuro a superación de instrumentos que somentes poñen atrancos as políticas de gasto social e de investimentos.
18-11-2009
ESQUERDA UNIDA ENTENDE NECESARIO DINAMIZAR UNHA RESPOSTA ALTERNATIVA Á CRISE, QUE GARANTA UNHA SAÍDA SOCIAL E DEMOCRÁTICA FAVORABLE Á MAIORÍA SOCIAL TRABALLADORA
O Consello local de Esquerda Unida convoca ao movemento asociativo veciñal, ao sindicalismo de clase e a entidades máis vencelladas co social ao obxecto de manter un primeiro encontro de traballo no que pór en común análises, propostas e iniciativas a prol dunha saída social e democrática á actual crise. A reunión vai ser no Ateneo Ferrolán, mañán xoves, 5 de novembro, ás 20:00 horas.
Esquerda Unida lanza esta convocatoria nun intre onde non cabe senón salientar a fonda preocupación polo aumento do paro na nosa cidade e no conxunto do país,fenómeno da crise que supón o máis grave ataque as condicións de vida das e dos traballadores.
Para a nosa organización semella fundamental desenvolver unha ampla campaña de concienciación para amosar as posibles saídas á crise – producida polas políticas neoliberais da globalización capitalista – e como combinar as propostas de superación do actual modelo de baixos salarios, precariedade e produción de baixo valor engadido cunha acción mobilizadora e que exprese a vontade da maioría social traballadora de que non caia no seu lombo a factura da saída da crise, como xa está a suceder pola vía do desemprego.
Para o Consello local, urxe diante da actual situación de crise económica e social, facer todos os esforzos para acadar unha maior protección social e o desenvolvemento dun amplo abano de medidas económicas e fiscais que fornezan a capacidade pública para enfrontar a crise cun norte nidio, o da solidariedade. Neste senso, a nosa organización defende a creación dunha banca pública que xogue un papel dinamizador no eido da edconomía produtiva das pequenas e medianas empresas.
Esta xuntanza pretende, xa que logo, avanzar entre as diferentes entidades da cidade unha resposta común e unitaria que poña no centro do seu quefacer á cidadanía afectada pola crise.
4-novembro-2009
ESQUERDA UNIDA RECLAMA RESPECTO DEMOCRÁTICO AOS ACORDOS PLENARIOS
O GRUPO MUNICIPAL ENTENDE QUE ABONDA CON DILACIÓNS INACEPTABLES E GLOBOS SONDA
O Grupo Municipal de EU reclama que se faga efectivo o acordo plenario sobre a moción presentada por EU para derrubar a nave provisional do mercado que se atopa fóra de ordenación. A nosa organización non entende que as cuestión técnicas pendentes cando se aprobou a moción sigan a non resolverse, namentras se lanzan ocorrencias sobre un posible uso do inmoble.
Temos que lamentar de novo que voen globos sonda sobre un posible uso da nave do mercado que se atopa fóra de ordenación. O noso Grupo Municipal lembra e reitera o acordo plenario adoptado o 26 de febreiro deste ano no que se recollía o derrubo da nave provisional do mercado. Este acordo plenario – votado afirmativamente polo PSOE – obriga ao Goberno, guste máis ou menos.
O inmoble que o Goberno Municipal se resiste a derrubar consta no Plan Especial de protección e Rehabilitación do barrio da Magdalena como unha edificación non catalogada fóra de ordenación, o que a encadra no artigo 75 do Plan, que clasifica o patrimonio arquitectónico non catalogado nese artigo.
Esquerda Unida ten que reprochar ao Goberno Municipal a pobre política das dilacións e dos globos sonda nunha cuestión urbanística importante e sensible e que require un compromiso de exemplaridade para levar adiante os acordos adoptados neste caso. Un día dáselle voltas a edificación para deixarlla a unha confraría e outro matínase empregala para turismo como albergue. Esquerda Unida considera que hai que executar o acordo plenario dunha vez por todas, toda vez que xa por entón restaban unha serie de cuestións técnicas a resolver e estaban en vías de selo. Non cabe improvisar e andar con ocorrencias; o que hai é que cumprir os acordos plenarios: o respecto democrático á cidadanía así nolo esixe.
Non poden caber dúbidas nun acordo plenario que comporta eliminar un atranco para a consolidación e mellora da comunicación do casco histórico e Ferrol Vello, consolidando un corredor na zona baixa da cidade que vaia de Ferrol Vello até o Cantón. Toca ao Goberno Municipal executar con dilixencia o acordo de derrubo e dar un paso adiante no sentido referido.
2-novembro-2009
Esquerda Unida, comprometida cos intereses xerais e públicos da nosa cidadanía, considera necesario acadar unha saída aceptable á situación de degradación da Praza de España, espazo senlleiro da nosa morfoloxía urbana, sendo a única organización que non tivo responsabilidade algunha na actual desfeita da praza.
Esquerda Unida mantivo dende o comezo das conversas co Goberno Municipal unha serie de propostas inexcusables mínimas para poder acadar un acordo respecto a un proxecto de construción e explotación da Praza de España que non é o noso proxecto. Foron e son as que se consignan neste texto.
É responsabilidade do Goberno Municipal propiciar un diálogo cidadá e cos Grupos Municipais que permita acadar unha solución de mínimos para a Praza de España. Lamentamos que non haxa sido así. Nós estivemos e imos estar dispostos sempre a dialogar e acordar – así nolo reclama o noso sentido da responsabilidade co futuro da cidade - pero entre iguais e sen aceptar fórmulas e proxectos que regalen a Praza de España e lesionen, pola vía de múltiples subcontratacións, as condicións de traballo das e dos traballadores.
Xa que logo, Esquerda Unida achega as seguintes esixencias, que considera de mínimos e que deben ser aceptadas polo Grupo do PSOE se quere contar co voto favorable de EU para o proxecto de construción e explotación dun centro deportivo na Praza de España.
-A cantidade de alomenos 1.000.000 de euros en concepto de renda anticipada, cantidade que poderá ser mellorada ao alza polos licitadores nas súas ofertas, sen que en ningún caso poida ser inferior ao devandito millón de euros.
- A cantidade en concepto de canón anual será como mínimo de 40.000 euros; importe que poderá ser mellorado polos licitadores nas súas ofertas, sen que en ningún caso a cantidade resultante poida ser inferior á estipulada de 40.000 euros. Este importe irase incrementando nas anualidades seguintes na porcentaxe que estabeleza o IPC vixente, ou o índice que no futuro o puidese substituír.
- As prestacións parciais que o adxudicatario subcontrate con terceiros non poderán exceder dun terzo da adxudicación. O adxudicatario deberá comunicar anticipidamente e por escrito á administración municipal a intención de celebrar os subcontratos, subliñando a parte da prestación que se pretende subcontratar e a identidade do subcontratista, e cunha xustificación suficiente da aptitude de este para executala por referencia aos elementos técnicos e humanos de que dispón e a súa experiencia.
- Os servizos prestados polo centro deportivo da praza de España serán accesibles en igualdade de oportunidades ao conxunto da cidadanía e serán compatibles coas demandas achegadas polo sector privado dos ximnasios da cidade.
Ferrol, 29 de outubro de 2009.
YOLANDA DÍAZ E JAVIER GALÁN FIXERON NA SÚA VISITA A DONIÑOS UN REPASO DAS NECESIDADES DA PARROQUIA
YOLANDA DÍAZ, VOCEIRA DO GRUPO MUNICIPAL, INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A RESOLVER AS VELLAS E XUSTAS DEMANDAS DA VECIÑANZA
O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere reclamar do Goberno Municipal que se cumpran os compromisos reiterados e incumpridos coas necesidades da parroquia de Doniños. Non por invocada a velocidade de cruceiro faise real e, xa que logo, o noso Grupo Municipal insta ao Goberno a ser cumpridor e dilixente para ir facendo os traballos que melloren as condicións da parroquia de Doniños.
Esquerda Unida vén de presentar, en relación con algunhas das demandas máis sentidas pola veciñanza, unha serie de iniciativas parlamentarias para que o Goberno central se defina e comprometa tanto na canalización das augas de resultas da morfoloxía resultante da realización do novo vial ao porto exterior, xunto cos compromisos de reparar as estradas danadas pola saturación de tráfico resultante da construción do devandito vial ao porto.
A nosa organización fai súa as demandas da veciñanza que reclama o comprometido aparcadoiro de Punta Penencia, espazo que segue sen facerse realidade.
Os sempiternos problemas do saneamento seguen a gravitar sobre a calidade de vida das e dos veciños, e aínda hoxe falla o servizo de recollida nas fosas sépticas na zona.
Lamentablemente seguimos a padecer o incumprimento da ordenanza de montes, a que a nosa organización contribuíra coa achega dunha ampla batería de propostas para conquerir mellorala e facela eficaz. Valga o exemplo do incumprimento na distancia nas plantacións, que amosa a falla de control no respecto aos recursos naturais e o laissez faire, laissez passer de andar pola casa que practica o Goberno coa ordenanza de montes.
Tampouco se avanza no que atinxe a facer eficaz e eficiente as novas tecnoloxías: non hai cobertura e non está a funcionar a rede wifi que hai na zona. E a veciñanza non deixa de amosar a súa inquietude polo próximo apagón analóxico e a perda do sinal televisivo.
A nosa organización reclama, en resumo, do Goberno Municipal que preste unha meirande atención as pequenas demandas das parroquias como Doniños, do rural, que adoitan quedar relegadas.
A nosa organización quérese interesar polo destino dos algo máis de un 1.000.000 de euros consignados no acordo orzamentario asinado por EU co Goberno e que teñen que adicarse á zona rural.
29-10-09
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
No barrio de Esteiro a nosa cidade contempla a falla de coidado e abandono no que se atopan toda unha serie de locais, propiedade da Xunta de Galicia, sitos na Praza Álvaro Cunqueiro.
Non semella razoable nin exemplar que locais propiedade dunha administración pública estean tan mal conservados como para acubillar focos de marxinalidade; e non semella razoable, nunha eficaz e eficiente asignación dos recursos públicos, que haxa locais públicos sen utilización algunha.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida considera necesario garantir o mantemento dos locais propiedade da Xunta na Praza Álvaro Cunqueiro, nas debidas condicións de conservación e limpeza, segundo recollen as ordenanzas municipais.
A nosa organización entende un despilfarro que locais propiedade pública non sexan aproveitados para atender as demandas de diferente tipo que ten a cidade e o movemento asociativo da mesma, poñendo en uso unhas infraestruturas que agora non se utilizan para nada.
Xa que logo, o Grupo Municipal de Esquerda Unida propón para a súa toma en consideración polo Pleno do concello de Ferrol a seguinte proposta de acordo:
- Instar á Xunta de Galicia a ceder ao concello de Ferrol os locais baleiros sito na Praza Álvaro Cunqueiro para que se empreguen para fins de utilidade social para a nosa cidade e, no entanto, garantir o adecuado mantemento dos devanditos locais segundo as ordenanzas vixentes.
Ferrol, 26 de outubro de 2009.
A saúde e a enfermidade non son dous fenómenos sen relación ou opostos senón que son o resultado da interacción entre os seres humanos e o medio ambiente. Lonxe de considerar ao ser humano como un ente illado da súa contorna físico-química e biolóxica, temos que ter en conta as correlacións e interaccións entre as persoas e o medio que envolve, porque a humanidade está en continuamente exposta ás influencias externas do medio que condicionan o estado da saúde.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida pretende con esta proposta de moción a constitución dentro da policía local do noso concello dunha unidade específica de policía medioambiental que vele polo cumprimento das normativas vencelladas ao medio ambiente e coadxuve deste xeito o mantemento da saúde pública.
Nos obxectivos específicos que queremos acadar con esta unidade de policía medio ambiental son avanzar na colaboración coas autoridades e organismos correspondentes para planificar e executar unha política eficaz neste eido. O fomento das condutas respectuosas coa natureza. A comprobación do estado de conservación dos recursos hidráulicos, xeolóxicos e forestais para impedir calquera tipo de contaminación, agresión ou aproveitamento abusivo deles. A protección do medio ambiente atmosférico coidando do seu grao de contaminación sexa esta acústica, de radiacións, etc. E o facilitar o adecuado gozo do espazo natural impedindo as actividades que o degraden.
[...]
Xa que logo, o Grupo Municipal de Esquerda Unida propón, para a toma en consideración polo Pleno do concello de Ferrol, a seguinte proposta de acordos:
- A creación e dotación dunha unidade de policía medioambiental dentro da policía local para coadxuvar a preservación, coidado e disfrute dun medio ambiente adecuado.
- A recuperación da unidade motorizada da policía local ao obxecto de coadxuvar a mellora e ordenación do tráfico na cidade.
26-outubro-2009
O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA FAI FINCAPÉ NA CONSECUCIÓN DUNHAS ORDENANZAS FISCAIS MÁIS PROGRESIVAS E SOLIDARIAS
ATENDER AS PROBLEMÁTICAS DERIVADAS DO DESEMPREGO, CO APRAZAMENTO DOS PAGOS, GRAVAR AS VIVENDAS BALEIRAS E A ESPECULACIÓN COS SOLARES URBANOS CONSOLIDADOS OU FACILITAR O ACCESO A INFORMACIÓN DAS ENTIDADES REXISTRADAS NO CONCELLO SON ALGUNHAS DAS NOSAS ACHEGAS
ESQUERDA UNIDA SAÚDA QUE SE INCORPORE UNHA VELLA PROPOSTA NOSA QUE GRAVA OS CAIXEIROS AUTOMÁTICOS
O Grupo Municipal de Esquerda Unida vén de presentar as súas propostas para as ordenanzas fiscais do vindeiro ano. As achegas presentadas polo noso Grupo Municipal fan fincapé na mellora dunha fiscalidade municipal mediante a aplicación de criterios de progresividade e solidariedade coa cidadanía afectada pola crise económica.
A nosa organización defende que se graven as vivendas baleiras desocupadas cun forte recargo no IBI e que tamén se impoña un gravame que free a especulación derivada dos solares urbanos consolidados.
A situación de desemprego e as unidades familiares monoparentais son obxecto tamén dunha particular atención para atender a súa específica problemática.
A nosa organización si saúda unha vella proposta nosa de gravar os caixeiros automáticos.
28-outubro-2009
Informarvos da visita que vai realizar o Grupo Municipal de Esquerda Unida polo barrio de Esteiro acompañados da directiva da asociación veciñal do barrio, que nos amosará as diferentes demandas pendentes de resolución.
O roteiro partirá ás 17:00 horas, de mañán luns, 21 de setembro, da sede veciñal para efectuar un percorrido polas principais demandas e necesidades do barrio.
Con esta reunión e visita, o Grupo Municipal de EU da continuidade as súas visitas os diversos barrios e parroquias da cidade ao obxecto de facer un seguimento minucioso das necesidades da nosa veciñanza.
20-setembro-2009
EU CONSIDERA INACEPTABLE QUE OS PLENOS SE IMPOÑAN CON 24 HORAS DE ANTELACIÓN E SEN TER EN CONTA OS HORARIOS DE TRABALLO DAS E DOS CONCELLEIROS DA OPOSICIÓN
ESQUERDA UNIDA RECLAMA PLANIFICACIÓN E DIÁLOGO PARA SALVAGARDAR A BOA MARCHA DAS INSTITUCIÓNS MUNICIPAIS
O Grupo Municipal de Esquerda Unida non asistiu hoxe o Pleno da Corporación do concello de Ferrol, Pleno convocado e do que fomos informados con menos de 24 horas de antelación. Pleno cuxo horario resulta imposible para que poidan asistir as e os concelleiros dos Grupos Municipais da oposición.
As actitudes do Goberno Municipal, en particular de Alcaldía, semellan vir tinguidas de improvisación e autoritarismo, todo o contrario do que necesita a nosa cidadanía e unha política democrática e propiciadora da meirande participación.
A Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, reclama planificación e diálogo para salvagardar o bo funcionamento, o funcionamento democrático e participativo, das institucións municipais.
Quizabes o Goberno Municipal ignora a realidade das e dos concelleiros da oposición, que teñen que compatibilizar os horarios de traballo e os adicados ao traballo municipal. Quizabes quere practicar un xogo pouco transparente e respectuoso cos representantes lexítimos da cidadanía de Ferrol, da maioría deles alomenos. Semella indignante que se queiran soster trágalas de cote, sen outro rédito que enfrontar inutilmente as forzas políticas da nosa cidade en detrimento dos intereses da nosa cidadanía.
Esquerda Unida fai un chamamento ao Goberno Municipal para que rectifique a xeira de imposicións, autoritarismo e improvisación. A nosa cidade e a súa cidadanía é merecente doutra actitude por parte de que exerce a responsabilidade de goberno.
16-setembro-2009
YOLANDA DÍAZ INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A FACER EFECTIVA A MODIFICACIÓN PUNTUAL PARA GARANTIR A MÁXIMA PROTECCIÓN Á FRAGA DE MENÁNCARO
Esquerda Unida lamenta a tardanza do Goberno Municipal para facer efectiva a clásula recollida no acordo sobre os orzamentos do concello de Ferrol para 2009, que contén a condición de acadar a protección efectiva da fraga de Menáncaro, mediante a modificación puntual, proposta incorporada a instancia do Grupo Municipal de Esquerda Unida.
Mediado o mandato municipal, a nosa organización non entende a falla de ritmo e de vontade política que trasluce o Goberno para impulsar os trámites necesarios para facer realidade a protección de Menáncaro. Desleixo e desinterese semellan presidir o non facer do Goberno Municipal no que atinxe a Menáncaro.
A Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, subliñou que non pode ser que unha modificación puntual que debe realizarse en tres meses acumule un retraso de case dous anos. A masa forestal situada no val de Aneiros ou da Sardiña, coñecida como fraga de Menáncaro, ten unha singularidade certa para o noso concello polo valor das carballeiras que acubilla, o seren unha especie pouco presente no noso termo municipal. A nosa organización entende que hai que acelerar os traballos que lle corresponden o concello para achegar a tan esperada protección.
Aínda no Pleno de novembro do ano pasado, o Goberno Municipal voltou a esquivar a cuestión e trouxo a elaboración dun estudo e a suspensión de licenzas de urbanización nun área que xa deixaba fóra a zona das Regueiras. Esquerda Unida subliñou entón que a fórmula boa, a que garante que a fraga de Menáncaro quede a salvo de calquera ataque urbanístico é a da aprobación da modificación puntual, a cal o Goberno demora sine die.
Esquerda Unida considera que o reforzamento da protección de Menáncaro cobra unha particular urxencia diante do cambio de Goberno na Xunta, cun Goberno que defende unha política marcada pola flexibilización ou aceptación do todo vale en materia de urbanización, como xa están a evidenciar as primeiras medidas adoptadas nese eido.
Ferrol,20-agosto-2009
ESQUERDA UNIDA ENTENDE NECESARIO COÑECER O ANTEPROXECTO , A SOLUCIÓN PROPOSTA, PARA ACORDAR DEFINITIVAMENTE A SÚA POSICIÓN.
EU NON COMPARTIU UN ONEROSO RESCATE E NON COMPARTE UNHA MAGRA PREVISIÓN PARA O CANON.
O Consello Local de Esquerda Unida quere amosar o seu total rexeitamento as previsións recollidas no estudo de viabilidade económica da Praza de Armas, que levan a nosa organización a non achegar emendas de detalle o proxecto, decantándonos por demandar un novo estudo de viabilidade económica, que vaia da man, acompañado doutros aspectos decisivos para valorar no seu conxunto ao proxecto.
Esquerda Unida xa manifestou no Pleno de 6 de xullo que restaban demasiados puntos na escuridade, que habería que clarexar diversos aspectos antes de poder facer un pronunciamento rotundo sobre a cuestión. A Voceira do Grupo Municipal suliñou entón que restaban incógnitas fundamentais para Esquerda Unida sen coñecer: os proxectos de reurbanización e peonalización na Magdalena para o que resta do mandato e cal vai ser o anteproxecto construtivo, aspectos ambos esenciais para validar ou non a proposta do estudo de viabilidade do aparcadoiro de Armas.
O Consello local de Esquerda Unida salienta tamén que xa non compartimos o oneroso rescate da concesión e que seguimos a non compartir a magra contía do canón prevista no estudo de viabilidade. Os cartos públicos teñen que ser defendidos con unllas e dentes polos responsables municipais e cómpre darlle unha outravolta o canón.
A nosa organización lembra unha vez máis o seu rexeitamento a que coincidan no tempo as obras na Praza de España e en Armas. Haberá que rematar primeiro o furado da Praza de España para poder logo abordar – con todos os datos enrriba da mesa – as obras en Armas, obras que segundo se recolle no informe teñen un prazo de execución mínimo de 24 meses.
Luz e datos : Esquerda Unida reclama luz e datos para poder fixar de xeito racional e crítico a súa posición sobre o aparcadoiro de Armas. Agora ben, amosamos o noso claro rexeitamento das previsións recollidas no actual estudo de viabilidade.
Ferrol, 17-agosto-2009
ESQUERDA UNIDA AMOSA A SÚA CONFIANZA EN CONQUERIR UNHA RESOLUCIÓN SEMELLANTE A DOS DEPÓSITOS DE FERRAZO DE VILAGARCÍA
O Consello Local de EU quere expresar o seu apoio á III Marcha a Pé a Mugardos, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para reclamar o desmantelamento da planta de gas de Reganosa.
A Marcha vai en relación co segundo aniversario do peche da veciñanza de Mehá no concello de Mugardos o 23 de xullo de 2007, peche que se prolongou durante 111 días, e que proporcionou un excepcional exemplo de loita e constancia dunha veciñanza que ten que suplir co seu traballo social o desleixo co que as autoridades públicas aceptan de cote a facticidade que tentan impoñer os poderosos señores dos cartos.
A teimuda realidade dos feitos: un emprazamento que convirte a planta de gas de Reganosa nunha instalación perigosa e ilegal; esa realidade é a que convoca a máis de sesenta organizacións e entidades a manter unha loita de anos para restaurar unha legalidade que garanta a nosa seguridade.
As sentenzas xudiciais falan o noso favor e xa temos diante o precedente exemplo acaecido na ría de Arousa, onde fallouse en firme sobre os depósitos de hidrocarburos de ferrazo que se instalaran hai ano no porto de Vilagarcía obrigando o seu desmantelamento. A nosa organización está certa que máis pronto que tarde esta vai ser a resolución que se impoña – coa forza da razón crítica e da legalidade – en relación coa planta de gas que intereses espúreos situaron no interior da nosa ría.
Esquerda Unida fai un chamamento público a participar na III Marcha a Mugardos, que sairá do parque Carmelo Teixeiro en Caranza mañá xoves, ás 17:00 horas, para rematar nunha celebración lúdica e reivindicativa no parque dos Carneiros en Mugardos contra as nove da noite.
¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA !
Ferrol, 22-xullo-2009
YOLANDA DÍAZ RECLAMA QUE SE CUMPRA O EIXE SÉPTIMO DO PLAN URBAN, QUE ESIXE A SÚA APLICACIÓN AO TRAVÉS DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ.
ESQUERDA UNIDA PRESENTOU UNHA SERIE DE ALEGACIÓNS PARA MELLORAR O BORRADOR DO REGULAMENTO DO CONSELLO ASESOR DO PLAN URBÁN
O Grupo Municipal de Esquerda Unida considera que o Goberno Municipal está a incumprir un eixo fundamental do Plan Urban: o eixo sétimo que contén a previsión da posta en marcha dun Plan de Participación Cidadá, que ten que perseguir a meirande implicación da cidadanía como potencial beneficiaria das diferentes accións comprendidas no programa Urban, e maila creación de diversos foros abertos para a presentación de propostas e a constitución de estruturas estables de seguemento.
A realidade é que para nada se está a ter en conta á veciñanza dos barrios concernidos pola programación do Urban e moito menos se ten creado un espazo para a participación cidadá, ao obxecto de acadar propostas dende a veciñanza que enriquezan e modifiquen a proposta contida no devandito programa.
Yolanda Díaz denunciou que o programa Urban resta extramuros dos procesos de participación cidadá en curso, o que non deixa de amosar a pouca vontade do Goberno Municipal para desenvolver unha concepción ampla, fonda e transversal da participación cidadá. Invitar as presentacións dos programas ou publicitar as actividades semella tan necesario como alonxado dunha concepción integral do que son os procesos de participación cidadá, os cales semellan espazos para desenvolver unha cultura política e social na que a voz da veciñanza pese e conte e sexa decisoria.
Esquerda Unida ten presentado no día de hoxe un conxunto de alegacións ao Regulamento do Consello Asesor do Plan Urban ao obxecto de propiciar unha maior participación cidadá neste órgano. O Noso Grupo Municipal achega a proposición de que se dea traslado deste Regulamento á Concellería de Participación Cidadá para que sexa esta concellería a que propicie a elaboración deste Regulamento, o seu debate debatida de xeito participado polo movemento veciñal e poida xa que logo enriquecerse coas achegas deste.
Outras das consideracións feitas vai no sentido de ampliar a composición deste órgano coa presenza das centraio sindicais de clase maioritarias e da patronal, ampliando desta maneira a representatividade social presente neste Consello Asesor.
Outra das achegas elaborada por Esquerda Unida incide na conveniencia de que as xuntas do Consello Asesor sexan trimestrais con carácter ordinario en vez de cada seis meses como se recolle na primeira redacción.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida entende que cómpre estender e transversalizar a democracia participativa nun ámbito da relevancia da programación do Urban. Un programa plurianual e polo importe duns 13 millóns de euros non se pode furtar á participación directa da veciñanza, so pena de malbaratar e deixar reducida a un anano os procesos de participación cidadá.
Ferrol, 21-xullo-2009
O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMOU HOXE NA COMISIÓN DE MEDIO AMBIENTE O CUMPRIMENTO DAS DEMANDAS DA AGRUPACIÓN DE VENDEDORES AMBULANTES DA PROVINCIA DA CORUÑA
A INFORMACIÓN DO REXISTRO DE COMERCIANTES AMBULANTES, A UNIFICACIÓN DAS TAXAS E A NECESARIA PRESENZA POLICIAL PARA GARANTIR A LEGALIDADE, DEMANDAS NUCLEARES DA INTERVENCIÓN DE ESQUERDA UNIDA NA COMISIÓN
O Grupo Municipal de Esquerda Unida mantivo o martes, 16 de xuño, unha reunión de traballo coa Agrupación única de Vendedores Ambulantes Autónomos da provincia da Coruña na que houbo unha coincidencia clara entre as demandas da Agrupación e a disposición do Grupo Municipal de EU para trasladalas e defendelas no seo da Comisión celebrada hoxe.
Na xuntanza da Comisión Informativa de Medio Ambiente, Servizos, Zona Rural, Sanidade e Consumo celebrada hoxe, 19 de xuño, o Grupo Municipal de Esquerda Unida trasladou a problemática da Agrupación de Vendedores Ambulantes, que se está a desatender dende o concello.
Esquerda Unida avanzou a necesidade de cumprir coa demanda da Agruapción cando solicita que se lle facilite acceso ao rexistro de comerciantes ambulantes de Ferrol ao abeiro do recollidos no Decreto 194/2001 de 26 de xullo, de Ordenación da Venda Ambulante, que no artigo 11 expresa a necesidade de que as e os que exerzan o comercio ambulante deberán expor os seus datos de identificación e enderezo nun sitio visible.
A nosa organización sostivo a conveniencia de unificar todas as taxas dos diferentes mercadillos e feiras da cidade, no sentido do que hoxendía se aboa en Recimil. Tamén reclamamos, dacordo coa Agrupación, que a policía cumpra as funcións que se derivan do ordenamento legal vixente.
Non podemos deixar pasar a necesidade de correxir as eivas do rexistro que leva a que se lle reclamen taxas a xubilados que xa non exercen, namentras a outros que están a traballar non lles chegan.
Non deixaron pasar a ocasión os concelleiros do Grupo Municipal de EU, Javier Galán e Roberto Artabe para esixir coa maior firmeza que o Goberno Municipal deixe de pasar os días sen facer ren e se poña mans a obra para que con velocidade de cruceiro se lle reclame a empresa Urbaser, concesionario dun servizo público deste concello, que cumpra o asinado cos traballadores.
Ferrol, 19-xuño-2009
A MELLORA NA PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO E A DEFENSA DOS DEREITOS LABORAIS DOS TRABALLADORES VAN DA MAN SUBLIÑOU A VOCEIRA DO GRUPO MUNICIPAL DE EU.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida mantivo, a finais da semana pasada, unha reunión co comité de empresa de Urbaser na que a representación sindical dos traballadores trasladaron un amplo catálogo de reivindicacións relacionado co incumprimento do convenio colectivo asinado o ano pasado.
Para Esquerda Unida é unha obriga inexcusable deste Goberno Municipal – e así llo reclamamos - o velar polas condicións nas que a empresa concesionaria exerce o servizo concesionado, e en particular velar polas condicións laborais nas que prestan o devandito servizo as e os traballadores. Urbaser, na súa condición de empresa concesionaria, non pode actuar de xeito unilateral e incumprir o asinado coa representación das e dos traballadores, namentras o concello non reacciona e mira para outro lado. O Grupo Municipal de Esquerda Unida entende indispensable que o Goberno Municipal reaccione de inmediato e sen máis dilacións esixa da empresa concesionaria alomenos o cumprimento do pactado coa representación sindical das e dos traballadores.
A Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, fixo notar a ecuación infalible que vencella a mellora das condicións laborais das e dos traballadores que prestan un servizo de público de interese xeral coa mellora efectiva e real dese servizo público prestado.
A deixación polo concello da obriga de supervisar as actuacións da empresa concesionaria ten que rematar de inmediato reclamou Yolanda Díaz.
Semellan inaceptables o tipo de actuacións unilaterais que rachan os acordos alcanzados e que somentes producen conflito e malestar. E semella igualmente inaceptable que o Goberno Municipal desapareza e diga que simplemente estamos diante dun conflito entre traballadores e empresa, porque non é así. A deixación de responsabilidades polo Goberno Municipal supón que apareza a posibilidade dunha folga cando imos a tempada estival. A empresa é concesionaria dun servizo público o que obriga ao Goberno Municipal a tomar unha postura activa e esixente na interlocución coa empresa para esixirlle a esta o mínimo legal, isto é, o cumprimento do convenio asinado.
Ferrol, 16-xuño-2009
ESQUERDA UNIDA VÉN DE PRESENTAR AS SÚAS ALEGACIÓNS PARA IMPEDIR QUE SE AUMENTE A CAPACIDADE REGASIFICADORA DA PLANTA DE GAS E PARA RECLAMAR A DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DE TODO O PROXECTO.
O INCREMENTO DOS RISCOS NA SEGURIDADE PARA A VECIÑANZA E OS DANOS E AGRESIÓNS AO MEDIO MARIÑO DA RÍA CHAVES DA NOSA POSICIÓN
Esquerda Unida vén de presentar hoxe as súas alegacións diante da petición de Reganosa de ampliar a capacidade regasificadora da planta instalada no interior da ría de Ferrol. Esquerda Unida entende da máxima importancia e urxencia conquerir cunha forte acción unitaria da cidadanía e dos máis variados e múltiples colectivos sociais o arrincar do Ministerio unha resposta positiva ás demandas pola seguridade e a riqueza da ría que defendemos os máis de 60 colectivos participantes no Comité Cidadán de Emerxencia.
A seguridade dos milleiros de persoas que vivimos ao redor da ría e os danos agregados á riqueza da ría que se van producir coa petición do incremento da capacidade regasificadora son as razóns fundamentais que levan a Esquerda Unida a soster unha petición para a que alegamos diante do Ministerio de Medio Ambiente.
A cidadanía crítica vén de gañar un triunfo importante coa vitoria sobre os depósitos de ferrazo en Vilagarcía. A sentenza do Tribunal Supremo declarou ilegal o estabelecemento dos depósitos de ferrazo por non contar cos preceptivos estudos de impacto ambiental. Amosa a sentenza ditada que a tenacidade e constancia das razóns cidadáns rematan por dar froitos. O mesmo vai acontecer coa planta de gas instalada ilegalmente no interior da nosa ría.
Esquerda Unida non pode deixar de lamentar e criticar posicións insensibles as razóns da legalidade que expresan as posicións da nosa organización en consonancia cos máis de 60 colectivos sociais e cidadáns que demandamos a planta de gas fóra da ría. Eis o que nos obriga a denunciar a posición acrítica do BNG diante da planta de gas en xeral ( ao aceptar que a planta funcione sen o preceptivo estudo de impacto ambiental ), e en particular no que atinxe á proposta de ampliación da capacidade regasificadora da planta, co seu voto negativo a darlle unha oportunidade á seguridade da poboación e a preservación da riqueza da ría.
5-maio-2009
Moción de EU aprobada no último Pleno O barrio de Recimil supón unha peza fundamental na conformación da trama urbana da nosa cidade. A súa historia e traza, e o seu carácter público supoñen o alicerce que fundamenta a súa preservación cunha acción pública que rehabilite o barrio.
O valor histórico deste barrio, a súa importancia na trama urbana da cidade, os intereses da veciñanza e a formidable potencialidade que acubilla este barrio de vivendas de propiedade municipal para poder desenvolver unha ampla e ambiciosa política pública de vivenda en aluguer son os elementos que están na base da nosa proposta.
A rehabilitación supón unha fórmula máis económica e de carácter sustentable que son valores de primeira orde para a acción dunha administración pública. A conservación do barrio conta cunha ulterior protección ao través dun ditame da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia de novembro de 2005.
Esquerda Unida quere lembrar o acordo plenario adoptado no anterior mandato municipal ( 30 de xuño de 2006 ) no cal se acordara de xeito moi maioritario unha moción que demandaba unha intervención rehabilitadora no barrio de Recimil. A actual conformación política do Pleno entrega unha clara maioría aos partidarios de emprender esa rehabilitación, que vai supor unha mellora innegable da calidade de vida da veciñanza do barrio. O obxecto desa proposta é conquerir un acordo político claro que urxa o comezo da rehabilitación do barrio na peza coñecida como Bambú Club, e afirmar a determinación deste Pleno de conquerir a rehabilitación completa do barrio de Recimil. Este concello ten os recursos suficientes para emprender esta acción rehabilitadora que servirá de exemplo e pulo para acadar nunha segunda fase a sucesiva extensión ao resto do barrio desta política de rehabilitación.
Esquerda Unida defende un urbanismo ao servizo do dereito á vivenda e do interese xeral. Pulamos por conquerir unha configuración da morfoloxía da nosa cidade, que acade espazos que recreen a cidade relacional que arelamos para Ferrol. Este Concello ten os recursos para non demorar o comezo da rehabilitación do barrio. Rehabilitación a facer no contexto do necesario protagonismo da iniciativa pública para garantir o acceso a unha vivenda digna. Asemade o noso Grupo sabe do protagonismo que debe ter a futura Empresa Municipal de Vivenda para a xestión do patrimonio pública de vivenda en alugueiro no caso de Recimil, asemade das outras funcións que vaia ter encomendadas.
En consonancia co antedito, o Grupo Municipal de Esquerda Unida somete á consideración do Pleno do Concello de Ferrol a adopción dos seguintes ACORDOS:
I.- Que o Pleno do Concello de Ferrol acorde o comezo urxente das obras de rehabilitación do inmoble coñecido como Bambú Club, as cales servirán de exemplo das melloras que virán da man da rehabilitación.
II.- Que o Pleno do Concello de Ferrol desenvolva as iniciativas públicas pertinentes para acordar o cronograma e os recursos necesarios para abordar a secuencia da rehabilitación do conxunto do barrio de Recimil. III.- Que se aceleren os traballos para pór en funcionamento o instrumento dunha política pública de vivenda, a empresa municipal de vivenda.
Ferrol, 17 de marzo de 2009
moción presentada por EU, aprobada polo Pleno
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A recuperación da memoria Histórica semella unha das tarefas aínda pendentes de acometer en toda a súa extensión dende as administracións públicas pola importancia e incluso urxencia que comporta.
A realidade da nosa sociedade – máis de trinta anos após a aprobación da Constitución Española do ano 78 - é que falla unha política pública integral de reparación e recoñecemento de todas e todos os loitadores polas liberdades democráticas republicanas.
Tarefa de grande importancia a recuperación da Memoria Histórica porque a convivencia democrática de hoxe require dun compromiso certo dos poderes públicos democráticos para recuperar a memoria, divulgar e conmemorar a todas as persoas que renderon esforzos heroicos para defender o réxime democrático da II República. E tarefa urxente porque das persoas que loitaron polos nosos dereitos entón e aínda viven teñen xa unha idade provecta, que autoriza a demandar dos poderes públicos celeridade para recoñecer a valía do seu compromiso cívico.
A aprobación da Lei 52/2007 de 26 de decembro pola que se recoñecen e amplían dereitos e se estabelecen medidas a prol dos que padeceron persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a Ditadura – aínda coas súas insuficiencias – indica un catálogo de obrigas e deberes para os poderes públicos no que atinxe a recoñecer e achegar á sociedade a todas e todos os que fixeron un contributo para que a nosa sociedade poida vivir hoxendía nun réxime político de liberdades. Así se fai constar na exposición de motivos da lei cando afirma chegado o tempo de que a actual democracia honren e recuperen para sempre a todos os que diretamente padeceron inxustizas e agravios e dende logo aos que perderon a vida e con eles ás súas familias.
O obxecto da lei, recollido no seu artigo primeiro, sostén que será política pública o fomento dos valores e principios democráticos. Consonte o enunciado supra, esta exposición de motivos quere lembrar a figura e traxectoria do que fora en época republicana contralmirante da armada e ministro de mariña no Goberno de Manuel Portela Valladares. Militar que conta no seu haber con diferentes condecoracións de honra de diversos países estranxeiros: a Gran Cruz da Orde do Fénix de Grecia, a Encomenda de Gran Oficial da Lexión de Honra da República Francesa e a Encomenda de Gran Oficial da Orde da Coroa de Rumania.
Antonio Azarola Gresillón nacera en Tafalla en 1874 e ocupaba dende novembro de 1934 a segunda xefatura da base Naval de Ferrol e a xefatura do Arsenal. Xa en abril de 1932 era nomeado Subsecretario Militar do Ministerio da Mariña. E en xullo dese mesmo ano, o Presidente da República, Niceto Alcala- Zamora asinaba a súa patente como contralmirante da armada.
Proponse ao Pleno o seguinte ACORDO:
I.- Que o Concello de Ferrol nomee unha rúa da cidade co nome do contralmirante Antonio Azarola Gresillón en recoñecemento a súa defensa a prol das libertades.
II.- Que o Concello de Ferrol edite unha unidade didáctica para a súa utilización nos centros de ensino onde se recolla e explique o que supuxo en termos de represión o golpe de Estado na nosa cidade e bisbarra.
18-marzo-2009
O G.M. de Esquerda Unida presentou unha moción no concello para que se cree un roteiro sobre a figura de Concepción Arenal.
Entre a exposición de motivos destacamos os seguintes:
A figura de Concepción Arenal reúne un conxunto de cualidades que fan dela un exemplo sobranceiro, un valor cultural e histórico para a nosa cidade que as administracións públicas temos que desenvolver e difundir, sendo como é unha filla de Ferrol, onde nace nunha modesta casa no barrio de Ferrol Vello o 31 de xaneiro de 1820.
Concepción Arenal acubilla na súa biografía un ricaz papel no eido literario e no eido da loita social e na defensa e igualdade das mulleres como feminista avant la lettre. A súa biografía vai xunguida os ideais de xustiza e liberdade que informan tanto a súa vida canto a súa obra.
Muller de notables traballos e obra prolífica. Súa é a memoria La beneficencia, la filantropía y la caridad, que sería premiada pola Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, que por vez primeira recoñecía neste premio o traballo dunha muller.
Obra escrita a súa que abrangue a poesía, a novela, o drama e a zarzuela. Notable foi a súa achega no eido xornalístico, onde vai escribir en numerosas revistas especializadas do Estado e fóra, asinando artigos na prensa galega e na da emigración en Cuba.
O recoñecemento da dignidade e igualdade da muller xoga un papel central na súa obra: o ser humano marxinado e negado que é a muller necesita para a súa emancipación axuda e respecto, educación para recoñecer a valía da súa propia dignidade. Obras como La mujer del porvenir o La educación de la mujer, o El trabajo de las mujeres... abondan nesa ollada insubmisa. Ollada que tivo un correlato no seu quefacer rebelde cando vestida como os homes asistiu ás clases universitarios ou misturouse nas tertulias e cafés para vencer os prexuízos que afastaban entón ás mulleres deses ámbitos.
A súa vida a entrega a unha infatigable laboura de visitas aos hospitais e as cadeas, o que fará dela unha defensora dos oprimidos e excluídos da nacente sociedade capitalista. A forza redentora da solidariedade social percorre todo o seu compromiso.
(...)
En consonancia co antedito, sometemos á consideración do Pleno do Concello de Ferrol a adopción dos seguintes ACORDOS:
I.- Elaboración dun roteiro turístico que vencelle a figura de Concepción Arenal coa cidade de Ferrol , como un produto turístico cunha acentuada orientación de xénero e pedagóxica en atención a súa vida e obra.
12-MARZO-2009
Esquerda Unida rexistrou onte no Rexistro do Concello unha batería de propostas para a vindeira edición da Feira do Libro na nosa cidade. A proposta de autoras e autores contempla tanto a nomes de referencia da nosa cultura, canto a creadores de fóra que posúen unha obra esixente e crítica.
A Feira do Libro semella unha grande oportunidade para interesar o público polo inesgotable mundo da escrita, quen de procurarmos coñecemento crítico e capacidade de disfrutar coa imaxinación e o pensamento acubillado.
A valorización da nosa cultura con expoñentes de dúas xeracións vencelladas pola súa radicalidade crítica e o carácter vangardista da súa obra combínase coa olla crítica do feminismo pata tentar achegar unha proposta e altísima calidade, variada e atractiva para o público lector da nosa cidade.
O G.M achega na súa proposta os nomes de Daniel Salgado (poeta e xornalista) e Xosé Luis Méndez Ferrín (narrador e poeta e persoeiro comprometido co devir político do noso país) para os actos da inauguración e peche da Feira. Daniel Salgado xa vai polo seu terceiro libro de poemas, Éxodo, tras Sucede e Días no imperio. Poeta arriscado tanto na temática afincada na resistencia e na loita coa realidade canto nas formas dunha escrita de vangarda. Poesía escrita sobre a terra queimada, épica desgastada contra o tempo: prácticas emancipatorias fronte a un inimigo diáfano, se ten escrito da súa obra.
De Méndez Ferrín – gloria das nosas letras – abonda con dicir que forma parte dos imprescindibles da nosa cultura, da nosa sociedade crítica e resistente. Salgado e Ferrín comparten unha ollada crítica e lúcida diante da barbarie presente.
As outras propostas para os días da Feira son: Rosa Regás, autora dunha obra rebelde: Memoria de Almator, ou a toma nas súas mans do seu destino dunha muller sempre protexida; Azul, gañadora do Nadal, cunha historia do amor e do mar; Luna lunera, historia da postguerra, premio Ciutat de Barcelona; ou o premio Planeta, Canción de Dorotea.
Contémplase – na proposta de Esquerda Unida - a presenza tamén do profesor Herminio Barreiro, cunha dilatada experiencia profesoral na USC no departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social. As súas liñas de investigación teñen orbitado no derredor da renovación educativa en España no período entre 1910 e 1936, asemade da ilustración, revolución e educación na constitución dos sistemas educativos contemporáneos. En particular os seus estudos sobre Lorenzo Luzuriaga e o movemento da escola única. Vén de publicar recentemente aínda, o ano pasado, o seu libro de recordos infantís e universitarios, Recordar doe, que podería ser presentado na nosa cidade co gallo da celebración da Feira.
Carmen Rigalt é a outra das autoras propostas a partires dos seus libros: Mi corazón que baila con espigas, finalista do Planeta, La mujer de agua ou a obra ensaística, Diario de una adicta a casi todo.
12-MARZO-2009
O Grupo Municipal de Esquerda Unida manterá na tarde de hoxe dúas reunións ao obxecto de facer repaso das problemáticas pendentes en ámbalas dúas parroquias da nosa cidade.
Ás 19:30 horas manterá unha xuntanza coa directiva da A.VV. de Covas para facer un repaso crítico das demandas pendentes que a asociación – que está a desenvolver unha moi activa axenda de traballo – vén achegando ao concello dende 2007.
Logo desta reunión, contra ás 20:30 horas, no local da A.VV. de Mandiá, Esquerda Unida manterá un segundo encontro coa directiva da asociación veciñal desta parroquia.
Este traballo de proximidade pegado ao carón das e dos veciños é o que quere considera Esquerda Unida indispensable para servir de canle de comunicación e altofalante das demandas veciñais que supoñen unha achega de indubidable importancia para o benestar da veciñanza. A política das pequenas cousas supón un factor importante para mellorar a calidade de vida da nosa cidadanía.
A relevancia que na nosa cidade posúe o movemento asociativo veciñal supón un valor engadido para desenvolver todas as posibilidades da participación cidadá. Esquerda Unida sabe do valor deste activo e vai traballar para que sexa un referente para a implementación de políticas públicas que supoñan a mellora na prestación de servizos públicos. 12-MARZO-2009
O Grupo Municipal de Esquerda Unida quérese facer eco e denunciar o mal estado das rúas Río Xubia e Fontaíña, no Ensanche A.
Situación que se vén producindo hai meses sen que dende o Goberno Municipal se actúe coa celeridade e dilixencia oportunas.
A rúa Río Xubia xa está adxudicada hai meses e Esquerda Unida non entende o atraso que acumula o comezo desta obra. A administración municipal ten que actuar de inmediato para restaurar e urbanizar o firme desta rúa. Os prazos razoables xa van vencidos e urxe que o Goberno Municipal sexa firme e resolutivo coa empresa encargada de obrar na rúa.
A nosa organización quere demandar que se proceda de inmediato a arranxar un enorme socavón que hai na beirarrúa da rúa Fontaíña, furado que leva demasiado tempo sen resposta pola administración municipal, no que semella un abandono e desinterese inaceptables.
Esquerda Unida entende que non pode haber máis atrasos nestas pequenas obras, que supoñen molestias e perigos para os veciños e que lastran de xeito grave a imaxe da nosa cidade.
9-MARZO-2009
A NOSA APOSTA É POR UNS ORZAMENTOS AMBICIOSOS, FERRAMENTA DE COHESIÓN SOCIAL, SUBLIÑOU A VOCEIRA DO GRUPO, YOLANDA DÍAZ.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida manterá mañá unha xuntanza co Goberno Municipal ao obxecto de avanzar na negociación orzamentaria.
Como xa ten manifestado Esquerda Unida en varias ocasións, de xeito público, urxe pola importancia dos orzamentos desenvolver as xuntanzas que sexan necesarias para tentar chegar a un acordo. Froito desa insistencia vai ser a reunión que se manterá mañá ás 17:00 horas entre dúas delegacións.
Esquerda Unida propugna e vai facer todo o posible para acadar un acordo para uns orzamentos ambiciosos en xeral e nos que se recollan as demandas plantexadas por EU no seu documento orzamentario, documento que ao noso parecer recualifica dende a esquerda, coas súas achegas, a memoria do Anteproxecto presentado polo Goberno.
Orzamentos que necesariamente teñen que seren plantexados como instrumento económico e social contracíclico. Esgotado o espellismo que lle atribuía ao mercado todos os poderes e cualidades, tócalle a intervención pública sacar as castañas do lume da crise provocado por aquel.
Esquerda Unida considera indispensable acadar uns orzamentos respaldados pola esquerda política e social da nosa cidade e, xa que logo, aposta polo que o seu contido sexa transformador e que permita a recuperación da ilusión cidadá para gañar o futuro para a nosa cidade.
9-MARZO-2009
A concelleira de Esquerda Unida, Sari Alabau,responsable comarcal de Esquerda Unida, diante da celebración o vindeiro 8 de marzo do Día Mundial da Muller Traballadora,
quere facer un chamamento no nome de Esquerda Unida ás mulleres da bisbarra e a cidadanía ferrolán para participar na manifestación que organiza a Marcha Mundial de Mulleres co gallo da devandita celebración, o vindeiro domingo ao mediodía.
Esquerda Unida reclama diante desta data a loita polos plenos dereitos para conquerir a plena igualdade.
Sari Alabau reclamou unha decidida acción para gañar o empoderamento, esto é, a alteración radical dos procesos e estruturas que reproducen a posición subordinada das mulleres como xénero. Conquerir que as mulleres sexan as protagonistas do seu devir.
A actual crise derivada da bancarrota das políticas económicas neoliberais da globalización capitalista ameaza en particular os colectivos máis febles na súa inserción sociolaboral: as mulleres: Crise no mercado laboral e desmantelamento dos servizos públicos a o través da falla de orzamento e das privatizacións supón unha agresión sobre as mulleres e as políticas integrais a prol da igualdade de xénero.
As cifras que temos no noso país acerca de maiores taxas de dsemprego e precariedade ademáis dunha diferenza media salarial a igual traballo e categoría que se mantén entre o 20-30% respecto dos seus compañeiros dan conta do longo traballo que resta por conquerir no ámbito da produción para achegarmos á igualdade. Un plan de emprego que atenda de xeito específico a problemática de xénero semella indispensable para enfrontar esta situación.
O afortalamento dos servizos públicos ( das escolas infantís até o desenvolvemento con carácter público das previsións recollidas na lei da dependencia ) supón un requisito para superar a dobre carga que recae sobre as mulleres para atender as tarefas vencelladas o eido reproductivo. Queremos salientar a necesidade de garantir no proceso de reforma da lei do aborto unha lei que protexa o dereito das mulleres a decidir, xunto coa total despenalización do aborto e a creación dun amplo marco lexislativo que garanta os dereitos reprodutivos e sexuais das mulleres no ámbito da sanidade pública. 6-MARZO-2009
DÍA E HORA: VENRES, 6 DE MARZO, ÁS 12:45 HORAS
LUGAR: CONCELLO DE FERROL
OBXECTO: ORZAMENTOS MUNICIPAIS
PARTICIPANTES: GRUPO MUNICIPAL DE EU
A planificación urbanística é un ámbito de especial relevancia para a conformación dunha trama urbana atenta os valores sociais e da sustentabilidade.
Forma parte dos dereitos humanos o conquerir unha cidade habitable, pensada e feita para as necesidades da cidadanía, que poña en valor os espazos públicos e as necesidades cidadás.
No urbanismo cobra un protagonismo senlleiro a planificación de espazos que melloran a calidade de vida da nosa veciñanza, o que forma parte dos deberes a cumprimentar polas administracións públicas. Planeamento que debe avanzar na corrección e perfeccionamento da ordenación urbanística pormenorizada.
Planificación e cumprimento da legalidade urbanística, que semella un requisito necesario para garantir o desenvolvemento desa trama urbana atenta as necesidades da nosa cidadanía. Esquerda Unida sabe do valor dun planeamento urbanístico racional e crítico que permita desenvolver unha configuración da cidade que aponte cara a unha cidade relacional, que coide e planifique un conxunto de espazos abertos que sirvan para o encontro e o disfrute da cidadanía.
Consonte ao antedito a nosa organización achega con esta moción a proposta de derrube da nave do mercado que se atopa no Plan Especial de Protección e Rehabilitación do Barrio da Magdalena, considerada como edificación non catalogada fóra de ordenación. Semellante cualificación a encadra no artigo 75 do Plan, que clasifica o patrimonio arquitéctónico non catalogado nese artigo, e que recolle no seu punto B os elementos desconformes coa ordenación, e que afecta os inmobles ou elementos dos mesmos que, por unha ou outra circunstancia, resultan desconformes coas determinacións da ordenación, coa regulación da intervención nas edificacións ou coa protección do patrimonio histórico-artístico e do seu contorno, e para os que o Plan prevé a súa desaparición, substitución ou adecuación.
Esquerda Unida vén demandando de vello o necesario derrube desta nave do mercado que se atopa fóra de ordenación e que non deixa de constituír un atranco para a consolidación e mellora da comunicación do casco histórico e Ferrol Vello. Aínda solicitámolo con cargo aos fondos estatais adicados ao ámbito local, sen obter unha resposta positiva. Demanda de Esquerda Unida que concorda coas reiteradas demandas cidadás no mesmo senso.
A nosa organización entende que xa é tempo de facer realidade esta arela, que non deixa de malferir os intereses públicos. Esquerda Unida entende que semella necesario proceder a derrubala sen máis dilacións. Xa que logo, solicítase do Pleno da Corporación que adopte o seguinte.
ACORDO:
I.- Que se proceda de xeito inmediato a derrubar a nave do mercado que está fóra de ordenación no PXOM vixente.
II.- Que se consignen as cantidades orzamentarias precisas no orzamento para proceder o seu derrubamento.
Ferrol, 16 de febreiro de 2009
No Galicia de Caranza,no concello de Ferrol, ás 19.00 horas, mitin no que participarán Ignacio Allegue, coordinador local, Sari Alabau, concelleira e número 11 da candidatura e Javier Galán, concelleiro e número e da lista provincial.
Mañá, ás 17 horas, na sede local de Esquerda Unida de Ferrol ( rúa Sol, 124-126 entrechán esqda.), na que van participar Pilar Díaz, concelleira en Mugardos e número dúas da candidatura pola circunscrición electoral da Coruña e Antonio Cortés, membro da Comisión Executiva Federal de IU, responsable da Secretaría de Finanzas e Administración.
Mañá, mércores 25 de febreiro, a partir das 11h30, os candidatos de EU repartirán información electoral no mercado de Recimil.
Este mércores 25 de febreiro rolda de prensa na sede de Esquerda Unida en Ferrol (r/ do Sol, 124-126 entrechán esqda.) coa presenza de Pilar Díaz (nº2 da candidatura e concelleira de EU en Mugardos), e Fran Pérez (responsable da Secretaría de Cooperación e Dereitos Humanos na Comisión Executiva Federal de IU).
Acto sectorial de Emprego no Ateneo, ás 12h, coa presenza de Javier Galán (concelleiro de Esquerda Unida en Ferrol e candidato por Coruña) e Ángel Pérez, responsable da secretaría de comunicación externa e electoral de IU e voceiro de IU no concello de Madrid.
Na sede local de Esquerda Unida en Ferrol. Rolda de prensa coa presenza de Pilar Díaz, concelleira de EU no concello de Mugardos e número dúas da candidatura pola Coruña e Inés Sabanés, responsable da secretaría de estudo de movimentos sociais de IU, e deputada na Asemblea de Madrid.
Acto sectorial de DEMOCRACIA PARTICIPATIVA, no Ateneo Ferrolán, ás 20h, coa participación de Javier Galán, concelleiro de Ferrol, e Andrés Falck, da Permanente de IU Málaga e coordinador do Foro de Autoridades Locais e Democracia Participativa na deputación malagueña.
Coa presenza de Susana López e de Sari Alabau, ás 19h30, no Ateneo de Ferrol, acto sectorial de Muller.
Ás 13h, no Concello de Ferrol, rolda de prensa de Esquerda Unida para falar sobre a "Lei de Dependencia". Intervirán Sari Alabau e Yolanda Díaz
A partir das 20h, coa presenza de Marga Ferré, deputada de IU na Asemblea de Madrid.
YOLANDA DÍAZ, VOCEIRA DO GRUPO, EXPRESOU O REXEITAMENTO AO PLAN E DEMANDOU A RETIRADA DO MESMO
ESQUERDA UNIDA RECLAMARÁ UN PLAN QUE APOSTE POLA INICIATIVA PÚBLICA E A SUSTENTABILIDADE
Esquerda Unida mantivo onte a noite unha reunión de traballo coa Plataforma Galega de Afectados polo Plan Sectorial de Vivenda e Solo, para coñecer de primeira man as análises e demandas dun amplo colectivo cidadá de afectados polo Plan , cifrado no ao redor das quince mil persoas, espalladas polas diversas localidades galegas.
Esquerda Unida compartiu con Plataforma as críticas e inquedanzas que plantexa un Plan aprobado no estertor da lexislatura e que semella, segundo as análises de EU, insustentable asemade de deixar nas mas da iniciativa privada a resolución dos desaxustes e problemas creados pola mesma baixo a fórmula da burbulla especulativa no eido da vivenda.
A nosa organización presentou diante da Xunta de Galicia, en decembro do ano pasado, un análise crítica e unha proposta de alegacións ao obxecto de superar as eivas e erros que contén o Plan e as súas previsións. Alertabamos que o estudo previo contemplado no devandito Plan non identificaba na súa verdadeira dimensión o enorme crecemento do parque de vivenda baleira, ao misturar vivenda secundaria coa baleira. A realidade é que en Galicia a relación de vivendas baleiras respecto dos fogares existentes é de 145 vivendas por cada 100 fogares, unha cifra inusitada en Europa. O Plan evita analisar o exceso de oferta de vivenda, e asemade nada hai nas previsións demográficas que autorice o crecemento do parque de vivendas producido e que se contempla para o vindeiro decenio. Entre os anos 1991 e 2007 o parque de vivendas creceu un 35% ( a razón de 20.000 vivendas anuais nos 90 e o dobre nesta última década ) contra un crecemento demográfico do 1,76%.
O Plan aposta ao fin pola vivenda como mecanismo de negocio e de dinamización económica fronte a concepción social e sustentable que ve nela un valor de uso e dereito fundamental para ter unha vida digna.
Plan feito de costas aos propios concellos, nunha enésima reedición do vello centralismo.
Esquerda Unida vai expresar nesta campaña electoral e no vindeiro Parlamento de Galicia a necesidade da retirada do mesmo e a reelaboración nunha clave social, pública e sustentable dun novo plan sectorial de vivenda e solo.
Plan alternativo que empregue o patrimonio público de solo para promover vivenda protexida , que implenete medidas que coadxuven a pór en réxime de aluguer o stock de vivenda baleira e a fomentar a rehabilitación e renovación da trama urbana.
Ferrol-12-febreiro-09
A VOCEIRA DO GRUPO MUNICIPAL RECLAMA O TRASLADO DA PLANTA A UN POLÍGONO INDUSTRIAL
ESQUERDA UNIDA ESIXE AO ALCALDE – AÍNDA REPRESENTANTE NA AUTORIDADE PORTUARIA – QUE DE EXPLICACIÓNS DO ACONTECIDO AOS GRUPOS MUNICIPAIS
O Grupo Municipal de Esquerda Unida, diante do accidente acontecido na planta de Entabán, lembra as consideracións feitas nas súas alegacións ( presentadas en decembro de 2007 ) ao emprazamento desa industria no porto exterior, nas que xa sinalaba as lagoas e baleiros que tiña o expediente de autorización da instalación. O RAMINP ( decreto 2414/1961 de 30 de novembro ) obriga a manter unhas distancias mínimas respecto dos núcleos habitados máis próximos ( Cariño, O Pieiro, Liñares e Espiño ) que neste caso non se cumpren. E por outra banda unha industria desta natureza debe pasar polo control ambiental previo, esto é, o procedemento de Avaliación Ambiental, procedemento do que incomprensiblemente se lle exime a pesares de que a planta produce unhas 300.000 tn anuais de combustible.
Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal, reclama que Esquerda Unida alegou xa no seu día a falla de idoneidade da localización da planta atendendo tanto a razóns ecolóxicos canto económicas. A súa proximadade ao LIC Costa Ártabra xunto a exención de control ambiental, vulnerando o elemental principio do dereito ambiental de cautela. Xunto con elo, a instalación da planta no porto é inadecuada porque a función dun peirao é permitir o atraque e desembarco de cargas, e non a de misturarse – ocupando un espazo considerable - cun polígono industrial, que é onde ten que ubicarse unha instalación das características da que estamos a falar. A devandita instalación no porto exterior afórralle os custos dun oleoducto á empresa, mais non sirve ao interese xeral da cidade.
O Grupo Municipal de EU esixe ao alcalde – aínda representante na Autoridade Portuaria – que dea as explicacións oportunas do acontecido no porto exterior aos Grupos Municipais ao través dunha reunión urxente. Non sabemos a natureza do vertido e, xa que logo, as posibles consecuencias ambientais e de sáude pública do mesmo, sinalou a Voceira do Grupo Municipal.
9-febreiro-2009
A NOVA DIRECIÓN LOCAL PONSE A TRABALLAR NAS NECESIDADES E PROBLEMÁTICAS DA VECIÑANZA
O Consello local de Esquerda Unida reunido onte elixiu a Ignacio Allegue como coordinador local da formación para encabezar o novo tempo político da formación, que vaise caracterizar pola profundización na interlocución cos movementos sociais, a estensión organizativa nun intre de crecemento como o que está a experimentar Esquerda Unida, asemade de fornecer e estreitar a colaboración entre a dirección local e o Grupo Municipal.
A tripleta de primeiros obxectivos a conquerir semella na análise feita polo Consello local a mellor maneira de rendir un servizo á veciñanza, mediante a resolución con análises e propostas concretas das súas necesidades e inquedanzas.
O Consello local saudou a incorporación do número cinco da candidatura municipal, o médico Roberto Artabe, ao Grupo Municipal. O seu coñecemento e experiencia, a súa recoñecida valía suporán un valioso reforzo para o traballo a desenvolver no seo do Grupo. O Consello aceptou a renuncia do concelleiro Miguel Reimúndez, e agradeceu o seu traballo e adicación. As diferenzas avanzadas polo edil para explicar a súa marcha nas materias lingüística e de artellamento territorial do Estado e maila cuestión do terrorismo chocan coa tradicional posición mantida por Esquerda Unida no senso de facer do galego a lingua propia do país como se recolle no Estatuto ou a formulación dun Estado federal republicano e solidario quen de artellar as lexítimas arelas de autogoberno das diferentes nacións e comunidades que integran o Estado. Diferenzas que non afectaron o traballo no eido municipal. E diferenzas políticas que nunha organización de esquerdas plural e democrática como Esquerda Unida – coa fórma de movemento político e social - forman parte do necesario e do saúdable para fornecer o debate de ideas e a elaboración de sínteses superadoras.
A dirección local lamenta as desafortunadas e incertas declaracións feitas polo anterior secretario da organización encol do proceso de renovación efectuado. Máis cando nin chegou a asistir a asemblea local onde a nova dirección local foi elixida case por unanimidade.
6-febreiro-2009
Esquerda Unida renova e fornece o seu Grupo Municipal de Ferrol coa incorporación de Roberto Artabe Noya, recoñecido médico ferrolán, que conta cunha ampla formación, unha dilatada experiencia profesional e un sobranceiro compromiso social, o que supón achegar ao Grupo Municipal un valioso caudal de coñecemento e compromiso.
A ampla formación académica de Roberto Artabe abrangue a licenciatura en mediciña, un máster en drogodependencias, a diplomatura en alcoholismo, exercendo na actualidade como médico de familia. Asemade está a preparar o doutorado e estuda antropoloxía social. Desenvolve tamén un sostido traballo dende hai anos en Asfedro ( Asociación Ferrolán de Drogodependencias ), no que desempeñou a direción técnica do centro durante catro anos, sendo na actualidade médico adxunto.
Roberto Artabe supón, xa que logo, un valor para fornecer o traballo do Grupo Municipal nas políticas de contido social, a partires da súa propia traxectoria; políticas públicas de contido social que diante da actual crise semellan ser fundamentais para mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza.
O novo concelleiro de Esquerda Unida achega a súa andaina política o seu coñecemento da sanidade pública e da saúde pública xunto co seu compromiso certo coas problemáticas sociais vencelladas ao eido sanitario. O seu traballo en Asfedro - entidade social que xoga un papel central na atención ás drogodependencias - veu caracterizado coa impronta da solidariedade, a transparencia, a participación e a eficiencia.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida presentará nas vindeiras datas o novo concelleiro e o reparto de traballo nas diferentes comisións informativas do Concello de Ferrol.
6-febreiro-2009
Esquerda Unida celebrou onte unha xuntanza da súa asemblea local de Ferrol onde procedeu a renovar a direción local da organización, proceso que se inxire dentro da secuencia de renovación dos órganos de direción aberta trala IX Asemblea Federal de IU.
Proceso de renovación que mistura a incorporación de mulleres e homes novos xunto a experiencia e o traballo previos para callar nunha proposta de programa e intervención social atenta as necesidades da nosa cidade.
A nova direción local constitúese segundo os criterios de traballo colexiado, paridade e máis atendendo a ricaz pluralidade interna dun movemento político e social como é Esquerda Unida. Elementos que permiten conxugar unha renovación fonda e enriquecedora do Consello.
A renovación do Consello local supón a apertura dunha nova etapa política na organización, que vai permitir fornecer e estreitar a coordinación política entre o Grupo Municipal e a súa direción local, coa vontade de desenvolver un amplo plan de traballo político tanto no eido institucional como no social, que sirva para atender as necesidades perentorias e importantes que ten a nosa cidadanía.
O novo Consello local vai profundizar nos vencellos e na interlocución co movemento asociativo ao obxecto de recoller e expresar as demandas dos sectores máis críticos e lúcidos da nosa cidade. Consello que vai ser canle e expresión política das inquedanzas cidadás.
O novo Consello local desenvolverá un amplo plan de traballo para consolidar e estender organizativamente o proxecto de esquerdas que representa EU, canalizando e pulando polo crecemento que a organización está a experimentar; asemade terá a tarefa de pór en marcha a nova converxencia política e social que aglutine a esquerda nacional e social do país diante da fondísima crise, que non deixa de se agravar, e que padece a maioría traballadora do país.
As compañeiras e compañeiros que integran a direción local están profundamente imbricados na vida social e asociativa da nosa cidade e son unha garantía de coñecemento e proximidade das demandas cidadás que importan o benestar e a cohesión social da nosa cidade. Os nomes dos integrantes do Consello detállanse a continuación: María de los Ángeles González Carneiro, Ignacio Allegue, Ricardo Ledo Suárez, Luís Víctor Ruíz, Xosé Mel, Fina Varela, Ana Moral, aos que se suman dous concelleiros do Grupo Municipal, Yolanda Díaz e Javier Galán.
Asdo. Ricardo Ledo Suárez
Secretario Organización Consello Local EU
A VOCEIRA DO GRUPO, YOLANDA DÍAZ, RECLAMA UN COMPROMISO DO GOBERNO MUNICIPAL COA VECIÑANZA DE BRIÓN AFECTADA POLO TEMPORAL.
ESQUERDA UNIDA RECLAMA CELERIDADE E DILIXENCIA POR PARTE DA OFICINA DA COORDINADORA DE EMERXENCIAS PARA CANALIZAR AS DEMANDAS CIDADÁS
O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere manifestar a súa preocupación e a súa crítica diante do retraso que se está a producir para devolver subministración da enerxía eléctrica e do servizo de telefonía en numerosas parroquias do rural. Non é un luxo ter o subministro eléctrico e servizo de telefonía. Das autoridades públicas, diante dun temporal do que había previsión, se supón que teñen que adoptar as medidas de previsión necesarias e reclamar das empresas subministradoras dos servizos básicos ( telefonía e electricidade semellan selo ) a dilixencia e celo esixibles diante do carácter básico dos bens subministrados.
Esquerda Unida reclamou un compromiso inmediato, urxente, do Goberno Municipal para empregar recursos públicos para restaurar o servizo e esixir das empresas subministradoras do mesmo celeridade e atención as necesidades da veciñanza.
A empresa subministradora ameaza agora coa súa incapacidade para restaurar antes dunha semana o subministro eléctrico aos veciños de Brión, sen que ningunh autoridade pareza disposta a evitalo ou a dar unha sáida transitoria, para non devolver a parte da nosa veciñanza aos tempos da idade media: desaparición do poder público e escuridade por falla de subministro eléctrico.
Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida,reclamou esta tarde que o Goberno Municipal deixe de mecerse no vento e lle entregue celeridade e dilixencia á Oficina Coordinadora de Emerxencias para detectar e dar resposta a todas as necesidades básicas veciñais. En particular, e diante da problemática específica que fixeron notas veciños de Brión, reclamou que o erario público do Concello sufrague o custo temporal dos equipos electróxenos propios, que permitan restaurar transitoriamente o subministro eléctrico até a súa reparación completa. Ferrol, 26-xaneiro-2009
O Grupo Municipal de Esquerda Unida achega na súa proposta para os vindeiros orzamentos unha partida específica para a zona rural ferrolá, ao obxecto de procurar ir pechando a fenda que en servizos e equipamentos ten o rural coa zona urbana.
A función de redistribución que cumpre o gasto público – neste caso o vindeiro orzamento municipal - ten que xogar ese papel en particular na nosa cidade para a veciñanza da zona rural. Esquerda Unida sosterá na negociación do orzamento como conditio sine qua non a súa inclusión. Necesidades dabondo hai - o movemento veciñal así o está a facer constar – para que se recoñeza nas partidas orzamentarias deste ano.
Esquerda Unida atende con elo o que sentimos é unha demanda certa da movemento asociativo veciñal da zona rural.
Na Memoria do Anteproxecto de orzamentos para 2009, Esquerda Unida detectou que non había consignada ningunha partida específica para a zona rural, o que entendemos a partires da experiencia destes anos que semella un erro notable. As particularidades da zona rural demandan unha partida específica que as poida atender con claridade e celeridade.
Esta eiva da Memoria do Antrepoxecto semella indispensable subsanala, ao obxecto de poder avanzar na elaboración dun orzamento que poida contar co respaldo de Esquerda Unida e sexa satisfactorio para a cidadanía da zona rural.
A partida propia para a zona rural cobra unha meirande relevancia diante da situación – criticada xa por EU – do desaproveitamento dos fondos de investimento local para xerar unha inxección extraordinaria nos ámbitos máis desatendidos da rural. Varias medidas recollidas por Esquerda Unida para seren atendidas con cargo ao Fondo seguen a ser desbotadas polo Goberno. Nin o entendemos nin o compartimos, e tornamos a reclamar diálogo, consenso e acordo.
Ferrol, 21-xaneiro-2009
O Grupo Municipal de Esquerda Unida considera necesario chegar a un acordo global de todos os grupos políticos municipais no que atinxe a relación de proxectos a desenvolver con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local.
Ten que lamentar neste senso, a falla de liderazo político amosada polo alcalde para propiciar semellante acordo, que non podería deixar de reflectir un reparto máis equilibrado dos fondos e da súa distribución. Falla de liderazgo que adquire unha especial gravidade polo valor económico do financiamento.
Esquerda Unida quere lembrar á opinión pública que se están a desbotar proxectos para os que hai agora mesmo proxecto preparado e que suporían melloras certas na dotación de equipamentos para a nosa cidade. Sen ir máis lonxe, Esquerda Unida quere lembrar o proxecto para a biblioteca municipal central na súa parte traseira, que suporía gañar un espazo para actividades e unha mellora no ámbito comunicacional co entorno da biblioteca.
Escoitar, negociar e acordar ten que ser a secuencia que informe o traballo do goberno e dos grupos municipais. Non valen imposicións que aínda por riba carecen da maioría necesaria. A cidade non se merece a xordera deste goberno diante das peticións elaboradas polos grupos municipais e por varias entidades veciñais e cidadás . Até o de agora as xuntas de voceiros non serviron para mover o goberno municipal desa postura pechada e aprirística, que consiste en facerse caso a sí mesmo.
Esquerda Unida bota en falla unha meirande atención as demandas veciñais na zona rural, subliñou a voceira do Grupo Municipal, diante da non atención das propostas feitas polo seu Grupo e outros e das reclamacións postas de manifesto por entidades deste ámbito. O Grupo Municipal de EU entende que aínda estamos en tempo de subsabnar parte das eivas detectadas se hai vontade por parte do goberno.
Esquerda Unida fai un ulterior chamamento para acadar unha proposta que aúne tres aspectos: o acordo de todos os grupos coa incorporación de obras até agora desbotadas; o instar a prórroga do Fondo por tres anos, xa que a crise e os seus efectos non van esvaecerse neste ano; e a inclusión de elementos correctores como o referido o emprego nesa renegociación. Esquerda Unida entende que Ferrol pode xogar un papel protagonista nesa reforma e ampliación do Fondo.
Ferrol, 20-xaneiro-2009
A primeira tenente de Alcaldía de Ferrol, Yolanda Díaz Pérez, reivindicou hoxe, en nome do grupo municipal de Esquerda Unida-Izquierda Unida, o cumprimento dos acordos acadados cos sindicatos no marco da negociación do sector naval público que deu na creación, hai catro anos, do grupo Navantia.
Esquerda Unida faise deste xeito eco das denuncias sindicais que mesmo o pasado xoves trascenderon á escena municipal no marco dunha mobilización, e para recabar no só de Navantia, senón moi particularmente do Goberno que preside José Luis Rodríguez Zapatero, o cumprimento dos acordos. Yolanda Díaz situou a falta deste compromiso na esfera política ao considerar que a empresa pública recae no espazo da vontade do Goberno de Madrid, ao que acusou de ter enganado á opinión pública ferrolá e mesmo aos traballadores ao defender unha iniciativa á que segue sen darlle saída definitiva e sen garantías de futuro. A ausencia dun plano industrial catro anos despois de terse comprometido e garantido, a indefinición sobre o escenario no que se move o estaleiro de Fene, a falta de negociación sobre un marco único de relacións laborais para todo o grupo que equipare condicións laborais e económicas, e a falta de apoio á industria auxiliar, tan importante na comarca de Ferrol, “non son só simples incumprimentos, senón a demostración tácita de que o que se pretende é deixar que o tempo acabe por esgotar vontades e por liquidar o espazo que lle corresponde á comarca no sector naval europeo e mesmo español”, subliña a concelleira. Yolanda Díaz amósase así disposta a apoiar as mobilizacións necesarias que permitan consolidar o espazo produtivo da actividade naval na zona. Neste senso, advirte de que o grupo municipal de Esquerda Unida non está disposto a asumir que o calendario electoral “que xa se dá por aberto, aporte novas promesas, como o que veu suceder hai dous anos, cando o futuro da factoría de Fene converteuse en mercadoría política, con propostas de tódalas pelaxes e sen contido, para ao final, seguir a estar podrecendo e achatarrando”. A decisión da propia empresa pública de non ter resolto aínda a día de hoxe a contratación dos xóvenes que legalmente superaron as probas de acceso á factoría ferrolá “é un exemplo máis da desidia e do modo de traballar da compañía”, coincide a concelleira, quen tamén amosou o seu respaldo ao colectivo afectado.
O Consello local de Esquerda Unida de Ferrol considera moi graves as declaracións dos concelleiros do Partido Popular, Rey Varela e Evia Pérez, sobre as obras da rúa do Sol e a xestión do concelleiro de EU Miguel Reimúndez.
Este tipo de declaracións amósanos a todos a baixeza da práctica política do PP. A súa tendenza ao insulto (que xa vimos aturando nos Plenos) e a súa simpleza e hipocresía á hora de abordar temas tan complexos nos dan idea do baixo nivel político dun partido que non sabe facer oposición.
O concelleiro Miguel Reimúndez abordou con responsabilidade a xestión dunha obra complexa e suxeita a uns prazos de fantasía; en vez de tirar para diante pechando ollos, acometeu a tempo a reforma do proxecto, elevou o nivel de esixencia á empresa constructora, escoitou as demandas dos veciños para mellorar a convivencia coa obra e expuso os problemas detectados abertamente. Sobre todo vai empregar por primeira vez unha ferramenta que nin o PP nin ningún outro grupo quixo empregar nunca: as sancións á empresa.
Non esquecemos a irresponsabilidade do anterior concelleiro popular, Guillermo Evia, respecto ás obras da Magdalena e Ferrol Vello. O PP presume de deixar unha herdanza que é de catástrofe, pola baixa calidade dos proxectos, polos prazos, pola aceptación de obras con graves defectos, pola permisividade coas empresas… Invitamos aos concelleiros do PP a que reflexionen sobre como renunciaron a mellorar a xestión das obras e, en xeral, aparcaron todo compromiso fondo por mellorar a administración local.
O Consello LOCAL de ESQUERDA UNIDA – Ferrol, ACORDA o seu total apoio e solidariedade co Comité Cidadán de Emerxencia contra á Planta de Gas de Reganosa no seu PECHE na Casa do Concello de Ferrol.
Apoiamos as súas reivindicacións e denuncias na grave decisión das institucións de consentir que CAMIONS CARGADOS DE GAS LICUADO transiten as polas nosas estradas.
Rexeitamos o dragado na boca da ría de Ferrol na utilización de explosivos nesta rochas que puideran causar unha grave alteración na fauna e medio mariño con que subsisten milleiros de homes e mulleres do mar.
Pensamos que a ampliación da regasificadora aumenta o perigo que representa esta Planta, tanto nas súas instalacións coma nas manobras de entrada e saída destes enormes gaseiros pola angosta bocana da Ría de Ferrol.
ESQUERDA UNIDA- FERROL apoia e convida a toda a cidadanía, en particular aos seus militantes e simpatizantes, a PARTICIPAR na MANIFESTACIÓN DO DOMINGO 8 DE XUÑO NO PORTO DE FERROL.
Consello Local de Esquerda Unida
O Centro Cultural Municipal Carvalho Calero acolle hoxe ás 19.00 horas a primeira das proxeccións do documental “As Misións Pedagóxicas 1931-1936”, que da título á exposición inaugurada o pasado venres.
Tras o documental, realizado por Gonzalo Tapia, terá lugar unha charla coloquio na que participará, ademais do autor, o comisario da mostra, Eugenio Otero Urtaza, profesor de Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Co telón de fondo da película, os participantes analizarán polo miudo as circunstancias sociais e históricas que levaron ao desenvovelmento desta experiencia educativa, cuxas orixes se atopan na Instituto Libre de Enseñanza de Francisco Giner de los Ríos.
A presencia en Ferrol de “As Misións Pedagóxicas” é unha iniciativa da Concellería de Cultura, en colaboración coa Asociación Memoria Histórica Democrática. A mostra foi organizada pola Fundación Francisco Giner de los Ríos xunto á Residencia de Estudiantes e o Ministerio de Cultura.
O documental proxectarase de novo os días 18, 23, 25 e 30 de abril, e 2, 7 e 9 de maio. O programa de actividades complétase cunha conferencia do investigador Eliseo Fernández en torno á “Escola racionalista” (o luns, 21 de abril; outra da mestra e investigadora Sabela Díaz Regueiro sobre “Os mestres da II República en Valdoviño e a súa represión” (28 de abril); e unha terceira, que terá lugar o 5 de abril, a cargo de Antón Costa Rico –profesor da UDC- e Antón Cortizas, mestre e escritor, baixo o título “As Misións Pedagóxicas. Sen pobo non hai República”.
A exposición, que pechará as súas portas o 9 de maio, permanece aberta en horario de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 horas de luns a venres.
Denuncia as actividades sen control e vulneradoras da ordenanza producida onte no Paleteiro por madeiristas.
O Consello Local de Esquerda Unida quere denunciar o proceder dalgúns madeiristas que continúan a desenvolver unha actividade económica sen control, que pon en perigo o medio físico e a seguridade dos veciños, asemade de incumprir a ordenanza que ven de se aprobar en xaneiro deste ano.
O Goberno de esquerdas de Ferrol aprobou o 30 de xaneiro a ordenanza reguladora das actividades nos montes e espazos forestais ao obxecto de preservar e pór en valor a nosa riqueza forestal e natural. Na elaboración da ordenanza fixo Esquerda Unida unha serie de contributos ( un conxunto de case 30 alegacións ) para tentar garantir o control público e asegurar o necesario principio de precaución ambiental.
Para o Consello Local resulta indispensable atallar as actuacións descontroladas dalgúns madeiristas, e que sexa cumprida, xa que logo, a actual normativa en vigor. En concreto queremos denunciar o ocurrido onte na zona de O Paleteiro ( no camiño alto entre A Graña e San Cristóbal, pola parte alta das casas de San Felipe ) se están a desenvolver talas sen permisos, tralas que non fan a obrigada limpeza de restos, contribuíndo a estropear os viais e alimentando a posibilidade de que se produzan incendios.
Froito ácedo de semellante proceder é o esnaquizamento de parte dunha vella ponte de pedra que salva un regato da zona, coa rotura dunha banda lonxitudinal da ponte, que reduce a anchura. Algo máis adiante, nun segundo regato, detectamos a verquedura dunha morea de cascallos.
Ao remate do camiño, en San Cristóbal, cargaban os camións o resultado das talas en vehículos que exceden con moito a tonelaxe permitida, asemade de deixar unha morea de cascallos, que non deixan de alimentar a posibilidade de lumes.
Esquerda Unida demanda da concellaría de zona rural e medio ambiente que extreme as medidas necesarias para facer cumprir unha normativa que protexe o monte e o pon en valor para ben de todos os ferroláns. 9-abril-2008
O mércores, 9 de abril, ás 20:00 horas na sede de Esquerda Unida - IU, sita na rúa Sol, 124-126 entrechán esqda. o Consello Local de EU manterá unha xuntanza coas asociacións ecoloxistas e as entidades veciñais afectadas pola construcción dos accesos ao Porto Exterior.
Nesa xuntanza participará tamén Yolanda Díaz, coordenadora nacional de Esquerda Unida-IU.
Na xunta abordarase a situación actual, os problemas que está a causar na veciñanza, a pasividade de Fomento e as posibles accións mobilizadoras a desenvolver.
Agradecervos a difusión do mesmo. Un saúdo, Consello Local EU.
INICIO PEGADA DE CARTEIS CAMPAÑA ELECTORAL ESQUERDA UNIDA-IU EN FERROLTERRA
Día e hora: medianoite de xoves 21, ás 00:00 horas
Lugar : Praza do Himno Galego
Intervirán: Xaquín García Sinde
Rosana Llago
Cacerolada o Venres, 1 de febreiro, ás 11 da mañá, diante do edificio da Autoridade Portuaria Peirao de Curuxeiras - Ferrol. Logo desprazamento ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, Plaza de España.
SABADO, 2 DE FEBREIRO: ULTRANOITE EN DEFENSA DA RÍA
Este sábado 2 de febreiro, ás 20:30 horas, o centro sociocultural Torrente Ballester (Ferrol) acollerá o espectáculo colectivo "Ultranoite en defensa da Ría", producido pola Rede de Acción Sociocultural Arredemo e Burla Negra, a modo de homenaxe aos veciños/as de Mehá e á xente do Comité Cidadán de Emerxencia, é como denuncia da actitude servil a intereses económicos particulares manifestada polos gobernos da anterior e da actual lexislatura, e que se traducen na imposición da planta regasificadora contra os intereses da cidadanía e do ben común.
O espectáculo contará coa participación, entre outros, de: Chévere (Mónica García, Miguel de Lira, Xesús Ron...), Carlos Santiago, Espido (Guadi Galego e Guillermo Fernández), o Mago Romarís, Os da Ría, Clara Gayo, A Caricia da Serpe (Lino Braxe, Rómulo Sanjurjo), Volta e Dalle (Pepe Penabade, Comba Campoy...), o colectivo de circo Pista Catro, Rebeca Montero, e os músicos Bernardo Martínez, Xoan Piñón, Xaquín Blanco, Suso Alonso e Xabier Olite, coa actuación estelar das "cantareiras e cantareiros de Mehá"
¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!
Os contactos do concelleiro de Participación Cidadá, Persoal e Modernización Municipal, Javier Galán, cos principais concellos de Galicia para coñecer de xeito directo as iniciativas que neste materia levan a cabo continúan hoxe na Coruña cunha reunión na que participan responsables do área no Concello herculino.
As entrevistas, que teñen como obxectivo contribuir a perfilar e deseñar os contidos, entre outros apartados, do regulamento e oficina de Participación Cidadá, xa deran comezo o pasado xoves no Concello de Lugo. Na Coruña está tamén previsto manter unha entrevista en datas próximas coa concelleira de Interior, Persoal e Informática, Obdulia Taboadela. Á reunión de hoxe seguirán as de o mércores en Ourense e xoves a de Santiago de Compostela.
Aspectos como a modernización informática forman tamén parte dos encontros, xa que se considera a este medio como a referencia indispensable para artellar todo o proceso de participación cidadá. Medios como o rexistro municipal de asociacións, o buzón da cidadanía ou a dotación de unha oficina especificamente creada para os veciños permitirán artellar mecanismos que canalicen dende a cesión temporal de locais para eventos concretos ata dar conta de avarías, expoñer as queixas ou recibir información de servizos.
A Concelleira de Cultura subliña o compromiso do novo goberno de esquerdas de Ferrol coa retirada da simboloxía fascista.
O Consistorio ferrolán dispón dende hoxe da nova vidrieira que preside a entrada principal e o acceso ás plantas elevadas do edificio e que substitúe ó escudo anticonstitucional, o último vestixio que quedaba da dictadura franquista no pazo municipal tra-la chegada da democracia. O proceso é consecuencia dun dos primeiros compromisos do goberno bipartito que conforman PSdeG-PSOE e Esquerda Unida-Izquierda Unida. Os feitos obedecen a unha iniciativa particular da concelleira de Cultura e primeira tenente de Alcaldía, a voceira de EU-IU Yolanda Díaz, dentro da política de retirada dos símbolos de apoloxía fascista.
A retirada do antigo escudo, presente dende a inauguración do edificio, en 1953, ata hai escasamente un mes, foi acordada polo pleno da Corporación co respaldo de PSdeG-PSOE, EU e BNG. Tanto PP como IF abstibéranse, aínda que na comisión de Cultura aprobaran inicialmente a proposta.
O custe do proceso de substitución elévase a 4.477 euros, que inclúen a retirada, fabricación dunha nova vidrieira co escudo institucional do Concello e a súa instalación.
Cumprido este compromiso, só resta un simbolo de titularidade municipal ferrolá relacionado coa dictadura do xeneral Franco. Trátase da cruz dos caídos ubicada na praza de Amboage. O seu cambio conlevará un proceso máis alongado no tempo dende o punto de vista administrativo, xa que é necesario proceder a tramitación urbanística para a remodelación do entorno.
Con este último obxectivo, a concelleira de Cultura ten xa anunciada a súa pretensión de convocar un concurso de ideas para substituir este símbolo por outro alegórico á liberdade e á paz, valores, como se sabe, contrarios ó que vén de representar toda a simboloxía fascista e acordes coa próxima entrada en vigor da Ley da Memoria Histórica.
Yolanda Díaz lembra así que o Concello de Ferrol foi pioneiro, xa nos primeiros anos da democracia, en adoptar cambios acordes con estes criterios, tal como deuse coa retirada de nomes das rúas relacionados cos protagonistas do alzamento franquista. Outro fora tamén a retirada do busto de Francisco Franco que presidía a fachada do consistorio e que foi substituído polo do Rey Juan Carlos I.
O traslado da estatua do xeneral golpista, que tivo lugar aproveitando a construcción dun aparcadoiro na praza de España e a súa remodelación urbanística en superficie –pendente de finalizar unha vez paralizadas as obras polo informe negativo, por parte da Xunta, do proxecto elaborado por PP e IF–foi un dos feitos máis relevantes dos últimos anos.
OBRAS LAMENTA AS “FORMAS” DA CONSELLERÍA DE INDUSTRIA Ó NON FACER PARTÍCIPE Ó CONCELLO DAS SÚAS INICIATIVAS A RESPEITO DO MUSEO DE HISTORIA NATURAL.
REIMÚNDEZ DESTACA A FALTA DE CONCRECIÓN DO CONVENIO SUSCRITO COA SGHN Ó NON REFLECTIR GARANTÍAS PARA A UBICACIÓN DO MUSEO EN FERROL. O CONCELLO INVERTIRÁ MÁIS DE 300.000 EUROS PARA A RECUPERACIÓN DO ESPAZO CON DESTINO Ó PROXECTO DA SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL.
O Concelleiro de Equipamento, Vivenda, Obras e Rehabilitación, Miguel Reimúndez (UE-IU), lamentou hoxe de xeito explítico a falta de definición por parte da Xunta sobre o emplazamento en Ferrol do futuro Museo de Historia Natural de Galicia. Reimúndez pronúnciaSe neste senso a raíz da visita antonte do titular da Consellería de Innovación, Fernando Blanco, para a firma dun convenio coa Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).
O referido texto, segundo recordou o concelleiro, conleva “unha seria incertidume a respeito dun proxecto que dende Esquerda Unida sempre se defendeu”, en referencia ás reunións e compromisos adquiridos por este grupo municipal coa SGHN. Ó devandito departamento municipal correspóndelle, ata o momento, o principal peso no desenvolvento deste proxecto. De feite, ata o de agora, Obras ten superadas xa dúas fases de rehabilitación e recuperación da chamada Casa do Coronel, no espazo do antigo cuartel Sánchez de Aguilera. A preliminar, que consistiú en tarefas de demolición e desescombro, foi iniciada a finais de 2006, e xa estase a acometer a primeira, cunha inversión de 60.000 euros, orientada ó acondicionamento da primera planta.
Unha segunda actuación abrangue os capítulos de capintería e pintado de exteriores. Pendente de contratación, Reimúndez espera que o remate desta fase permita o traslado definitivo dos fondos da SGHN a este novo espazo.
O GRUPO MUNICIPAL DE EU NO CONCELLO DE FERROL MELLORA A PROPOSTA PARA A CESIÓN, POR PARTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL, DO EDIFICIO ANEXO Ó FOGAR INFANTIL PARA ADICALO A SEDE CENTRAL DE SERVIZOS SOCIAIS.
YOLANDA DÍAZ CRE QUE O ACORDO REFORZA A ESTABILIDADE DO GOBERNO MUNICIPAL DE ESQUERDAS.
O grupo municipal de Esquerda Unida no Concello de Ferrol acadou hoxe o apoio do pleno, co respaldo do goberno do que forma parte xunto ó PSOE, para ampliar notablemente a proposta acadada en comisión de Servizos Sociais do pasado 17 de agosto relativo á solicitude de cesión dun edificio de 600 metros cuadrados, anexo ó Fogar Infantil, para convertilo en sede central da devandita Concellería.
Desde xeito, a proposta de EU garante o que a súa voceira, Yolanda Díaz, definiú coma “un dos grandes proxectos” do goberno municipal para os vindeiros anos, ó abrir o paso necesario para que o organismo provincial ceda as instalacións en desuso para “implantar o proxecto do Centro de Recursos para a Infancia e a Familia”.
No mesmo ámbito, o texto acordado hoxe polo goberno bipartito de Ferrol establece o desenvolvemento funcional do centro, que ten a súa orixe no ano 2003, actualizando polo tanto os seus contidos á lexislación actual sobre familia e menores.
A maiores, a proposta supón un acordo para darlle a esta iniciativa un alcance comarcal, o que se traducirá nunha invitación ós Concellos da Mancomunidade para que se sumen a el. De todo o acordado darase traslado á Deputación Provincial.
A proposta elaborada por Esquerda Unida foi integramente asumida polo grupo municipal do PSdeG-PSOE no marco dun clima de diálogo que Yolanda Díaz calificou de “reflexo do consenso e da solidez do goberno que compartimos”. Neste senso, a voceira de EU invitou expresamente ó alcalde, Vicente Irisarri, a “aproveitar unha oportunidade douro para liderar este proxecto”.
Díaz lembrou á oposición, centrándose para elo de xeito esencial nos integrantes do anterior goberno municipal –formado por PP e IF- o “consenso político que xa se derá con anterioridade á chegada da dereita”, á que responsabilizou de “non desenvolver esta proposta durante os últimos catro anos”. A voceira de EU, e concelleira de Cultura, puxo o achegamento para consensuar a nova proposta como exemplo da “estabilidade do goberno municipal” e lembrou que o novo texto exemplifica que o cambio de posición adoutado polo seu grupo tiña como base a mellora e ampliación da proposta inicial. O resultado, resumiú, evidente que este tipo de acordos son froito, basicamente, da “arte do posible pero, sobre todo, da arte da negociación” e que constitúen, tanto no social como no político, “un paso importante para cubrir as necesidades da infancia e da muller”.
Ferrol, 30 de agosto de 2007
Esquerda Unida-IU chama a atención sobre a necesidade de abordar as problemáticas da infancia cun proxecto ambicioso nos seus contidos e programacións e, xa que logo, defende que o Goberno municipal de Esquerdas aposte por facer realidade o Centro de Recursos Sociais para a Infancia nesta lexislatura.
A nosa organización entende que hai que aproveitar o inmoble anexo para dar un emprego unitario e coherente ao que xa ten o fogar infantil para o devandito inmoble; emprego coherente que pasa por desenvolver os recursos contemplados nas xornadas de 2003, nas cales avanzouse un modelo integral e ambicioso de atención ás necesidades da infancia: servicio como escola infantil, ludoteca, ciberteca e unha videocinemateca de acceso normalizado para a sociedade da comarca terían que integrar este equipamento para a infancia. Lembrar que nas Xornadas celebradas en 2003 – cunha amplia participación de concelleiras de todas as organizacións políticas – rexeitábase unha ocupación de espazos con servizos alleos aos infantís. Trátase de sermos coherentes coa devandita ambición.
Proposta de Centro de Recursos para a Infancia que ten un alcance comarcal que non debemos esquecer. Polo contrario debemos traballar para facer realidade a necesaria cooperación intermunicipal cos concellos da bisbarra nesta cuestión de fondo contido social.
A ambición social que preside o actual Goberno muicipal de Esquerdas ten que amosar a sensibilidade para non contradecir as arelas expresadas nesas Xornadas, e desplegar unha política orzamentaria que aposte de xeito decidido por conquerir este equipamento para a infancia ao longo desta lexislatura.
Por último indicar que o Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU non apoiará a proposta de reducir o inmoble anexo ao fogar infantil a sede da Concellería de Servicios Sociais.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU ven de presentar no Rexistro Xeral do Concello unha moción de apoio aos veciños pechados no veciño Concello de Mugardos co obxecto de que sexa debatida no vindeiro Pleno da Corporación ferrolá.
Esquerda Unida - IU entende que o Pleno da Corporación de Ferrol débese pronunciar sobre unha cuestión candente e importante para a vida e seguridade da nosa cidadanía e, xa que logo, acordar solidarizarse coas demandas d@s veciñ@s pechados da Plataforma de Mehá.
Non debemos permitir que nas cuestións fundamentais se impoñan os intereses espúreos económicos por riba da necesaria seguridade, que resulta gravemente ameazada pola cercanía da planta de gas ás vivendas dos pechados na casa do Concello de Mugrados.
Razóns hai dabondo para escoitar aos veciños, dialogar con eles e chegar a acordos. Dende as administracións públicas tense que facer traballo nese senso.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU vai tentar conquerir nun debate reflexivo que o conxunto dos grupos políticos do Concello se pronuncien aprol dos veciños, os cales demandan dúas cuestións perfectamente asumibles:
- o apoio ás reivindicacións dos veciños e a solicitude dunha entrevista tanto co Presidente da Xunta como co Ministro de Industria.
- Para conquerir o punto anterior, demandamos que o Alcalde da nosa cidade se involucre e faga as xestións necesarios para elo.
Esquerda Unida-IU vai manter unha posición nidia de respaldo unha vez máis a cantas e cantos traballan e se esforzan por conquerir que a seguridade da nosa cidadanía pese máis que os cartos e os escuros e vellos convenios dalgúns.
Mañá, venres 24 de agosto, ás 11:00 horas da mañán, nas dependencias da Xunta de Galicia, en San Caetano, Yolanda Díaz manterá un primeiro encontro con Rubén Cela, Director Xeral de Xuventude.
Nesta primeira xuntanza a Primeira teniente de Alcaldesa avanzaralle ao Director Xeral a proposta da Concellería de Cultura de instalar en breve un local de ensaio para os grupos musicais da cidade, dotación que entende a Yolanda Díaz contribuiría de xeito importante a dinamizar ao ámbito musical entre os músicos noveis da cidade.
Daría pulo ao desenvolvemento cultural da cidade no eido musical para a xente moza; sería un contributo a un xeito de entender o lecer como algo creativo e valioso; apertura de posibilidades, achega de igualdade, para os grupos novos; infraestrutura que, en resumo, resulta necesaria para a cidade.
Para Yolanda Díaz hai que chegar a acordos de colaboración coa administración autonómica, que comparte con nós a inquedanza por achegar os medios precisos para crear unha rede galega de locais de ensaio.
17:30 horas, inauguración da Feira Medieval. A concelleira de Cultura inaugurará a Feira Medieval que este ano se fará nas rúas de Ferrol Vello. Para tal evento, a concelleira vestirase de época.
22:00 horas, arranque das Festas da Cidade coa lectura do pregón, no cal participarán o pregoeiro, Carlos Blanco, o Alcalde, Vicente Irisarri e a propia Yolanda Díaz.
Yolanda Díaz, concelleira de Cultura do Concello de Ferrol manterá mañán mércores 1 de agosto, unha xuntanza co Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón.
Ás 18:00 horas, a concelleira de Cultura manterá un encontro de traballo co Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón. Tratarase das propostas de colaboración entre o Concello e a Mesa.
Para a Concellería de Cultura resulta indispensable dar un pulo aos procesos de normalización lingüística. Proceso de promoción social do idioma onde temos que garantir un papel protagonista do Concello nesa tarefa normalizadora.
Temos que concibir o idioma como unha fonte de xeración de identidade integradora. Asocialo á construcción de oportunidades de mellora da realidade dos distintos sectores, vencellándoo aos factores de innovación e modernización. Promoción no eido comunicacional, hoxendía ferramenta fundamental nos procesos de socialización.
Aproveitar as potencias do noso idioma para vencellármonos co espazo comunicativo portugués.
Dende a Concellería de Cultura temos a determinación de impulsar a lingua como elemento central da nosa identidade nacional, e do conxunto cultural galego.
Temos que revertir a triste actualidade do clásico Informe dramático sobre a lingua galega, que escribira o profesor e académico Xesús Alonso Monteronos anos setenta. O compromiso da concelleira de Cultura é firme nese senso.
A concellería de Cultura está a traballar para recuperar o busto do senlleiro ferrolán, Camilo Díaz Baliño.
A Concellería de Cultura quere informar á cidadanía da nosa firme vontade de recuperar a obra escultórica desaparecida, do busto adicado a Camilo Díaz Baliño no cantón de Molíns, obra desaparecida a fins de maio. A Concellería de Cultura está a traballar en varios frontes.
Instar á policía a desenvolver unha investigación que permita descobrir aos responsables deste acto incívico, executado sobre un senlleiro personaxe da cultura como é o caso do escenógrafo e artista gráfico, Camilo Díaz Baliño, galerista insigne, pai do noso Isaac Díaz Pardo.
Trátase de recuperar o busto, obra do escultor coruñés Ferreiro Badía, obra na que se concretou a proposta de homenaxe que fixera o Clube de Prensa de Ferrol e que o conxunto das forzas políticas acordaran unanimamente.
Tamén nos puxemos en contacto con Isaac Díaz Pardo para trasladarlle o noso máximo afán por restituir este busto o seu lugar de honra na nosa cidade. Precocupación e traballo guían o quefacer diante desta problemática.
Contacto que tamén imos ter co autor do busto – Ferreiro Badía - para estudar as posibles alternativas en caso de non recuperar a peza.
Trasladar á cidadanía de Ferrol o compromiso da Concellería para achar unha solución a este acto vandálico, solución que pasa por repoñer o busto desaparecido. Obra que ao honrar a un ferrolán egrexio, hónranos a todos.
A Concellería de Cultura anima á cidadanía a asistir ao ciclo de concertos de cámara que ao longo desta semana ofrécense no teatro Xofre.
Co alcume de Cameralia, a Concellería de Cultura do Concello de Ferrol colabora en traer a nosa cidade un evento cultural e educativo de primeira orde, de alcance internacional, concebido aoredor da música de cámara. Neste empeño por difundir a música clásica no formato de cámara Cameralia está organizado pola Consellería de Cultura da Xunta.
A Concellería de Cultura ten a vontade de manter e incrementar a colaboración para conquerir en anos sucesivos que a cidadanía de Ferrol e bisbarra poida achegarse cunha maior programación á beleza e o coñecemento que supón esta manifestación musical.
Nesta ocasión poñemos a disposición deste programa o mesmo Teatro Xofre, coa idea de xunguir o teatro coa programación máis e a selección de concertos que veñen este ano a nosa cidade exemplifica a calidade dos grupos e o nivel do evento.
Os autores interpretados abranguen un amplio espectro, que vai dos compositores clásico-románticos como Haydn, Mozart, Beethoven, até autores do século XX como Piazzolla ou Shostakhovich, ou o grande compositor galego, Rogelio Groba.
Convocatoria de rolda de prensa da concelleira de Cultura, Yolanda Díaz.
Día e hora: venres, 20 de xullo, ás 13:00 horas
Lugar. Sala de Recepcións do Concello
Participantes: Yolanda Díaz
Obxecto: presentación do programa de Festas da cidade.
Yolanda Díaz e Rosario Alabau inaugurarán a VII SEMANA CULTURAL E DA MULLER da Asociación de Veciños Santa Comba de San Martiño de Covas.
A Primeira Teniente de Alcaldesa, Yolanda Díaz, e Rosario Alabau, concelleira de Muller, inaugurarán o conxunto de actividades que organiza a Asociación de Veciños.
O abano de actividades que se vai extender ao longo da semana arrancará coa apertura da exposición dos obradoiros artesanais feitos polas mulleres en palilleo, corte, patronaxe, debuxo, manualidades, pintura e arte flora. Todo elo amenizado aos sons das gaitas de Agarimo.
Teatro, gastronomía e música complementan o conxunto de actividades orientadas ás mulleres.
Resulta imprescindible afirmar o valor da formación e do mecer para que as mulleres gañen presenza protagonista na vida social.
Actividades reivindicativas, festivas e de mecer teñen que xogar este papel de xerador de consciencia da problemática específica da muller.
As prácticas e reflexións do feminismo resultan imprescindibles para superar a desigualdade que aínda é preponderante na nosa sociedade.
Día e hora: luns 16 de xullo, ás 11:30 horas
Lugar. Sala de Comisións do Concello
Participantes:
- concelleira de Cultura, Yolanda Díaz
- delegada provincial da Consellería de Cultura
- responsable de Cameralia
Obxecto :
- presentación do programa de actuacións de Cameralia para Ferrol.
Yolanda Díaz asistirá mañá, representando ao Concello de Ferrol, á entrega dos diplomas do curso da Universidade de A Coruña AULAS NO CAMIÑO. DIÁLOGOS GALEGO - PORTUGUESES . NUN CAMIÑO DE IDENTIDADES.
Trátase dun proxecto cultural e de investigación que leva paseando por España, Europa ( 9 países ) e maís de 70 cidades e vilas de Galicia o bon facer dun feixe de profesoras e profesores e estudantado. Coñecemento científico nas disciplinas da antropoloxía, a historia, o arte, a literatura galega, o patrimnio, a composición arquitectónica e a socioloxía como principais áreas de coñecemento e contidos teóricos.
O Concello de Ferrol van colaborando con este proxecto e de resultas delo , yOLANDA díaz estará na entrega de diplomas ao alumnado do curso. No acto participarán tamén o alcalde Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, o Director Xeral de patrimonio, Felipe Arias, o director do proxecto, Xosé Leira López, a coordinadora do mesmo, Rosa Méndez e o decano da facultade de Humanidades, José Luis Tasset.
Curso que é o de máis soleira no campus de Ferrol, e un dos consolidados na Universidade. Leva paseando nas súas investigacións a arela de acadar para a nosa cidade a condición de Patrimonio da Humanidade.
CONVOCATORIA DE ROLDA DE PRENSA DO CONCELLEIRO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ E O CONCELLEIRO DE EQUIPAMENTO, VIVENDA, OBRAS E REHABILITACIÓN DO CONCELLO DE FERROL.
DÍA E HORA: VENRES 13 XULLO 2007 ÁS 11.00 H LUGAR: SALA DE COMISIÓNS DO CONCELLO PARTICIPANTES: JAVIER GALÁN, CONCELLEIRO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ E MIGUEL REIMÚNDEZ, CONCELLEIRO DE EQUIPAMENTO, VIVENDA, OBRAS E REHABILITACIÓN OBXECTO: ACTUACIÓN PRAZA DE SARTAÑA E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
DÍA E HORA: XOVES, 12 DE XULLO DE 2007, ÁS 13:00 HORAS
LUGAR. SALA DE COMISIÓNS DO CONCELLO
PARTICIPANTES: YOLANDA DÍAZ PÉREZ, 1ª TENENTE DE ALCALDESA E CONCELLEIRA DE CULTURA OBXECTO: - XUNTANZA COA CONSELLEIRA DE CULTURA, ÁNXELA BUGALLO - OFICINA DE PROMOCIÓN TURÍSTICA DO CONCELLO NA FEIRA DE MOSTRAS - OBRA DE TEATRO NO XOFRE
O encontro terá lugar mañán, luns 9 de xullo, ás 13:00 horas, nas dependencias da Consellería de Cultura,en San Caetano, en Santiago de Compostela.
Neste primer encontro se estudarán as posibilidades de cooperación en materia cultural entre o a Consellería e a nosa cidade.
Trátase de pór a Ferrol na primeira liña das actuacións da Consellería, e tamén de ver as posibles canles de cooperación e de proxectos compartidos entre ambas institucións. Acadar unha asociación estreita entre a cultura e a nosa cidade.
Coordinación de proxectos e recursos para facer da nosa cidade un ámbito receptivo e atractivo para as diversas manifestacións culturais. E de que a cidadanía podamos acceder a elas nas mellores condicións.
O solo é un ben precioso, escaso e susceptible dunha ordenación racional e, xaque logo, cómpre antes de deixar un impacto irreversible sobre unhas zonas que contan cun altísimo valor ambiental, paisaxístico, productivo e patrimonial elaborar resulta necesario elaborar os estudos económicos, sociais, ambientais e patrimoniais que determinen a oportunidade e a idoneidade de ocupación dos espazos de Leixa e Mandiá, lugares onde se pretenden localizar os devanditos parques.
Pois ben, hoxendía non hai ningun estudo que certifique que a urbanización de solo para usos industriais e terciarios en Ferrolterra servirá para contrarrestar a perda demográfica nin de postos de traballo. Todo o contrario: nestes últimos anos non cesaron de medrar as cifras de desempregados na comarca, a pesar dos inmensos investimentos de recursos públicos na urbanización de solo industrial.
E aínda máis, boa parte do solo industrial desenvolvido fica baleiro e en máns privadas. En Vilar do Colo, en Pontedeume, e en Río do Pozo os polígonos están infrautilizados. A mesma Consellería de Vivenda e Solo recoñece que tan só o 44% do solo industrial en Galicia está ocupado. O corolario é a innecesariedade de tales equipamentos, e tamén un gasto público xigantesco e estéril. De ser necesario o solo industrial sería moito mellor “activar” todo aquel xa urbanizado e baleiro antes de seguir dilapidando recursos públicos e patrimonio natural.
Doutra banda unha boa parte da economía xerada pola política de solo industrial esgótase no deseño dos parques empresariais e a súa construcción. Esquécese ademáis o inmenso impacto ambiental que estas infraestruturas e os seus accesos causan na poboación que vive na zona rural, nunca compensadas axeitadamente máis aló dunha corrección de impactos ambientais cuestionable na meirande parte dos casos. O porto exterior e os seus accesos é un exemplo perfecto deste desastre.
Dende a Concellería de Cultura do Concello de Ferrol queremos abrir unha nova etapa na relación da música e a cidade.
A Banda Ferrolá de Música vai xogar un papel protagonista neste relanzamento da relación entre a música e a cidade. Queremos sair coa música ao encontro das ferrolás e ferroláns, na rúa, en espazos recoñecidos da vida da nosa cidadanía.
Estamos certos de pór en valor un activo cultural da cidade que ten que repercutir de xeito positivo no lecer e na cultura de todas e todos nós.
Queremos informar e convidar a estar coa nos Banda a partires deste domingo 8 de xullo, ás 13:00 horas, no Cantón, nunha actuación que se vai repetir ao longo do verán. Ésta vai interpretar un variado repertorio todos os domingos, no Cantón, a partires das 13:00 horas.
Cultura nas rúas para as ferrolás e ferroláns mediante o convenio asinado entre a Concello de Ferrol e Caixanova.
Ao longo dos vindeiros días e a traverso dun convenio asinado entre a Concellería de Cultura e Caixanova imos encher as rúas de espectáculos, cunha media de seis pases ao día de máis duna ducia de disciplinas artísticas.
Ferrol vai contar cun amplo abano de expresións artísticas que van percorrer as nosas rúas nesa mistura afortunada de lecer e cultura. Jazz, música clásica, humor, acrobacias, lumes, pasarrúas, malabares e pernaltos, gospel, rumba catalá, teatro, hip hop... traídos dende as maís variadas partes do mundo, dende o noso propio país até Senegal ou os EE.UU.
Estamos certos de que hai que potenciar os espazos físicos da nosa cidade para devolverlles coa axuda inestimable da cultura un papel relevante na conformación dunha cidade relacional, onde @s veciñ@s nos atopemos coa vida, a relación e a cultura nun ámbito público coidado e posto en valor.
Entendemos que resulta indispensable achegar á nosa cidadanía expresións artísticas que aínda minoritarias teñen un valor central para unha formación integral e lúdica do ser humano. A pedagoxía que supón esta aposta vai ser unha das constantes de traballo da concelleira de cultura.
Temos o compromiso de pór a cultura en todas as súas manifestacións no centro do noso quefacer cotián, convencidos do valor inestimable que ésta posúe como ferramenta para e emancipación do ser humano e a construcción dunha sociedade de cidadáns libres.
Esquerda Unida-IU quere expresar o seu respaldo as lexítimas aspiracións do pobo saharaui atinxentes ao seu autogoberno nacional,conforme as previsións contempladas dende hai décadas na Comisión de descolonización da ONU.
Para nós resulta indispensable que a comunidade internacional e en particular o goberno español asuma un papel activo a prol dos dereitos do pobo saharaui a decidir o seu futuro en liberdade.
Decisión libre que pasa inexcusablemente pola celebración dun referendo en condicións de liberdade, baixo a tutela da ONU ( MINURSO ), que devolva a palabra e a decisión a este pobo que segue a manter vencellos fraternais co noso Estado.
Non esquecemos a indigna actuación que o réximen franquista protagonizou entregando a Marrocos a liberdade e a soberanía dun pobo, que teima nembargantes por se manter libre e digno. España segue a ser responsable política, moral e xurídicamente do que non fixo ben cun pobo amigo, que conta coa solidariedade da cidadanía galega e española.
Esquerda Unida-IU suliña a necesidade de acadr unha solución urxente, xusta e definitiva do conflito do Sáhara no marco do Concello de Seguridade da ONU, dacordo á legalidade internacional.
Nós demandamos do Goberno español que promova iniciativas políticas que axuden a conquerir un acordo entre as partes que respecte o lexítimo dereito do pobo saharaui á libre determinación dacordo á Carta da ONU e das resolucións do Concello de Seguridade, e moi concretamente, da resolución 1514 aprobada pola Asemblea Xeral da ONU para procesos descolonizadores, baseados no dereito de libre determinación.
Esquerda Unida sostén a necesidade de incrementar substancialmente a axuda humanitaria e de cooperación técnica aos campamentos de refuxiad@s saharauis.
E por último, instamos ás autoridades marroquinas a pór en liberdade aos presos saharauis na cadea por exercer dereitos e liberdades fundamentais, e que no sucesivo se abstenía de perpetrar calquer vulneración destes dereitos.
Cando imos ter nas nosas casas a nen@s saharauis en vacacións de verán, toca facer un esforzo colectivo como sociedade para reclamar unha solución democrática e xusta aprol do pobo saharaui. Cómpre non esquecer que o que está en xogo e o porvir desta mocedade que agora acollemos. Esquerda Unida-IU vai manter esta posición en todos os eidos da súa acción política e social, nas institucións e na sociedade.
No blog habilitamos un espazo para preguntar directamente a Yolanda Díaz polas cuestións de actualidade da cidade: PREGUNTA PARA YOLANDA DÍAZ.
Esquerda Unida vai reforzar a comunicación directa coa cidadanía mediante a habilitación dunha canle de comunicación directa coa voceira do grupo municipal ,Yolanda díaz, no noso blog :
esquerdaunida-ferrol.blogspot.com
ou tamén a traverso do correo electrónico:
polaesquerda@gmail.com.
A cidadanía poderá facer preguntas sobre os temas de actualidade que preocupan á cidade. Porta Nova, Praza de España, Sartaña, Menáncaro, planta de gas, participación cidadá, medio ambiente e sustentabilidade, cultura, servizos sociais, etc. As preguntas e cuestións xa se poden deixar e a partires da vindeira semana Yolanda Díaz vainas ir respondendo.
Imos seguir comprometidos a facer política a pé da rúa, cunha interlocución franca e veraz sobre as inquedanzas da cidadanía para desenvolver un outro xeito de facer política.
Unha delegación de Esquerda Unida-IU vai manter un encontro co Colectivo Antisida Lazos, mañán mércores, ás 19:30 horas no local do devandito Colectivo. Polo Colectivo estarán presentes Carlos Varela e máis Roberto Artabe, asistindo ao encontro por Esquerda Unida-IU, Yolanda Díaz e máis Javier Galán.
O encontro desenvolverase na sede do Colectivo, na rúa Carlos III, no segundo portal , no barrio de Esteiro.
Esquerda Unida – IU quere profundizar no coñecemento de primeira man da problemática asociada ao sida, para traballar coa asociación na prestación dunha atención integral.
A relación coas asociacións e movementos cidadás segue a ser prioritaria na labor política e social de Esquerda Unida-IU. Relación de horizontalidade indispensable para superar as eivas que padecemos na cuestión de ofrecer servizos neste campo específico.
Esquerda Unida-IU emprega a rede como xeito de comunicación rápida, horizontal e con contidos e para elo abre o blog de Esquerda Unida-IU Ferrol.
Esquerda Unida abre o seu blog electoral para dar resposta a demanda de información acerca da súa proposta política para Ferrol. Demanda que ven en aumento xa dende a precampaña e que non cesa de crecer con motivo dos mitins na rúa , nas prazas, abertos ao contacto inmediato e real, sen intermediarios, cos veciños.
Nese diálogo real constatamos a necesidade de abrir novos xeitos de respostar á demanda crecente de información sobre varios aspectos, por exemplo, do programa electoral, que é o noso compromiso de traballo coa cidadanía; tamén sobre os candidatos, cos seus perfís; as imaxes desa relación a pé de rúa que está a propiciar a campaña electoral da nosa organización.
Ricardo Ledo , responsable de comunicación de Esquerda Unida-IU insistiu na oportunidade de achegar novas canles de relación horizontal e inmediata coa cidadanía. A rede posúe unha potencia formidable para axudar a autoorganización da sociedade crítica, dos movementos sociais, da sal da terra en suma.
O Blog supón un chanzo máis, un esforzo importante para potenciar a comunicación c@s veciñ@s segundo sinalou Xosé Mel Sanxoán, responsable da creación do devandito blog.
Os contidos do blog, que irán sendo progresivamente enriquecidos, buscan achegar a cidadanía, un amplo abano de a os contidos da nosa proposta programática detallados polo miúdo, un álbum fotográfico coas fotografías acumuladas ao longo da campaña, un apartado onde se adianta a programación das actividades de campaña, encontros de traballo, mítines, e cantas cuestións susciten o interese da cidadanía sobre a candidatura e o programa de Esquerda Unida-IU.
Ao blog da nosa organización accédese dende este enderezo:
esquerdaunida-ferrol.blogspot.com. A conta de correo onde do blog é :
polaesquerda@gamail.com.
Ricardo Ledo, responsable de comunicación de Esquerda Unida-IU Ferrol (655 974 883 / eu-ferrolterra@esquerdaunida.org )
Yolanda Díaz avanzou o compromiso de Esquerda Unida-IU para implementar o decálogo de medidas de dereitos humanos para o Concello de Ferrol.
Esquerda Unida-IU apostará pola creación dun plan local integral de loita contra o racismo e a discriminación no Concello de Ferrol, que conteña medidas concretas para eliminar tales fenómenos nos postos de traballo, no acceso á vivenda, na educación e sanidade, nos locais de ocio… no conxunto de facetas da vida social.
A nosa organización ven traballando dende a área de migracións na procura de acadar o acceso a todas as prestacións e dereitos ao conxunto da poboación estranxeira que vive e traballa con nós, con independencia da súa situación administrativa.
Un dos aspectos que van informar o noso traballo é o despregue de medios que permita garantir a asistencia integral ás mulleres que sofren violencia de xénero.
A nosa organizacíón comprométese a revisar os plans de estudo das forzas de seguridade locais para que éstos inclúan a formación obrigatoria en dereitos humanos.
Dende o goberno municipal imos instar a administración central a elaborar un Plan Estatal de Dereitos Humanos que faga dos mesmos un eixe central da nosa política exterior e das súas relacións.
ESQUERDA UNIDA-IU vai a traballar para unir cidade e universidade, mediante a elaboración dun acordo marco que garanta o desenvolvemento do campus de Ferrol.
Yolanda Díaz afirmou o carácter imperioso de asegurar a elaboración dun acordo-marco sobre o desenvolvemento do campus de Ferrol, acordo a que se te que basear no mantemento e reforzo das titulacións existentes e nunha axeitada dotación de fondos estruturais de compensación local.
O Consello Económico e Social de Galicia ven recoñecendo nos seus informes a infradotación económica que padece a universidade galega, situación agravada no caso dos campus recentes, que parten cunha enorme desventaxa en equipamentos.
Esquerda Unida compromete o seu traballo para dotar á cidade dunha residencia universitaria, peza que faga creíble a proxección de futuro da universidade na nosa cidade. Temos que acadar un acordo urxente sobre o emprazamento, e temos que avanzar un programa que habilite un rexistro de vivendas para estudantes a prezos subvencionados. No Concello de Xixón onde gobernamos a empresa municipal de vivenda e solo ( que é un dos nosos compromisos de traballo ), ten desenvolvido unha liña de axudas para tal finalidade.
A nosa candidatura vai facer unha aposta de reforzamento das liñas de transporte público ás instalacións universitarias.
Yolanda Díaz avanzou a vontade da nosa organización de aperturar a universidade carón a cidadanía, coa ampliación da universidade senior. Vencer esa vida desencontrada, de costas, que se da entre a universidade e a vida cultural da cidade. Nós imos traballar para fusionar a vida cultural e aproveitar as sinerxias, que permitan proxectar Ferrol como cidade universitaria da ciencia e do coñecemento.
No mesmo senso, hai que involucrar á universidade no proxecto de facer de Ferrol, patrimonio da Ilustración, na súa vertente crítica e utópica. Ferrol conta proporcionalmente cunha parte extraordinaria do seu patrimonio susceptible de ser catalogado como ben patrimonial. Hai que pór en valor esa extraordinaria dotación histórica.
Esquerda Unida-IU compromete o seu traballo para sacar adiante a proposta de facer de Ferrol e universidade un vencello indisoluble, mediante un investimento en equipamentos ( nomeadamente a residencia e as programacións que abran a universidade á cidade ), e coa vontade política de conquerir compromisos certos co campus de Ferrol.
Ricardo Ledo, responsable de comunicación de Esquerda Unida-IU ( 655 974 883 / eu-ferrolterra@esquerdaunida.org )
Miguel Reimundez opina que as obras da estrada de Valón resultan claramente insuficientes para gararantir a accesibilidade dos peóns.
Yolanda Díaz, Javier Galán, Miguel Reimundez e Sari Alabau, participaron esta tarde nun mitin electoral na asociación de veciños de Valón no que explicaron os eixes programáticos de EU-IU e abordaron a problemática actual da zona rural ferrolana.
EU-IU opina que coa obra da estrada provincial de Valón, aínda que se mellora puntualmente a seguridade, non se garante a continuidade dos percorridos, xerando novas barreiras e dificultando o tránsito, algo que é completamente inaceptable nunha obra executada en pleno século XXI.
Por outra banda, EU-IU fixo unha nova proposta de Ordenanza de Montes, á que tanto Esquerda Unida como a propia Asociación de Veciños de Valón presentou alegacións no seu momento. Neste senso resulta necesario desenvolver campañas de sensibilización ambiental que poñan en valor a importancia dos nosos bsoques e espazos protexidos, como un ben común e digno de preservación, asemade da importancia de consumir productos propios destes lugares elaborados e recollidos de xeito sustentable.
Esquerda Unida-IU apostará por desenvolver plans efectivos contra os lumes forestais baseados na investigación da causalidade social e natural do lume.
A nosa organización vai traballar para desenvolver protocolos de urxencia para a restauración de zonas afectadas polo lume, que inclúan os mecanismos de financiamento que garantan o cumprimento dos devanditos plans de restauración.
Resulta necesario dar un pulo ao asociacionismo forestal e a agrupación de superficies a traverso das figuras dos consorcios forestais entre administarción pública e os propietarios rurais, que permitan desenvolver modelos de xestión acordes coa escala do territorio.
Fomentaremos a certificación forestal para garantir os valores ambientais e sociais dos nosos montes, asemade de entregarlle un valor engadido os seus productos.
Esquerda Unida-Iu condicionará os usos e aproveitamentos forestais á existencia de plans de ordenación forestal ou documentos equivalentes en vigor, que garantan a conservación e usos sustentables da biodiversidade.
Por último haberá unha persecución rigurosa do comercio ilegal de madeira, escomenzando por garantir que as compras de madeira feitas polas administracións e empresas públicas proveñan da explotaciónlegal e sustentable dos montes.
O noso compromiso co rural expresouse neste tempo entre outras cuestións coa elaboración dun feixe de alegacións a ordenanaza regulamentadora das actividades no monte e forestais.
Nós imos protexer a zona rural cunha normativa que sexa esixente na protección do medio, na conservación das distancias a predios e viais e a limpeza das cunetas, asemade de protexer o medio físico que é unha fonte de riqueza e de calidade de vida.
Nós retomaremos a creación dunha cuadrilla de obras municipal, que faga un traballo de calidade, que limpe regularmente as cunetas, e que libere o concello de onerosas e non sempre eficaces contratas privadas (este ano vaille custar o concello 95.000 euros a contrata da limpeza das cunetas).
Imos traballar para descentralizar cultural e informativamente por todas as parroquias, na idea de procurar que todos os habitantes de Ferrol sexan cidadáns con iguais servizos e oportunidades.
Comprometemos o noso traballo para dotármonos dun plan director do arsenal civil de A Cabana, riguroso e fundamentado,pois o presentado polo goberno carece, por exemplo, do preceptivo estudo arqueolóxico.
A lagoa de Doniños é outro exemplo de que os recursos turísticos que temos en Ferrol son desaproveitados polo goberno municipal, que amosa a súa incapacidade para transformalos en productos de alto valor engadido. Necesitamos un plan de desenvolvemento dos recursos turísticos que permita xerar emprego estable e con dereitos e valorizar o noso patrimonio natural, inmoble e histórico.
En resumo, Esquerda Unida-IU está convencida das enormes enerxias e potencialidades que acubilla ao rural, e, xa que logo, a necesidade dun compromiso de traballo e orzamentario para superar as condicións. Non a outra cosa imos comprometer o noso esforzo.
ESQUERDA UNIDA-IU VAI TRABALLAR PARA GARANTIR A IGUALDADE NA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NA ZONA RURAL. YOLANDA DÍAZ AVANZOU NA CABANA E DONIÑOS QUE HAI OUTRO XEITO DE GOBERNAR, QUE FAGA AS COUSAS BEN E PENSANDO NOS INTERESES DOS VECIÑOS.
Esquerda Unida-IU comprometeu o seu traballo para desenvolver un abano de medidas que permitan arrancar o desequilibrio – profundamente inxusto – que no que atinxe a prestación de todo tipo de servizos padece ao rural.
Na Cabana e Doniños a primeira candidata de Esquerda Unida –IU, Yolanda Díaz, avanzou o compromiso co rural, de escoitar, atender e codecidir coas asociacións e veciños do rural as decisións políticas que permitan mellorar a calidade dos servizos públicos, vale decir, a calidade de vida. A democracia participativa vai ter na política orzamentaria para o rural un aspecto fundamental para dinamizar a vida cidadá.
Esquerda Unida-IU lembrou a súa crítica a estación de bombeo, cun novo recheo de 5.000 m2, feito lamentablemente polo anterior goberno de BNG e PSOE. Deixaron unha situación enormemente complicada, que a nosa organización tentará paliar rebaixando ao nível dos ruídos.
Teremos que extremar a vixilancia sobre as obras que se realizan no AEI 19. Consonte ao noso compromiso de facelas cousas ben, dignificaremos o parque infantil de A Cabana, que hoxendía incumple a normativa de seguridade.
A desidia no coidado e na dotación de servizos non se limita ao goberno municipal, a diputación tamén non está a altura na cuestión das beirarrúas. Semellara que a cidadanía que vive no rural, na Cabana ou Doniños tivera que conformarse co pouquísimo que temos na cidade (onde as beirarrúas están nun notable proceso de degradación, que provoca non poucos accidentes aos viandantes).
O noso compromiso pasa tamén por estudar e avanzar dispositivos de tránsito específico para os tráficos excesivos, asemade do tráfico intenso que presentan carón as praias estas zonas.
Imos traballar para facer do centro de remo de A Cabana o grande centro municipal de deportes náuticos.
Esquerda Unida-IU mantivo un encontro coa Mesa pola Normalización Lingüística, na sede local de EU, onde se abordaron as propostas que a Mesa e máis Esquerda Unida-IU sosteñen cara as vindeiras eleccións municipais. Yolanda Díaz, primeira candidata de Esquerda Unida-IU xunto a Carlos Callón, pola Mesa fixeron un repaso polas cuestións que aínda adebedamos como país á nosa lingua.
As sucesivas diagnoses sobre o estado do galego non invitan ao optimismo, e esixen dos poderes públicos un compromiso real e fectivo coas políticas de normalización lingüística. Acordos adoptados no Horreo que logo se incumplen, restan letra moribunda, que non é respectada polos propios poders públicos.
A riqueza que entraña posuir alomenos dúas lenguas debería ser unha das tarefas centrais de calquer administración pública. Sirva como ejemplo que sería inimaginable que a algún cidadán español tivese atrancos para se comunicar nesa lengua coa administración; tan sinxelo como demoledor, no noso país dista de estar garantido en todas as administracións.
O decreto que regula a docencia resulta incumprido sen que a Consellería adopte medidas efectivas que restauren alomenos a legalidade.
Resulta fundamental tecer unha rede mediática que informe e entreteña en galego, por canto hoxendía os medias resultan verdadeiras industrias da consciencia, quen de producir subxectividades cunha enorme forza. Son necesarias políticas públicas nese eido.
O retroceso no uso do galego non nos pode deixar indiferentes, e dende a administración local pódense facer non poucas cousas en materia de normalización lingüística. Neste senso é onde Esquerda Unida-IU vai pór a enfase na súa acción de posible goberno.
Polo devandito, para Esquerda Unida- IU resulta indispensable avanzar no cumprimento efectivo das medidas do Plan Xeral de Normalización da Lengua Galega. A nosa organización compromete o seu traballo para desenvolvelo, dende unha praxe política que non gusta das promesas e sí do traballo.
Día e hora: sábado, 12 de maio, ás 11:00 horas
Lugar: sede local de Esquerda Unida-IU Ferrol, na rúa do Sol,124-126 entrechán esqda.
Intervirán: Yolanda Díaz (coordenadora nacional de Esquerda Unida-IU ) e Pilar Díaz (concelleira de EU-IU en Mugardos)
Obxecto da rolda de prensa: denuncia xudicial
Esquerda Unida diante da proposta de aprobación que se vai levar mañán á ComIsión de Urbanismo con carácter extraordinario, da aprobación do informe de alegacións e da aprobación provisional da modificación do PXOM, quere indicar que para a nosa organización é necesario garantir o acadar para a totalidade da Fábrica de Lapis a condición de equipamento público.
O goberno municipal que ven mantendo un idilio coa construcción de edificios, con esa lectura desatenta e interesada que considera que o urbanismo é un expediente para que algunhas empresas gañen cartos, con independencia de que tal beneficio comporte privatizar espazos emblemáticos da cidade, xa achegara unha primeira proposta na que se propoñía que o conxunto servise para facer vivenda libre.
A nosa organización quere lembrar o exercicio de civismo e razón que o Colexio de Arquitectos e a Asociación veciñal de Ferrol Vello, xunto con nós practicaron, con un conxunto alegacións para preservar o inmoble e a perspectiva da zona.
Esquerda Unida-IU entende que o goberno municipal esboza coa proposta unha mínima rectificación; pero a nosa organización entende que hai que evitar o que é unha aberta recalificación do resto do consunto, pois a nova proposta go goberno salva o inmoble.
Indicar tamén que a proposta de facer vivendas na zona implica agredir – outra agresión maís nesta semana á cidade – a zona cun impacto paisaxístico e sobre o patrimonio construido evidente e grave.
Esquerda Unida-IU píde do goberno municipal que deixe de malbaratar zonas fundamentais da cidade cando xa estamos en campaña electoral. Dista de ser o modo respectuoso e non oportunista de gobernar, que debería ter calquer goberno, até o da dereita política.
Yolanda Díaz encabezou onte unha delegación de Esquerda Unida-IU, que mantivo un encontro cos veciñ@s de Canido afectados polas expropiacións, e que aínda non chegaron a un acordo sobre as indemnizacións.
A nosa organización vai preguntar na Comisión de urbanismo qué xestións , qué traballo levou adiante o Concello para conquerir pechar a negociación en termos razoablemente satisfactorios para @s veciñ@s.
O goberno municipal ten que facer valer o seu peso para rematar xa a inquedanza daqueles veciños que teñen que deixar a súa vivenda de sempre.
Na comisión de urbanismo e no Pleno a nosa organización vai preguntar e animar o goberno municipal a que faga a laboura de achegar posturas no que atinxe ao pago das expropiacións.
De non facelo así, Esquerda Unida-IU que vai a ser a peza chave para garantir un goberno de esquerdas, un goberno atento as necesidades d@s veciñ@s, un goberno que faga as cosas ben e xere ilusión na cidade; Esquerda Unida-IU dende esa tarefa de axudar aos veciñ@s impulsará ese acordo entre as partes.
ESQUERDA UNIDA-IU DEFENDE QUE AÍNDA É POSIBLE PÓR FÓRA DA RÍA A PLANTA DE GAS.
Esquerda unida-IU quere denunciar que o Presidente da Xunta parece máis interesado en cumplir os acordos de intereses recollidos no convenio confidencial asinado nos tempos de Fraga, que en velar pola seguridade da súa cidadanía.
Xa é hora de que se desmarque do devandito convenio, da pesada e escura herdanza do fraguismo, tamén no que atinxe a Reganosa. O presidente da Xunta o é de tod@s os galeg@s, non do Concello de administración de Reganosa, cómpre que non o esqueza o señor Touriño.
O Presidente Touriño ten que deixar de pedirlle ao Estado que faga de xendarme a favor de Reganosa, garantindo a súa operatividade e funcionamento. O que ten que preocupar ao señor Touriño é que a planta está a incumprir as directivas europeas, as leis da Unión Europea , en materia de seguridade. Tal constatación teríao que pór nas embarcacións dos mariscadotes e da cidadanía que onte impediron unha ilegalidade perigosa, a entrada do gaseiro.
O único estratéxico que hai en todo este asunto TEN QUE SER A SEGURIDADE DA POBOACIÓN E O CUMPRIMENTO DA LEGALIDADE.
Esquerda Unida-IU demanda do Presidente da Xunta e maís do alcalde Ferrol que escoiten o clamor de preocupación e indignación da meirande parte da cidadanía da cidade e bisbarra, e cumpran co seu deber primeiro: velar pola seguridade e a legalidade, que van da man neste caso.
Nada mudou para permitir a posta en funcionamento dunha planta que ten un emprazamento que fai que incumpra a directiva SEVESO, no interior dunha ría non permitiría a saída dun gaseiro polos seus propios medios en caso de emerxencia, e cunha planta que aínda está por rematar e que, xa que logo, non pode ter a preceptiva autorización de explotación. Fronte a tamañas infraccións por parte dos promotores deste perigo estrutural para os habitantes da ría, Reganosa ten a desvergoña de ameazar cos tribunais á cidadanía que está a facer cumplir a legalidade que as autoridades descoidan.
O pobo de Ferrol xa amosou onte, como noutras ocasións importantes da historia das loitas populares, a súa vontade de facer cumplir a lei e de velar pola seguridade. Esquerda Unida-IU vai estar ao carón de cant@s están a soster unha loita digna, cívica e desinteresada. Hoxe será outra xornada importante, onde a nosa organización chama a estar presentes na concentración que no peirao de Curserías vai ter lugar hoxe a partires das 20:00 horas; vainos moito nesta loita, non só a nosa consideración de cidadáns, non súbditos dun poder político entregado aos poderes económicos, asemade da nosa seguridade.
Unha delegación de Esquerda Unida, integrada entre outros por Yolanda Díaz ( primeira candidata á alcaldía de Ferrol ), Javier Galán ( número dous da lista ) e Isabel Iniesta ( número doce da candidatura ) mantiveron onte un encontro de traballo no local social da A.VV. de Santa Icia, para pór o día a problemática da parroquia.
Esquerda Unida-IU comparte a visión acerca de que Santa Icia é unha das zonas máis abandonadas polos diferentes gobernos municipales, o que se traduce nunha amplia nómina de cuestións pendentes de resolución.
@s veciñ@s denunciaron diante d@s candidat@s a falla e mal estado dos viais e beirarrúas. En concreto a situación lamentable e perigosa do único punto de paso a AP 9, cun socavón duns 30 cm. de profundidade, e en xeral o mal estado dos viais, cheos de baches e cun deficiente estado de conservación.
Tamén saiu a cuestión da estrada a Caneliñas, que con 2 carrís vaise atopar saturada e vaille impor a zona outro serio problema.
O local da asociación que é unha construcción recente atópase con goteiras, o que trasluce alomenos a desidia do goberno e a falta de coidado das administracións públicas cando se trata de vixiar o bo estado das obras feitas con cartos públicos. Antes de decepcionar unha obra hai que vela e asegurarse de que a recibimos en bo estado.
A planificación , a non planificación do goberno supón que no propio local se conte cunha sá para ordenadores, cando non hai conexión a internet. Ou a cuestión sangrante de que o local social non estea adaptado as esixencias da lei de accesibilidade.
Ou na traida de augas, hai aínda un tramo da rede o descuberto realizado en uralita, e que os veciñ@s demandan que se cambie antes de soterralo.
A parroquia presenta toda unha serie de cuestións pendentes do máis básico, que o goberno municipal desatende a pesares de presumir electoralmente de orzamentos.
Veciñ@s desatendidos e non escoitados. Esquerda Unida-Iu vai traballar para rematar co diálogo de xordos que sostén este goberno, onde as reclamacións veciñais atopan o muro do rexeite e da desatención. A nosa organización entende que hai que darlles voz e voto aos veciños mediante a fórmula dunha asamblea do rural que discuta, aprende e codecida en que imos empreñar os cartos públicos para mellorar as carencias do rural.
Esquerda Unida entende que o Concello ten que ter unha empresa municipal de servizos, con cuadrillas de traballador@s que ejecuten de xeito planificado e con calidade as obras que agora se fan para cun descontrol inaceptable. Se abren e se volven a abrir os mesmos sitios, sen planificación algunha, causando máis gastos e trastornos aos veciños.
Democracia participativa a traversa dos orzamentos participativos, empresa de servizos do concello, plano de alfabetización dixital e extensión das redes wi-fi, e o pulo a un proceso de axilización e descentralización de certos trámites administrativos nos locais sociais son algúns dos aspectos que foron suliñados como necesarios para avanzar na mellora da calidade de vida dos veciños de Santa Icia. Esquerda Unida-IU ten ese compromiso de traballar para igualar as prestacións de servizos nas parroquias do rural.
Unha delegación de ESQUERDA UNIDA-IU, encabezada por Yolanda Díaz, primeira candidata ao Concello de Ferrol, vai manter, mañán venres, 27 de a bril, un encontro coa Directiva da A.VV. O ROSARIO.
A xuntanza incluirá un paseo polo barrio para comprobar as deficiencias e necesidades do mesmo.
Toda unha serie de temas van ser abordados na xuntanza de traballo: a reordenadación da Praza do Inferniñi, o desenvolvemento do parque urbano das Ánimas ; a situación do centro comercial; o desenvolvemento da Praza do Río de Troco, ou o uso e programación do Centro Cultural Carvalho Calero, van debuxar unha apretada axenda , na que se poida constatar as necesidades e abandonos que o barrio sofre polo goberno municipal.
ESQUERDA UNIDA-IU manterá en primeiro lugar o seu compromiso por avanzar na construcción dunha DEMOCRACIA PARTICIPATIVA, onde @s veciñ@s sexan escoitados e as súas opinións tidas en conta , no convencemento de que hoxendía unha democracia avanzada o é en relación coa profundidade e intensidade coa que a cidadanía se involucre socialmente nos asuntos públicos.
A nosa organización vai comprometer o seu traballo para respostar as demandas cidadás dacordo coa nosa posición de transformar a sociedade nun sentido progresivo de xustiza social.
Unha delegación de ESQUERDA UNIDA-IU vai manter mañ´na, martes 24 de abril, un encontro de traballo coa Directiva da A.VV. de Serantes ( no seu local social ), a cal estrá encabezada polo seu Presidente, Joaquín Santaclara.
Por EU-IU asistirán os primeiros candidatos, en primeiro lugar, a voceira do Grupo e primeira candidata ao Concello de Ferrol, Yolanda Díaz, acompañada de Javier Galván (número dous), Miguel Reimúndez (número tres) e Sari Alabau (número catro) entre outr@s.
Xuntanza de traballo a que se manterá mañán coa idea de coñecer de primeira man a problemática da zona. Un tema sobranceiro será a análise en profundidade do ARI ( Área de rehabilitación integral ) da zona, sobre o cal a nosa organización te desenvolto unha análise propia do mesmo.
DÍA E HORA: SÁBADO 21 DE ABRIL, ÁS 11:00 HORAS
LUGAR: SEDE EU-IU, RÚA SOL 124-126 ENTRECHÁN ESQDA.
PARTICIPANTES: YOLANDA DÍAZ E OUTR@S MEMBROS DA CANDIDATURA
OBXECTO: ANÁLISE E POSICIÓN NOSA SOBRE O CONVENIO DE DEFENSA
ESQUERDA UNIDA-IU vai manter mañán, ás 19:00 horas do serán, un encontro na sede da Hermandade Obreira de Acción católica ( no seu local da rúa Magdalena, ao carón da libraría Chamorro ), na que vai participar a primeira candidata da lista municipal de Esquerda Unida-IU no Concello de Ferrol, Yolanda Díaz.
Na xuntanza abordarase a temática dun mundo do traballo onde hai un panorama moi negativo e que urxe cambiar: taxas de temporalidade que se manteñen por riba dun tercio do conxunto d@s traballador@s, a pesares dunha reforma laboral que só acadou éxito no que supón transferir cartos públicos ao empresariado en troques de apenas boas intencións e ningún compromiso; unha realidade de baixos salarios, que fai agromar a figura do traballador@ pobre; o desmprego que sigue a ser unhqa lacra, manténdose nos dous millóns, otrosí de cantos se autoexclúen ou son exluidos da lista de demandantes de emprego por unha estatística que busca esconder unha realidade de explotación, falla de dereitos ou imposibilidade de exercelos, en suma de inxustiza no eido laboral.
A nosa organización valora o traballo feito pola Irmandade no eido da loita contra a pobreza e a exclusión social, fenómenos que proveñen da abafante imposición das políticas económicas e sociais da globalización capitalista, atentas só a obter no menor tempo posible o máximo beneficio sen ter en conta calquer outra consideración.
Perante un modelo social abertaente inxusto e insustentable, urxe que cantas organizacións tentamos desenvolver outras políticas e iniciativas no senso de avanzar en políticas favorables aos intereses da clase traballadora, da meirande parte da sociedade, poñamos en común análises, traballos e propostas, cara a aunar forzas nesa tarefa da loita pola xustiza social.
Demandamos a dimisión do secretario xeral da consellería
ESQUERDA UNIDA-IU quere expresar o seu apoio as demandas que hai tempo dabondo ven espresando a Anpa do IES Ferrol Vello. Para a nosa organización resulta evidente a necesidade e urxencia de contar con este equipamento para o centro educativo.
A resposta emitida pola Consellería de Educación parece respostar a dúas opcións, a cada cal más indesexable. Xa que ou ben por descoñecemento a Consellería fala de que que está a estudar unha ampliación dun equipamento inexistente - e non se pode ampliar un ximnasio que non existe, parece que hai que crealo antes - ; ou ben na nota emitida o que hai é unha lastimosa falla de respecto a unha demanda razoada e sostida no tempo por parte das nais e pais do alunado do centro; falla de respecto, decimos, pois a Consellería non pode descoñecer nunha infraestrutura súa, a carencia do devandito ximnasio; agora ben, a nosa organización entende que se comete con esta nota de prensa unha desconsideración que fai obrigada a dimisión do responsable da mesma.
Nos despachos oficiais cómpre non esquecer que cando a sociedade mobilízase, cando se produce unha demanda social, éste adoita non ser caprichosa ou arbitraria. E neste caso, resulta inexcusable que o alumnado dun centro público adoleza dun ximnasio a estas alturas da historia. Non dun ximnasio mellor ou peor dotado, simplemente sen él. Ante tamaña realidade, a Consellería non pode ignorar este feito, ou faltarlle ao respecto con xogos de palabras ou evasivas. A obriga dun responsable público é dar a cara e dicir a verdade. Nós xa avanzamos que nos arredores do centro, na vella fábrica de xabrón, teriamos un espazo axeitado para a construcción urxente do ximnasio.
ESQUERDA UNIDA-IU entende que este tipo de comportamentos e de respostas - non facer nada ou marear con comunicados tramposos -, trasloce unha falla de compromiso cun ensino público de calidade, con equipamentos, integrador;capaz, en suma, de paliar as diferencias sociais que ten un alumnado cunha procedencia social diversa. De constituir unha xenuína escola de integración.
Para ESQUERDA UNIDA-IU a escola pública necesita de equipamentos de calidade para poder respostar as demandas sociais que queren garantir para a nosa mocedade unha educación integral. Tal obxectivo require recursos e compromisos das administracións públicas, do contrario poderiamos sospeitar que os noso responsables políticos están interesados en erosionar a educación pública, para facilitar un espazo de negocio a escola privada.
ESQUERDA UNIDA-IU lembra que só a escola pública pode xogar ese papel de integración social que posúe o dereito constitucional á educación. Para unha visión integradora da sociedade, a nosa organización aposta pola escola pública como unha ferramenta indispensable para atallar as diferencias sociais coas que chegan @s alumn@s ao colexio.
ESQUERDA UNIDA-IU considera inaceptable que o goberno municipal deixe pasar os días sen resolver as cuestións pendentes para garantir que a escola infantil de Caranza poida botar a andar o curso vindeiro. Como xa denunciabamos hai varias semanas, o goberno municipal carece de máis mínimo interese en dar resposta a unha demanda social e educativa de grande importancia para Caranza e para o conxunto da cidade.
O equipo de goberno non pode enganar todo o tempo a tod@s, á oposición, ao barrio de Caranza a e o conxunto da cidadanía,que lle temos reclamado reiteradamente dilixencia e compromiso con este servizo educativo e social.
Un día comprometen unha partida orzamentaria para arranxos urxentes, outro nos din que eles xa fixeron os deberes e que agora resta esperar a sinatura da vicepresidencia, cando a realidade teimuda é que están a deixar morrer os días sen incorporar as modificacións pormenorizadas ao anteproxecto de mínimos, modificacións que lle foron reclamadas pola consellería.
Nós temos que sfirmar que non hai interese en dotar a Caranza e en xeral a Ferrol dunha escola infantil pública e de calidade; que cicáis a dereita política prefire que as nais e pais teñamos que enviar a escolas privadas aos nosos fill@s, para que algúns fagan negocio co que é un dereito; que cicáis a dereita política que malgoberna esta cidade prefire que as mulleres queden na casa a coidar os nenos, e poñer así atrancos a incorporación da muller a vida s social en igualdade de condicións cos homes, para manter roles sexistas e discriminatorios pola vía dos feitos, de negar os equipamentos sociais que propicien a plena incorporación da muller á vida laboral; cicáis a dereita política non entende a importancia da educación nas edades tempranas como factor que coadxuva á correción das desigualdades sociais coas que os nen@s chegan á escola.
ESQUERDA UNIDA-IU fai un chamamento as administracións implicadas , concello e Xunta, para que con traballo e non só con declaracións electoralistas fagan o necesario para que a escola infantil de Caranza entre en funcionamento este vindeiro curso. Non en van, levamos medio ano perdido dende ao acordo do Pleno do concello onde acordáronse unha serie de demandas que suporían a incorporación de Ferrol ao Consorcio Galego de Servizos Sociais. Dende entón, hai menos traballo feito que palabras pronunciadas e ningún resultado. Por elo a nosa denuncia e a nosa esixencia de que o goberno municipal se poña mans á obra para que no que depende del a escola infantil sexa unha realidade educativa e social pública e de calidade.
No día de hoxe, 4 de abril, ás 17:00 horas, no edificio do Formega na Gándara, ESQUERDA UNIDA-IU vai manter un encontro cos membros da Asociación impulsora do Plan Ferrol.
Á xuntanza asistirán por ESQUERDA UNIDA-IU, a primeira candidata da nosa organización, Yolanda Díaz, e o número dous da lista, Javier Galán. Na delegación tamén estarán representantes da nosa organización dos diferentes concellos da bisbarra, de Fene, Neda, Mugrados ou Narón.
Para a nosa organización, todo o que concerne ao Plan Ferrol esixe claridade, prazos temporais acotados e máis compromisos orzamentarios cuantificados.
ESQUERDA UNIDA-IU amosou a súa crítica ao exercicio publicitario que hai poucas semanas protagonizou o goberno da Xunta, pois o presentado en modo algún era merecente de ser denominado Plan. Éste require dunha planificación temporal e económica. Por elo, nós demandamos que se elabore un cronograma, unha planificación temporal que se cuencia as prioridades e os investimentos que se van facer.
Tamén é inexcusable falar da nosa esixencia – para que poidamos falar dun plan - de que os compromisos económicos sexan cuantificados cunha programación plurianual en relación a uns criterios de investimento, que permitan priorizar e avaliar o que se fai e o que non se fai.
ESQUERDA UNIDA-IU demanda, pois, da Xunta de Galicia o compromiso político coa nosa bisbarra, esto é, a aprobación dunha programación temporal e orzamentaria que impulse outro desenvolvemento industrial e social para a nosa comarca.
Rexeitamos os exercicios de publicidade enganosa e as presas electorais que tanto dano causan na consciencia da xente, ao transmitir que a política – lonxe de ser unha ferramenta para mellorar as condicións de vida das persoas - sexa o espazo teatral para leas vacías de contido.
Convidamos aos medios de comunicación a este encontro para poder transmitirlles as nosas impresións, agradecendo a vosa atención.
ESQUERDA UNIDA-IU quere lembrar a cidadanía o feito real e incontrovertible de que a piques de esgotarse a lexislatura municipal, a equipa de goberno non foi quen de pór en funcionamento a biblioteca municipal da Praza de España.
Catro anos temos estado estudantes e público en xeral, adoecendo dun ben público fundamental, os libros e o espazo para a lectura da biblioteca . Cunha equipa de goberno, que se guiou neste tema polo máis absoluto desinterese, desprezando as necesidades culturais de moitos ferroláns e ferrolás coa vella mentira de anunciar cada pouco que estabamos a punto de poder volver a empregar a nosa biblioteca.
ESQUERDA UNIDA-IU quere lembrarlle ao goberno municipal que o último prazo incumprido foi o que eles mesmos dixeron: en marzo estaría ao noso dispor a biblioteca. Ben, estamos en abril e seguimos como hai catro anos, sen ela.
Cando esmorece o tempo perdido desta lexislatura, a equipa de goberno volve a facer un xogo de mans, cicáis o derradeiro, para nós anunciar que esta vez sí vamos ter a biblioteca municipal. Poderiamonos sentir tentados a lembrarlles o vello conto popular – do pobo , non do PP -, que nos entrega a ensinanza de que un mentireiro deixa de ter creto tras enganarnos moitas veces. Dicirlles os señores da dereita ( PP-IF ) que deixen de tomármonos por xentes sen memoria. Témola e estámola a exercer de xeito crítico.
Crítica a da nosa organización que entende que a máxima de pan, traballo e cultura é indisociable dunha visión integral do ser humano, dunha cidadanía que exércese de xeito integral ou non é tal. ESQUERDA UNIDA-IU entende que unha equipa de goberno en bancarrota política ten que deixar de facer anuncios de cousas sen facer, e calar cun silenzo respectuoso para con tod@s nós, alomenos até que poidamos voltar a empregar a biblioteca municipal.
Nós agardamos que un novo goberno municipal de esquerdas sexa quen de situar a promoción da cultura, neste caso da lectura, no plano sobranceiro que necesita un pobo para acadar a dignidade dos seus dereitos coa aceirada crítica das letras. Na dereita política semellan aínda resoar os ecos do vello discurso sobre as armas e as letras , cando a lectura supoñía vixilias, fame, nudez, váguido de cabeza, indixestións de estómago, e outras cousas adherentes.
ESQUERDA UNIDA-IU demanda, pois, un exercicio de veracidade por parte do goberno municipal, e, xa que logo, de silenzo até que a biblioteca municipal volva a ser nosa, con libros nas nosas mans que sementen a imaxinación do porvir.
ESQUERDA UNIDA-IU denuncia a lamentable descoordinación que preside o conxunto de obras que se desenvolven no espazo da antiga alameda da cidade, na zona comprendida entre o Cadro de Esteiro e a Praza Vella, pasando por Taxonera, o Cantón de Molíns, os mercados e A alameda do Túnel ou Campo da Feira.
A nosa organización entende que o primeiro obxectivo da intervención nun espazo público debe ser a mellora da accesibilidade peonil. Non é de recibo que estas obras estean feitas cunha total desconsideración cara a este principio, que hoxendía ten que orientar calquera actividade urbanizadora. A obra de Taxonera en Esteiro é un exemplo do que non hai que facer pois nela xeráronse escalóns que antes non había; ou aplicouse adoquinado para o paseo peonil, pavimento moi ríxido, pouco apropiado para as persoas maiores. En vez de mellorar a accesibilidade, empeorámola.
O conxunto das obras adolece dun proxecto unitario ou de programación no tempo, e sucédense inconcrecións e retrasos nos plazos. Neste eido neste conxunto de espazos pódense inventariar máis de 30 diferentes tipos de pavimento, e as novas obras realizadas non fan máis que engrosar esta lista. Igual acontece co mobiliario urbano. O conxunto das obras trasluce descoido, improvisación e ignorancia acerca da conveniencia de dotar de unidade deste espazo público, o máis importante da cidade.
ESQUERDA UNIDA-IU aínda que saúda que na Alameda do Túnel se elimine ao aparcamento de automóbiles. Pero o xeito de intervir neste espazo non fai máis que causarnos asombro. Ou ben a empresa adxudicataria das obras tiña un stock de bordillos de formigón que tiña que colocar canto antes nun espazo público, ou non se entende como o Concello intervén dun modo tan burdo nun espazo de interese patrimonial como é a alameda.
A accesibilidade peonil foi descoidada ao punto de xerarse bordillos e até barreiras de hormigón que antes non existían. A obra supón arrebatar este espazo á cidadanía, por canto as barreiras que se dispoñen impiden a celebración da feira o terceiro domingo de cada mes. Recordar que esta Feira de Ferrol é, despois da Semana Santa, o acontecemento público máis importante da Cidade, congregando regularmente cada terceiro domingo de cada mes, doce mañáns ao ano, a máis de 20.000 persoas de toda a comarca.
Sería moi doado compatibilizar a celebración da feira mensual co disfrute peonil deste espazo, aplicando pavimentos para tráfico mixto, eliminado as barreiras existentes en Irmandiños e non colocando bordillos innecesarios na alameda do Túnel.
É este un espazo catalogado no vixente PXOM, o que supón que a Xunta, a traverso da Consellería de Cultura, ten un deber de tutela, que se traduce na necesidade de emisión dun informe favorable sobre o proxecto, previo á obra que se está a executar neste espazo. É evidente que tal informe non existe. Unha vez máis o Concello de Ferrol obvia ás súas obrigas para con a protección do Patrimonio da Cidade.
EU-IU demanda do Concello que supere as presas electorais, deixe de malgastar o presuposto municipal en obras que empeoran a habitabilidade e accesibilidade dos espazos públicos da cidade e desenvolva unha programación planificada e unitaria neste espazo cidadá de fonda importancia histórica.
ESQUERDA UNIDA-IU pídelle ao PP que non xogue a enganar a cidadanía con falsas defensas sobre a necesaria protección do litoral. Cando atopámonos cun clamor casi unánime sobre a necesidade de deter unha escalada na construcción desaforada sobre a cinta litoral, resulta que o PP dí que sí, que hai que protexer, pero sen deixar de construir;
cuadratura dun círculo irreal, que para nós agocha a nula vontade política para deter o expolio e destrucción dun ben de primeira orde que é patrimonio de tod@s nós. Os urbanistas saben que os Planos xerais de ordeación urbana.
Para ESQUERDA UNIDA-IU hai que cambiar de xeito radical o modelo económico baseado na construcción e as actividades de baixo valor engadido, que asemade de destrozar a natureza , acarrean un emprego precario, pouco cualificado e de baixos salarios. Nos anos de goberno do PP inflouse unha burbulla especulativa inmobiliaria que aínda pende sobre nós, pois o goberno do PSOE mantivo de xeito continuista esa política económica de dereitas, sendo inacapaz de debullar con claridade outra política económica e social alternativa.
Cando en Ferrol coñecemos unha realidade económica e demográfica que amosa a irracionalidade do modelo económico do ladrillo: dende o ano 2000, fixéronse 2500 novas vivendas para en troques perder cáseque 5000 veciñ@s, asemade de ter ser aprobar os planeamentos rehabilitadores nos barrios da Magdalena e Ferrol Vello; cando estamos nesa coxunstura – pouco desexable – vai o PP e pide que se lle bote máis madeira a caldeira do ladrillo.
ESQUERDA UNIDA-IU afirma que a protección do medio litoral lonxe de ser un atranco para o desenvolvemento da nosa cidade, resulta un elemento fundamental doutro modelo de desenvolvemento, aquél que pousa as súas capacidades nunha economía ao servizo das necesidades das persoas e da protección do medio físico que permite albergar e reproducir a vida en condicións de sustentabilidade. Así, a costa ferrolá acada un valor punteiro para desenrrolar actividades económicas ( dende os recursos mariños até un turismo sustentable de calidade ), fornecendo un xeito de interactuar entre ser humano e medio equilibrado e non depredador.
Nós temos aínda na nosa bisbarra a oportunidade de non estragar un medio fabuloso. Trátase de non devastalo co lume do ladrillo en aras de que algúns promotores e constructores enchan o peto cunha celeridade digana de mellor causa.
ESQUERDA UNIDA-IU quere lembrar á cidadanía de Ferrol que hai xa máis dun ano, a Comisión Cidadá para a Recuperación do Ferrol Vello, onde participan BNG, PSdG-PSOE, e ESQUERDA UNIDA-IU, denunciou perante a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes (PSdG) que no barrio de Ferrol Vello se executaban obras que incumprían a normativa urbanística municipal vixente.
Posteriormente, ante a falta de resposta (nin positiva, nin negativa) da Consellería de Política Territorial, no mes de abril do pasado ano, a instancias da Consellería de Cultura e Deporte (BNG), esta mesma Comisión Cidadá presentou escrito diante da Delegación Provincial desta Consellería na Coruña na que se solicitaba a intervención deste departamento da Xunta de Galicia na protección do patrimonio construido do Barrio de Ferrol Vello, habida conta que as obras xa denunciadas diante da Consellería de Política Territorial incumprían a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, ao non contar co informe previo e vinculante favorable da Dirección Xeral de Patrimonio.
A raíz das denuncias presentadas pola Comisión Cidadá, a Consellería instou ao Concello de Ferrol a paralizar as obras en tres inmobles afectados pola denuncia, na rúa Benito Vicetto 7-9, en s. Francisco 25 e máis na rúa Espartero 34-36, pero nada dixo da outra obra denunciada (San Francisco 42-44).
ESQUERDA UNIDA-IU quere denunciar que o concello de Ferrol deixou avanzar as obras, desenvolvendo unha política de feitos consumados, que lastima o seu deber de protexer o patrimonio construído, e pon ao concello de parte dos que queren facer cartos a costa de arruinar a nosa historia construida. Ademáis, ESQUERDA UNIDA-IU tamén quere denunciar que, tendo en conta a infracción cometida polo Concello de Ferrol, ao autorizar obras nun barrio protexido sen o preceptivo informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, infracción que está tipificada como leve pola Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, a non paralización das obras pode supoñer ao Concello de Ferrol sancións entre 60.000 euros e máis de 150.000 euros por cada obra, sanción que pagaremos todos os ferroláns e ferrolanas do noso bolso pola inoperancia deste goberno municipal a hora de facer cumplir a legislación vixente e tamén á hora de executar o mandato da Consellería de paralizar as obras.
Pero se xa é grave esta actitude do concello á hora de defender o patrimonio construido da cidade, nalgúns casos a Consellería de Cultura e Deporte non se queda atrás.
A outra obra denunciada pola Comisión Cidadá para a Recuperación de Ferrol Vello, obra que actualmente se está a executar en San Francisco 42-44 (o coñecido edificio da Farmacia de San Francisco), non foi tratada de igual xeito pola Consellería de Cultura e Deporte (BNG), descoñecendo ESQUERDA UNIDA-IU a razón de que a día de hoxe (case un ano despois de ser denunciada) este departamento da xunta non movera aínda un papel no eido de evitar, primeiro, a destrucción de tan interesante inmoble, e despois, de evitar o importante impacto visual que esta obra causa na rúa San Francisco e no conxunto do barrio.
A Consellería de Cultura e Deporte (BNG), non instou ao Concello de Ferrol a paralizar as obras cando a destrucción do inmoble era aínda reversible, nin iniciou ningún trámite para evitar o grave impacto visual.
ESQUERDA UNIDA-IU organiza mañá, martes 27 de marzo, ás 20:00, no local do Real Coro TOXOS E FROLES, sito na rúa Magdalena,220, unha charla-coloquio sobre participación cidadá.
O acto público contará coas intervencións de Javier Galán, candidato número 2 da lista municipal de EU-IU ao concello de Ferrol, e máis de Rocío López Lozano, xefa do Departamento de Participación cidadá do concello de Córdoba.
ESQUERDA UNIDA-IU entende que resulta fundamental dar un pulo a cuestión da mellora e profundización de vida democrática. Todas os estudos constatan un alonxamento da cidadanía da vida política, e as formacións políticas non podemos restar indiferentes a tan preocupante realidade.
A nosa formación política naceu como resposta as insuficiencias que os partidos tradicionais teñen para encauzar os anceios de participación no goberno da cousa pública por parte da cidadanía. Nós somo un movemento político e social, que pretende alentar a comunicación e a participación de persoas e colectivos a traverso das áreas de elaboración colectivas, as cales son espazos da organización onde se debate e acordan as liñas e propostas programáticas por parte de afliad@s, mais tamén nos que participan aqueles que non forman parte orgánica da organización. As áreas son laboratorios onde se prepara o programa político do porvir, espazos onde se aprende e elabora un acordo programático, o noso compromiso racional coa cidadanía.
A crise da política está alentada pola ideoloxía neoliberal, empeñada en rebaixar e cegar a calidade da política como ferramenta de transformación radical da sociedade; a esquerda política e social temos que desenvolver novos instrumentos para a participación e o debate político sobre contidos e propostas concretas, os cales enxergándoos no horizonte de igualdade e liberdade. As áreas e a elaboración colectiva son as que fundan a proposta de programa que levamos as eleccións; non doutro xeito estamos a producir o noso programa electoral, dende o encontro e debate coa sociedade crítica organizada, e non da man de escuros gabinetes técnicos, que só sirven aos intereses do capital.
Estamos convencidos que o movemento veciñal, o feminismo, o ecoloxismo, a clase traballadora, a mocedade... necesitan de voltar o espazo da política, convocar razóns apaixoadas para cambiar o tempo da resignación e do acomodo coas lóxicas do capital ( Atento, Henkel, carestía da vivenda, precariedade, violencia de xénero, agresións como a planta de gas ou a praza de España, etcétera ), e achegármonos á respiración esperanzada que sabe da potencia transformadora que temos as e os traballadores cando razoamos e organizámonos en común.
ESQUERDA UNIDA-IU vai a facer da democracia participativa un eixo central da súa proposta política.
Lugar: Local del Río
Día e hora: luns, 26 de marzo, ás 19:00 horas
Organiza: Asociación de Mujeres de Santa Marina Amistad
Obxecto: conferencia sobre a nova lei do traballo en igualdade das mulleres en Galicia
Conferenciante: Yolanda Díaz
EU-IU quere amosar a necesidade de que as administracións públicas implicadas no caso do colexio Manuel Masdiás, concello e vicepresidencia, se impliquen de xeito resolutivo para acadar a posta en funcionamento dunha escola infantil pública, dotación educacional da que está falta a nosa cidade, onde hai un déficit de prazas infantís públicas innegable e non abordado.
As sucesivas demoras e o abandonos das instalacións que denuncian tanto o Consello escolar do centro, canto o profesorado, deixa en evidencia a neglixencia coa que se están a conducir neste tema a equipa de goberno.
Preguntámonos onde restan os compromisos do concelleiro de obras ao respecto de habilitar unha partida orzamentaria para arranxar un espazo que se degrada ollos vista, con humidades, filtracións ... e sen a dotación necesaria para que @s nen@s da cidade conten cun equipamento necesario para paliar o devandito déficit de prazas na educación infantil.
ESQUERDA UNIDA-IU entende que hai que superar a fase onde as administracións se tiran as responsabilidades á cabeza, resultando ferida a provisión de servizos públicos de calidade para a cidadanía. A negociación do convenio de investimentos para adheririse ao Consorcio Galego de Servizos Sociais ten que facerse xa resolutiva e conquerir para esta cidade as demandas recollidas por todolos grupos políticos no Pleno de 30 de novembro de 2006.
No devandito Pleno, o noso grupo deixou constancia do disgusto que lle producía a fórmula do consorcio, plataforma que podría derivar nunha privatización do mesmo, as discriminacións que podía producir, ou o posible menoscabo da autonomía municipal, mais acordamos necesario que sobre a única fórmula que propón a Xunta - o Consorcio - se garantan as dotacións de servizos necesarias para superar os déficits que temos neste eido nesta cidade. Qué se ten feito dende entón? Dende logo nada no que atinxe a escola infantil de Mandiás.
O barrio de Caranza non merece a deixación de funcións que están a cometer as administracións públicas, e en particular a equipa de goberno con esta dotación educativa; deixación que amosa o desinterese deste goberno municipal polas dotacións educativas públicas,asemade do nulo compromiso cunha política integral de igualdade, que axude a rachar coas dependencias sociais que se lle impoñen ás mulleres cando os poderes públicos non atenden as necesidades de colectivos como o dos nen@s fóra dos tramos educativos obrigatorios.
ESQUERDA UNIDA-IU fai un chamamento ao concello e a vicepresidencia para que resolvan, coa celeridade que demandan as necesidades sociais sen atender, o conxunto de investimentos recollidos no Pleno de 30 de novembro de 2006 : as dúas escolas infantís, o centro de día, a residencia de maiores, os gastos de xestión e mantemento da Casa de Acollida, a construcción de aprtamentos tutelados, o centro de día para transeúntes, e a ludoteca – lecoteca para os cativos, máis un incremento da contía que recibe Ferrol polo plan concertado.
VIXÉSIMA PRIMEIRA. No mesmo artigo, ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se reduza o prazo que contempla o borrador para facer a retirada do arborado até cumprir as distancia mínimas cando sexa cometida unha falta leve; a retirada terá que efectuarse nun prazo máximo dunha semana, prazo que privilexia a nosa óptica de primacía dunha norma que busque a seguridade.
VIXÉSIMA SEGUNDA. ESQUERDA UNIDA –IU defende que se engadan, ao artigo 22 do borrador ( sancións ), os puntos do 4 ao 8 do artigo 23 da ordenanza en vigor, por canto tipifican o réximen sancionador desta ordenanza ao servizo da protección dos espazos forestais e montes contemplados nela.
VIXÉSIMA TERCEIRA. ESQUERDA UNIDA-IU sostén a necesidade de manter o artigo 24 da actual ordenanza ( anulación de licencias ). As administracións públicas teñen que ter medios para impedir, nos casos tasados pola lei de reiterados imcumprimentos da legalidade, unha actividade lesiva para o interese xeral.
VIXÉSIMA CUARTA. ESQUERDA UNIDA-IU considera irrenunciable engadir na disposición adicional segunda - consonte a nosa defensa da democracia participativa – que calquer modificación que se practique na ordenanza terá que se facer co trámite previo de escoitar as aa.vv., tal e como se fixo co actual texto aínda en vigor. Non está de máis lembrar que o actual texto contou co acordo de tódolos grupos políticos e das asociacións do rural.
VIXÉSIMA QUINTA. No glosario, ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se manteña no concepto de monte, que os prados e praderías – como no texto en vigor - non teñan a consideración de montes, otrosí dos terreos que nun predio esencialmente agrícola sexan axeitados para atender ao sostemento do gando.
VIXÉSIMA SEXTA. Tamén nese concepto de monte do glosario, ESQUERDA UNIDA-IU entende que hai que rebaixar a dimensión da superficie mínima, hoxe en 5000 metros cadrados, excesiva dende a nosa consideración, e que fai que haxa non poucos espazos que queden fóra da aplicación desta ordenanza, desprotexidos.
VIXÉSIMA SÉPTIMA. ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se recolla neste glosario tanto o que fai referencia a usos primarios como a bosque atlántico, carballeira atlántica ou bosque misto caducifolio, segundo xa está recollido na actual ordenanza. Na precisión para caracterizalos vai unha parte da capacidade de protexer estes espazos.
VIXÉSIMA OCTAVA. No concepto de explotación forestal, ESQUERDA UNIDA-IU propón que non se cinga a aquelas que obteñan un rendemento económico, que sexa máis integral e abranga a todas.
VIXÉSIMA NOVENA. ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se incorpore un mecanismo de protección de restos arqueolóxicos na proposta de nova ordenanza.
TRIXÉSIMA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se inorpore, por último, unha indicación para regulamentar os espazos de montes en mancomún, o cooperativismo forestal, consonte a necesidade de impulsar o espazo da economía social.
DÉCIMO CUARTA. ESQUERDA UNIDA-IU defende o mantemento do punto 3 do artigo 18 da vixente ordenanza ( reparación de deterioracións... ), o artigo 15 do borrador, no que esixe que o titular da actividade recolla e retire ás zonas de deposito establecidas os restos derivados da súa actividade. A seguridade en xeral e en particular o que ten que ver coa prevención de lumes demanda que se manteña esta precaución.
DÉCIMO QUINTA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se lle engada ao artigo 16 do borrador ( sobre carga e depósito de madeira ) o texto do punto primeiro do artigo 19 da ordenanza vixente, esto é, nós demandamos rixa a prohibición terminante de realizar tarefas de carga e almacenamento sobre vías e estruturas anexas de titularidade pública local, provincial ou da administración pública que sexa. As razóns da demanda son de seguridade e se están a incumplir , valga o exemplo, nestes días atrás alomenos no vial de Balón a Vilasanchez. Que non quede ao socaire da deixación ou arbitrariedade municipal.
DÉCIMO SEXTA. No mesmo artigo 16 do borrador, ESQUERDA UNIDA-IU sostén que se engadan os puntos 6 e 7 do artigo 19 da ordenanza aprobada, os cales resultan moi importantes para previr os lumes. Que as moreas de madeira cortada e os restos de rams, cortizizas e follaxes garden distancias entre sí de seguridade de 10 e 25 metros respectivamente.
DÉCIMO SÉPTIMA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que o artigo 17 do borrador ( execución subsidiaria ) sexa substituido polo artigo 20 da actual ordenanza, pois a súa redacción resulta máis clara..
DÉCIMO OCTAVA. No artigo 19 do borrador ( responsables ) ESQUERDA UNIDA-IU propón que os servizos técnicos municipais teñan a obriga de denunciar as infraccións que se produzan non só a esta ordenanza, senón a calquer outra, caso do tráfico; que non se limiten ao ámbito específico da ordenanza se son coñecedores de que se imcumpren outras.
DÉCIMO NOVENA. ESQUERDA UNIDA-IU considera necesario que o artigo 20 do borrador ( clasificación das infraccións ) incorpore a creación dun rexistro de infraccións e que se recolla que a suma de dúas ou máis infraccións leves suporá unha infracción grave.
VIXÉSIMA . ESQUERDA UNIDA-IU propón que no artigo 22 do borrador ( sobre sancións ), que segundo o permita a lei 7/1985 Reguladora das Bases do Réximen Local, o importe das sancións sexa incrementado para que teñan un mínimo efecto disuasorio, e non inciten a incumprir a lei pola ridiculez da súa contía.
SÉPTIMA. Neste mesmo artigo 11, ESQUERDA UNIDA-IU sostén que se manteñan zonas libres para calquer estrutura de sinalización terrestre ou marítima como xa recolle a ordenanza en vigor, e que non consigna o borrador. A razón desta alegación é a de extremar a seguridade do tránsito.
OCTAVA. ESQUERDA UNIDA-IU propón que se manteñan os puntos 6 e 7 do artigo 11da ordenanza en vigor, que desaparecen no mesmo artigo 11 do borrador; nós estimamos que cómpre extremar as precaucións en zonas de difícil visibilidade e para que as plantacións non invadan o espazo das vías, para mellor garantir a seguridade.
NOVENA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que no artigo 11 do borrador se recolla a necesidade de que a faixa de 50 metros de ancho ao redor das urbanizacións teña que ser contemplada nos proxectos previos de reforma como de necesaria titularidade dos promotores da devandita urbanización; cómpre evitar casos como Menáncaro.
DÉCIMA. ESQUERDA UNIDA-IU propón que se manteña no artigo 12 do borrador ( realización de tarefas extractivas ), o texto que está en vigor na presente ordenanza, no que atinxe a regular aos vehículos con peso máximo autorizado superior ás 5tn.
DÉCIMO PRIMEIRA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se manteña no artigo 13 do borrador ( solicitude autorización de extracción ) a redacción dos puntos 2 e 3 da actual ordenanza en vigor no artigo 17. Deste xeito a solicitude de autorización describira as condicións de entresaca e non permitirá a cota matarrasa; e o madereiro terá que facer constar a especie que vai cortar, a cantidade, a localización do predio e os datos do propietario do mesmo, e a copia do recibo da compra da madeira, os camiños e vías e vehículos que se van empregar. Todos estos requisitos sirven para garantir que nos atopamos ante unha actividade económica legal e respectuosa do medio forestal.
DÉCIMO SEGUNDA. Para ESQUERDA UNIDA-IU cómpre manter - e así o defendemos - , a vixencia dos artigos 13 ( licencia de actividade ) e 14 ( taxas de licencia e rexistro de vehículos ) da ordenanza en vigor, que desaparecen na proposta de borrador. A explicación é que queremos que esta sexa unha actividade económica legal que, como outras, achegue recursos ao concello e que en caso de producise algunha incidencia teñamos toda a información do autor. A redacción que nos propón o borrador suprime requisitos indispensables para este fin.
DÉCIMO TERCEIRA. No artigo 14 do borrador ( artigo 16 na ordenanza en vigor ), ESQUERDA UNIDA-IU propón que se suba a contía das fianzas, que son moi baixas respeito do volumen de madeira a que se refiren.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Todas as nosas alegacións están estruturadas polo eixo da protección do medio e o propiciar a participación das asociacións do rural neste ámbito tan seu e, xa que logo, as nosas achegas queren incidir na regulación das plantacións, extremar o control sobre as actuacións dos maderistas, coidar as distancias a predios e viais e preservar o monte trala actividade productiva feita sobre él.
Dacordo cos eixos das nosas alegacións entendemos que a redacción proposta no borrador reduce as garantías de control público e precaución ambiental, favorecendo unha práctica económica que tende a desrregularse e a deixar facer aos maderistas, en prexuízo da preservación da riqueza material e natural do s espazos forestais.
ALEGACIÓNS
PRIMEIRA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se manteñan os puntos 2 e 3 do artigo 1 ( ámbito e delimitación ) da ordenanza vixente, suprimidos no presente borrador. A delimitación nos planos de ordenación e a elaboración do catálogo de masas e/ou especies forestais permite unha maior garantía de control e protección dos espazos obxecto da presente regulación.
SEGUNDO. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se manteña o redactado do artigo 3 da vixente ordenanza ( especies estranas ), cando prohíbe taxativamente o emprego das devanditas especies, rexeitando o que nos propón o borrador , onde todo queda suxeito a arbitrariedade da autorización municipal. Este artigo realza a necesidade – alegada por nós - de elaborar o catálogo consignado no artigo 1.
TERCEIRA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se manteña o punto 3 do artigo 9 ( planos especiais ) da ordenanza vixente, que o borrador propón eliminar. Tratamos con elo de extremar as cautelas para que non se produzan agresións no medio, como serían edificacións permanentes.
CUARTA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que no artigo 10 do borrador ( novas plantacións ), se rebaixe de cinco hectáreas a unha a superficie que requira permiso de plantación., pois 5 ha. resultan un extensión grande dabondo e cómpre reducila para mellorar a protección dos espazos. No noso concello non abundan espazos de tales dimensións, e entendemos que a nosa proposta permitiría incluir moitos espazos dentro das cautelas e proteccións que recolle esta ordenanza.
QUINTA. Tamén no mesmo artigo 10 do borrador, ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se manteña a esixencia de realizar un estudo de impacto ambiental – que neste borrador deixa de ser obrigatorio -, pois estas cautelas redundan na protección dos espazos contemplados na ordenanza.
SEXTA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que no artigo 11 do borrador( distancias mínimas ), se manteñan os puntos 3 e 4 da ordenanza vixente , que desaparecen neste borrador , que marcan unhas distancias mínimas que no caso dos camiños acadan os 3 metros e no das estradas chegan a 6 metros; por canto para nós é moi importante evitar que os viais públicos sexan invadidos e non se poña en perigo a seguridade no tráfico.
Lugar: Local da Asociación de veciños da Gándara
Día e hora: Sábado, 24 de marzo, ás 12:00 horas
Obxecto: presentación da candidatura municipal de ESQUERDA UNIDA-IU ao concello de Narón
Intervirán: Víctor Agulló, primeiro candidato de EU-IU ao concello de Narón, e maís Yolanda Díaz, coordenadora nacional de EU-IU
Adxuntamos unhas notas sobre os primeiros candidatos, que van participar no acto.
VÍCTOR AGULLÓ LÓPEZ. Foi exconcelleiro en Narón, contando con experiencia no traballo municipal. Traballador, prexubiliado de Bazán. Activista cultural, participou na recuperacións das tradicións populares dos mallos e do entroido. Foi un dos redactores do Padroado de Cultura.
MARCELINO BERMÚDEZ FRAGUÍO. Presidente da asociación de veciños de s. Xoán de Narón.
SABELA ANEIROS. Artesana.
TOMÁS PORTO MANDIÁ. Loitador comprometido co pobo saharaui.
ISABEL PAZOS AGULLÓ. Traballadora do sector servizos.
ESQUERDA UNIDA-IU presenta as alegacións á ordenanza reguladora de actividades nos montes e espazos forestais.
LUGAR: SALA DE COMISIÓNS DO CONCELLO DE FERROL
DÍA E HORA: VENRES, 23 DE MARZO, ÁS 12:00 HORAS
OBXECTO: PRESENTACIÓN DAS ALEGACIÓNS Á ORDENANZA REGULADORA DE ACTIVIDADES NOS MONTES E ESPAZOS FORESTAIS
INTERVIRÁN: YOLANDA DÍAZ E JOSÉ LOUREIRO
O mércores 22 de marzo, ás 20:15 horas no local da Asociación , en Vilela 3,en Mandiá., terá lugar unha xuntanza entre os representantes veciñais da ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SANTA UXÍA DE MANDIÁ e máis os membros da candidatura de ESQUERDA UNIDA-IU ao concello de Ferrol.
Nesta xuntanza abordarase a problemática relativa ao cambio de emprazamento da plataforma loxística previa, prevista con anterioridade en Brión e apoiada por todos os grupos políticos agás ESQUERDA UNIDA-IU.
ESQUERDA UNIDA-IU quere denunciar o estado de abandono no que se atopa a zona rural, pola falta de previsión e definición de actuacións nesta zona de Ferrol, lembrándole a equipa de de governo que a zona rural pertence ó concello de Ferrol, que precisa dun amplo esforzo de investimentos en actuacións culturais, servizos públicos( entre eles alcantarillado, limpeza de cunetas, actividades deportivas, parques infantís , etc ) igual que o resto dos barrios de Ferrol.
EU-IU tenta entregarlle un papel protagonista ao conxunto do movemento asociativo ferrolán, de cara as propostas do noso programa político no camiño de avanzar na democracia participativa.
O mércores 21 de marzo, ás 20:00 horas na sede local de ESQUERDA UNIDA-IU , sita na rúa Sol, 124-126 entrechán esqda., terá lugar unha xuntanza entre os representantes veciñais da ASOCIACIÓN PRIORIÑO e máis os membros da candidatura de ESQUERDA UNIDA-IU ao concello de Ferrol.
Pola delegación de ESQUERDA UNIDA-IU van asistir Yolanda Díaz, primeira candidata de EU-IU por Ferrol, Javier Galán, segundo na lista , e máis o coordenador local, Ignacio Allegue.
Na xuntanza , solicitada polos veciñ@s da ASOCIACIÓN PRIORIÑO, trataranse as actuacións municipais necesarias para mellorar os servizos, as comunicacións, a recuperación das aldeas e do contorno do cabo Prioriño.
ESQUERDA UNIDA vai estar atenta non só as demandas das asociacións senón tamén – consonte ao noso programa de democracia participativa – a incorporar un modo de relación horizontal co asociacionismo crítico. A nosa formación política entende que os procesos de transformación social necesitan do respaldo dos núcleos asociativos para facer avanzar as melloras e podelas consolidar como realidades estables. O progreso da sociedade require da meirande suma de esforzos e coñecementos de todas e todos os que a conformamos.
Aínda que competencia autonómica, o papel colaborador a desenvolver polo concello nas tarefas de prevención en primavera resulta moi importante , e dende a nosa formación política queremos coñecer qué iniaciativas estánse a tomar neste eido polo goberno municipal.
Temos coñecemento de que non se está aprestar a debida atención as condicións nas que se atopa ao terreo rural. Como onte xa denunciabamos hai prácticas das madereiras que - sen control – non contribúen precisamente a previr os lumes.
Mais o concello ten que desenvolver unha política de limpeza que pasa en parte non menor por velar polo cumprimento da ordenanza municipal reguladora de actividades nos montes e espazos forestais, en especial o que se recolle en depósito, carga e transporte.
ESQUERDA UNIDA quere denunciar a situación que se está a producir no vial que vai de Balón a Vilasánchez, onde as madereiras están a cortar incumprindo varias normas e producindo danos no propio vial e un trastorno e problemas na circulación, nunha práctica reiterada que levou a varios veciñ@s a quiexarse no propio concello e chamar á polícía municipal xa o día 13; cando de novo, hoxe, 15 de marzo vólvese a reproducir a situación denunciada.
Dende ESQUERDA UNIDA-IU queremos que a equipa de goberno tome medidas e garanta que non se repitan estes feitos. En primeiro lugar, nós albergamos dúbidas acerca de se teñen ou non permiso para efectuar os cortes. Dúbidas a despexar polo concello.
En segundo lugar nós demandamos unha acción decidida para evitar que camións de arredor dunhas corenta toneladas estean a facer a carga nun vial onde hai unha sinal que limita a tonelaxe a un máximo de 10. Sinal que non é arbitraria e que de non ser respectada está a producir danos no firme dun vial de aglomerado, noviño, ao ponto de aínda non ser recibido polo concello.
Terceiro: a normativa aínda en vigor prohíbe facer as cargas na propia estrada, hai que facelas fóra. Sinalar que o estado no que quedan as cunetas é lamentable, suxas e descoidadas polas empresas que fan a carga.
E cuarto, hai que evitar os atrancos na circulación que producen estas cargas feitas na ilegalidade.
E para rematar no catálogo dos feitos, sinalar que a reiteración desta práctica ten que ser cortada de raíz polo concello. Nós entendemos que hai que sancionar, proporcionadamente ao dano producido, ás madereiras que non cesen nestas prácticas. O concello está obrigado a velar pola legalidade, polo cumprimento da súa normativa, de non ser así teríamos dereito a afirmar a despreocupación da equipa de goberno cos propios bens públicos, caso do vial, da seguridade da circulación na zona ou da limpeza do lugar. En definitiva teríamos dereito acensurar a deixación deliberada do concello coas súas propias obrigas.
LUGAR: GALERÍA SARGADELOS
DÍA E HORA: SÁBADO, 17 DE MARZO, ÁS 12:00 HORAS
OBXECTO: PRESENTACIÓN DOS PRIMEIROS CINCO CANDIDAT@S DA LISTA MUNICIPAL AO CONCELLO DE FERROL
Adxuntamos un breve perfil d@s candidat@s
JAVIER GALÁN. Traballador de Bazán, onde ten desempeñado tamén responsabilidades sindicais comarcais no sindicato CC.OO. Dende moi novo participou na loita política, sendo responsable da Xuventudes Comunista Galegas en Ferrol y logo militante do Partido Comunista de Galicia. No movemento veciñal contribueu a poñer en marcha o movemento veciñal en Caranza.
MIGUEL REIMÚNDEZ. Arquitecto pola Escola Superior Técnica de Arquitectura de A Coruña na especialidade de urbanismo, doutorando na facultade de Xeografia e Hª co traballo sobre Política de Vivenda na Área Funcional de Ferrol. Ten traballado no planeamento xeral de Cualedro, Oleiros, Xunqueira de Ambía, Muros, Foz, Santiago de Compostela e Nigrán, colaborou en traballos sobre patrimonio. Colabora con diversos colectivos sociais caso da Comisión Cidadá para a Recuperación de Ferrol Vello, ou co Colectivo RUA, de recuperación urbana e ambiental de A Coruña.
SARI ALABAU. Loitadora antifranquista nos tempos finais da ditadura, militando no Partido Comunista, primeiro en Valencia e logo en Galicia. Foi unha militante do movemento feminista dende a súa primeira andaina, integrándose no Movemento Democrático de Mulleres. Conta con amplia experiencia municipal, por canto foi concelleira 8 anos no concello de Narón polo PCG, acadando a responsabilidade de primeira tenencia de alcaldía.
ROBERTO ARTABE. Médico de familia no SERGAS, traballa na actualidade na unidade de asistencia a drogodependentes en ASFEDRO. Conta cun magister en drogodependencias pola USC, sendo diplomado pola EU de Enfermería de Ferrol en prevención de riscos laborais, otrosí da diplomatura en alcoholismo pola Autónoma de Madrid.
Este venres, 16 de marzo, ás 18:00 horas, a primeira candidata de ESQUERDA UNIDA-IU á alcaldía de Ferrol terá un encontro cos membros da anpa do colexio Carmen Polo, para coñecer de primeira man as carencias que arrastra este centro escolar.
Nestes días ESQUERDA UNIDA-IU está a configurar a súa proposta educativa municipal coa que presentarase as eleccións de maio. Para a nosa organización política resulta chave dunha sociedade cohesionada no social que tod@s @s nen@s teñan acceso ao ensino público, de calidade e gratuíto.
No caso do Carmen Polo o seu traballo coas discapacidades fai que requira dunha atención e medios que lle permitan cumprir os obxectivos educativos, e facelo coordinadamente co resto de centros educativos da cidade.
ESQUERDA UNIDA quere denunciar a situación que se está a producir no vial que vai de Balón a Vilasánchez, onde as madereiras están a cortar incumprindo varias normas e producindo danos no propio vial e un trastorno e problemas na circulación, nunha práctica reiterada que levou a varios veciñ@s a quiexarse no propio concello e chamar á polícía municipal xa o día 13; cando de novo, hoxe, 15 de marzo vólvese a reproducir a situación denunciada.
Dende ESQUERDA UNIDA-IU queremos que a equipa de goberno tome medidas e garanta que non se repitan estes feitos. En primeiro lugar, nós albergamos dúbidas acerca de se teñen ou non permiso para efectuar os cortes. Dúbidas a despexar polo concello.
En segundo lugar nós demandamos unha acción decidida para evitar que camións de arredor dunhas corenta toneladas estean a facer a carga nun vial onde hai unha sinal que limita a tonelaxe a un máximo de 10. Sinal que non é arbitraria e que de non ser respectada está a producir danos no firme dun vial de aglomerado, noviño, ao ponto de aínda non ser recibido polo concello.
Terceiro: a normativa aínda en vigor prohíbe facer as cargas na propia estrada, hai que facelas fóra. Sinalar que o estado no que quedan as cunetas é lamentable, suxas e descoidadas polas empresas que fan a carga.
E cuarto, hai que evitar os atrancos na circulación que producen estas cargas feitas na ilegalidade.
E para rematar no catálogo dos feitos, sinalar que a reiteración desta práctica ten que ser cortada de raíz polo concello. Nós entendemos que hai que sancionar, proporcionadamente ao dano producido, ás madereiras que non cesen nestas prácticas. O concello está obrigado a velar pola legalidade, polo cumprimento da súa normativa, de non ser así teríamos dereito a afirmar a despreocupación da equipa de goberno cos propios bens públicos, caso do vial, da seguridade da circulación na zona ou da limpeza do lugar. En definitiva teríamos dereito acensurar a deixación deliberada do concello coas súas propias obrigas.
A candidata Yolanda Díaz vai manter mañán venres, 16 de marzo, ás 12:00 horas mañán un encontro no vicerrectorado co seu titular, o profesor Luis Barral Losada para abordar a problemática universitaria.
ESQUERDA UNIDA-IU sosterá un modelo de universidade pública de calidade e para tod@s, o que supón unha forte dotación económica que garanta a calidade da docencia e dos programas de investigación, e asemade permita que @s fill@s das clases traballadoras accedan a todos os estadios do ensino, o cal aínda está lonxe de acadarse. Recentes estudos recoñecen que só un o 25% d@s fill@s de clase trablladora acceden os estudos universitarios.
Para ESQUERDA UNIDA-IU resulta un eido fundamental para o porvir da nosa cidade o afortalamento do campus e nese senso o desplegue das potencialidades que as humanidades poden acadar inxeridas no espazo europeo da educación. As humanidades configúranse como un espazo indispensable para dotar dunha pespectiva integral de formación e, xa que logo, non cabe furtarlles recursos ou poñer en cuestión a súa pertinencia como materia.
Non somos alleos tampouco ao impacto económico e social que ten as actividades formativas e de investigación para afirmar o desenvolvemento da nosa cidade, e configurar aorredor da docencia e a investigación no noso campus un eixo de excelencia no ámbito educativo.
A nosa formación é moi crítica cunha serie de aspectos previstos na declaración de Bolonia e que entendemos que poden derivar – de non seren correxidos – nunha progresiva privatización dos aspectos máis sobranceiros da formación universitaria. Os casos dos posgraos e o seu financiamento é o máis chamativo, e pon en perigo ao acceso aos mesmos para boa parte do estudantado das clases traballadoras, ao se unir á unha crónica falla de becas e da súa escasa contía e prazos de aboamento.
Para ESQUERDA UNIDA-IU hai que extremar o a rigor para evitar que a colaboración que se quere intensificar entre empresa e universidade non supoña recortar a autonomía universitaria e do profesorado e as súas investigacións.
¿Por qué o Concello non aprobou xa o Plan Especial da Madalena?
O Plan Especial da Madalena estaba informado favorablemente pola Consellería de Cultura en Marzo de 2003. Tan só faltaba a súa aprobación plenaria e a publicación no DOG.
Sen embargo este Goberno Municipal, nunha actitude completamente irresponsable, anulou a tramitación anterior do Plan Especial, intentando aplicar criterios en contra de calquera recomendación sobre a conservación do patrimonio (destrucción do parcelario, aumento de volume en cubertas, alta porcentaxe de oficinas-en detrimento do uso vivendas...), topándose ca oposición frontal da Consellería de Cultura, que informou desfavorablemente o Plan Espacial, e topándose tamén cun número moi superior de alegacións...aínda non resoltas (na primeira exposición pública, en decembro do 2002, presentáronse 18 alegacións e na segunda máis dun cento.)
A día de hoxe, despois de seis ou sete anuncios do actual Concelleiro de Urbanismo de o Plan Especial está listo, agardamos que, antes das eleccións municipais este goberno municipal aprobará o plan. Atrás quedarán catro anos de desgoberno, do que o caso do Teatro Renacemento é un exemplo máis.
¿Qué sensibilidade cabía esperar dunha Concellería de Urbanismo que, as primeiras declaracións que fai o seu responsable, cando arden as casas en frente do Concello, fai o comentario de que “eran de madeira” en vez de lamentarse de que unha delas era da autoría de Rodolfo Ucha Piñeiro.
Ao final, despois de catro anos, a este goberno municipal non lles queda máis que abandonar a idea de que o centro de Ferrol é únicamente un campo de batalla de promotores inmobiliarios (únicos intereses que se defendían ca unificación de parcelas, co aumento do número de oficinas, co aumento de volume ou as vivendas no baixocuberta ou en bufardas...) e “entrar polo rego”, do que son os criterios establecidos mundialmente sobre a conservación do patrimonio construido, se queren aprobar o Plan Especial da Madalena.
ESQUERDAUNIDA-IU entende que non cabe demorar máis a aprobación do Plan Especial da Madalena que axuste a ordenación de pormenor para o inmoble do Teatro Renacemento, preservando a memoria deste singular espazo, que forma parte do acervo histórico da cidade. Para nós sería necesario apostar pola rehabilitación do inmoble tendo en conta a oportunidade de acoller usos excepcionais nun inmoble de excepcional capacidade nun barrio tan denso como a Madalena.
Pensamos que un modo de axilizar a instalación dun uso distinto da vivenda sería limitar os usos dende o Plan Especial aínda en redacción, permitindo tan só usos culturais, comerciais, lúdicos, xa públicos, xa privados....
A calidade de vida da cidadanía ten na ordenación e preservación do barrio de A Magdalena como centro de referencia un fito pendente que nós queremos que se aborde de xeito urxente. Isto permitiría acometer a dignificación deste tramo do barrio e devolver á vida social un ámbito que foi perdéndose para ela
A actuacion urbanistica proxectada no Teatro Rena, que agardou informe da Consellería de Cultura ata o día de onte, pon unha vez máis en evidencia as nefastas consecuencias que ten a falla dun Plan Especial para o barrio da Madalena.
ESQUERDAUNIDA-IU quere denunciar a pasividade da equipa de goberno municipal que non foi quen de quitar adiante un planeamento para o barrio de A Magdalena nos catro anos de lexislatura. Para a nosa cidade é de vital importancia ordenar e protexer un espazo urbano da centralidade histórica de A Magdalena, e que non se teña feito nestes catro anos por parte do goberno municipal é unha das cuestións que nos levan a apuntar a actuación neglixente do goberno de dereitas municipal.
Consecuencias:
Primeiro, a falla dun Plan Especial da Madalena, demostra ben pouca capacidade de xestión do conxunto do Patrimonio Cidade da Ilustración ao Patrimonio da Humanidade, declaración que, con esta xente que nos goberna, está pendente dun fío. Se tanto lle preocupa ao grupo de Goberno PP-IF crear unha fundación para mellorar xestión do conxunto de bens incluídos na candidatura a Patrimonio Mundial da Unesco, ¿qué fai este Concello que non aproba aqueles instrumentos de xestión básicos para regular as actividades neste barrio histórico?
Segundo, a Area de Rehabilitación Integral tamén está pendente dun fío: de non aprobarse definitivamente o Plan Especial da Madalena antes do vrao, este barrio emblemático deixaría de percibir axudas a rehabilitación da Xunta e o Estado, xa que o Plan de Vivenda 2005-2008 pon como condición que os cascos históricos declaradaos (tal é o caso do Barrio da Madalena dende 1984) teñen que contar con planeamento especial aprobado definitivamente nun prazo de dous anos despois da aprobación de dito plan de vivenda.
En terceiro lugar, a non existencia dun Plan Especial, perxudica á actividade de rehabilitación. Mentres este plan non se aprobe definitivamente a tutela de protección do barrio non corresponde ao Concello senon á Consellería de Cultura. Esto intruduce un factor de retraso duns tres meses na tramitación das licencias de obra, nas obras de urbanización... Esto ten consecuencias nefastas para os veciños, as constructoras e os promotores inmobiliarios.
Queremos suliñar que a planta de gas de Reganosa anotada nas vantaxes diferenciais non conta en ningún sector do plan, indicación fiable do seu carácter superfluo ou da vacuidade do plano.
Planta de gas e fallas na depuración que fan inviable a acuicultura na ría de Ferrol alomenos até 2009 no máis xeneroso e improbable dos escenarios. A nosa bisbarra pola devastación producida por anos e anos de políticas de abandono e/ou privatización corre o risco se se converter en receptora de empresas altamente contaminantes e perigosas, as cales comprometen ao futuro maís aló dos empregos, poucos, achegados.
Para ESQUERDA UNIDA-IU parece certo que este pseudo-plan esquece sectores cun alto potencial de desenrrolo, caso do sector forestal, nunha comarca que conta con unhas das máis amplias superficies forestadas de Galicia e co porto importador de madeira máis importante de Galicia. ¿ Onde resta entón a industria transformadora da madeira, a industria do moble, en suma, a posta en valor do noso potencial silvícola?
Outro dos campos aos que este pseudo-plan atribúelle un papel menor, e o patrimonial, desaproveitando o inmenso patrimonio construido e o patrimonio natural, pois en toda a área atlántica non hai unha aglomeración de 160.000 habitantes que conte cun entorno de espazos de tamaño inetrese ambiental ( na rede Natura, a costa ártabra, Valdoviño, Cedeira, Narón e Nariño ; o río grande de Xubia, Forgoselo, a ría de Ortigueira, o Barquiero, o río Mera, as fragas do Eume, zonas zepa, humedais... ), que cómpre poñer en valor. Supón, de apostar por él, un bo nicho de novo emprego nun sectpor terciario no que adolecemos de empregos cualificados de alto valor engadido, v. gr. consultoras de proxectos industrais...
O desenvolvemento da pesca e a acuicultura de baixa intensidade, e do sector agroalimentario, apoiados no tecido de cooperativas e centrais de distribución existentes serían outros ámbitos relegados á nada por este exercicio escolar que ampulosamente calíficase como plan.
Amosar tamén o noso máis radical rexeitamento a nova tentativa de ataque contra Navantia Fene que supón a proposta acordada de costas a cidade e @s traballador@s de segregar da empresa pública uns 200.000 metros cadrados para outras actividades industriais. O espazo hai que buscalo nos polígonos industriais enon en Navantia.
ESQUERDA UNIDA-IU entende que hai que renegociar – con vontade política, e non con voluntarismo ou co desexo inconfeso de non respaldar a unha empresa pública que é patrimonio de tod@s, para así poder desguazala e entregala a algún aventureiro privado que faga negocio contra @s intereses d@s traballador@s e da cidade – o dereito de que un estaleiro público poida adicarse a construcción naval civil.Rematar cos impedimentos que limitan a capacidade de Navantia reparacións para incrementar a actividade do naval nun ámbito onde sabemos temos o coñecemento e a experiencia para ser das mellores empresas europeas e do mundo.
ESQUERDA UNIDA manifesta a súa decepción polo chamado proxecto de desenvolvemento integral das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, que onte foi presentado polo presidente da Xunta e o conselleiro de economía.
Parécenos o enésimo exercicio de venda de fume a unha cidadanía farta de palabras non respaldadas con feitos. Son moitas as expresións e planes que prometeron pór remedio ao declive demográfico, económico, e de emprego das nosas bisbarras ( zona de urxente reindustrialización, a zona industrial en declive, o plan especial para Ferrol, etc.., ). Non podemos aturar máis que cando chegan as eleccións haxa carreiras, presas sen escrúpulos, para enganar e confundir a unha cidadanía agredida de xeito reiterado por unha mesma política dende hai máis de vinte anos, a política neoliberal de privatizar o tecido industrial público e reducir e precarizar o emprego baixo, o imperativo de facer cartos en troques de empeorar as condicións de traballo e vida d@s traballador@s.
Para ESQUERDA UNIDA-IU resulta intolerable que este pseudo proxecto non contemple unha programación temporal e un compromiso económico cuantificado anualmente para os proxecto que o integran. Queremos lembrar que hai apenas tres meses aprobáronse os orzamentos estatais e de Galicia onde non se recollou un peso para as propostas que agora, a menos de tres meses das eleccións municipais , nos presenta a prestidixitación de Touriño, co mutismo do BNG.
O crecemento económico do que se gaba a Xunta é un espellismo, que agocha o país de verdade, no cal hai un fortísimo estancamento demográfico, que xera esa converxencia aparente. Para a nosa organización a realidade é que coas políticas neoliberais aplicadas a industria desta bisbarra o resultado inapelable é que temos perdido 2.500 postos de traballo, que a mocedade márchase e que a contratación precarízase, como se desprende dos datos do primeiro trimestre do ano, onde os contratos temporais seguen a representar cáseque o 90% do total ( de 60.407 contratos asinados en febreiro en Galicia, 53.527 foron temporais ) e con cifras de desemprego ( 6.000 traballado@s en Ferrol ) e siniestralidade – 6 mortos no que vai de ano - que veñen xa reducidas por contabilidades enganosas que exclúen ou autoexclúen a colectivos para maior gloria dos nosos gobernantes ; sinal inequívoca de que non se arranxou ren co novo-vello acordo de reforma laboral, consistente en seguir entregándolle cartos ao empresariado ( en forma de subvencións, bonificacións e exencións fiscais e pedirlles por toda contraprestación que sexan bos e xenerosos e contraten aínda que sexa co indefinido de fomento do emprego ). O país de verdade no cal unhas 400.000 mil persoas están en risco de pobreza, e unhas 104.000 en situación extrema, a meirande parte delas mulleres, onde o 20% dos galegos máis ricos cuadriplica o ingreso do 20% máis pobre; ese país verdadeiro acolle esta publicidade electoral con enfado ou indiferenza.
ESQUERDA UNIDA-IU quere denunciar as fórmulas de ramplón oportunismo electoralista que veñen de practicar tanto o BNG como o PP, que amosan nunha alianza co empresariado que sempre quiso privatizar e precarizar o emprego, a desconsideración con @s traballador@s, alianza de ocasión preñada de obscenidade para a base social de esquerdas e progresista desta bisbarra.
Trátase de non repetir unha política de devastación e privatización dun riquísimo tecido industrial e de coñecemento, que leva sufrindo os embates repetidos das políticas neoliberais, incapaces de sacar da crise ao sector.
Para ESQUERDA UNIDA-IU é indispensable desenvolver co maior acordo social – e non sementando enfrontamentos oportunistas – unha mesa reindustrializadora que comprometa alomenos unha serie de compromisos, que terán que contar cun calendario e cun orzamento e plan de acción pautado.
Defenderemos o desenvolvemento do plan industrial de Navantia, o cal terá como liñas senlleiras un forte investimento en investigación.desenrrolo, e innovación. Terá que detallar un desarrollo dunha carga de traballo real: E habrá de contar coa nova incorporación de man de obra moza, nunha acción coordinada destes factores.
EU-IU reclama un estudio independente que faga unha análise en profundidade do desarrollo comarcal. Non necesitamos literatura e sí unha esculca científica das nosas eivas e das nosas potencialidades.
Non podémonos esquecer da importancia de renegociar a limitación dun 20% de tope para a construcción civil. Carce de calquer atisbo de racionalidade técnica e económica esta cadea, mais cando pesa sobre unha zona en profundo declive económico e demográfico, propiciado - querémolo reiterar – pola aplicación brutal das máximas económicas e sociais do neoliberalismo. A nosa organización entende que as lóxicas unívocas requiren ser superadas por fórmulas que acollan a complexidade e a cooperación, e da implicación das adminsitracións públicas para darlle saída nunha clave social e progreisita a situación da nosa bisbarra.
O noso compromiso virá tamén pola vía de propiciar unha diversificación industrial, que só pode redundar en beneficio de tod@s.
Para ESQUERDA UNIDA-IU é indispensable defender un sector público que sexa ferramenta de cohesión social tamén no eido industrial. A industria segue a ser aínda hoxe unha garantía de creación de riqueza social.
Rematar pedindo a todos os sectores sociais da bisbarra unha actitude responsable e con miras non cortoplacistas, que permita reconstruir nesta cidade un renovado tecido industrial que nos cohesione no social e nos entregue como sociedade un futuro de maior justicia social
Día e hora : venres, 9 de marzo, ás 17:00 horas
Lugar: sede local de EU-IU, sita na rúa Sol, 124-126 entrechán, esqda.
Participantes: Yolanda Díaz (concelleira e primeira candidadata de EU-IU ao concello de Ferrol) e Javier Galán ( secretario de organización local de EU-IU)
Obxecto da mesma: situación do sector naval
ESQUERDA UNIDA-IU defendeu a necesidade de extremar os controis públicos e democráticos no Pleno extraordinario que tivo lugar hoxe pola mañán, en todo o referente ao proxecto de xestión de Ferrol,patrimonio histórico.
O proxecto que se levou ao Pleno amosaba notables carencias e zonas de obscuridade e ambiguedade que teñen que ser despexadas para evitar que se frustre a arela de conquerir para a nosa cidade a condición de cidade patrimonio da humanidade.
EU-IU tampouco entende de recibo non ter falado e gañado o compromiso de participación e axuda por parte das administracións públicas que o texto propón que formen parte do Padroado, ministerios de defensa e cultura e da Xunta. Non vale con dicir – como fixo esta mañán o propoñente – que ten falado coas administracións; requírense papeis para dotar de firmeza e veracidade calquer compromiso desta envergadura. Queremos tamén denunciar a práctica de exclusión practicada polo propoñente acerca dos profesionais da Universidade, que supuxo elaborar a proposta de costas a universidade, algo inconcebible nunha proposta de este xénero.
Para EU-IU hai que vencellar o éxito e a fondura do proxecto de Ferrol, patrimonio da humanidade, coa necesaria desblocaxe do atrancado convenio de defensa. Suliñar que hai nestes anos actuacións que amosaron a falla de interese real do goberno municipal para coidar o espazo da nosa cidade de actuacións moi graves: caso da planta de gas de Reganosa, ou as vivendas ao carón do baluarte, retraso incalificable nos planos de recuperación de Ferrol Vello, ...
Actuacións moi agresivas en espazos sensibles e que expresan – alén de retóricas de ocasión – a falla dun criterio integral no que fai a preservación do legado histórico e natural da cidade.
ESQUERDA UNIDA-IU quere chamar a atención sobre ao alcance do consignado nos artigos 32, 33 e seguintes, artigos referidos ao patrimonio. Hai que sinalar que o artigo 32 acorda que se produce unha cesión en uso de toda unha serie de bens dunha importancia excepcional: castelo de s. Felipe, o arsenal civil da Cabana, o parque temático do centro de Prioriño Chico, o reduto de s. Xoán, o baluare de Canido, Foxo e as alamedas contiguas ao Arsenal, espazos cáseque todos de titularidade municipal; asemade se encomendan ao Padroado as responsabilidades de coordinación e supervisión no centro Torrente Ballester e no teatro Jofre. A nosa organización quere indicar que as competencias de xestión son tan amplias como para comprometer a capacidade de decisión sobre un conxunto de espazos que son fundamentais para a vida cultural e social da cidade. Mais cando ao longo desta lexislatura se teñen producido episodios de evidente descoordinación na programación eutilizaicón destes espazos.
A nosa organización vai presentar neste vindeiro mes unha batería de alegacións para clarificar os necesarios mecanismos de control público sobre as competencias e o patrimonio e recursos a xestionar pola fundación.
O Proxecto de Urbanización do polígono do Bertón leva máis dun mes agardando polo visto bó do Concello de Ferrol, último trámite necesario antes da posta en marcha deste polígono, que supón unha bolsa de 1.300 vivendas protexida (de promoción pública e privada).
Esta iniciativa é estratéxica polo seu tamaño (1.300 vivendas, máis do dobre do que se constrúe no municipio de Ferrol cada ano), pola súa centralidade na área urbana (entre o polígono terciario e comercial da Gándara e o acceso das Pías), e polo seu carácter de vivenda protexida. É fundamental para mellorar o acceso á vivenda digna dos ferroláns (e tamén, polo tanto, para rachar coa sangría demográfica que nos fai perder máis de 500 habitantes cada ano, que marchan en boa parte a Narón, que pode ofrecer prezos como o Bertón pero non a mesma calidade urbana e centralidade.
Pero por si fora pouco o desenvolvemento do polígono do Bertón suporía obter dotacións moi importantes, que permitirían a deslocalización dos Xulgados (mellorando significativamente unha situación que, na situación actual da Rúa Coruña é insostible, e liberando unha parcela municipal de 1400 m2 no centro da cidade) ou facer a terceira piscina pública municipal de Ferrol, que prestaría servizo ao propio barrio do Bertón e tamén ao de Ultramar.
Fíxose un grande esforzo, aportado polos impostos de moitos galegos e galegas, para adquirir os 165.000 m2 do Bertón. Esforzo que agora este Concello despreza dilatando a tramitación do proxecto de urbanización.
Podemos falar do Bertón, pero tamén do Plan Parcial de Santa Mariña, de 1160 vivendas, a metade delas protexidas, documento de iniciativa da mesma Consellería de Vivenda que durme nun caixon municipal dende o ano 2003 agardando a que outros o resuciten.
O concello de Ferrol, sen embargo, fai grandes esforzos na tramitación do planeamento de iniciativa privada (O Vinculeiro, Menáncaro e O Boial), sectores todos eles que, descolgados da trama urbana da cidade, representan un modelo urbanístico depredador co territorio (baixas densidades, necesidade do vehículo privado para os desprazamentos, destrucción de espacios de interese ambiental…), elitista (pouca ou ningunha vivenda protexida, vivendas para ricos…) ao tempo que non aportan nada á estructura urbana da cidade. Aquí sí que hai interese, prisa e axilidade administrativa.
Como hai interese en desprenderse dos aproveitamentos lucrativos que obrigatoriamente as promotoras teñen que ceder ao Concello para que este constrúa vivenda protexida (Finca Bruquetas e Fenya, por exemplo) e este Goberno Municipal, sistemáticamente, renuncia a materializar, vendendo eses dereitos ás promotoras para que estas constrúan no centro da cidade máis pisos de luxo. Pisos que, por certo, nunha cidade cun 24% de paro, nadie necesita.
Hai que denunciar este modelo, que ademáis de privatizar os espazos públicos (Praza de España, Sartaña, Recimil…), unha vez máis ponse aos pes da iniciativa privada, obviando o dereito a unha vivenda digna ao que tamén, sr Juncal, os ferroláns e ferrolanas teñen recoñecido nesa Constitución tan estupenda e que tanto lle gusta citar ao PP.
En ligazón co que se dicía no manifesto elaborado pola nosa forza política, Esquerda Unida-IU desexa
informar que o vindeiro 9 de marzo imos desenvolver unha actividade pública no Centro Cívico de Caranza, que incluirá unha obra teatral, Virxes de cera do director Luis Ramos, na que se abordan as ilusións de tres mulleres que se atopan nun clube de alterne. A nosa organización tamén participará na mesa redonda que organizada AA.VV. S. Xoán de Filgueira terá lugar o venres, 9 de marzo; en representación de EU-IU participará a compañeira Mercedes Salvatierra, licenciada en Historia.
Esquerda Unida quere denunciar a persistencia dunha realidade de durísima explotación laboral que abrangue a meirande parte das mulleres traballadoras.
Unhas taxas de desemprego feminino superiores á media, as baixas taxas de actividade, unha discriminación salarial que supoñe que as mulleres non reciben o mesmo salario a pesares de realizar igual traballo que os seus compañeiros, e unha situación inaceptable no que atinxe as taxas de temporalidade moi por riba das masculinas, xa ésta dramáticamante elevadas; cómpre non esquencer que as mulleres traballadoras inmigrantes adoitan padecer unha sobreexplotación a causa da inseguridade xurídica na que en moitos casos se atopan por unha lei de estranxeiría construída para producir situacións de irregularidade. Sistemática , pois, de violencia material que pesa sobre a metade da poboación do país, que urxe mudar con outra lexislación laboral e a potenciación da inspección de traballo para previr que recuperen e potencien a función tuitiva, protectora, das traballadoras.
A lei integral contra a violencia de xénero que xa tiña unha ambición cativa no que afecta a concepción integral de combate contra a violencia, padece un problema engadido, a seber, a falta de recursos económicos adicados a desenvolvela. No que vai de ano van 14 mulleres mortas a causa das agresións de xénero, que matan mulleres, pero nos firen a todos. O ano que rematou – 2006 – coñeceu da morte de 68 mulleres a mans de homes, e acadaron as 60.000 as denuncias por violencia de xénero. Demandamos a elaboración de planos integrais que abranguen todos os aspectos e as necesidades das mulleres que sofren violencia de xénero, empregando os recursos económicos e humanos necesarios para deter un regueiro de sangue que unha sociedade como a nosa non pode contemplar impasible, sen risco de compartir a moralidade execrable da indiferencia.
Para EU-IU é necesario modificar – que abre a porta a entregar un amplo sector deste ámbito ao negocio privado – a lei da dependencia, para evitar que deixe ás mulleres no rol de coidadoras, baixo a fórmula dun soldo.
Esquerda Unida entende que a lei da igualdade deixa cáseque todo ao albur da negociación colectiva, o cal xera riscos que nos obriga sermos críticos neste aspecto.
Constatamos e temos que denunciar a falla de políticas para as mulleres que padecen a indigna violencia da prostitución, rexeitando as políticas que tenden a considerar esta modalidade de violencia de xénero como unha mera actividade laboral.
Falla vontade política – ou sobre medo as presións da reacción e da xerarquía eclesial – para sacar do caixón, onde durme o soño dos xustos, unha reforma da lei do aborto, unha lei de prazos que garanta un dereito da muller, como ven de lograr hai nada a sociedade portuguesa.
En suma, hai moitos campos para traballar a prol da igualdade. ESQUERDA UNIDA-IU anima a participar a todos os homes e mulleres nas actividades reivindicativas arredor do 8 de marzo, nun compromiso de dignidade para transformar a sociedade e construíla en igualdade.
A primeira hora da tarde, e alertados polos veciños da zona, a concelleira de EU-IU , Yolanda Díaz e máis o secretario de organización local de EU-IU, Javier Galán ( números 1 e 2 da candidatura municipal de EU-IU respectivamente, efectuaron unha visita á zona afectada, sita na AEI 19 de A Cabana. @s veci@s se puxeran en contacto connosco ao detectar ao mediodía unha mancha blanquecina no mar , estando a marea baixa.
Personados no lugar, Yolanda Díaz e Javier Galán constataron como o avance das obras tiña alterado de xeito agresivo a morfoloxía anterior da zona e en especial poideron observar como a balsa de decantación da obra estaba colmada, co conseguinte perigo de que materiais contaminantes chegasen ao mar. Á fala cos habitantes da zona, éstes relataron a sospeita de que estiveran as obras a provocar residuos que serían verquidos ao mar, vulnerando as medidas de protección que teñen que acompañar as obras que se están a producir na zona aproveitando a reforma do Plan especial de reforma interior AEI 19 de A Cabana.
Lembrar que a nosa organización xa presentara un escrito de alegación en abril de 2004, no cal avanzaba toda unha serie observacións críticas co mesmo Plan Especial de Reforma Interior AEI 19: sen ánimo de exhaustividade suliñábamos a innecesariedade da redacción dun PERI ao atopármonos cun solo urbano non consolidado, e que a posible mellora dum PXOM por medio do devandito PERI requiere dunhas condicións que non concurren ou son vulneradas neste caso; alertabamos da desaparición dun camiño público que formaba parte do acervo cultural do entorno e da agresión aun regato que transcorre dentro dos límites da superficie afectada e da necesidade de efectuar un notable desmonte ; o PERI introducía tamén unha tipoloxía de vivenda colectiva que reduce o nivel de esixencia contemplado no PXOM, etc.,...
ESQUERDA UNIDA-IU chama as autoridades locais a extremar a vixilancia para evitar – e no seu caso punir – os verquidos que se poidan estar a producir. A nosa organizacón levará de inmediato este posible verquido e a situación das obras en relación a posible contaminación ( v. gr.,como a inseguridade dunha balsa colmatada ) a comisión de medio ambiente do concello de Ferrol.
Exisimos do alcalde unha actuación que prevenga outras crecidas e máis unha interlocución reivindicativa coas outras administracións competentes.
ESQUERDA UNIDA-IU quere denunciar ao alcalde de Ferrol, que no día de hoxe incumpriu os seus compromisos, - por outra banda de mínimos - cos veciñ@s de Os Corrais dándolles plantón no propio Concello. Unha representación dos veciños afectados polas inundacións de Os Corrais tiña hoxe unha xuntanza co alcalde Ferrol, e máis os resposables da Autoridade Portuaria e da Confederación hidrográfica.
Os veciños e veciñas xa presentaron as alegacións pertinentes tralas inundacións, as cales restan sen resposta dende o 23 de novembro, nun exercicio de desinterese do alcalde que é merecente de nosa máis duro xuízo, por canto a urxencia das situacións d@s afectad@s demanda das autoridades públicas unha resposta á altura da urxencia na que se atopan @s veciñ@s.
O Alcalde ten que deixar de estar tan atento aos eventos que acaecen fora da cidade e exercer a súa función de xeito preferente para cos seus veciños. No cabe fuxir dos problemas da cidade que non acerta a arranxar, por exemplo a limpeza dun río para prevenir os desbordamentos e así non lesionar os bens dos veciñ@s que sí pagan os seus impostos. A situación así o esixe: baixos das vivendas anegados, alegacións sen respostar, desinterese do alcalde para mediar coas outras administracións competentes para axudar aos veciñ@s afectad@s... O catálogo empeza a ser serio dabondo cómo para esixir do alcalde unha rectificación da súa neglixencia e desinterese. ESQUERDA UNIDA-IU demanda do alcalde un cambio de actitude , para facer do concello un elemento activo que axude a superar a situación de desamparo d@s veciñ@s.
Para a nosa organización é indispensable que o alcalde achegue un planeamento técnico que contribúa a evitar as crecidas; e faga un papel de reivindicador para con as outras administracións implicadas, poñéndose deste xeito de parte dos veciñ@os, que son os que non teñen responsabilidade nas obras do porto exterior.
ESQUERDA UNIDA-IU quere felicitar aos veciñ@s de Ferrol polo exemplar exercicio de civismo que o domingo protagonizaron ao participar na manifestación que discurriu até a Praza de Armas. Nen unha meteoroloxía adversa botou atrás á cidadanía á hora de demandar o respecto pola legalidade urbanística, que o goberno local teima en ignorar. Non cabe calificar senón de positiva esta nova mobilización cidadá.
Para nós resulta fundamental despexar calquer dúbida ao respecto sobre o futuro da Praza de España: esta ten que ser un espazo público, un ámbito de encontro do pobo ferrolán, o cal ten dereito a disfrutar dunha cidade relacional, pública, de encontro, non privatizada nos seus espazos e, xa que logo, opoñémonos a calquer transacción no que atinxe a edificar nese ámbito; nin de máis alturas nin de menos, EU-IU rexeita calquer edificio na praza de España. Nin ilegal como é agora o edificio proxectado, nin legal - con artimañas, cambiando ao planeamento vixente para salvar á cara aos que nos gobernan - , a nosa oposición é rotunda e sen ambiguedades.
O edificio ao noso parecer é absolutamente innecesario, por canto nós apostamos por evitar nun espazo público da relevancia da Praza de España a prevalencia de espúrios usos privados.
A pesares de silenzos ominosos e do flagrantes imcumprimentos do máis elemental código deontolóxico, ESQUERDA UNIDA-IU quere afirmar o seu compromiso e a súa participación neste amplísimo movemento cidadá, que agrupa a unha treintena de organizacións sociais de toda caste. A nosa organización é unha das convocantes da xeira de mobilizacións que está protagonizar a nosa cidadanía. Estabamos onte como estaremos mañán, estaremos sempre da parte dos intereres públicos e populares, lle doa a quen lle doa, pois o que é verdade o é, dígao Agamenón ou o seu porqueiro.
Queremos lembrar a cidadanía de Ferrol que non é certo que todas as forzas políticas sexan responsables deste atropelo urbanístico que estamos a a padecer. Cando iniciouse o proceso de reforma da Praza, o goberno de entón estaba formado polo PSOE e o BNG, e non por EU-IU. Non vale dicir, pois , que todos os gatos son pardos: ESQUERDA UNIDA-IU resulta ser a única forza non implicada neste desfeita urbanística.
Para rematar, reiterar o noso compromiso con todas e todos os que van seguir a traballar para ter unha praza de tod@s, sen edificios de ningún tipo de altura, un praza pública, aberta, cidadá.
O vindeiro luns, 5 de marzo, no hotel Barceló-Almirante, ás 21:00 horas a candidata á alcaldía de Ferrol por ESQUERDA UNIDA-IU, Yolanda Díaz intervirá nun acto público organizado co obxecto de expoñer as liñas básicas do programa electoral . O remate do acto terá lugar unha cea.
EU-IU, movemento político e social, supón un xeito novedoso de se organizar para desenvolver políticas programáticas que sexan quen de impugnar a fórmula usual de facer política, a consistente en pouco máis que conformarse coa a mera xestión do que hai misturado con disputas e sologanes vacíos de contido. As áreas de elaboración colectiva e o compromiso programático constitúen sinais centrais deste outro xeito de facer política, de facer posible un cambio real.
Dacordo a unha concepción da praxe política profundamente transformadora, EU-IU entende que é indispensable asociar a participación no goberno da cousa pública á sociedade civil organizada, para constituir unha trama mallada e forte capaz de impulsar as indispensables transformacións sociais, que permitan a nosa sociedade, a nosa cidade avanzar carón a igualdade e a liberdade.
A voceira e primeira candidata de ESQUERDA UNIDA-IU á alcaldía de Ferrol, Yolanda Díaz, vai presentar mañán sábado, ás 12:00 na galería Sargadelos a última obra do profesor, do galego egrexio, Xesús Alonso Montero.
Unha presentación especial porque é unha obra infrecuente, que se adica a estudiar con agarimo e rigorosidade unha historia esquencida ou ignorada dende os poderes oficiais, dispostos a crer que os avances conqueridos ao longo do século XX polo conxunto do pobo caeron do ceo. E neste libro recóllense nunha escolma as semblanzas dalgúns dos protagonistas, dos verdadeiros parteiros dos dereitos económicos e sociais, políticos e civís que hoxe informan a normalidade de todos nós, aínda que o capital tente a tódalas horas, todos os días arrincárnoslos, dalgúns dos mellores na súa tenacidade para a loita social e o traballo cotián, colosos morais e políticos como Julio Aneiros, Paco Balón, Paco Filgueiras...
Este libro amosa o froito esperanzador que recorreu o século en Galicia, no noso país, da man da alianza das forzas do traballo e da cultura. Porque este país non o sería sen as achegas lúcidas e comprometidas de intelectuais como Xaime Quessada, Isaac Díaz Pardo, Antonio Tovar, Mercedes Ruibal, et alia; a listaxe desbordaría os angostos límites dunha nota de prensa.
E non ha resultar froito do azar e sí da causalidade que o autor, repare nunha voz apaixoada e reflexiva , como a de Yolanda Díaz para dar conta dun suceso intelectualmente tan fecundo e tan infrecuente. O traballo desta organización, dsa muller que lle presta voz, enlaza de cheo con ese protagonista colectivo do século que é o marxismo revolucionario, esa exposta atalaia política e moral á que só suben @s mellores.
ESQUERDA UNIDA-IU vén de propoñer na Comisión de medio ambiente que perante a nova confección da ordenanza reguladora de actividades nos montes e espacios forestais, o novo texto sexa acordado contando co parecer das asociacións do rural.
Para a nosa organización é un eixo fundamental da praxe política contar coa participación activa e reivindicativa do tecido social crítico da cidade. No caso que nos ocupa, parece non só razoable, senón indispensable e democrático contar co coñecemento das asociacións do rural, voces autorizadas que coñecendo in extenso a cuestión poden achegar melloras e suxerencias que enriquezan o texto a elaborar. @S VECIÑ@S do rural son cidadáns e cidadás que pagan os seus impostos como todos e teñen que ter os mesmos dereitos; non pode ser esta deixadez do concello no que atinxe a conservación do rural, con cauces de ríos sen limpar, as cunetas suxas, etc..,
Hai que lembrar que a ordenanza aínda en vigor foi aprobada dese xeito, escoitando as asociacións do rural, nun proceso de diálogo para chegar a posicións compartidas, proceso no que os poderes público teñen que ser extraordinariamente receptivos.
Subliñar tamén que cómpre establecer con celeridade mecanismos de actuación que superen o abandono e a falla de limpeza e destrozos que a actividade descoidada dos maderistas – grandes empresas só atentas aos beneficios a curto prazo - infrixe na zona rural, a cal, non hai que esquencelo, posúe un enorme potencial económico, que constitúe a silvicultura como un sector cun grande potencial de desenvolvemento. Reiterar que a ordenanza en vigor contempla a sanción destas actuacións e denunciar a pasividade do concello para velar pola legalidade que ten que salvagardar o noso medio físico.
Tanto no concello de Ferrol cono no Parlamento do Estado imos soster unha posición nidia e coherente de esquerdas: non aos intentos sempre reiterados de privatizar un dos eixos fundamentais de emprego e creación de riqueza social como son estaleiros de Navantia. O noso voto afirmativo foi, é e vai ser polo noso sector naval público.
Hai que lembrar que dende os anos da reconversión naval dos oitenta baixo gobernos de Felipe González até os acordos de 2004 co goberno de Aznar, EU-IU ven defendendo que é posible manter e desenvolver un sector naval público, xerador de alto valor engadido, xerador de coñecemento e de emprego estable e con dereitos, en suma, da riqueza social que ningunha outra como a planificación pública pode entregar. Tanto entón como hoxe o PSOE e PP definiron un escenario contrario: reducción e precarización do emprego e da propia capacidade de producción; como recoñecen os informes da SEPI tales foron as directrices marcadas.
EU-IU comparte unha análise de fondo que recollen os documentos dos sindicatos de clase : que os estaleiros de Ferrol e Fene acumulan coñecemento e experiencia dabondo para dar unha axeitada resposta industrial as demandas sobre construcción naval civil hogaño en auxe.
Só un apriorismo ideolóxico sostido con cerrilidade pode explicar a desfeita do sector naval público dende os anos oitenta até agora. En realidade trátase de rachar a concentración de traballador@s con coñecemento, experiencia e consciencia de clase, orgullosos dos seus oficios e sabedores dos seus dereitos. A responsabilidade deste novo-vello ataque o que resta do sector público naval da nosa bisbarra ten responsables políticos : ora o PSOE, ora o PP; entrámbolos dous teñense adicado a desguazar unha peza industrial fundamental para o futuro de Ferrolterra.
Cómpre sinalar tamén que a este xogo de enganos, de facer o contrario de que se dí, súmase un BNG que non ten reparo en defender a privatización dos nosos estaleiros. O conselleiro de industria Fernando Blanco parece ter caído do cabalo camiño esta vez non de Damasco e sí da consellería e de Bruxelas, por canto defende hoxe o que criticaba antaño na oposición. Por canto a proposta de Barreras non deixa lugar a engano, a pouco que se lea: o grao de externalización de actividades sera máximo. Nós compartimos co sindicalismo de clase que a construcción naval pública galega xa fixo sacrificios dabondo, que non cabe outro máis.
Toca agora un tempo de avanzar na afortalamento e consolidación dunha Navantia pública, capaz de construir encargos civís, e que supoña unha fonte de emprego estable e con dereitos, xeradora de riqueza social na bisbarra.
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere emprazar ao alcalde de Ferrol a involucrarse de xeito activo e reivindicativo para solventar a problemática das confrarías de mariscadores de Ferrol e Barallobre. Demandamos do alcalde que emprege alomenos ao mesmo tempo e entusiasmo a esta problemática que o que adica a temas como o porto exterior ou a privatización de Navantia Fene, ámbitos de competencia estatal.
EU-IU coñecedora de que a cuestión d@s mariscador@s é de responsabilidade autonómica, lembra ao alcalde a necesidade de poñerse ao fronte das xustas reivindicacións que achegan as confrarías, as cales supoñen a condición material de vida de cincocentas familias de esta terra, esto é, un sector estratéxico fundamental da actividade produtiva primaria, e un sistema produtivo sustentable.
Nós demandamos que se cumpra estrictamente a lexislación europea a prol do interese xeral que é a salvagarda ambiental das rías. A ría de Ferrol - clasificada como zona C - precisa dunha actuación rigurosa que permita a súa rexeneración, con novos sustratos, sembras, e máis evitar novos ataques entre outras; urxe asemade un sistema de vixiancia de vintecatro horas que prevenga a rapacidade dos furtivos.
A nosa organización insta a que se cumpra o acordo que a consellería de pesca acordou c@s mariscador@s, que supón abonarlles os salarios aos traballador@s e negociar un plano de traballo até final de ano. Dende Esquerda Unida- IU aproveitamos para denunciar a actuación inconcebible dunha consellería que chega a acordos verbais; a seriedade que debe informar a actuación das administracións públicas esixe que os acordos se fagan por escrito para evitar xogar coas condicións de vida d@s traballador@s.
Demandamos, xa que logo, unha intervención das administracións públicas, autonómica e local, urxente; urxencia congruente cunha problemática que afecta o medio de vida d@s traballador@s marisqueir@s.
Ante as últimas noticias en relación co pronunciamento da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia sobre a construcción dun edificio na Praza de España, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere, por medio deste comunicado, manifestar:
Que saúda o pronunciamento que obriga ao Concello de Ferrol a paralizar as obras, se ben lamenta que trantándose dunha resolución tan grave se lle dea ao Concello de Ferrol tres meses para ejecutar o mandato do organismo autonómico e de que este debería terse producido con antelación.
Que da nova situación creada os responsables do grupo de Goberno PP-IF deben dar unha explicación á cidadanía que durante todo este tempo lle estivo a lembrar da ilegalidade das obras e do porqué do seu empecinamento que levou á situación ao estado actual. Cidadanía que foi ignorada, no mellor dos casos, durante todo este tempo polo Grupo de Goberno co Alcalde á cabeza.
Agora correspóndelle ao Sr. Alcalde mover ficha e paralizar con carácter inmediato as obras de construcción do macroedificio da Praza de España e buscar unha solución coa Empresa adxudicataria, solución que xa foi adiantada por esta formación política, que non entrañe pérdida de dereitos e que supoñan un mayor rendimento social.
Ademais, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que apoia, convoca e participará na manifestación que baixo o lema “En defensa dos espazos públicos, non ao edificio da Praza de España” que terá lugar o domingo 4 de marzo, e quere, a travès deste comunicado, animar á participación da cidadanía a amosar o seu rexeitamento á construcción dun edificio de 21 metros de altura no medio dunha Praza pública.
Ferrol, a 27 de febreiro de 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que mañán, día 27 de febreiro, ás 10 horas unha representación desta formación política encabezada pola Candidata á Alcaldía e actual Voceira Municipal, Yolanda Díaz, manterá un encontro co Xuíz Decano, D. Alejandro Morán Llordén, nas dependenciais xudiciais.
O dito encontro obedece á solicitude realizada polo propio Decanato dos Xulgados de Ferrol e ten como fin o de tratar as necesidades do actual Pazo de Xustiza e procurar solucións que permitan dar un servizo de calidade aos usuarios do mesmo e aos profesionais que desenvolven alí as súas tarefas.
Ferrol, 26 de febreiro de 2007
Ante as noticias aparecidas esta fin de semana en relación cos vínculos do Primeiro Tenente de Alcalde, Juan Fernández, coa promoción dunha urbanización na zona de Menáncaro (Serantes), Esquerda Unida-IU de Ferrol considera necesario que o Alcalde de Ferrol debe tomar cartas no asunto e apartar das súas responsabilidades de goberno ao Tenente de Alcalde e Voceiro de IF, en tanto non sexan clarificadas estas relacións.
Como se lembrará as ditas noticias relacionan xan non só ao Tenente de Alcalde coa promoción da urbanización senón que van máis alá ao existir un compromiso, segundo estes medios, coa modificación dun vial. Se isto é así, non estamos a falar dunha cuestión totalmente lícita, a de que un cargo público venda o seu patrimonio, senón da utilización do seu cargo para posibilitar ou facilitar os intereses dunha empresa sobre os públicos. Polo que procede abrir unha investigación por parte da Fiscalía para determinar se o procedemento e os vínculos do Sr. Fernández coa promoción están axustados á legalidade ou non.
Para Esquerda Unida-IU de Ferrol por transparencia democrática e para evitar comentarios, infundios ou males maiores, o Alcalde de Ferrol do mesmo modo que quitou as competencias de goberno a outro membro desta formación política, ao anterior Concelleiro de Urbanismo, debe actuar con urxencia e proceder a retirarlle ao Tenente de Alcalde as competencias de goberno en tanto non se clarifique a actuación e intervención do Sr. Fernández na urbanización de Menáncaro.
Esquerda Unida-IU de Ferrol considera que de facerse a urbanización de Menáncaro estaríamos ante un atentado a unha das escasas fragas existentes no noso Concello, como o ven demostrando nas súa participación nos distintos actos de carácter reivindicativo convocados. Ademais queremos salientar, por un lado, a incongruencia da modificación puntual do PXOM coa proposta de inclusión no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia e, por outro, que a calificación actual do solo que posibilitaría, de cumprir todos os requisitos legais, propúxose e aprobouse durante o anterior mandato BNG-PSdG-PSOE.
O que está claro, segundo a documentación que obra no expediente sobre a modificación puntual para a promoción de 69 chalés de luxo e un hotel, é que conta con informes negativos da Xunta de Galicia e, polo tanto, na nosa opinión non cabe acudir ao silencio administrativo para aprobar a dita modificación pois a figura do silencio non pode amparar actuacións irregulares.
Así pois, esixímoslle ao Alcalde de Ferrol que tome cartas no asunto apartando do goberno ao Primeiro Tenente de Alcalde, en tanto non se clarifique a situación, e instando á Fiscalía a que proceda á apertura dunha investigación para depurar, no caso de existir, as responsabilidades penais que houbera.
Ferrol, 26 de febreiro de 2007
DIARIO DE FERROL.-A candidata de EU-IU á Alcaldía, Yolanda Díaz, asegurou onte que a súa intención pasa por garantir un goberno de esquerdas tralas eleccións do 27 de maio e, neste sentido, anunciou que pactará, chegado o caso, co PSOE e o BNG. Díaz, que afirmou que "Esquerda Unida foi a única realmente útil para a cidadanía", destacou o traballo do seu grupo non só no ámbito institucional senón tamén "na defensa dous colectivos que non teñen voz neste mandato, pechada pola mala xestión do PP".
A candidata, que indicou que "hai decepción na esquerda" e que "a xente espera o que vai facer Esquerda Unida", afirmou que a coherencia vai ser o sinal de identidade da súa organización, defendendo no goberno todas aquelas cuestións nas que o fixo na oposición e rexeitando aqueloutras, como a construcción de campos de golf, da plataforma loxística en Cha de Brión ou a planta de gas en Mugardos, ás que tamén o fixo nestes anos.
Por outra banda, Yolanda Díaz afirmou que Esquerda Unida non só ten "unha chea de propostas", senón que "é a única que a pesar dous desastres e ilegalidades nos que nos meteu ou goberno local ten a conciencia e a confianza de que vos imos resolver". En concreto, a cabeza de lista de EU-IU referiuse ás obras da praza de España -Díaz dixo que Esquerda Unida foi a primeira forza política que denunciou a presunta ilegalidade dos traballos e avogou por chegar a un acordo coa concesionaria para non construír o macroedificio en execución-, o plan de sectorización de Menáncaro ou o convenio co Ministerio de Defensa.
Candidatura > En canto á candidatura coa que concorrerá EU ás eleccións, a cabeza de lista asegurou que en datas próximas presentarase a un equipo "non só magnífico para defender as ideas de Esquerda Unida, senón cualificado" para levar a cabo os cambios polos que avoga esta formación. "Somos vos máis útiles e o seremos máis cando adquiramos a cota de poder que merecemos", concluíu Díaz.
Aínda que non adiantou o contido da candidatura, si avanzou que o ata agora edil Fernando Miramontes irá, "como a xente de relevancia", pechando a lista. Sobre este histórico comunista, Yolanda Díaz destacou a súa traxectoria e confiou en que o Concello dedíquelle unha rúa.
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que o próximo día 23 de febreiro, venres, ás 20:00 horas presentará no Hotel Barceló-Almirante de Ferrol (R/ María 2) a Yolanda Díaz Pérez como candidata á Alcaldía do Concello de Ferrol.
Este importante acto da nosa organización contará coa presenza e intervención de Gaspar Llamazares Trigo, Coordinador General de Izquierda Unida Federal
Previamente, ás 18:00 horas, e no mesmo lugar o Coordinador General de Izquierda Unida realizará unha rolda de prensa dirixida aos medios.
Esperando contar coa vosa presenza,
Ferrol, 19 de febreiro de 2007
Como se lembrará o pasado venres día 16 membros de Esquerda Unida-IU de Ferrol, entre os que se atopaba a candidata á Alcaldía de Ferrol, Yolanda Díaz Pérez, acudiron a visitar aos veciños acampados na zona dos Corrais e coñecer “in situ” as súas demandas e danos sofridos tras o último desbordamento do río.
Unha vez alí a delegación desta formación política puido comprobar como moitos dos veciños e veciñas quedaron sen enseres como consecuencia da entrada masiva de auga nas súas propiedades, como moitos deles teñen inutilizadas as partes baixas das súas casas e teñen que facer a súa vida persoal e familiar nas partes altas das casas dado o estado no que quedaron as súas vivendas. Pero estas non son as únicas perdas ou danos sofridas pola veciñanza, tamén puidose comprobar como a situación está a afectar ao estado anímico do colectivo e das persoas que o integran.
No día de hoxe, o Grupo municipal de Esquerda Unida-IU, asinado pola candidata a Alcaldía e Voceira municipal, Yolanda Díaz, presentou un escrito dirixido ao Alcalde de Ferrol para que na súa responsabilidade de Alcalde de Ferrol, como máximo representante dos veciños e veciñas do Concello, proceda a iniciar os trámites para formar unha mesa integrada por representantes dos veciños e das veciñas dos Corrais (Serantes), polos responsables da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, da Xunta de Galicia e/ou daquelas administracións ou organismos con competencias no asunto co fin de solucionar definitivamente os problemas que periodicamente ven padecendo a veciñanza dos Corrais (Serantes) polas inundacións do dito río, así como dos danos e perdas producidas tras a última inundación.
Para Esquerda Unida-IU de Ferrol a actitude mostrada polo Alcalde Ferrol ata o momento neste asunto denota por un lado a súa ineficacia e irresponsabilidade e, por outra, a súa insensibilidade cara este colectivo.
Ineficacia e irresponsabilidade porque como máximo representante dos veciños e veciñas tiña que ter actuado xa, no sentido que se lle indica no escrito presentado polo noso Grupo Municipal, e esixir con firmeza unha solución aos problemas da veciñanza dos Corrais. Un Alcalde ten que ser o primeiro dos veciños e das veciñas en reivindicar a solución aos problemas destes e destas. Na nosa opinión, non é excusa lavarse as mans como fixo ata agora e dicir que non é competencia do Concello e ao igual que reivindica, incluso con cartos de todos e todas por medio de propaganda, determinadas infraestructuras necesarias para a nosa cidade, debe levantar o teléfono e iniciar as xestións oportunas para defender aos veciños e veciñas de Ferrol poñéndose á cabeza das súas demandas.
Así pois, dende Esquerda Unida-IU de Ferrol solicitámoslle ao Sr. Alcalde que dunha vez dea os pasos pertinentes para solucionar o problema creado no que existen varias administracións implicadas e que tome a iniciativa en aras a solucionar as cuestións técnicas para que non se volvan a producir novos anegamentos, para tratar das inquedanzas e dos danos e perdas dos veciños e veciñas dos Corrais. De facelo, esta formación política e os veciños e veciñas da nosa cidade llo agradecerán.
Ferrol, 19 de febreiro de 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol ante a noticia de descatar o proxecto de construcción dunha instalacióndunha explotación de acuícultura na zona de Covas por parte da iniciativa privada quere manifestar o seguinte:
En primeiro lugar, congratularnos da decisión da Xunta de Galicia, manifestada no día de onte polo Voceiro de Pesca do Grupo socialista no Parlamento galego por ser unha decisión que representa a volta á cordura dende un punto de vista do planeamento, a ordenación do territorio e a preservación dos nosos recursos naturais.
En segundo lugar, manifestar que a decisión tómase no mesmo sentido que, no seu día, manifestou Esquerda Unida-IU de Ferrol cando tomou posicionamento en relación ao proxecto. Isto é tomando en consideración que o consumo de solo protexido para a instalación dunha empresa privada é, dende o punto de vista do planeamento, irracional. Máis se lle engadimos o escaso número de postos de traballo que se crearían dado o elevado grao de mecanización destes complexos.
En terceiro lugar, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere esixir ás distintas administracións públicas que non se lancen a lanzar globos sondos a creas expectativas de creación de emprego, nunha zona tan necesitada del, e actúen con seriedade e rigor estudando os distintos aspectos que afectan a todas estas “grandes ideas” e evitando debates estériles entre a cidadanía.
Por último, significar que a zona onde se pretendía localizar a devandita empresa é unha das moitas maravillas naturais que posúe o noso concello, digna de ser preservada e potenciada, polo que pedimos a Adminsitración local, autonómica e estatal un esforzo en aras a protexer, conservar, divulgar e explotar suntentablemente este anaco, apenas urbanizado, da nosa costa.
Ferrol, 15 de febreiro de 2007
Ante a contestación do Señor Alcalde de Ferrol en relación coa pregunta da Candidata á Alcaldía Yolanda Díaz sobre o Edificio de Aduanas e do posterior comunicado de prensa desta formación política, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere manifestar:
Como se lembrará, a xestión encomendada polo Pleno da Corporación municipal ao Grupo de Goberno tiña a súa razón no punto 7 da Moción presentada polo Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU no Concello de Ferrol e aprobada polo Pleno de 27 de xullo de 2006 por unanimidade e no que se acordaba iniciar conversas co Ministerio de Hacienda para conveniar a cesión do edificio de Aduanas.
Agora resulta que o Alcalde xustifica a súa pasividade dicindo que el fixo os deberes pois enviou unha carta a unha responsable do Ministerio para facerlle constar o interese do Concello nese edificio. Isto é, na nosa opinión, a firme evidencia de que o Grupo de Goberno, co Alcalde a cabeza, é absolutamente inoperativo nas cuestións que máis preocupan á veciñanza dos barrios da nosa cidade. Cómo é posible que enviando unha carta en agosto, e non tendo resposta á mesma, o Sr. Alcalde non utilizara outros medios para conseguir o que o Pleno lle está obrigando?.
Para Esquerda Unida-IU a actitude partidista do Alcalde, neste e noutros asuntos, denota que está máis por representar os seus intereses de enfrentamento e de facer oposición dende o cargo institucional que ostenta que na consecución dunha mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas da nosa cidade. Polo tanto, esixímoslle que coa mesma contundencia que se está a expresar noutros asuntos nos que está a enfrentar a institución do Concello con outras administracións se poña a traballar na consecución dun ben que sen dúbida repercutirá na calidade de vida da veciñanza de Ferrol Vello.
Ademais, non queremos deixar de amosar a nosa perplexidade cando indica que el mesmo está a levar as negociacións, mellor dito redactar unha carta, exonerando de responsabilidade ao Concelleiro de Urbanismo. No primeiro comunicado únicamente, e dende esta formación, trasladouse a resposta do Concelleiro de Urbanismo se agora resulta que este non estaba informado do que está facer o Alcalde só podemos dicir que a descoordinación no Grupo de Goberno é absoluta.
Coñecida era a descoordinación de áreas de goberno dependentes de concelleiros do PP e IF, por exemplo Urbanismo e Deportes, pero tras as declaracións do Alcalde se nos faga ver que a descoordinación atópase tamén dentro do mesmo Grupo Municipal do PP. A situación xa non e que roce, e que é esperpéntica. O Alcalde polo seu lado, os Concelleiros do PP por outro, IF ao seu. Agora nos preguntamos cando o Tenente de Alcalde dicía, nun medio de comunicación, o18 xuño de 2005: “En un año están hechos todos los deberes para cambiar Ferrol totalmente”. Se realmente o paso deste Grupo de Goberno cambiou totalmente Ferrol para mellor ou se polo menos fixeron algún dos deberes cando non son capaces sequera de dar cumprimento a un acordo dunha moción e que votaron favorablemente.
Ferrol, 13 de febreiro de 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere por medio deste comunicado denunciar os prexuízos que están a sofrir a veciñanza de Canido, particularmente os da rúa Concepción Arenal popularmente coñecida coma do Hospital polos continuos retrasos da execución da obra.
Como se lembrará a Acta de replanteo, momento dende que se empeza a contar o prazo de execución, foi aprobada o 4 de xullo de 2006. Dende o dito momento a empresa adxudicataria das obras tiña, consonte co Prego, dous meses para rematar as obras. Prazo que evidentemente quedou sobrepasado con creces xa que estas tiñan que estar rematadas, en teoría, o 4 de setembro e, na practica, a 9 de febreiro, isto é, 5 meses despois todavía a rúa continúa levantada e tanto a veciñanza como os usuarios e ususarias da mesma estanse a ver prexudicados.
A situación segundo a información recopilada polo noso Grupo Municipal obedece a que as actuacións da adxudicataria quedan supeditadas aos intereses de EMAFESA e Gas Galicia, fundamentalmente aos da primeira que ven impedindo o traballo da adxudicataria alegando dificultades técnicas e meteorolóxicas para a reposición das canalizacións existentes.
Para Esquerda Unida-IU de Ferrol a situación é esperpéntica, o órgano contratante e encargado de velar polo cumprimento das condicións dos pregos de contratación é o socio maioritario da Empresa que está a impedir o cumprimento dos prazos de execución. E o máis grave tamén é o órgano encargado de garantir unha calidade de vida, e uns servizos dignos para a cidadanía de Ferrol, isto é, o Concello de Ferrol. Concello gobernado en coalición polo PP e IF.
Recentemente escoitamos, de boca do responsable local do PP, que a coalición de goberno PP-IF goza de boa saúde. Nós preguntámonos se esta boa saúde é a consta da saúde e da paciencia da veciñanza de Ferrol, se realmente estas declaracións foron feitas coa a análise previa que requerían ou se realmente a boa saúde é a das empresas adxudicatarias das distintas obras que se están a realizar en Ferrol cos cartos de todos e todas.
A evidencia, como xa denunciabamos en anteriores ocasións, é clara o Goberno municipal unha vez adxudicada as obras desaparece e pasa a ser un cumpridor dos intereses das empresas considerando aos veciños e veciñas como meros pagadores pero sen ter en conta os prexuízos causados e os resultados finais das obras nas rúas.
Así pois, esixímoslle ao Sr. Alcalde que poña cordura na situación, que amose sensibilidade aos continuos prexuízos polos retrasos que están, e estamos, a sofrir os veciños e veciñas de Ferrol e que están a sobrepasar con creces a marxe de tolerancia que sempre se solicita neste tipo de obras, e exerza, dunha vez, as súas responsabilidades de control dos pregos de condicións e, como non podería ser doutro xeito, sobre o grupo de goberno que preside; que de grupo ten máis ben pouco agás para dar roldas de prensa conxuntas, iso si, tamén para defender os intereses das empresas, que non os da cidadanía.
Esquerda Unida-IU de Ferrol convoca aos medios de comunicación mañán sábado, 10 de febreiro de 2007, ás 12:00 horas na súa Sede de Ferrol (R/ Sol 124-126 entrechán esq.), na que intervirá a Candidata a Alcaldía Yolanda Díaz Pérez e membros da organización de Esquerda Unida-IU de Ferrol para manifestar a súa opinión sobre os últimos acontecementos en relación ao barrio de Recimil.
Ferrol, 9 de febreiro de 2007
Como se lembrará no Pleno de 27 de xullo de 2006 foi aprobado por unanimidade da Corporación, e como punto 7 da moción presentada polo Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU de Ferrol, iniciar conversas co Ministerio de Hacienda para conveniar a cesión do edificio de Aduanas.
Pois ben, transcorrido xa máis de medio ano dende a aprobación do dito acordo, a Voceira municipal e Candidata á Alcaldía por Esquerda Unida-IU, Yolanda Díaz, preguntou na Comisión Informativa de Urbanismo sobre o estado do expediente ou as conversas mantidas para dar cumprimento ao dito acordo cos responsables do Ministerio de Hacienda.
A sorpresa foi maiúscula cando o Presidente da Comisión afirmou que non se fixo ningunha xestión encamiñada a ese fin. Así pois dende Esquerda Unida-IU de Ferrol non podemos deixar de denunciar a inoperancia do Grupo de Goberno que nin sequera é capaz de dar cumprimento o que votan afirmativamente nos Plenos e lamentar que por culpa desta neglixencia a veciñanza de Ferrol Vello non poida dar cumprimento ao desexo de darlle ao edificio un uso social.
Ademais queremos recomendarlle ao Goberno Municipal que ,antes de andar buscando responsabilidades noutras administracións, sexan honestos e responsables e cumpran as responsabilidades que libremente asumiron e para as que foron elexidos. Non sen deixar de recomendarlles que de cando en vez analisen a súa actuación e fagan autocrítica en vez de andar buscando responsables da súa nefasta actuación na oposición municipal.
Ferrol, 8 de febreiro de 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere ante o acontecido hoxe no Pleno de Ferrol en relación coa proposta de aprobación do Proxecto de construcción dun complexo deportivo, ocio e saúde na Praza de Sartaña manifestar o seguinte:
Como se saberá o dito asunto foi retirado, a última hora, da orde do día o debate e aprobación desta cuestión. A razón desta retirada, aínda que o Sr. Alcalde non tivo a deferencia de dar explicación algunha sobre o seu proceder, foi que tiña que resolver expresamente ao Recurso de Reposición que esta formación política presentou o 23 de xuño de 2006 así como do millar de recursos presentados polos veciños, cuestión que onte mesmo denunciabamos.
Pois ben, a pesar das advertencias desta formación política o Sr. Alcalde, que é a persoa que fixa a Orde do día dos Plenos, mantívose na súa contumacia de levar á barbaridade de construir unha infraestructura deste tipo ocupando totalmente unha praza pública. Mais finalmente, e ante a evidencia legal de que con carácter previo a levar esta cuestión ao Pleno procedía resolver o Recurso, finalmente, o dito asunto, foi retirado da Orde do día.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol queremos facer unha crítica profunda ao comportamento do Sr. Alcalde que, situado na súa torre ebúrnea e ata o ultimo momento, non foi quen de retirar previamente a cuestión da orde do día e só porque debe respectar, consonte a Lei, o procedemento administrativo e de non facelo tería as correspondentes consecuencias. E, toda vez que, dado o tempo transcorrido dende a interposición do recurso, que o Sr. Alcalde, como xa denunciamos, dispoñe de forma arbitraria, e interpreta e executa á Lei segundo o seu propio e non fundamentado criterio, facéndoo incluso sen tomar en consideración os criterios dos demais membros da Corporación, aínda que se lle advirta das obrigacións legais que lle son propias como máximo responsable da Administración Local de Ferrol, era clara a súa intención de saltarse o procedemento e de non contestar ao recurso presentado polo noso Grupo Municipal.
Agora, o Sr. Alcalde, e como sucedía con anterioridade, só ten unha alternativa contestar aos recursos presentados e polo tanto obedecer o mandato legal de respostar expresamente o recurso, cuestión que se comprometeu realizar antes da celebración do Pleno e que é evidente que non fixo.
Esquerda Unida-IU non perde a esperanza de que se impoña a cordura e o sentido común, que este retraso na contestación obedeza a que o recurso vai ser estimado e, dada a imperiosa necesidade da cidadanía de contar cunha piscina que solvente ás listas de espera para a práctica da natación, xunto coa proposta de desestimación do proxecto de construcción do Complexo de Sartaña se presente unha nova proposta de para realizar unha piscina pública no novo barrio do Bertón. Todo isto sen deixar de animar ao Sr. Alcalde a que no sucesivo comprenda que está baixo o criterio da Lei como todos e todas.
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere manifestar o seguinte:
Que, como se lembrará, o seu Grupo municipal no Concello de Ferrol presentou, o pasado 23 de xuño de 2006, un Recurso de Reposición, contra o acordo número 11 da Orde do Día do Pleno da Corporación Municipal de Ferrol de data 25 de maio de 2006: “Proposta de adxudicación á Empresa Serviocio do contrato de redacción do proxecto de xestión e explotación dun centro deportivo de ocio e saúde no Barrio de Ultramar”.
Pois ben, dende a dita data e a pesar de ser requerido, incluso por escrito, que foxe dictada a correspondente resolución expresa sobre o mesmo o Sr. Alcalde non se dignou todavía a facelo.
Para Esquerda Unida-IU de Ferrol esta actitude amosa, unha vez máis, o carácter intolerante e a doble vara de medir do PP. Pois non ten a dignidade de contestar a un recurso presentado por un Grupo Municipal da Corporación Municipal que el preside e, doutra banda, el que anda a pedir respecto aos procedementos administrativos e co mesmo argumento, esixímoslle o respecto o procedemento administrativo, e tal como lle foi solicitado por escrito, resolva expresamente sobre o recurso de Esquerda Unida tal e como estipula a Lei.
É evidente que, con esta actuación, o Sr. Alcalde está a demostrar que cando as cousas non lle van ben esixe o cumprimento da legalidade ou utiliza esta no seu beneficio, esquecéndose arbitrariamente que a Lei é para todos e todas, nos dereitos e nas obrigas, e polo tanto consonte a Lei de Procedemento Administrativo esixímoslle que resolva, xa non só, o recurso presentado polo noso Grupo Municipal senón tamén o millar de recursos presentados pola veciñanza. Recurso , todo sexa dito, perfectamente argumentado e incluso acompañados de informes técnicos que veñen demostrar que o acordo recorrido vulnera a legalidade urbanística.
Así pois, dende Esquerda Unida-IU de Ferrol seguimos a considerar que a idea de colocar un centro deportivo nunha praza pública para negocio dunha empresa, que conta coa oposición da veciñanza, e que ten alternativas máis viables é, con todas as letras, unha auténtica barbaridade polo que invitamos ao Grupo de Goberno a reconsiderar o seu proxecto e eviten unha nova usurpación dun espazo público da nosa cidade.
Esquerda Unida-IU de Ferrol ante a noticia aparecida no día de hoxe sobre a proposta de resolución do expediente de infracción urbanística con referencia OT 107A-06/319 do Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, quere manifestar o seguinte:
Esta resolución vén confirmar os criterios xa coñecidos e sostidos por esta formación política e que a levaron a asinar unha moción, xunto co resto da oposición municipal, pedindo a paralización das obras da Praza de España.
Tendo en conta o disposto na mesma e na que se referencia que a decisión de construir un edificio de 21 metros de altura é unha decisión que non se axusta ao PXOM de Ferrol, a actitude mantida polo Grupo de Goberno, particularmente polo Alcalde, só pode ser cualificada de temeraria, toda vez que dita resolución advirte que o acordo aprobatorio “puidera ser constitutivo dun delito sobre a ordenación do territorio” e mesmo lle foi remitida por ese Servizo a copia do informe á Fiscalía para a incorporación ás dilixencias informativas núm. 191/2006.
Así pois, no estado da cuestión só queda esperar pola sinatura definitiva da proposta por parte do Director Xeral, posto que os servizos técnicos emitiron un informe desfavorable sobre a construción do dito edificio.
Esixímoslle ao Sr. Alcalde, ante as graves consecuencias que da súa contumaz actuación podan derivarse, que por unha vez pense na cidadanía de Ferrol, que non merece ter hipotecada unha praza pública cun edificio para usos de oficinas, exerza as súas competencias de velar polo cumprimento da normativa urbanística e paralice as obras do edificio da Pza. de España e evite posibles prexuízos á cidadanía de Ferrol.
Dende Esquerda Unida-IU queremos denunciar os horarios nos que se están a realizar as obras do do túnel da Pza. de España. No día de hoxe estaban a traballar de madrugada con maquinaria pesada nas horas propias de descanso da veciñanza. Resulta incomprensible como unha zona que leva case 5 anos de obras ten que soportar, ademais, os ruídos provocados pola maquinaria xa non só durante o día senón tamén pola noite pola ineficacia do Grupo de Goberno.
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere, por medio deste comunicado, denunciar a utilización electoralista polo PP da propaganda institucional do Concello de Ferrol.
Dun tempo a esta parte estamos a ver como con cartos de todos os ferroláns e de todas as ferrolás dende a Alcaldía de Ferrol se están pagar anuncios de prensa no que se apuntan tantos políticos pola conclusión de obras ou se fan reivindicacións para a realización de determinadas infraestruturas.
Dende Esquerda Unida-IU denunciamos con contundencia e esiximos a paralización desta dilapidación de cartos públicos, sobre todo cando do que se trata nesta publicidade “institucional” son infraestruturas alleas á competencia municipal e no que a Administración local é incompetente: 2ª Fase Porto Exterior, Polígono Mandiá-Leixa ou a Autovía Ferrol-Vilalba por exemplo.
Doutra parte, e neste contexto, queremos facerlle unha solicitude ao Alcalde que se preocupe e volque os seus esforzos no que realmente é da súa competencia e de interese da cidadanía: o remate e vixianza das obras das rúas, a conclusión da biblioteca municipal, a participación cidadá, a paralización das obras da Praza de España, o saneamento da zona rural, a conservación e potenciación do noso patrimonio natural, a Axenda 21 local, a Planta de Gas ou cuestións tan sinxelas como o amaño da calefacción do Torrente Ballester.
Ferrol, 30 de xaneiro de 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que no día de hoxe foi presentada unha moción, a través do seu Grupo municipal e asinada pola Candidata á Alcaldía, Yolanda Díaz, para o seu debate e aprobación no próximo Pleno Ordinario para, por un lado, Iniciar os traballos de redacción dun documento de memoria-programa de actuación no barrio de San Pablo.
O fin é avaliar os fondos necesarios e fases de intervención para a completa rehabilitación das súas vivendas, e a completa reurbanización dos seus espazos públicos e para, unha vez rematada a redacción desta memoria-programa, solicitar diante da Consellería de Vivenda a declaración de Área de Rehabilitación Integral para o Barrio de San Pablo.
Con esta moción Esquerda Unida-IU pretende que o Concello de Ferrol promova a rehabilitación da vivenda xa ocupada, sen que isto supoña un grave esforzo para a economía privada e captando axudas públicas. Ademais deste modo evitarase a aparición continuada de vivenda baleira e melloraranse obxectivamente as condicións de vida da xente. A rehabilitación, ademais, permite recuperar vivenda desocupada e reincorporala ao mercado cun esforzo mínimo de inversión e de xestión, o que se perfila como a opción máis sostible e de futuro fronte á produción esaxerada de nova vivenda. (segundo estudos realizados pola entidade financeira Caixa Galicia cada vez unha proporción máis alta das vivendas produto de promocións inmobiliarias queda sen vender).
Para isto, como se indica na exposición de motivos da propia Moción, o Plan de Vivenda 2005-2008 establece por primeira vez axudas para Areas de Rehabilitación Integral de Barrios, fora do que é a cidade histórica, nas que se subvenciona a mellora de condicións de habitabilidade e ornato das vivendas e a reurbanización dos espazos públicos.
Esquerda Unida-IU de Ferrol no día de hoxe solicitou por medio da Candidata á Alcaldía e Voceira do G.M. de Esquerda Unida-IU de Ferrol, Yolanda Díaz, un informe do Secretario Xeral do Concello de Ferrol sobre a concesión administrativa á Empresa ABECONSA do Edificio que se está a realizar na Pza. de España para ver se cumpre a legalidade urbanística vixente.
Solicítase tamén saber se, de consumarse dita concesión, se podería estar diante dunha actividade contra o patrimonio público susceptible de incorrer nalgún tipo de ilegalidade.
En relación con este tema foi presentado un escrito asinado polo Coordinador local de Esquerda Unida-IU de Ferrol, Ignacio Allegue, á Consellería de Política Territorial no que se informa dunha serie de cuestións en relación coa incompatibilidade da Modificación puntual co uso que se lle pretende dar ao Edificio. En concreto, os artigos 88.1, 88.3 e o 118 do PXOM vixente inciden nesta circunstancia.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol consideramos que hai argumentos legais suficientes para que as obras sexan paralizadas, para buscarlle unha alternativaá construcción dun macro–edficio na Praza de España, que como xa anunciamos existe, sen custes para as arcas municipais e con maior aproveitamento social e, polo tanto, esiximos as autoridades municipais e autonómicas a que actúen con responsabilidade e reconduzan a situación consonte á legalidade e ao sentir da cidadanía.
Ante a inexistencia dun ximnasio no IES de Ferrol Vello onde realizar as clases de educación física Esquerda Unida-IU de Ferrol demanda a execución do mesmo.
A situación non é nova xa que segundo informan os membros da ANPA do centro levan 11 anos reclamando que se lle dote ao centro da dita infraestructura, polo demais, imprescindible para a realización das clases de ximnasio. Non se trata dunha mellora senón da construcción dun ximnasio inexistente na actualidade xa que as clases de educación física véñense realizando nun aula do propio centro sen acondicionamento preciso e con alto risco para integridade do alumnado.
Esta situación non é por descoñecento da ción autonómica pois, segundo informa a ANPA, dende xaneiro de 2005, e a pesar de varias solicitudes, o responsable provincial de ensino da Xunta de Galicia non se avén a ter un encontro coa Asociación de Nais e Pais do Centro.
Así pois, e dado que as entrevistas solicitadas foron infructuosas e ante o evidente peche de comunicación co responsable provincial de ensino, dende Esquerda Unida de Ferrol entendemos que o o Sr. Alcalde, como máximo responsable do Concello de Ferrol, e do Responsable de Educación non poden mirar para outro lado ante unha situación que afecta á calidade do ensino do alumnado de Ferrol Vello e, polo tanto, esixímoslles que unánse ás demandas dos pais e nais do alumnado do IES de Ferrol Vello e interesen unha rápida e óptima solución coa Consellería.
Esquerda Unida-IU de Ferrol apoia, convoca e participará na manifestación convocada en defensa dos espazos públicos e en contra da construcción dun macroedificio na Praza de España e anima á cidadanía a participar nela.
Para Esquerda Unida-IU de Ferrol este edificio supón un elemento máis a sumar á desfeita da Praza de España e que foi vendido ante a cidadanía, polo Grupo de Goberno municipal, como solución á mesma e como contraprestación á empresa que realiza o soterramento do enlace da Avenida do Rei e a Avenida de Vigo pola execución desta obra sen custes para o Concello. Nembargantes, na nosa opinión, a construcción deste macroedificio de 21 metros de altura supón, ademais de romper a fisonomía propia da praza, unha usurpación dun espazo público para darlle uns usos privativos; polo tanto, ten un custe social moi elevado que a miopía gubernativa municipal non é capaz de ver e, moito menos, valorar.
O que se nos presenta como a panacea dos males da Praza de España e debido as presas políticas, que non de execución da obra, ten, ademais, apariencia de non respectar os usos do solo urbano para a parcela na que se localiza e así foi denunciado pola Federación Veciñal de Zona Urbana. Polo tanto convén aclarar estos extremos antes de continuar cun edificio que privará por moitos anos a Ferrol do desfrute dunha das súas prazas públicas máis senlleiras.
Por estos motivos, pola enfermiza privatización do solo público por parte da dereita municipal, por un urbanismo para a cidadanía, porque o solo público é de todos e todas e non duns poucos, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere animar a toda a cidadanía a participar na manifestación do próximo día 21 de xaneiro: “Na defensa dos espazos públicos, non ao edificio na Praza de España”.
Esquerda Unida-IU de Ferrol ante as continuas queixas da veciñanza de Mandiá esixe do responsable de Tráfico e ao Alcalde do Concello de Ferrol que fagan cumprir a normativa vixente aos responsables das obras do acceso ao Porto Exterior no seu paso pola parroquia de Mandiá.
A situación está a ter dimensións nas que, incluso, se pon en perigo integridade das propiedades dos veciños polo paso de camións de 35 toneladas nunha estrada que ten o límite máximo permitido en 5 toneladas.
Debemos destacar tamén que, denunciando esta situación, existen varias denuncias formais presentadas ante a Policía Local e numerosas chamadas telefónicas a este departamento alertando do paso frecuente de vehículos de alta tonelaxe pola dita estrada. Polo tanto, o seus responsabeis políticos non descoñecen a situación e a súa desideia está a provocar graves prexuízos á veciñanza e ás súas propiedades.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol igual que denunciamos, no seu día, pola execución das mesmas obras pero nas parroquias de Doniños e Cariño reiteramos que o Goberno Municipal está a mirar cara outro lado cando se trata de solucionar os problemas da veciñanza e, particularmente, dos da zona rural deixandoa a expensas dos intereses do Ministerio de Fomento e das empresas adxudicatarias das súas obras.
Doutra banda, no día de onte esta formación acudiu á invitación realizada pola Asociación de Veciños de Mandiá co fin de manifestar o seu posicionamento sobre o posible Polígono de Mandiá, asesorar e prestar a súa colaboración no que precise á dita Asociación neste tema.
Ante as preguntas por parte da veciñanza de San Pablo-Catabois sobre a realización dunhas obras consistentes no acopio de terra no antigo Campo de Tiro de San Pablo, a Voceira Municipal preguntou hoxe na Comisión Informativa de Urbanismo en que consistían as ditas obras e quen as autorizou. A resposta obtida foi que dende urbanismo non foran autorizadas nin se tiña coñecemento do seu desenvolvemento.
Outras fontes confirmaron que as ditas obras, enmarcadas nunha parcela do Ministerio de Defensa e incluídas no pendente Convenio con Defensa, tiñan como fin a realización dun circuíto de bici-cross e que o responsable das mesmas era o Concelleiro de Deportes.
As ditas obras non foron consensuadas coa asociación de veciños nin con outras entidades do barrio, e por suposto, ao igual que o resto dos grupos municipais, incluído o goberno municipal non foron informados do proxecto nin da execución delas.
A veciñanza do barrio manifestou as súas inquedanzas sobre os posibles distintos usos aos previstos e que poden ser incluso molestos como a utilización do devenadito circuíto sen poñer ningún tipo de control que impida o uso por parte de conductores de motocicletas ou quads.
Así pois dende Esquerda Unida-IU entendemos que a falla de coordinación do grupo de goberno, algo que xa sucedeu en anteriores ocasión e por parte do mesmo responsable, estámonos a referir ao caso de Sartaña, e a falla de información e participación só ten uns únicos prexudicados: a cidadanía de Ferrol incapaz de decidir, suxerir e mesmo informarse polo autoritarismo do Goberno municipal de Ferrol.
En primeiro lugar, sinalar que a zona onde se pretende instalar a dita empresa, que ocupará unha superficie de 390.000 m2 , atópase nun lugar sensible.
É significativo que a anterior Xunta de Galicia recortara a franxa de protección correspondente ao LIC “Costa Ártabra” en 550 metros nesta zona. Denunciamos a nefasta ordenación do solo e a Administración non debe actuar como garante dos intereses empresariais, senón que debe velar polo desfrute dos recursos naturais de todos e todase por un desenvolvemento realmente sustentable.
En segundo lugar, e tamén relacionado coa ordenación, non debemos caer en erros do pasado como sucedeu coas minicentrais hidroeléctricas ou os parques eólicos e lamentar hoxe os seus efectos e ter que revisar as distintas concesións.Polo tanto, dende Esquerda unida-IU consideramos unha temeridade por parte do Goberno da Xunta anunciar este tipo de iniciativas sen rematar, todavía, o Plan de Parques de Tecnoloxía Alimentaria e sen valorar ambientalmente a superficie onde se pensa localizar este enorme complexo industrial.
En terceiro lugar, non debemos cegarnos coa creación de sesenta postos de traballo, senón valorar se compensa alterar un espazo natural virxe, ou non desenservolver outras actividades económicas máis respectuosas co medio.
En cuarto lugar, rexeitamos o argumento de que estas industrias son a solución da sobre pesca dos caladoiros, dende esta formación consideramos que a solución pasa pola recuperación destes e o apoio aos medios de pesca artesanais.
En quinto lugar, queremos denunciar, unha vez máis, a nula información recibida por parte da Alcaldía de Ferrol.
Na actualidade en distintas rúas da nosa cidade se están a executar diversas obras, tales como: Concepción Arenal, Taxonera, Costa de Mella... Todas estas obras que, en principio, son positivas acumulan retrasos máis que considerables e que están a padecer a veciñanza ferrolá.
Para Esquerda Unida-IU de Ferrol o retraso das obras non obedece a causas fortuítas ou de causa maior que puideran xustificar tales retrasos. Non, a razón de tales retrasos obedece exclusivamente á relaxación do Grupo de Goberno desta cidade na vixianza dos prazos de execución das obras por parte das adxudicatarias que frecuentemente subcontratan os seus traballos co obxectivo de obter maiores rendimentos pola realización das obras públicas.
Así pois, dende Esquerda Unida-IU de Ferrol queremos denunciar a desaparición do Goberno Municipal nas funcións que lle son propias. Toda vez que se adxudica o contrato de amaño das rúas a unha empresa determinada e esta adxudicación é “debidamente” publicitada nos medios de comunicación, a partir de aí o Goberno Municipal desaparece e é a empresa quen decide cando e como remata a obra.
Para Esquerda Unida-IU de Ferrol a política municipal non é exclusivamente a adxudicación de obras, a política municipal ten como obxectivo fundamental e exclusivo o de dar unha mellor calidade de vida á cidadanía e para iso as obras públicas deben durar o tempo imprescindible, as empresas adxudicatarias de obras deben cumprir os prazos de execución estipulados nos Pregos de Condicións e o Goberno municipal debe exercer como tal vixiando as obras e sancionando, se fóra preciso, os incumprimentos dos prazos de execución.
Ferrol, 5 de xaneiro de 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol, ante a noticia da interrupción do tránsito no túnel da Praza de España, quere manifestar que:
O deseño do túnel foi xa denunciado pola cidadanía, e mesmo por esta organización, xa antes da súa inauguración e agora coa súa apertura ao tránsito evidencianse as deficiencias do mesmo: altas pendentes de subida e baixada ou deseño curvo do trazado.
Ademais a apertura desta infraestructura, como xa denunciamos en anteriores ocasións, non sirve nin servirá para solucionar o problema do tránsito ao non permitir xiros cara o aparcadoiro nin noutras direcccións.
Con estos antecedentes, hoxe atopámonos con que o tránsito vai ser interrompido, só unha semana despois da súa inauguración, para paliar os defectos desta infraestructura e que están a causar grandes inconvintes, molestias e prexuizos aos usuarios e usuarias do túnel.
Para Esquerda Unida-IU o cúmulo de despropósitos sufridos na Praza de España, dende o propio deseño viario ata a construcción dun edificio ilegal, pasando pola apertura dun túnel deficiente, non ten nome.
Non é excusa para esta organización ampararse na crítica a proxectos pretéritos, errados ou non, porque non estamos no tempo da crítica. Estamos no tempo de dar solucións, e sobre todo de asumir as responsabilidades de goberno.
O que si que quedou en evidencia ao longo deste proceso é, precisamente iso, a falta de capacidade en aportar solucións do grupo de goberno. Solucións, ademais, a problemas denunciados pola veciñanza polo que denota tamén a escasa permeabilidade e a desidia dos responsables de goberno incapaces de escoitar as demandas da cidadanía e de actuar con eficacia durante estes xa case catro anos de goberno da dereita. Ferrol, 4 de xaneiro de 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol presentou no día de hoxe un escrito dirixido á Consellería de Vivenda e Solo no que se solicita, en relación ca constcucción do macroedificio da Pza. de España que, por parte desta, requira aos responsables do goberno do Concello de Ferrol ao cumprimento da legalidade urbanística e dispoña o necesario en caso de incumprimento.
De todos é coñecido que na actualidade se están a executar as obras de construción dun edificio de 21 metros de altura na Praza de España de Ferrol nun lugar calificado polo actual plan xeral como sistema xeral viario, sen producirse previamente a modificación no PXOM (2001) do Concello de Ferrol que permitira a dita acción. Cuestión xa posta de manifesto por esta organización.
A isto debémoslle engadir que as ditas obras están a ter unha contestación social importante, como se amosou o pasado 9 de decembro na manifestación convocada por trinta entidades. E que mesmo foron postas en coñecemento do Ministerio Fiscal. Nembargantes continúan co beneplácito dos responsables do Goberno do Concello de Ferrol.
Coa Lei na man, estamos ante un caso de incumprimento da normativa urbanística e polo tanto debe intervir a Consellería e consonte o disposto no artigo 230.1 da Lei de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. O devandito artigo indica que:“Cando unha entidade local incumprise gravemente as obrigas que directamente lle incumban por disposición da presente Lei ou deixase de adoptar as medidas necesarias para a protección da legalidade urbanística, o conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio requeriralle o seu cumprimento con indicación de prazo, nunca inferior a un mes”.
Así pois, dende Esquerda Unida-IU de Ferrol vémonos, lamentablemente, ante a improvisación e deixadez do Goberno municipal en darlle unha solución ao asunto e a pesar dos intentos desta organización de buscar unha saída sen pérdida de dereitos para ninguén e cun maior beneficio social, de requerir a participación dun órgano alleo á administración local, como é a Consellería de Vivenda e Solo, co fin de restaurar a legalidade urbanística nun proxecto que xa naceu sen o noso voto favorable.
O pasado día 22 de decembro foi publicado o anuncio polo que se somete a exposición pública o Proxecto Sectorial do Parque empresarial de San Pedro de Leixa e o seu Estudo de Impacto Ambiental por trinta días.
Pois ben nos últimos días o Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU ven recibindo veciños e veciñas da zona afectada, Leixa, Santa Icía e mesmo Mandiá,que veñen reclamando información sobre o tema dado que o proxecto e o estudo están a exposición nas oficinas do I.G.V.S en Santiago de Compostela.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol entendemos que a información pública debe estar ao alcance da cidadanía. E dado que moitas das persoas interesadas non se poden desprazar á capital galega para avaliar os ditos documentos reclammóslle ao Alcade de Ferrol que poña os medios necesarios para que a exposición pública sexa suspendida en tanto non haxa unha copia a disposición dos veciños e veciñas de Ferrol, e particularmente de Leixa, Santa Icía e Mandiá, ou, subsidiariamente, que faga o oportuno para que haxa unha copia do dito documento a exposición pública nas dependencias municipais de Ferrol.
Para Esquerda Unida-IU a participación debe ser efectiva, poñendo e facilitando a información á cidadanía, na nosa opinión o que se está a facer, aínda que cumple a normativa, só sirve para cubrir o expediente. Polo tanto, demandámoslle ao Alcalde que faga o necesario para facilitar información aos cidadáns e promova a participación da cidadanía máis aló, como acaba de anunciar, de informar das datas nas que temos que cumprir as nosas obrigas fiscais.
Ferrol, 28 de decemebro de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere denunciar a paralización do Plan Especial da Magdalena dende hai xa catro anos.
Como se lembrará o PERI da Magdalena foi aprobado no anterior mandato municipal, e foi ben acollido por esta formación política pois a través deste documento artellábanse medidas positivas para o patrimonio histórico e o desenvolvemento deste barrio e as persoas que nel residen, e naquel momento contaba con todos os informes positivos necesarios para entrar en funcionamento.
Pois ben, neste mandato e debido a intención de incluir determinadas reformas no PERI, máis propicias aos intereses das promotoras que aos da propia cidadanía, como a unificación de parcelas, o Goberno Municipal non foi capaz de dar o impulso necesario a un plan imprescindible para a revitalización do Centro de Ferrol (por exemplo a continuidade das axudas para rehabilitación está cuestionada por non ter aprobado o Plan Especial) e así hoxe atopámonos nesta situación de parálise e que está a causar incertidumes e prexuízos a moitos ferroláns e moitas ferrolás.
A unificación de parcelas foi algo xa posto de manifesto por esta organización como algo negativo, non posible e non recomendable, sobre todo tendo en conta que tódolos órganos encargados de velar e de estudiar o patrimonio histórico como o Consello de Europa, a UNESCO ou o ICOMOS, levan máis de dúas décadas pronunciándose neste mesmo sentido.
Así pois, dende Esquerda Unida-IU de Ferrol queremos recomendarlle ao Goberno municipal que tome nota do grande erro cometido, e das consecuencias que está a ter esta paralización, que nun futuro non sexa tan arrogante e sexa quen de deixarse asesorar, e, sobre todo, proceda a reactivar o PERI da Magdalena como un elemento máis na planificación urbana conducente a unha mellora da calidade de vida da cidadanía de Ferrol.
Esquerda Unida-IU de Ferrol ante as declaracións do responsable da Concellería de Urbanismo, o Sr. Evia, quere manifestar, en aras a evitar a privatización do solo público da Praza de España, o seguinte:
En primeiro lugar queremos recordarlle ao Sr. Alcalde e ao Sr. Concelleiro de Urbanismo que a modificación puntual do PXOM que permitiría a localización do polémico edificio no espazo da Pza. de España está pendente de aprobación. Polo tanto, e coa Lei na man o procedente é a paralización da obra, cuestión que, ademais, é da súa exclusiva competencia e da que non caben excusas para non proceder deste xeito.
En segundo término, en opinión desta formación política, a proposta política do goberno municipal de soterrar o vial entre a Avda. do Rei e a de Vigo non soluciona os problemas circulatorios e lonxe de acabar co problema do tránsito da Pza. de España e o seu entorno vai ser unha medida que o complicará ao non permitir xiros cara o aparcadoiro nin noutras direccións da cidade, o que agravará a densidade de tránsito no entorno e mesmcomplicará e comprometerá o desenvolvemento do Sánchez Aguilera.
Por último, e máis aló da necesidade e do imperativo legal de paralización das obras do edificio, dende Esquerda Unida-IU emprazamos ao Sr. Alcalde a liderar o traballo político, agora que está a tempo, de iniciar conversas para buscarlle unha solución sen pérdida de dereitos para ninguén e cun maior aproveitamento social. Como podería ser a realización dunha obra nos mesmos ou parecidos términos de aproveitamento noutro lugar da cidade: O Bertón ou Caranza, por exemplo, no primeiro por estar todavía pendente de desenvolvemento o plan correspondente e no segundo por ter paralizado a construcción o Centro Comercial e de Ocio toda vez que foi declarado deserto o concurso. De non actuar deste recomendable xeito facemos responsable ante a cidadanía de Ferrol ao Sr. Alcalde da desfeita da Praza de España por moito que o vista de solución ao proxecto anterior.
Ferrol, 22 de decembro de 2006
Como se lembrará o 7 de xullo Esquerda Unida-IU de Ferrol, a través do Senador Izquierda Unida Eduardo Cuenca presentou unha batería de preguntas en relación cos servizos que FEVE realiza na bisbarra. Preguntas que a continuación transcribimos na súa literalidade:
- “¿Tiene intención el Gobierno de desbloquear los impedimentos impuestos por el CECIR en relación con la reducción de jornada laboral acordada entre la representación sindical de FEVE y la propia Empresa?
¿Está en previsión del Gobierno el aumentar el presupuesto para reparaciones de FEVE de la Estación de Ferrol?
- ¿Tiene el Gobierno intención de realizar mejoras en la vía de FEVE entre Ferrol y Asturias?. ¿De qué tipo?. ¿Con cuánto presupuesto y en qué plazo?.
- ¿Se encontrarían entre esas mejoras la duplicidad de la vía entre Ferrol y Xuvia (Narón), así como su electrificación?
- ¿Cómo afectará la supscripción del Plan de Transporte Metropolitano de Ferrol con la Xunta de Galicia al empleo en FEVE, fundamentalmente en lo referente a los interventores?
- ¿Existe algún plan para abrir las líneas de FEVE al transporte de mercancías en Galicia y entre Galicia y el resto de la cornisa cantábrica?
- ¿Financiará el Gobierno el acceso al Puerto Exterior de Ferrol por ferrocarril de vía estrecha?. ¿A cuánto ascendería esta financiación y en qué plazo acabarían las obras?.
- ¿Tiene previsto el Gobierno adquirir nuevo material (máquinas, vagones, etc.) par dar servicio en la línea de FEVE con salida y llegada en Ferrol?. ¿ Qué tipo de material, en qué cantidades y en qué plazo?
- - ¿Existe alguna vía de conversación con la Xunta con el fin de coordinar horarios entre FEVE y RENFE en la Estación de Ferrol?
- ¿Existe alguna negociación abierta con el Concello de Ferrol o algún documento firmado con éste que tenga como fin el retranqueo de la Estación de Ferrocarril de Ferrol?”
- Pois ben, esta formación política no día de hoxe tivo coñecemento da "resposta escrita do Goberno ", ás preguntas anteditas e no que destacamos a non intención de non realizar a conexión ferroviaria ao Porto Exterior por medio de ferrocarril de vía estreita e, sobre todo, a non intención do Goberno de proceder á renovación de materiais alegando que o material existente é suficiente para o servizo prestado, o que en definitiva significa unha pérdida de competitividade respecto a outros medios de transporte menos ecolóxicos.
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Ferrol, 20 de decembro de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol quérese sumar ás demandas veciñais que solicitan o traslado de súas atraccións infantís que están a ocupar parte do solo público da Praza do Inferniño.
Como se lembrará a ocupación do dito solo foi denunciada por escrito ante os responsables do goberno do Concello de Ferrol. Para Esquerda Unida-IU esta ocupación dunha praza pública, que é un dos elementos de dinamización social do barrio, como así o amosa a súa alta afluencia de usuarios e usuarias, non ten xustificación xa que estas atraccións, que non deixan de ser unha explotación privada, poden estar perfectamente situadas no mesmo entorno e nun lugar polo que non circule o tránsito rodado.
Así pois, dende Esquerda Unida-IU de Ferrol solicitamos, como xa fixo o pasado 11 de decembro a propia Asociación Veciñal “O Rosario”-Inferniño, que se lle dea traslado á dita Asociación a información pertinente á autorización de instalación nese espazo público e o lugar exacto de localización das atraccións. E, en todo caso, que o Grupo de Goberno proceda a realizar os trámites necesarios conducentes á relocalización das atraccións infantís nun lugar que non supoña a ocupación de solo da praza, que estea no entorno dela e non transitada por vehículos e que ben podería ser o espazo entre o Centro Comercial “Porta Nova” e a propia praza.
Ferrol, 19 de decembro de 2006
Esquerda Unida-IU Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que o próximo luns realizará unha visita á Asociación “O Rosario” do Inferniño e outra á A.VV de Canido.
A primeira delas terá lugar ás 17:30 horas e partindo do Centro Cultural Carvalho Calero membros desta formación política, na que estará a voceira municipal, Yolanda Díaz, realizarán unha visita ao Barrio acompañados da Directiva da Asociación do “Rosario”.
Esta visita terá como fin presentar iniciativas para o barrio por parte desta formación política e coñecer de primeira man as reivindicacións da veciñanza do barrio do Inferniño.
Ese mesmo día e ás 19:30 horas a mesma comisión de Esquerda Unida-IU de Ferrol terá un encontro ca Asociación de Veciños de Canido no que entroutras cousas abordarase a cuestión do local da dita Asociación veciñal.
No día de onte membros desta formación política desprazáronse á praia da Graña acompañados da Presidenta da Asociación “Rosalía de Castro” da Graña e doutros directivos do dito colectivo veciñal para comprobar os efectos dos derrubos recentes na dita zona e recoller as demandas veciñais.
Como se lembrará dende o ano pasado esta zona do Concello de Ferrol leva sufrindo os derrubos do talude que vai dende o paseo marítimo ata as propiedades privadas máis próximas á praia. O primeiro dos derrubos tivo unha solución, na nosa opinión, inaxeitada polo seu impacto visual e nas zonas colindantes estánse a producir derrubos pola incidencia das chuvias e a eliminación da vexetación arbórea que actuaba de contención.
Pois ben, a pesar de transcorrer xa practicamente unha semana dende o último derrubo, das demandas veciñais todavía non foi colocada unha soa sinal de advertencia do perigo de posibles derrubos, o material caído atópase no medio do paseo marítimo e non se procedeu a colocar un valado que impida o acceso ás inmediacións da zona. A isto temoslle que engadir que, segundo a información veciñal recadada, este ben sendo un lugar de encontro nocturno da mocidade e da mariñeiría que presta servizo na E.N. da Graña. Polo tanto, dende Esquerda Unida-IU de Ferrol, emprazamos aos responsables municipais a que ordenen o balizado da zona co fin de evitar prosibles danos ás persoas. Pero, tamén, os emprazamos a que, dende o Concello, se canalicen as demandas veciñais e actúen con urxencia e dilixentemente ante Costas para que se proceda a dar unha solución definitiva e consensuada coa veciñanza do lugar ao problema dos derrubos que están a poñer en perigo a integridade das persoas e ameazando as propiedades colindantes.
Para esta formación política os responsables do Goberno municipal non poden permanecer pasivos ante un problema que coñecen alegando que está fóra das competencias municipais, o Goberno municipal debe ser quen, como dicimos, de encabezar as demandas dos veciños e veciñas de Ferrol ante as outras administracións con competencias no noso termo municipal con firmeza e decisión e non buscar a excusa fácil de que “isto non son corresponde”.
O vindeiro sábado 16 de decembro terá lugar en Ferrol unha xornada de Política Municipal.
Desenvolverase no local de "Toxos e Flores", sito na rúa Magdalena, nº 220, entre as 10 e as 14 h.
Intervirán:
Javier Galán, secretario de Organización de Ferrol, e Yolanda Díaz, voceira do grupo municipal de Esquerda Unida-IU.
A xornada estrutúrase en catro módulos:
1) Sustentabilidade. coordinado por Ignacio Allegue
2) Urbanismo, por MIguel Reimúndez
3) Cohesión Social, por Emilio Bellas
4) Orzamentos Participativos, pola responsable da Concellalía de Participación Cidadá de Rivasvacia-Madrid.
Trátase dunha xornada aberta ao público, aos veciños e veciñas, a quen animamos a que participen nesta importante xornada.
Como se lembrará nestes días foron publicadas as queixas veciñais debido ás molestias que se lle se están a causar esta actividade portuaria. Estas queixas están máis que xustificadas posto que o clínker, elemento principal do cemento, é un compoñente altamente contaminante e con graves efectos sobre a saúde das persoas.
Para esta formación política non é excusa afirmar que estas molestias foron causadas polos fortes ventos de días pasados pois na manipulación de materiais nocivos, insalubres, tóxicos ou perigosos, ao igual que en toda a normativa ambiental, debe imperar o principio de precaución e polo tanto existindo unha predicción meteorolóxica que advertía da entrada dun temporal as actividades de descarga de clínker deberíanse interrumpir, toda vez que non se fan nun recinto pechado ou en tolvas como sería o recomendable.
Non é excusa tampouco dicir que este tipo de descargas traladaranse ao Porto Exterior cando este estea operativo, pois mentres isto non suceda a veciñanza de Ferrol, e de Ferrol Vello en particular, estarán sufrindo as consecuencias ambientais dunha descarga que produce un rendimento económico a varias empresas e á propia Autoridade Portuaria.
Non é suficiente un rego por aspersión do producto durante a descarga pois o que se está evitando con esta actividade e que o clínker espállese polo ar pero non evita que este se precipite directamente á ría ou o faga indirectamente polos sumidoiros. Polo tanto, é hora, e sen dilación, que a Autoridade Portuaria tome cartas no asunto poñendo medidas correctoras e de prevención á hora de proceder á descarga deste compoñente como son a esixencia de controis de contaminación aérea e a descarga en condicións de seguridade ambiental e de salubridade.
Ferrol, 12 de decembro de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Ante as continuas molestias á veciñanza do Val de Doniños e Cariño, agravadas nestes días polas fortes precipitacións, polas obras de acceso ao Porto Exterior, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere comunicar que unha delegación de Esquerda Unida-IU de Ferrol, encabezada pola voceira municipal Yolanda Díaz, desprazouse a Cariño este xoves e recolleu as queixas dos veciños e constatou de primeira man as xustificadas reivindicacións da veciñanza.
Recibidas as queixas por parte do colectivo de persoas discapacitadas polas dificultades e circunstancias nas que ten lugar o acceso ao interior do Teatro Jofre. Actualmente o acceso para este grupo de persoas ten lugar pola porta traseira, o que, na nosa opinión, non deixa de ser un trato discriminatorio respecto aos demais usuarios deste centro da cultura que o fan pola porta principal.
Aparentemente o Teatro cumpre as condicions de accesibilidade dos edificos públicos. Nembargantes a rampa de acceso é inútil para os usuarios posto que xa na entrada atópanse co primeiro impedimento, as escaleiras.
Esquerda Unida-IU de Ferrol non entende como o Concello de Ferrol foi quen de recepcionar, con polémicas inaugurativas de por medio, unhas obras que non cumprían estas condicións mínimas e pregúntase agora quen vai costear as obras de eliminación das barreiras arquitectónicas. Para Esquerda Unida-IU de Ferrol só existe unha causa para este feito a ineptitude do Goberno municipal que estaba máis preocupado en inaugurar e en quen da Casa Real iba a acudir ao evento que en dar un servizo de calidade á cidadanía.
Esquerda Unida-IU de Ferrol apoia e participará na manifestación convocada por Ártabra 21 en defensa dos espazos públicos e en contra da construcción dun macroedificio na Praza de España e anima á cidadanía a participar nela.
Para Esquerda Unida-IU de Ferrol este edificio supón un elemento máis a sumar á desfeita da Praza de España e que foi vendido ante a cidadanía, polo Grupo de Goberno municipal, como solución á mesma e como contraprestación á empresa que realiza o soterramento do enlace da Avenida do Rei e a Avenida de Vigo pola execución desta obra sen custes para o Concello. Nembargantes, na nosa opinión, a construcción deste macroedificio de 21 metros de altura supón, ademais de romper a fisonomía propia da praza, unha usurpación dun espazo público para darlle uns usos privativos; polo tanto, ten un custe social moi elevado que a miopía gubernativa municipal non é capaz de ver e, moito menos, valorar.
O que se nos presenta como a panacea dos males da Praza de España e debido as presas políticas, que non de execución da obra, ten, ademais, apariencia de non respectar os usos do solo urbano para a parcela na que se localiza e así foi denunciado pola Federación Veciñal de Zona Urbana. Polo tanto convén aclarar estos extremos antes de continuar cun edificio que privará por moitos anos a Ferrol do desfrute dunha das súas prazas públicas máis senlleiras.
Por estos motivos, pola enfermiza privatización do solo público por parte da dereita municipal, por un urbanismo para a cidadanía, porque o solo público é de todos e todas e non duns poucos, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere animar a toda a cidadanía a participar na manifestación do próximo día 3 de decembro: “Na defensa dos espazos públicos, non ao edificio na Praza de España”.
Ferrol, 27 de novembro de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Unha delegación de Esquerda Unida-IU de Ferrol, encabezada pola Voceira do Grupo Municipal, Yolanda Díaz, participará mañán, día 24 de novembro, nunha Xornada contra a Especulación e a Corrupción Urbanística organizada no Congreso dos Deputados.
Esta xornada, da máxima actualidade e importancia, contará coa presencia de urbanistas, xuristas e especialistas en facenda do primeiro nivel estatal e tamén coa intervención de Manuel Fuentes, Alcalde de Seseña, e ao que, por medio deste comunicado, dende Esquerda Unida-IU de Ferrol mostramoslle a nosa solidariedade.
Con tal motivo a Voceira Municipal de Esquerda Unida-IU no Concello de Ferrol non poderá acompañar á delegación de Esquerda Unida-IU que si participará nos actos organizados polo Concello de Ferrol e o Parlamento de Galicia co gallo do seu 25 aniversario.
Ferrol, 23 de novembro de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere dende este comunicado denunciar a a posición irresponsable do PP no referente ao seu voto no Pleno de Ferrol o pasado día 17 respecto da Planta de Gas.
Para Esquerda Unida-IU este voto supón o sometimento do Grupo Municipal do PP aos intereses industriais e financieiros da Empresa REGANOSA por enriba dos da cidadanía e o medioambiente. Ademais con este voto o PP está amosando o medo a unha resolución xudicial contraria aos intereses empresariais de REGANOSA. Isto evidenciase todavía moito máis cando o dito voto non respectaba o informe do Letrado do Concello que consideraba recorrible a última sentencia do TSJ de Madrid e que o dito recurso é prosperable conforme os argumentos esgrimidos no dito informe.
Unha vez máis, e por desgraza, o Alcalde e o Grupo Municipal do PP, ao cal pertence, prima a política dos feitos consumados e os intereses dunha Empresa que pon en risco a sustentabilidade ambiental da Ría de Ferrol e a saúde da cidadanía de Ferrol. Por iso afirmamos que o Alcalde de Ferrol, na parte que lle corresponda, é responsable do que aconteza nun futuro.
Este voto non resulta sorprendente para Esquerda Unida, pois o PP viña amosando nas súas votacións e nas súas intervencións públicas esta postura, si o resultou, e para a cidadanía presente no Pleno, o voto que acompañaba ao PP na intención de non presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo. Ademais, lamentamos os votos da abstención nun asunto como que é este
centro do debate mediático, político e mesmo social. Nun tema desta envergadura non cabe non tomar partido e, sobre todo, cando esta abstención permitiu que foran retirados todos os contenciosos interpostos polo Concello de Ferrol.
Dende Esquerda Unida lamentamos o posicionamento que mantén a actual Xunta de Galicia neste asunto. Na nosa opinión, a Xunta debería actuar como garante dos dereitos da cidadanía e o medioambiente e non defendendo os rendimentos dunha Empresa á que califica de interés para o desenvolvemento enerxético da Comunidade, calificación que non perdería de estar localizada no exterior da Ría e co escrupuloso respecto aos procedimentos administrativos e o respecto á normativa ambiental e de seguridade vixente.
Así pois, e por último queremos manifestar que continuaremos defendendo á alternativa da localización da Planta de Gas e apoiando a todos aqueles colectivos que están a traballar e incluso a reivindicar xudicialmente o cambio de localización e o respecto á normativa vixente.
Ferrol, 22 de novembro de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol, a través do seu Grupo Municipal, solicitou no día de hoxe ao Alcalde de Ferrol a convocatoria dunha Xunta de Voceiros para tratar sobre a carencia dunha gardería pública en Caranza.
No escrito presentado se indica que o barrio de Caranza ven sendo o máis populosos da nosa cidade contando na actualidade con aproximadamente 18.000 habitantes e que moitos destes habitantes son parellas novas con fillos en idade pre-escolar.
Así, tendo en conta estas condicións demográficas, as demandas veciñais e da comunidade educativa faise necesario dotar ao dito barrio cunha gardería pública para poder prestar este necesario servizo.
Esquerda Unida-IU considera necesario que o Concello de Ferrol debe tomar cartas no asunto e iniciar os trámites para dotar ao barrio de Caranza dunha Gardería pública.
Por estes motivos o Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU solicitou a convocatoria dunha Xunta de Voceiros para tratar do asunto para que toda vez que se acade un consenso sexa incluído na Orde do Día do Pleno que corresponda co fin de dotar ao barrio de Caranza deste servizo público.
Ferrol, 14 de novembro de 2006
Esquerda Unida-IU Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que mañán, día 15 de novembro, ás 17:00 e partindo do local da Asociación de Veciños de San Xoán realizará unha visita ao barrio acompañado de membros da dita Asociación de Veciñanza. Por parte de Esquerda Unida, estarán presentes distintos membros da nosa dirección local, así como da Voceira do Grupo Municipal, Yolanda Díaz.
Con esta iniciativa Esquerda Unida-IU pretende presentar aos veciños os seus proxectos de desenvolvemento urbanístico para o barrio, coñecer a súa opinión e pedir a súa participación en aras a acadar un barrio para a veciñanza e dotado de servizos de calidade e eficientes.
Para a realización desta actividade Esquerda Unida-IU contará coa colaboración de técnicos con amplia experiencia no ámbito do urbanismo.
Dende Esquerda Unida-IU anunciamos que esta será a primeira de varias visitas a distintos barrios para presentar iniciativas neste mesmo sentido e que a razón que nos levou a empezar polo barrio de San Xoán é que este barrio pasa por ser por ser un dos grandes esquecidos durante os tres anos de goberno PP-IF.
Ferrol, 14 de novembro de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol, toda vez que esta fin de semana foi publicado en distintos medios a nova dunha Sentencia do TSJ da comunidade de Madrid en relación co recurso interposto polo Concello de Ferrol contra a autorización previa para a instalación da Planta de Gas de REGANOSA, solicitou, a través do seu G.M. no Concello de Ferrol, hoxe mesmo e por escrito ao Alcalde de Ferrol que procedese a:
-Solicitar informe sobre a referida Sentencia ao Letrado que defende os intereses do Concello no asunto e, en particular, sobre a idoneidade de presentar recurso de casación ao TS.
-Convocar, con carácter urxente, unha Xunta de Voceiros e con antelación suficiente ao Pleno no que se trate esta cuestión.
-Que dito Letrado estea presente e informe sobre o asunto na Xunta Voceiros solicitada.
Para Esquerda Unida-IU esta Sentencia é recorrible ante o Tribunal Supremo polo que resulta procedente escoitar os argumentos técnicos do Letrado que defende os intereses do Concello no pleito para avaliar, por todos os voceiros municipais, a posibilidade de interpór o correspondente recurso.
Dende Esquerda Unida-IU queremos salientar unha vez máis a postura do Alcalde de Ferrol que esta mesma fin de semana facía unha valoración da Sentencia, da que tivemos coñecemento esta mañán, e que con toda celeridade indicaba que iba convocar un Pleno extraordinario para tratar do asunto.
Para Esquerda Unida-IU, sendo este un tema importantísimo pola súa repercusión na vida e o no medioambiente e merecedora de ser abordado nun Pleno, sorprende esta rápida reacción do Alcalde; cando por exemplo ten que convocar un Pleno para proceder á modificación puntual do PXOM para supender as licencias da parcela do Adro de San Francisco antes do día 15 deste mes e todavía non moveu un papel neste sentido a pesar de existir dous acordos plenarios que respaldan esta cuestión, ou cando, ante un pronunciamento xudicial favorable para os intereses do Concello neste mesmo asunto, dilatou no tempo a introducción na orde do día do Pleno unha moción desta formación política para dar cumprimento aos seus intereses de partido. O que xa non nos sorprende tanto, tendo en conta estes antecedentes, é que, novamente, o Alcalde antepón os intereses privados dunha Empresa e os do PP sobre os da saúde e o medioambiente da cidadanía de Ferrol como debería ser o oportuno e lóxico polo cargo que ostenta e, polo tanto, esixímoslle que actúe como Alcalde de toda a cidadanía de Ferrol e non como o de responsable provincial do PP e defensor dos intereses dunha Empresa na Corporación municipal.
Ferrol, 13 de novembro de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol apoia e participará na manifestación convocada polo Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol o próximo sábado ás 12:00 no Peirao de Curuxeiras de Ferrol
Dende Esquerda Unida-IU queremos, ademais, animar a toda a cidadanía a manifestar coa súa presenza a repulsa á instalación dunha Planta de Gas nas proximidades de zonas poboadas e susceptible de pór en perigo a vida das persoas e do medio ambiente.
Hoxe, esta convocatoria cobra máis sentido pois está sobre a mesa a posibilidade de realizar un dragado na entrada da Ría de Ferrol con cargo aos Orzamentos de Puertos del Estado por un importe de 1.250.000 €, que segundo palabras do Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao ten como finalidade facilitar as manobras de entrada e saída dos gaseiros que fagan uso das instalacións de REGANOSA. Dragado que non é tal posto que dadas as caracteristicas dos fondos desa parte da Ría só é posible realizar por medio da colocación de explosivos.
Este agasallo que dende o erario público se lle fai a unha empresa privada, na nosa opinión, non é de xustiza xa que segundo a Resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas pola que se aproba o Proxecto de execución o custe das posibles obras e dos proxectos poden ser repercutidas á Empresa promotora, o que en xustiza debería ser, pois é a Empresa a que vai obter os posibles beneficios da explotación, e non con cargo aos cartos públicos, os de todos e todas. E por outra banda, a dita obra non se realizaría de non ser pola presencia, nun lugar inaxeitado, da Planta de Gas.
Ademais, dende Esquerda Unida-IU anunciamos a presentación dunha iniciativa parlamentaria a través do Grupo parlamentario de IU no Congreso dos Deputados para poñer en evidencia o sinsentido da execución deste dinamitado con cargo a fondos públicos.
Ferrol, 9 de novembro de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
A rúa San Carlos forma parte do patrimonio histórico e social da cidade de Ferrol, as súas duas fileiras de casas son testemuña do que era o barrio obreiro de Esteiro e forman parte do conxunto histórico da cidade por acordo da primeira Corporación democrática do Concello de Ferrol. Obviamente, non é o momento, por estéril, de abrir un debate sobre se a rehabilitación do barrio de Esteiro en lugar da súa derruba era a solución máis axeitada.
O que dende Esquerda Unida-IU reclamamos é a posta en marcha da Área de Rehabilitación Integral desta emblemática rúa porque con esta medida, ademais de partidas de axudas para a rehabilitación e a posta en valor dos valores arquitectónicos da mesma: revalorizaríase o barrio, a nivel urbano, atendendendo á súa situación e ao seu poder de atracción; manteríase e protexeríase o actual equilibrio de usos; incentivaríase, consolidaríase e enriqueceríase a actividade económica no barrio.
Neste sentido, consideramos convinte que dende o Concello de Ferrol se poñan paneis indicativos do valor urbanístico e social da rúa, o que no seu tempo representou o barrio de Esteiro para a cidade da Ilustración. Estes paneis, que poden ser os tradicionais, tamén poden ser modelos interactivos, aproveitando as novas tecnoloxías, e así dar outro tipo de información complementaria. Ademais este tipo de paneis informativos, dende Esquerda Unida- IU, consideramos convinte que sexan postos noutros lugares relevantes da nosa arquitectura e da nosa historia, como, por exemplo, as casas de ilustres de Ferrol, como medida de divulgación cultural, educativa e turística.
Ferrol, 27 de outubro de 2006
Esquerda Unida-IU Ferrol
Mañán, venres 27 de outubro, ás 17:00 horas terá lugar na Sede de Ferrol de EU-IU (R/ Sol 124-126 entrechán esq.) unha rolda de prensa no que se comentarán as últimas novas en relación coa Plataforma Loxística de Brión. Intervirán os membros do Consello Local de Esquerda Unida-IU de Ferrol.
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Ferrol, a 26 de outubro de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere por medio deste comunicado de prensa lembrar algúns dos acordos plenarios acadados, o 27 de xullo de 2006, en relación coa Moción que o Grupo Municipal desta formación política presentou sobre Ferrol Vello.
Como se lembrará como punto número 1 dos acordos da dita moción estaba o de aprobar e redactar un Plan especial para o barrio de Ferrol Vello consonte aos criterios do PXOM e que foi aprobado por unanimidade. Tamén por unanimidade foi acordado aprobar inicialmente a modificación do Plan Xeral nas parcelas do Adro de San Francisco para destinalas a zona verde pública.
Dende Esquerda Unida-IU, toda vez que, e a pesar do tempo transcurrido, non se iniciou ningún trámite para materializar o acordado, queremos facer o recordatorio ao Grupo de Goberno de que os acordos plenarios están para cumplirse, o contrario é desvirtuar a democracia e o papel dos debates e acordos do Pleno da Corporación.
Ademais, esta formación quere facer unha profunda crítica á inactividade e lentitude do Grupo de Goberno á hora de tratar este tema coa que ningún Grupo Municipal mostrou discrepancias posto que, como diciamos, foi aprobada por unanimidade polos beneficios que conleva para a cidadanía de Ferrol, en xeral, e de Ferrol Vello, en particular.
Tendo en conta o parón na tramitación destes acordos, provocado exclusivamente polo inactividade do Grupo de Goberno, Esquerda Unida-IU levará a debate plenario a través dunha moción unha proposta para a modificación inicial do Plan Xeral nas parcelas do Adro de San Francisco co fin de destinalas a zona verde pública.
Ferrol, a 20 de outubro de 2006
Esquerda Unida-IU Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere por medio deste comunicado de prensa lembrar algúns dos acordos plenarios acadados, o 27 de xullo de 2006, en relación coa Moción que o Grupo Municipal desta formación política presentou sobre Ferrol Vello.
Como se lembrará como punto número 1 dos acordos da dita moción estaba o de aprobar e redactar un Plan especial para o barrio de Ferrol Vello consonte aos criterios do PXOM e que foi aprobado por unanimidade. Tamén por unanimidade foi acordado aprobar inicialmente a modificación do Plan Xeral nas parcelas do Adro de San Francisco para destinalas a zona verde pública.
Dende Esquerda Unida-IU, toda vez que, e a pesar do tempo transcurrido, non se iniciou ningún trámite para materializar o acordado, queremos facer o recordatorio ao Grupo de Goberno de que os acordos plenarios están para cumplirse, o contrario é desvirtuar a democracia e o papel dos debates e acordos do Pleno da Corporación.
Ademais, esta formación quere facer unha profunda crítica á inactividade e lentitude do Grupo de Goberno á hora de tratar este tema coa que ningún Grupo Municipal mostrou discrepancias posto que, como diciamos, foi aprobada por unanimidade polos beneficios que conleva para a cidadanía de Ferrol, en xeral, e de Ferrol Vello, en particular.
Tendo en conta o parón na tramitación destes acordos, provocado exclusivamente polo inactividade do Grupo de Goberno, Esquerda Unida-IU levará a debate plenario a través dunha moción unha proposta para a modificación inicial do Plan Xeral nas parcelas do Adro de San Francisco co fin de destinalas a zona verde pública.
Ferrol, a 20 de outubro de 2006
Esquerda Unida-IU Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol ante a noticia do xiro por parte do responsable de Sanidade, Consumo e Mercados do Concello de Ferrol na intentión de construir a canceira municipal na súa localización orixinal quere manifestar o seguinte:
Como se lembrará a o Goberno municipal alegou que a Canceira municipal localizada en Mougá e que actualmente, trala inversión de 220.000 €, atópase nun estado lamentable non era o lugar idóneo pois carecía dos servizos de auga e luz necesarios para o funcionamento da mesma. Para materializar este cambio no seu día foi asinado un Protocolo entre o Concello de Ferrol e a Xunta de Galicia sobre a construcción da Canceira municipal e sufragada cos fondos desta última Administración.
No seu momento dende Esquerda Unida-IU valoramos que non se trataba dunha brillante xestión, tal e como se vanagloriaba a dereita municipal no Goberno de Ferrol senón todo o contrario, era o paradigma do que significa o término dilapidación de cartos públicos, afirmación na que hoxe nos ratificamos.
Pero é que a noticia aparecida hoxe nos medios de comunicación da volta á orixe do proxecto roza o esperpéntico e parece unha auténtica tomadura de pelo á cidadanía de Ferrol. A improvisación neste asunto non pode calificarse doutro xeito ou ¿é que non sabían que se iba facer a aula de Reciclaterra nas inmediacións?. A improvisación, a descoordinación, o dilapidamento dos cartos públicos, o abandono das instalacións perevistas para a canceira, o retraso na execución das necesarias obras, a escasa permeabilidade aos comentarios que dende esta formación política téñense realizado sobre este asunto, e que agora, tres anos despois, vense ratificados e teñen un único culpable: o Goberno municipal (PP-IF), e unha víctima: a cidadanía de Ferrol.
Dende Esquerda Unida-IU confiamos en que esta decisión sexa a última deste lamentable capítulo da xestión dos servicios e dos cartos públicos por parte do Goberno Municipal se ben, e visto o visto, pode que non sexa derradeira.
Ferrol, a 17 de outubro de 2006
Esquerda Unida-IU Ferrol
O Teatro Rena foi incluido, no seu momento, dentro do PERI da Magdalena. No edificio en cuestión era imposible realizar calquera actividade como as agora plantexadas pois decretárase a suspensión de licencias por un ano á espera da aprobación pola Xunta de Galicia do dito Plan. Posteriormente foi aprobada unha nova suspensión, cando xa estaba aprobado o PERI pola Xunta e por igual tempo, en tanto non se resolveran as modificacións que dende a Concellería de urbanismo, baixo a responsabilidade do Sr. Pita-Romero, se presentaran, lembremos: unificación de parcelas, emprego de materiais, etc.
A día de hoxe a situación é que, toda vez que xa foron esgotados os prazos máximos de suspensión de licencias, o Teatro Rena queda excluído do PERI da Magdalena e polo tanto lle é de aplicación a Ordenanza 13-A, se ben tendo en conta que é un edificio catalogado e cunha protección non integral. Isto é, e en términos xerais, que debe manter a envolvente externa.
Así pois, para Esquerda Unida-IU a situación actual obedece por un lado á lentitude na tramitación do PERI, fundamentalmente provocado polo interese do anterior responsable de urbanismo, co coñecemento do Sr. Alcalde, en favorecer a política de unificación de parcelas. E, por outro, a que o actual PXOM considera que o Teatro Rena é un edificio protexido de xeito non integral.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol lamentamos que as reivindicacións que dende esta formación política realizamos nas Comisións de urbanismo, encamiñadas á restauración e o uso público do edificio, non foran ben recibidas polo anterior responsable de urbanismo, a pesar do seu cambio de criterio en xuño de 2005. E pedímoslle ao actual responsable que realice as xestións necesarias para manter este edificio emblemático dentro do patrimonio da cidadanía de Ferrol para dotalo, posteriormente, un uso público. Así como que observe tódalas cautelas precisas por estar o edificio no contorno de respecto do BIC do Barrio da Magdalena.
Ferrol, 11 de outubro de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Mañán, venres 6 de outubro, ás 17:00 horas terá lugar na Sede de Ferrol de EU-IU (R/ Sol 124-126 entrechán esq.) unha rolda de prensa no que se comentarán os Orzamentos Xerais do Estado e as enmendas que Esquerda Unida-IU presentará no Congreso dos Deputados en relación a Ferrol. Intervirán os membros do Consello Local de Esquerda Unida-IU de Ferrol.
Esquerda Unida-IU quere informar que no día de hoxe a Voceira do seu Grupo Municipal no Concello de Ferrol, Yolanda Díaz, preguntou na Comisión informativa de Servizos en relación co conflicto laboral que os traballadores e traballadoras da Empresa CESPA manteñen con esta.
Como se lembrara os traballadores e traballadoras da Empresa CESPA, que é a adxudicataria do servizo de mantemento das zonas verdes e xardíns da cidade, viven momentos de estancamento na negociación do Convenio Colectivo coa Empresa.
Ante esta situación a Concelleira de Esquerda Unida-IU preguntou ao Presidente da Comisión Informativa de Servizos e solicitoulle a intermediación decidida do Alcalde para que a Empresa se avenga a negociar cos representantes dos traballadores as melloras laborais reclamadas.
Ferrol, a 4 de outubro de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere denunciar publicamente o lamentable estado do edificio do Antigo Hospicio sito entre as rúas Sol, Méndez Núñez e María.
O edificio en cuestión alberga no seu interior a sedes de dous entidades culturais e alberga a colección sobre natureza galega da SGHN e atópase nun estado que non é propio dunha cidade que pretende ser patrimonio da humanidade.
A situación, en opinión de Esquerda Unida-IU, é especialmente grave cando as obras de restauración do edifico foron incluídas na Addenda ao Convenio de Colaboración entre o I.G.V.S e o Concello de Ferrol para os barrios da Madalena-Ferrol Vello no 2003. E é especialmente grave porque xa pasaron case tres anos dende a súa sinatura sen que se movera unha soa tella dun edificio senlleiro e no que o paso do tempo e sen coidados está facendo que o seu deterioro sexa máis que evidente para calquer cidadán ou visitante de Ferrol. Pero esta evidencia parece que non é tal para os gobernantes da nosa cidade, o binomio PP-IF, que deben pasar cos ollos pechados por diante del ou coa cabeza agachada da vergoña que sinten pola súa ineptitude.
Dende Esquerda Unida-IU esixímoslle ao Goberno de Ferrol que faga algo máis que saír anunciando proxectos e concrete algún para este edificio porque do seu deterioro, esta formación política, os fai responsables pola desidia coa que abordadaron as obras de restauración deste histórico edificio.
Ferrol, 4 de outubro de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere comunicar que o Grupo Parlamentario IU-ICV no Congreso dos Deputados recibiu a resposta escrita do Goberno en relación coa batería de preguntas formuladas por este Grupo Parlamentario o pasado 22 de xuño en relación coa instalación da Planta de Gas en Punta Promontoiro Mugardos pora empresa REGANOSA.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol e a tenor das resposta temos que calificar de vagas e elusivas xa que non entran a respostar ao fondo as preguntas formuladas.
Así afirma o Goberno que non pode suspender as obras a tenor do disposto na Lei 30/92 pero non se pronuncia sobre o realmente preguntado que é a posibilidade proceder á paralización segundo o disposto na disposición octava da Autorización administrativa previa de 3 de xuño de 2002.
Encanto a outra das cuestións, a posibilidade de reconducir o Proxecto cara o litoral exterior da Ría, o Goberno afirma a imposibilidade de realizalo porque o Proxecto non contempla tal alternativa. Lembremos os pronunciamentos xudiciais do TSXG que establecen a necesidade de elaboración dun Informe de impacto ambiental xa que este contaría con alternativas de localización a unha industria que pode poñer en perigo a vida das persoas e a propia subsistencia do medio natural.
Nesta cuestión, a dos pronunciamentos xudiciais, dende Esquerda Unida-IU de Ferrol queremos facer unha fonda crítica en relación á decisión da Xunta de Galicia de recorrer a recente Sentencia do TSXG. Para esta formación política a Xunta de Galicia debe ser o principal defensor da vida e da saúde dos galegos e das galegas, do medio natural de Galicia e particularmente da Ría de Ferrol e con esta decisión está a caer nun discurso moi lonxano do que publicamente pregonan pois están a antepoñer os intereses do capital fronte o das persoas. Iniciando deste xeito a percorrer un camiño diametralmente distinto do que algunha das Consellerías implicadas en tal decisión din que percorren.
Por último, a resposta gubernamental non se pronuncia en relación coas cuestións que non figuraban no Proxecto e que agora se coñecen como o aumento de calado ou a utilización de auga da Ría para a refrixeración da Planta e o seu posterior verquido.
Dende Esquerda Unida-IU solicitámoslle ao Goberno do Estado, igual que á Xunta de Galicia, que non caia, nesta tema, no xogo dos intereses empresariais e antepoña o das persoas e o do medio ambiente, recapacite sobre o proxecto, solicite a paralización cautelar das obras, e traslade o Proxecto cara o Exterior da Ría.
Ferrol, 15 de setembro de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
ROLDA DE PRENSA
Mañán, día 27 de setembro, ás 17:00 horas terá lugar na Sede de Ferrol de EU-IU (R/ Sol 124-126 entrechán esq.) unha rolda de prensa co fin de anunciar as previsións políticas e organizativas para o próximo trimestre. Intervirán o Secretario de Organización, Javier Galán, e o Coordinador Local, Ignacio Allegue.
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Ferrol, a 25 de setembro de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere facer público que o pasado 20 de xullo foi debatida na Deputación Permanente do Congreso dos Deputados a solicitude de comparecencia urxente do Presidente da SEPI a petición do Grupo Parlamentario de Izquierda Unida-ICV para informar sobre a urxente reapertura das distintas mesas de negociación cos representantes dos traballadores de Navantia –IZAR e sobre os conflictos coa industria auxiliar de Navantia (Ferrol-Fene) e a comparecencia do mesmo para informar sobre o cumplimento do acordo marco subscrito coas organizacións sindicais de compromiso de mantemento do emprego, conservación, da unidade do conxunto empresarial e non segregación dos asteleiros privados de Navantia.
Ante a importancia das últimas decisións do Goberno do Estado, con incumprimento dos acordos asinados pola SEPI en 2004 coa parte social do Sector Naval nas que se abordaba o futuro do sector e se establecían unha serie de garantías para os distintos centros productivos e polo carácter inminente das das ditas decisións foi necesario abrir o debate na Deputación Permanente, dando así cumprimento ao seu fin.
Ante o futuro incerto que se abre para o sector naval e como dicimos co incumprimento por parte do Goberno do asinado coa representación dos traballadores pero tamén do negociado e acordado verbalmente polas partes negociadoras e das distintas iniciativas no Congreso dos Deputados en defensa do sector naval como sector público e que tiveron, mesmo, o respaldo do propio Presidente do Goberno faise necesaria a comparecencia do máximo responsable da SEPI para dar explicacións en relación co proceso de privatización dos estaleiros e a situación da industria auxiliar na nosa bisbarra. É por iso que, en opinión de Esquerda Unida-IU, a comparecencia do presidente da SEPI non pode posponerse para setembro, como manifestaron algúnha das señorías, a non ser que o que se pretenda e caer novamente na política dos feitos consumados.
Nembargantes a pesar do interese, da gravidade e da urxencia do tema as ditas peticións de comparecencia non prosperaron xa que as ditas iniciativas só foron apoiadas polos representantes de IU, CC e PP, votando en contra o PSOE e CIU, e absténdose, na nosa opinión de xeito sorpresivo, BNG e PNV.
Ferrol, 26 de xuño de 2006
Esquerda Unida-IU Ferrol
Con data de 18 de xullo, o Grupo Municipal de EU-IU, presentou unha "Moción", relativa a recuperación dun conxunto urbano histórico como é Ferrol Vello.
Mañán, día 18 de xullo, cúmprense 70 anos do golpe de Estado contra o lexítimo goberno da República Española e que supuxo a imposición do réxime militar-fascista do xeneral Franco. Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol queremos reivindicar, nesta ominosa data, a memoria da II Républica, a dos seus principios, e a dos homes e das mulleres que entregaron as súas vidas na defensa da democracia, da igualdade, da liberdade e da xustiza.
Este recordo é particularmente sentido para todas aquelas persoas, tanto civís como militares, que foron executadas en Ferrol e na nosa bisbarra polos golpistas nos primeiros tempos da represión por permanecer leais á República.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol consideramos necesaria a recuperación da memoria de todas estas persoas, non cabe falar, a día de hoxe, de pasar páxina sen previamente facer o esforzo de restaurar a dignidade de todas elas e das súas familias.
Polo tanto, consideramos que é a hora da retirada de toda a simboloxía fascista da nosa cidade, é a hora da retirada dos títulos honoríficos concedidos aos representantes dese réxime dictatorial, como o propio Franco, é a hora da consideración máis sentida e posible por parte da institución do Concello de Ferrol ao réxime democrático da II República e de tódalas persoas que fixeron grandes sacrificios persoais, incluso pagando coas súas propias vidas, na defensa do dito réxime frente aos golpistas.
Ferrol, 17 de xullo de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que no día de hoxe foron presentadas no Senado, por medio do Senador de Izquierda Unida Eduardo Cuenca, un escrito de preguntas dirixidas ao Goberno en relación co “Plan Ferrol” co fin de coñecer o estado actual das axudas recibidas polas empresas beneficiarias das axudas do dito Plan.
A continuación reproducimos integramente o contido do escrito presentado:
“La ciudad de Ferrol es una de las poblaciones más azotadas, dadas las especiales circunstancias de la misma, por la lacra del paro. El último golpe que recibió esta ha sido la prejubilación de más de 1.300 trabajadores de los astilleros de la Empresa Pública IZAR (hoy Navantia) en el año 2004.
Como medida compensatoria a esta drástica medida se acordó subscribir un acuerdo de ayuda a las empresas de la zona denominado “Plan Ferrol” firmado por sindicatos, asociaciones empresariales y Gobierno del Estado.
Por lo expuesto, Al amparo de lo establecido en el Reglamento de la Cámara se presentan las siguientes preguntas dirigidas al Gobierno para las que se solicita respuesta escrita.
¿ Cúantas empresas, indicando nombres de las mismas y actividad, se encuentran en este momento adscritas al denominado Plan Ferrol?.
¿Cuáles han sido lo proyectos presentados por las empresas adscritas y a cuánto ascienden las cantidades en concepto de ayuda que han sido asignadas a cada una de las empresas beneficiarias?”
Ferrol, 7 de xullo de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Mañán, día 6 de xullo de 2006, a Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU no Concello de Ferrol visitará o barrio do Ensanche A a partir das 10 horas.
A dita vista responde á invitación por parte da directiva da Asociaición de Veciños “O Rosario” e ten como fin coñecer o estado do barrio e os seus problemas.
Ferrol, 5 de xullo de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol, quere informar que no día de onte o parlamentario Europeo de Izquierda Unida Willy Meyer presentou " unha pregunta ", oral no Parlamento europeo sobre o expediente por vulneración das Directivas 85/337/CEE e 96/82/CE pola construcción do Proxecto de instalación da Planta de gas natural licuado en Mugardos.
Dende Izquierda Unida se pregunta en relación ao estado no que se atopa o expediente de infracción e sobre se ten coñecemento a Comisión sobre as medidas adoptadas polas autoridades españolas para o cumprimento de ditas directivas.
Ferrol, 5 de xullo de 2006
Esquerda Unida-IU Ferrol
"Asamblea local de Ferrol: Yolanda Díaz elexida candicata á Alcaldía de Ferrol por Esquerda Unida-IU e Ignacio Allegue elexido novo Coordinador local de Ferrol"
A Asamblea Local de Esquerda Unida-IU de Ferrol elexiu o 30 de xuño de 2006 por unanimindade ao novo Consello local. A distribución de responsabilidades queda tralo debate e votación do seguinte xeito:
Coordinador local:Ignacio Allegue Lagóstena
Secretario de Organización:Javier Galán Pérez
Secretario de Finanzas:Eugenio Leira Álvarez
Política municipal:Yolanda Díaz Pérez
Políticas sociais:María Leira Luaces e Ángeles González Carneiro
Comunicación e Propaganda:Anxo Fernández Valdivieso
Ademais, a Asamblea decidiu a persoa que encabezará a lista electoral para as vindeiras municipais que trala proposta, debate e votación e por unanimidade tamén resultou ser a actual Voceira do Grupo Municipal e Coordinadora xeral de Esquerda Unida-IU Yolanda Díaz Pérez.
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere manifestar a súa discrepancia pola decisión tomada na Xunta de Goberno do pasado 26 de xuño e na que se desestimaron as alegacións presentadas tanto por Esquerda Unida-IU como polos veciños de San Xoan á Poligonización do AEI-10 de San Xoán.
Como se lembrará Esquerda Unida-IU de Ferrol presentou un escrito de alegacións o pasado 6 de marzo no que se manifestaba que a actuación parcial sobre o polígono ou que a delimitación de polígonos polas partes non se axustaban ao Plan Xeral. Ao tempo que o que se estaba a facer de facto supoñía unha modificación do Plan por medio dun procedemento non axeitado.
Independentemente de que esta organización política considera que está no certo. A realidade é que o acordo foi tomado no cuarto escuro, aínda que legalmente, e non de xeito aberto como correspondía por ser un tema que afecta á cidadanía particularmente á de San Xoán que, incluso, presentaron alegacións, como estamos a indicar. Por iso, temos que facer unha fonda crítica ao procedemento de desestimación das alegacións pois na nosa opinión e en aras a un proceso democrático máis aberto a cuestión debería de levarse ao Pleno da Corporación e non tratarse como, o foi, na Xunta de Goberno e pola vía de urxencia.
Dende Esquerda Unida-IU consideramos que o tema non era tan urxente e se así o fora debería convocarse un Pleno con carácter extraordinario, pois só así podería darse un auténtico debate político sobre a cuestión.
Ferrol, 4 de xullo de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol solidarízase co traballador ferido nas obras da Pza. de España e coa súa familia.
Como se lembrará o pasado venres, día 30 de xuño, o traballador Juan Carlos S.L. resultou ferido de gravidade ao quedar seoultado por un corrimento de terras cando realizaba a montaxe dunha tubería de augas enfronte o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. O traballador pertenciá a unha Empresa subcontrata de EMAFESA.
Dende Esquerda Unida-IU seguimos a denunciar este tipo de contratacións porque supón a precariedade do emprego dos traballadores e das traballadoras e solicitamos do Concello de Ferrol que controle as obras obras públicas tanto no modo de execución, os tempos da mesma e as condicións laborais dos traballadores e traballadoras.
A temporalidade no emprego, regra xeral na nosa cidade onde só o 3% dos contratos do 2005 foron indefinidos, e a subcontratación son as maiores causas de siniestalidade laboral. Polo que todas administracións públicas, incluídas as locais no ámbito das súas competencias, deben tomar conciencia do asunto e tomar as medidas necesarias para eliminar a siniestralidade laboral.
Ferrol, 3 de xullo de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere unirse ás queixas da cidadanía de Ferrol que están a ver como as obras de reurbanización do centro de Ferrol acumulan cada día maior retraso na súa execución.
Os tramos da rúa María son un bo exemplo do que, está a ocorrir nunha cidade levantada dende a Pza. de España ata a de Armas, como tamén o foron a rúa da Terra ou a de Lugo. Estos retrasos están a causar graves prexuízos á cidadanía porque se pode ser asumible a limitación temporal ao tránsito rodado o que é inasumible e que as rúas estean pechadas aos peóns e máxime cando non se están a respectar os prazos remate das obras.
Dende Esquerda Unida-Iu consideramos un error por parte da Concellería de Urbanismo, tal e como se está a demostrar, a contratación por fases porque con este sistema e ao non respectarse os prazos de execución por parte das empresas adxudicatarias os prexuízos causados á cidadanía en xeral e ao comercio en particular vense agravados.
Dende Esquerda Unida-IU recordámoslle ao Grupo de Goberno, especialmente ao responsable de urbanismo, que as obras públicas teñen como fin servir ao interese xeral minimizando as molestias causadas polas obras ao mínimo razoable. Nembargantes a mecánica que dende a Concellería de Urbanismo se está a practicar é a de servir aos intereses da empresa acondicionando a política e os tempos das obras ás necesidades desta.
Ferrol, 3 de xullo de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol celebrará mañán, día 30 de xuño, ás 20:00 horas na súa sede (R/ Sol 124-126 entrechán esq.) unha importante Asamblea Local na que, entroutras cuestións, abordarase a distribución de cargos do novo Consello local e a elección da persoa que encabezará a lista electoral para as próximas eleccións municipais.
Como se lembrará o pasado día 16 de xuño foi elexido un novo Consello Local que está conformado polas seguintes persoas: Eugenio Leira Álvarez, Anxo Fernández Valdivieso, Yolanda Díaz Peréz, Ángeles González Carneiro, María Leira Luaces, Fina Varela Fontán, Javier Galán Pérez e Ignacio Allegue Lagóstena. De entre estas serán elexidas as persoas que ocupen as distintas responsabilidades de Esquerda Unida-IU de Ferrol como as Coordinación, Organización, Finanzas, Comunicación, Xuventude, Municipal, etc.
Ferrol, 29 de xuño de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol considera fundamental a publicación do censo de residentes do barrio de Recimil para empezar os traballos de carácter social no dito barrio. Neste sentido lembrmos que o Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU solicitou por escrito, o 8 de setembro de 2005, unha copia do devandito documento, escrito que todavía non tivo resposta.
Lembremos que no barrio de Recimil existen vivendas sen ocupar e outras que o están de xeito ilegal. Polo tanto, faise necesario unha depuración do censo para deste modo garantir os dereitos das persoas que legalmente teñan dereito a morar nas vivendas así como o desahucio daquelas que non o teñan e dar así cumprimento o destino social a estas vivendas do patrimonio municipal.
Tamén debemos lembrar que o posicionamento público e diáfano de Esquerda Unida-IU dende que se iniciou o actual debate sobre Recimil é o da rehabilitación das vivendas, que son patrimonio municipal, para darlles ás mesmas un fin social por medio de contratos de aluguer.
Esquerda Unida-IU, ante a trascendencia da cuestión, esixe publicamente ao Alcalde de Ferrol para que dea publicidade dos criterios seguidos para a depuración do censo de residentes ou dos que se están a seguir, xa que ante o silencio amosado durante todo este tempo todo parece indicar que os traballos, a pesar do dito polo Grupo de Goberno, non están rematados.
Só a partir da redacción deste documento se poden determinar os criterios políticos e normativos que rexirán respecto das adxudicacións das vivendas deste parque inmobiliario municipal e daqueles que teñen dereito a permanecer morando nel. Que, en opinión de Esquerda Unida-IU, deben ser criterios de renta per cápita familiar e de tempo de residencia, isto é, os criterios económicos e de arraigo no lugar serán os que determinen os dereitos de residencia en Recimil así como a cuantía dos alugueres a pagar.
Ferrol, a 27 de xuño de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Dende Esquerda Unida-IU queremos salientar que a cordura, ao final, impúxose neste asunto esquecendo megalómanos, irracionais e complexos proxectos baseados na construcción dun novo barrio por medio da especulación co solo publico. Lembremos que as máis de 1000 vivendas de Recimil son de titularidade municipal, constituíndo un patrimonio inmobiliario único en toda Galicia sobre o que desenvolver políticas de carácter social.
Esquerda Unida de Ferrol espera que esta resolución sirva para extender a cordura aos Grupos municipais que constitúen o aactual Grupo de Goberno do Concello de Ferrol e reclama destos que se poñan a traballar no que queda de lexislatura na búsqueda do financiamento necesario para realizar a ansiada rehabilitación, opción que dende que se abriu o debate foi defendida polo Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU de Ferrol para proceder a realizar con este patrimonio público políticas sociais de vivenda como vimos reclamando.
Ademais toda vez que existe esta vontade política pola rehabilitación, e co fin anteriormente citado, solicitamos do Grupo de Goberno a que dunha vez por todas informe sobre o proceso de do censo de residentes e dos criterios seguidos na súa elaboración. Xa que este traballo permitirá garantir os dereitos das persoas que legalmente teñan dereito a morar nas vivendas así como o desahucio daquelas que non o teñan e dar así cumprimento o destino social a estas vivendas do patrimonio municipal.
Ferrol, 22 de xuño de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Como se lembrará se leva dando voltas a esta cuestión dende practicamente o inicio do actual Goberno municipal e agora que está piques de concluir todavía non se deu un só paso que afiance este proxecto. Proxecto que, ademais, conta co beneplácito dos traballadores afectados e que redundará nun mellor servizo público para os Concellos afectados: Ferrol e Narón.
Todo parece indicar que as diferencias económicas do reclamado polo Concello de Ferrol ao Concello de Narón, a quen lle corresponde sufragar o 30 % dos custos, están a paralizar o proxecto. Respecto a esta cuestión hoxe mesmo o Grupo Municipal de Esquerda Unida de Ferrol reclamou o Informe sobre os Custos de Creación e Xestión do Parque Mancomunado de Bombeiros, pois, segundo a información que manexa esta organización, a cantidade reclamada ao Concello de Narón por parte do Grupo de Goberno do Concello de Ferrol non se corresponde cos custos reais do Parque.
Polo tanto, dende Esquerda Unida-IU de Ferrol reclamamos do Grupo de Goberno, e particularmente do Concelleiro-delegado de Seguridade e Tráfico de Ferrol, unha información clara e veraz dos custos reais da creación do Parque Mancomunado de Bombeiros, unha aclaración respecto dos motivos do retraso no proceso de consolidación do proxecto e, sobre todo, que os importes a sufragar polas administracións afectadas dean resposta aos custos reais do Parque e non obedezan a outro tipo de razóns non xustificadas economicamente. Que de ser así, como parece que é pola información que manexa esta formación política, merecen a crítica máis profunda xa que se está privar á cidadanía dun servizo público de calidade xa que a creación do Parque Comarcal suporá a dotación de medios e persoal que redundará na mellora do servizo.
Ferrol, 21 de xuño de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Todas e todos lembramos a campaña mediática que emprendera o Grupo de Goberno (PP-IF) en relación á apertura do Teatro Jofre na data sinalada polo Concello ante a negativa do Goberno do Estado. Todas e todos lembramos o argumento da necesidade de dotar a Ferrol cun centro da cultura, cun auditorio das características do Teatro Jofre. Pero, para sorpresa da cidadanía de Ferrol e pese a todos os argumentos esgrimidos, o Grupo de Goberno acaba de anunciar o peche durante todo o mes de xullo do Teatro con motivo das vacacións do persoal.
Dende Esquerda Unida-IU non compartimos esta solución porque o Teatro Jofre cumpre unha función social cal é a da difusión da cultura e porque as datas dende logo non son as máis axeitadas para proceder o peche porque o coincidir coas vacacións de moitos sectores da cidadanía isto supón tamén un maior tempo de lecer desta e que pode ser aproveitado coa asistencia aos espectáculos do Jofre.
O que denota esta solución non é outra cousa que a nefasta política de persoal que dende o Concello se está a realizar. Onde nin sequera cuestións como o dereito dos traballadores e das traballadoras ás vacacións se teñen en conta para a correcta prestacións dos servicios e que teñen consecuencias como esta, tendo como prexudicados á cidadanía de Ferrol que se ve privada así da posibilidade de participar da difusión da cultura. Por iso dende Esquerda Unida non só non compartimos a decisión tomada polo Grupo de Goberno senón que lle esiximos a búsqueda dunha solución inmediata sen que isto supoña unha pérdida dos dereitos dos traballadores e das traballadoras afectados/as.
Para Esquerda Unida-IU de Ferrol a situación creada por esta decisión non ten parangón en ningún teatro de ningunha cidade europea pero sen irnos lonxe e utilizando como modelo o Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o mesmo ao que o Grupo de Goberno acude como exemplo de xestión, tampouco se dá esta situación así que solicitámoslle ao Grupo de Goberno que tome como referencia a xestión deste Teatro en tódolos seus aspectos e non só para compararse cando lle convén.
Ferrol, 19 de xuño de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol recibiu hoxe a contestación por escrito do
Goberno en relación ás preguntas que presentou no Congreso dos Deputados o
8 de marzo de 2006 sobre o derrubo do muro que circunda o Arsenal e o
Estaleiro.
A resposta literalmente transcrita di: "El derribo que delimitaba el
espacio esxterior de Herrerías se contemplaba aen el anteproyecto del
complementario, aún en fase de redacción, que es el objeto de la
actuación que está llevando a cabo el Ministerio de Vivienda. Para atender
el compromiso de la Ministra de Vivienda en el plazo fijado, 31 de
diciembre de 2005, el derribo se llevó a cabo mediante una
intervención urgente ya finalizada".
Dende Esquerda Unida-IU consideramos unha burla o contido da reposta á
cidadanía de Ferrol e á propia organización que presenta a iniciativa
parlamentaria por non dar unha resposta clara ás preguntas realizadas que,
como se lembrará, eran:
- ¿Qué razón levou ao Ministerio de Vivenda a non rematar a obra de
derrubo do muro que rodea o Arsena e Estaleiro de Ferrol no tramo
Herrerías- Porta do Estaleiro?
- ¿Ten o Goberno previsto continuar coas obras do citado derrubo?. E, no
caso afirmativo, Cando retomará as obras e cal é a data de remate
prevista?.
Así pois, o Ministerio da Vivenda non está a dar unha soa resposta ás
preguntas planteadas pois co escrito remitido polo Goberno non só non se
remata coa incertidume sobre o desenvolvemento e conclusión das obras
senón que todavía engade máis confusión á cidadanía de Ferrol que se atopa
privada dende o século XVIII da contemplación do mar.
Ademais, dende Esquerda Unida-IU, solicitámoslle ao Alcalde Ferrol, como
máximo representante da cidadanía ferrolá que se dirixa en nome desta e de
toda a Corporación municipal ao Ministerio de Vivenda para manifestarlle o
malestar creado con este tipo de actuacións que están a ningunear á
cidadanía de Ferrol.
Por outra banda dende Esquerda Unida anunciamos que o noso Grupo
Parlamentario iniciará novas actuacións, e que nestes momentos se están
tomando en consideración, sobre este tema.
Ferrol, 15 de xuño de 2006
Esquerda Unida-IU Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere manifestar o seu rexeitamento á xestión
dos cobros que se lle veñen facendo aos donos dos postos dos feiróns como
o do Inferniño ou Caranza.
Na actualidade existe unha ordenanza fiscal, concretamente a 21,
reguladora da taxa por postos, barracas, casetas de venda, espectáclos ou
atraccións situados en terreo público e industrias na rúa e ambulantes.
Segundo esta ordenanza se pagaría ao Concello unha cantidade en relación
á superficie ocupada e as caracteristicas do posto. Polo tanto como
calquera imposto ou taxa municipal o Concello de Ferrol debe liquidar e
xestionar o cobro da mesma.
Nembargantes o sistema de cobro ven sendo xestionado polas propias
Asociacións de Veciños dos barrios polo que, na nosa opinión, non existe
a rigorosa transparencia que debe existir cos fondos públicos e isto está
dando lugar a comentarios que deben ser atallados dende o propio Goberno
do Concello de Ferrol que está facendo unha clara deixación de funcións.
Dende Esquerda Unida-IU consideramos que os ingresos procedentes destas
actividades son de todos e todas os ferroláns e ferrolás e non son
ingresos propios de entidades como as Asociacións de Veciños ou da
veciñanza do barrio no que se celebran os feiróns. Polo tanto, esíximoslle
ao Goberno do Concello de Ferrol, e en particular aos
Concelleiros-Delegados de Mercados e Patrimonio, que poñan en claro as
cuestións relativas a como se
fan estos cobros, os importes dos mesmos, e esixan aos colectivos que
están facendo o papel do Concello unha contabilidade clara sobre os mesmos
que inclúa tanto as cantidades ingresadas, o concepto das mesmas e o xeito
de facer as liquidacións, así como o seu destino e sobre todo que sexa a
propia Administración local a través dos seus medios quen liquide,
xestione e ingrese as cantidades procedentes das actividades comprendidas
na Ordenanza 21.
Ferrol, 14 de xuño de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol recorrerá o acordo plenario do pasado 25 de maio da adxudicación do á Empresa Serviocio do contrato de redacción do proxecto de xestión e explotación dun centro deportivo de ocio e saúde no Barrio de Ultramar, a coñecida piscina de Sartaña.
Esquerda Unida-IU de Ferrol, que utilizará as medidas legais que permiten aos concelleir@s recorrer os acordos plenarios cando esten votaran en contra, xa amosou en boca da súa voceira as razóns da súa oposición a este proxecto do Grupo de Goberno. Entroutras razóns dende Esquerda Unida non compartimos que esta sexa a localización máis axeitada para unha infraestructura deportiva deste tipo, consideramos que trátase dunha privatización dun espazo público que ten un alto uso social na actualidade, esta infraestructura non dará solución ás listas de espera de usuarios de piscinas, existen outras localizacións óptimas e cercanas que evite estes prexuízos á veciñanza do barrio e que si darían solución a esas listas e para finalizar porque para este organización existen dúbidas fundadas sobre o cumprimento da legalidade urbanística vixente.
O contido concreto do Recurso de Reposición será comunicado á cidadanía por medio de rolda de prensa unha vez que sexa presentado.
Ferrol, 6 de xuño de 2006
Esquerda Unida-IU Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere comunicar que no día de hoxe no transcurso da Comisión Informativa de Servizos preguntou sobre o Plan de Contenerización subterránea do Concello de Ferrol e a súa posta en funcionamento.
Como se lembrará existe un Convenio coa Xunta de Galicia para proceder á contenerización subterránea para a recollida de lixo e que xa conta coa infraestrucura para a súa posta en funcionamento.
Tras recibir numerosas queixas dos veciños e das veciñas que ven como as obras están rematadas dende hai meses pero que nembargantes non poden utilizar este beneficioso servizo para a cidadanía, o Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU no Concello de Ferrol preguntou ao responsable da Concellería de Servizos sobre esta cuestión.
Ante a ausencia de resposta do dito responsable que xustificara técnica, económica, o xurídicamente a privación deste servizo á cidanía, a Esquerda Unida-IU de Ferrol non lle queda máis remedio que culpar da situación actual á desidia e o inmobilismo do Sr. Concelleiro. Esta falta de preocupación polas cuestións básicas da política municipal están a marcar o goberno da coalición PP-IF que a conta de tratar sobre grandes ideas urbanísticas están a descoidar cuestións básicas, como esta que nos ocupa, e que teñen un efecto positivo sobre o medioambiente e a salubridade da cidade.
Dende Esquerda Unida-IU esixímoslle ao Sr. Concelleiro Delegado de Servizos que se poña a traballar dunha vez por todas no asunto e dote á cidadanía deste beneficioso servizo, porque as obras públicas se fan en beneficio da cidadanía e non só das empresas que as realizan e este beneficio obténse, neste caso, coa súa posta en funcionamento.
Ferrol, 7 de xuño de 2006
Esquerda Unida-IU Ferrol
Membros de Esquerda Unida-IU deprazáronse ao lugar tras recibir o aviso dun particular de que neste camiño se executaron obras de ancheamento do devandito vial. Estes membros puideron comprobar que a anchura do camiño que antes permitía o paso dun vehículo agora permite o paso de dous e que a as obras foron realizadas sen ningún tipo de precaución ambiental. Así puidose constatar que o material excedente da obra foi botado ás beiras do camiño caendo parte deste á propia lagoa e como foi cortada a vexetación lacustre das marxes.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol queremos denunciar o escaso ou nulo
control por parte do Grupo de Goberno das obras efectuadas nun entorno
tan sensible como é a Lagoa de Doniños, que como lembramos aquí xa foi
clara e recentememente agredido coas obras de acceso ao Porto Exterior, e
nun lugar que, ademais, pertence ao Dominio Público Marítimo Terrestre.
No día de hoxe, o Concelleiro de Zona Rural, toda vez que foi posto en
coñecemento por parte de Esquerda Unida-IU destes feitos, comprometeuse a
estudiar o caso e á recuperación do entorno ao seu estado anterior. Dende
Esquerda Unida-IU de Ferrol anunciamos que estaremos pendentes do
resultado final das obras para non permitir unha agresión máis a unha das
paraxes naturais máis importantes do noso Concello.
Ferrol, 29 de maio de 2006
Esquerda Unida-IU Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol ante a noticia aparecida nos medios de comunicación en relación á afectación da Lagoa de Doniños a causa das obras dos accesos ao Porto Exterior quere manifestar que:
Esta formación política presentou, en tempo e forma, un escrito de alegacións ao “Estudio dos impactos ambientais acumulados sinérxicos e complementarios da ampliación do Porto de Ferrol e o seu acceso por estrada”.
Concretamente na alegación quinta se indicaba que “A construcción dun viaducto sobre o val de Doniños afectará inexorablemente á calidade das augas do principal aporte acuífero da lagoa de Doniños, o rego de Anido, debido ao movemento de terras. Nembargantes isto non é tomado en consideración no Estudio, polo tanto é necesario unha revisión deste que contemple as medidas correctoras necesarias para que non se vexa alterado un espacio natural incluido na zona L.I.C e proposto actualmente como zona ZEPA pola Xunta de Galicia. Ademáis, o devandito viaducto causará un impacto paisaxístico-visual elevado no Estudio non se contemplan medidas correctoras a este impacto polo que debe ser revisado neste punto e proponer as medidas oportunas para que este se integre no entorno causando a menor incidencia posible”.
Polo tanto, para Esquerda Unida-IU de Ferrol, a situación é de suma gravidade xa que o Goberno do Estado estaba previamente advertido, tanto polas alegacións desta formación política como polas presentadas por distintas entidades ecoloxistas, dos efectos que as obras iban ter sobre a lagoa de Doniños, un dos valores naturais máis significativos do noso Concello, e por conseguinte
debería tomar, no seu momento, as medidas necesarias para evitar o impacto que finalmente tivo lugar e non obviar as alegacións que, con carácter constructivo e en aras á defensa dun ben común como é o medio ambiente, foron presentadas.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol reclamamos non só as medidas tomadas para evitar novos verquidos na lagoa senón que tamén se realice, con carácter urxente, un estudio en profundidade do impacto causado e a toma de medidas conducentes á recuperación da lagoa ao seu estado anterior.
Ferrol, 26 de maio de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere comunicar a resposta escrita do Goberno do Estado en relación a unha pregunta do Grupo Parlamentario de IU-ICV sobre unha parcela situada no barrio de Esterio.
Como se lembrará as preguntas dirixidas ao Goberno eran:
“¿Le fue solicitada al Ministerio de Defensa por parte del Ayuntamiento de Ferrol la cesíón de una parcela situada entre las calles Naturalista López Seoane, Avenida de Vigo y Avenida de Esteiro , de la que es propiedad en un 80% el Ministerio de Defensa ( estaba destinada a que el Invifas construyese viviendas) y de la que el propio Ayuntamiento posee el restante 20% , para ponerla, una vez cedida, a disposición de la Universidad de A Coruña para que en ella se construyese una Residencia Universitaria Pública?.
¿Estaría dispuesto el Ministerio de Defensa, en caso de solicitarse por parte del Ayuntamiento de Ferrol la cesión de la parcela antes citada y para el fin antes citado, a acceder a la petición del Ayuntamiento de Ferrol?.
¿En caso contrario a que va a dedicar el Ministerio de Defensa la parcela mencionada anteriormente? ¿ Piensa proceder a su venta?”
Á vista da resposta do Goberno, cuia copia achégase, dende Esquerda Unida-IU de Ferrol reclamamos que o Grupo de Goberno do Concello de Ferrol poñase a traballar para reclamar a cesión das parcelas 18-1 e 8-c do Barrio de Esterio para que pasen a integrar o patrimonio municipal ou para a cesión á Universidade, toda vez que foron desafectadas por este Ministerio, para darlle un destino social
ás mesmas e para que á outra parcela propiedade do Ministerio de Defensa na zona, e esta si afectada ao uso da defensa e situada entre o antigo Hospital e a Residencia de Xefes e Oficiais, sexalle levantada esta afección e proceda no mesmo sentido que nas anteriores.
Ademais dende Esquerda Unida-IU queremos manifestar a intención do Goberno do Estado de proceder a enaxenación das fincas 18-1 e 8-c, unha vez depuradas física e xurídicamente, se esta enaxenación non fose no sentido indicado por esta formación política, isto é, que pasen a integrar o patrimonio municipal ou para a cesión á Universidade.
Ferrol, a 25 de maio de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que co gallo da campaña de presentación da Proposta de Reforma do Estatuto de Autonomía elaborado por Esquerda Unida-IU ante aos diferentes colectivos do mundo da cultura, ecoloxistas, organizacións sindicais, etc... mañán, venres 19 de maio de 2006, ás 10:00 horas será presentado ante a dirección do Confederación de Empresarios de Ferrol na súa sede social.
Neste acto estarán presentes responsables locais de Ferrol e comarcais de Ferrolterra de Esquerda Unida-IU, así como a Coordinadora xeral de Esquerda Unida-IU de Galicia, Yolanda Díaz.
A Proposta de de Reforma do Estatuto de Autonomía elaborado por Esquerda Unida-IU é un texto totalmente articulado no que ademáis de tratar as cuestións identitarias como a definición de Galicia como nación ou a consideración do galego como lingua propia de Galicia, tratánse de forma profunda, novidosa, e recollendo os valores da esquerda que representa Esquerda Unida-IU as cuestións de igualdade de xénero, dos dereitos laborais, dos dereitos ambientais, da saúde e da democracia participativa.
Ferrol, a 18 de maio de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que co gallo da campaña de presentación, tal e como foi anunciado en rolda de prensa o pasado mércores 3 de maio de 2006, con motivo da campaña de presentación da Proposta de Reforma do Estatuto de Autonomía elaborado por Esquerda Unida-IU ante aos diferentes colectivos do mundo da cultura, ecoloxistas, organizacións sindicais, etc... mañán, martes 9 de maio de 2006, ás 19:30 horas será presentado ante a dirección do sindicato USTG na súa sede social.
Neste acto estarán presentes responsables locais de Ferrol e comarcais de Ferrolterra de Esquerda Unida-IU, así como a Coordiandora xeral de Esquerda Unida-IU de Galicia, Yolanda Díaz.
Ferrol, a 8 de maio de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere informar que no día de hoxe foron
presentadas unha serie de preguntas en relación coa situación laboral das
traballadoras do Centro de Atención de Minusválidos Fisicos de Ferrol
tralo proxecto de esixir novas titulacións ás que viñan esixíndolles para
a súa contratación polo IMSERSO.
A continuación achégase o texto completo do escrito dirixido ao Goberno
polo Grupo Parlamentario IU-ICV:
"En la actualidad en el Centro de Atención a Minusválidos Físicos (CAMF)
de Ferrol vienen realizando su trabajo un importante grupo de personas de
la Comarca de Ferrol agrupadas en diversas categorías, entre ellas la de
Cuidadora (Oficial Sanitario Asistencial (OSA))
Conforme al proyecto que tiene la Dirección General del IMSERSO, para las
normas que regirán la nueva bolsa de empleo temporal en el CAMF de
Ferrol, se pretende modificar la titulación exigida para las cuidadoras
(OSA). Hasta ahora la titulación exigida eran la de estudios primarios:
EGB, ESO, etc. y esto era así tanto para el personal fijo como eventual.
Y decimos "hasta ahora" porque la titulación que se pretende exigir en
las nuevas normas de la bolsa de empleo es la de Auxiliar de Clínica.
Esta exigencia de titulación de Auxiliar de Clínica no sólo es para los
nuevos ingresos sino también para las trabajadoras que venían
desarrollando este trabajo de OSA, que nunca se les exigió, y sin que,
con la antelación suficiente, se les posibilitara, un período de tiempo
bastante para cursar los estudios correspondientes a esta titulación.
Además, de realizarse este cambio de criterio en cuanto a la exigencia de
una nueva titulación se estaría creando una situación de inestabilidad
laboral especialmente para las trabajadoras afectadas y pero, por
extensión, también para sus familias en una comarca que sufre una de las
tasas más elevadas de desempleo del Estado.
Por lo expuesto,
Al amparo de lo establecido en el Reglamento de la Cámara se presentan
las siguientes preguntas dirigidas al Gobierno para las que se solicita
respuesta escrita.
-¿Exigirá el IMSERSO a todas las trabajadoras, fijas y eventuales, que
venían desarrollando su trabajo de OSA en el CAMF de Ferrol la titulación
de Auxiliar de Clínica?. En caso afirmativo, ¿desde que fecha?
- En el caso de exigir en lo sucesivo la titulación de Auxiliar de
Clínica para el empleo de OSA, ¿dará el IMSERSO un período de tiempo
prudente y suficiente para que las trabajadoras, fijas y eventuales,
puedan cursar los estudios correspondientes a dicha titulación?."
Ferrol, a 26 de abril de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere denunciar o estado de abandono no que se atopa o Castelo de San Felipe.
Tras comprobar “in situ” o estado lamentable deste atractivo turístico de alto valor simbólico para a cidadanía de Ferrol o pasado día 14 co gallo dos actos organizados pola nosa formación política en conmemoración da II República,. Esquerda Unida-IU quere manifestar publicamente os comentarios recollidos xa non só polos asistentes aos ditos actos senón tamén polos visitantes deste importante recurso turístico que iban dende a crítica dos accesos ao mesmo ata a ausencia dos máis elementais coidados de mantemento, como os de xardinería, e conservación.
Dende Esquerda Unida-IU queremos denunciar que a política de desidia do Goberno municipal, en canto o mantemento e conservación do patrimonio municipal, tórnase máis que evidente no caso que nos ocupa onde a herba crece por doquier o que lembra, salvando as distancias, á denuncia realizada por George Borrow cando en 1837 visitaba a nosa cidade.
Para Esquerda Unida-IU de nada sirven a propaganda turística mediante a difusión dos valores deste enclave cando unha vez realizada a visita a decepción e o desencanto son os sentimentos que se levan os nosos visitantes. Polo tanto, queremos denunciar que non só chega con realizar un servizo de vixianza,ou a instalación dunha iluminación artística do castelo senón que se deben poñer os medios necesarios para a conservación e o mellor aproveitamento social do Castelo de San Felipe, icono, tantas veces repetido polo Grupo de Goberno, da potencialidade turística do noso Concello.
Ferrol, 20 de abril de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
A agrupación local de Esquerda Unida-Esquerda Unida organiza unha serie de actos para conmemorar o 75 aniversario da proclamación da Segunda República, que terán lugar mañá e que contarán coa presenza do coordinador federal desta formación.
Malia que o Coordinador Comarcal desta agrupación política, Víctor Agulló,
deixou abofé que estes actos non se celebran expresamente polo aniversario
da República, xa que Esquerda Unida, dixo, leva varios meses traballando
nesta cuestión, finalmente elixiuse a data na que esta proclamouse, o 14
de abril, para levar a cabo unha serie de actividades que non teñen que
ser de EU, senón de todos vos que levan a República non seu corazón .
Agulló explicou onte no marco dunha roda de prensa que os actos que terán
lugar mañá non teñen parangón nin en Galicia nin probablemente en España ,
xa que se trataría da primeira homenaxe pública á Segunda República destas
características que se celebra desde que foi derrocada por un golpe de
estado en 1936 e a posterior guerra civil que culminou en 1939 co comezo
do franquismo.
As actividades comezarán, como informou o coordinador conmarcal de EU-IU,
ás once da mañá no peirao de Curuxeiras, desde onde sairá unha lancha cara
á romaría republicana . A viaxe, que concluirá en San Felipe, fará escala
en Mugardos, unha vila que foi represaliada dunha forma terrible durante
ou franquismo , para recoller aos cidadáns que desexen acudir a este acto.
Xa na fortificación ás doce do mediodía, levarase a cabo unha ofrenda
floral de homenaxe á República e aos represaliados no franquismo.
Os actos do día concluirán cunha cea no Hotel Hesperia, ás nove, na que
estará presente o coordinador federal de Esquerda Unida, Gaspar
Llamazares, que posiblemente chegará á cidade ao mediodía.
Nesta última iniciativa, para a que xa confirmaron a súa asistencia
numerosos ferrolanos e cidadáns doutras partes de Galicia, Llamazares
dirixirase aos asistentes para explicar o modelo de Estado que defende a
formación que lidera e incidir na vixencia dos valores da Segunda
República.
A responsable local e nacional de EU-IU, Yolanda Díaz, recordou que a súa
organización política presentou ante a Xunta unha proposición non de lei
que aínda, dixo, non foi contestada solicitando que o Parlamento celebre
un acto institucional de recoñecemento aos represaliados, que se abonen
indemnizacións asegurou que Galicia é a única comunidade na que non se
fixo e que se leve a cabo un traballo de campo encamiñado a elaborar un
censo de vítimas do franquismo. Ademais, afirmou que o traballo de
recuperación da memoria histórica non debe limitarse a este ano declarado
así pola Xunta, senón que, ao seu xuízo, a Consellería de Cultura tería
que facer un estudo para que as novas xeracións coñezan a realidade e a
historia deste país .
Díaz subliñou que o seu partido tamén se afasta do PSOE en cuestións tales
como considerar que os represaliados abarcan toda a época do franquismo,
ata a morte do dictador, e en non realizar diferenzas biolóxicas sobre as
idades das vítimas á hora de percibir indemnizacións.
Co gallo do 75 aniversario da proclamación da II República, Esquerda
Unida-IU de Ferrol organizará o sinalado día do 14 de abril, unha cea no
Hotel Hesperia de Ferrol, con comezo ás 21:30 horas. O mesmo día ás 12
horas no Castelo de San Felipe realizaráse unha ofrenda floral, no que
intervirán membros do mundo da cultura e da organzación e no que se
interpretarán os himnos de Riego e de Galicia.
Dende Esquerda Unida vémonos na obriga moral, científica e política de
lembrar o papel dos democrátas, do movemento obreiro e da esquerda,
recuperando a memoria histórica de rebeldía política e loita social dos
nosos pobos. É unha obriga respecto ao pasado: é un recoñecemento a un
período de apertura democrática, de compromiso social e de vontade de
construir un Estado próspero e plural. Pero é tamén un compromiso
respecto do presente e do futuro: é reivindicar que os valores que o
construiron seguen sendo plenamente vixentes hoxe tamén.
O dito acto, polo tanto, é unha homenaxe aos homes e mulleres que fixeron
posible a República e a todos e todas os que, durante os negros anos da
dictadura de Franco, mantiveron vivos os valores republicanos: o da
igualdade, o da xustiza, o da liberdade e, principalmente, o da
democracia.
Por último, suliñar que este acto, no que estarán presentes distintos
cargos da nosa organización nacional e federal, entre eles Yolanda Díaz e
Gaspar Llamazares, ten carácter aberto e, por iso, queremos facer un
chamamento a participar nel a tódalas persoas interesadas.
Para máis información 981 94 40 35
Ferrol, 7 de abril de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que no día de hoxe foi debatida a proposta presentada polo Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Ferrol o 24 de marzo sobre a utilización e divulgación da enerxía solar.
Tralo debate desta iniciativa temos que sinalar que grazas ao traballo do noso Grupo Municipal o Concello de Ferrol organizará unhas Xornadas ou Conferencias sobre a utilización da enerxía solar e os seus beneficios para o medio ambiente.
Nembargantes temos que lamentar que unha das partes fundamentais desta iniciativa, como é o da edición dunha Guía informativa e de fomento do uso desta enerxía alternativa, non foi aprobada trala negativa do Grupo de Goberno amparándose en cuestións orzamentarias. Cuestión que pon en evidencia o que dende o noso Grupo Municipal denunciamos no seu momento respecto dos orzamentos municipais.
Así todo, dende Esquerda Unida aledámonos de que grazas ao noso traballo a cidadanía de Ferrol poida ter información, se ben non do xeito que a nos gustarianos, respecto a cuestións como o uso, a instalación ou as axudas que procedan pola instalación deste tipo de enerxía. Á vez que esperamos que eses atrancos orzamentarios, alegados polo Goberno Municipal, sexan salvados polo Grupo de Goberno e se proceda á edición da devandita guía.
Ferrol, a 30 de marzo de 2006
Esquerda Unida-IU Ferrol.
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que mañán, martes día 27 de marzo de 2006, ás 19:30 horas e no local da Asociación de Veciños de San Xoan terá lugar a Asamblea aberta con este colectivo veciñal dentro da campaña que está a realizar Esquerda Unida-IU de Ferrol por todos os barrios e as parroquias do Concello.
Como se lembrará Yolanda Díaz, Voceira do G.M. de Esquerda Unida-IU no Concello de Ferrol, anunciou o inicio dunha campaña de asambleas abertas nas asociacións de veciños do Concello de Ferrol. A finalidade que se pretende cumprir con este traballo, como anunciou a devandita Concelleira, é o de poñer a disposición d@s veciñ@s o propio Grupo Municipal para coñecer de primeira man as preocupacións dest@s e para someterse á súa crítica.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol sabemos que este tipo de actos non son habituais na política municipal pero somos conscientes de que outra forma de facer política é posible. Esquerda Unida-IU aposta pola participación cidadán e queremos,neste sentido, animar a toda a cidadanía dos distintos barrios e parroquias de Ferrol a que participen activamente nestes encontros e, particularmente, neste próximo martes aos de San Xoan.
Ferrol, a 26 de marzo de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
O responsable da Área Federal de Izquierda Unida e Voceiro da Coordinadora
estatal na defensa do ferrocarril público, José Luis Ordóñez, estará hoxe
ás 17 horas en Ferrol impartindo unha ponencia baixo o título
"Contribución do ferrocarril ao transporte sustentábel".
A dita ponencia enmárcase dentro das Xornadas do Transporte Sustentábel
organizadas pola Plataforma do Transporte Público de Ferrol da que forman
parte (ADEGA, CGT, Esquerda Unida-Iu e Nós-up) e que se desenvolverán no
Ateneo ferrolán coa colaboración do Concello de Ferrol.
Dende Esquerda Unida, como participante na organización deste importante
evento e como organización política que defende o transporte público e que
aposta polo desenvolvemento sustentable, queremos animar a todas as
persoas interesadas a participar nestas xornadas de concienciación
ambiental que se desenvolverán conforme ao seguinte programa:
Venres 24 de marzo:
· 17 h.: Transporte e sustentabilidade no Concello de Ferrol. Amador
Rodríguez Silvar (Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Ferrol).
· 17:30 h: Novas solucións para o transporte rural: propostas cara unha
mobilidade sustentábel. Miguel Pazos Otón (Profesor de Xeografía Humana na
Faculdade de Historia da USC).
· 18 h: Aportación do ferrocarril ao transporte sustentábel. José Luis
Ordóñez (voceiro da Coordinadora Estatal na Defensa do Ferrocarril
Público).
· 18:30 h: Privatización do ferrocarril. Rafael Camacho Navajas
(Coordinador de Galicia do Sindicato Federal Ferroviario de CGT).
· 19 h: Mesa redonda, rolda de intervencións.
Sábado 25 de marzo
· 11 h: A mobilidade sustentábel: movéndonos respectando o medio ambiente.
Xan Duro Fernández (militante ecoloxista e ciclousuario).
· 11:30 h: Urbanismo e sostenibilidade na rexión urbana A Coruña-Ferrol.
Xosé Luis Martínez Suárez (Vicerrector de Infraestruturas e medio ambiente
da Universidade da Coruña).
· 12:00 h: A evolución do transporte en Ferrolterra: o transporte
marítimo. Bernardo Maiz Vázquez (Profesor de Historia no IES Concepción
Arenal de Ferrol).
· 12:30 h: Presentación do video "Un día con coche". Diego Sánchez Couso
(Colectivo Peonil e Ciclista Eixo da Coruña).
· 13 h.: Mesa redonda, rolda de intervencións.
Ferrol, 24 de marzo de 2005
A Secretaría de Medio Ambiente de Esquerda Unida-IU de Ferrol
Tralo encontro mantido no día de onte, polo Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU no Concello de Ferrol cos membros da A.VV de Canido, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere manifestar que:
A escasa preocupación do Goberno municipal por este barrio é evidente xa que sendo un barrio densamente poboado e que o será máis unha vez que se conclúan todas as promocións inmobiliarias que se están a desenvolver nel na actualidade este non conta a día de hoxe cun local onde poñer en practica actividades socioculturais e de dinamización da poboación do barrio. Este local ben podería ser o propio da Asociación de Veciños que cumpliría esa función de centro cívico, cousa que non sucede na actualidade por contar esta cun local de escasa dimensión para este fin e en réxime de alugamento. Así pois, dende Esquerda Unida-IU instamos ao Grupo de Goberno que se poña a traballar neste sentido e dispoña dos fondos necesarios para dar cumprimento a esta demanda veciñal.
Ademais, debemos indicar que debido as obras existentes na cidade os veciños de Canido están sofrindo na actualidade graves dificultades para acceder aos servizos de transporte público, en particular as liñas con destino Catabois, Residencia e praias, pois vense na obriga de dirixirse á parada do Cuartel da Guardia Civil (Santa Marina) co conseguinte esforzo que isto supón particularmente aos maiores. Esquerda Unida-IU esixe ao Concelleiro-delegado de Tráfico que, á maior brevidade, inicie as xestións oportunas ante a Empresa prestadora do servizo, ante a Xunta de Galicia, e dispoña o necesario para que estos autobuses realicen unha parada na Praza de Canido xa que isto non supón un aumento do tempo do percorrido nin unha alteración substancial do tránsito de vehículos.
Tamén relacionado co tránsito, pero neste caso de peóns, Esquerda Unida-IU quere denunciar a situación de perigo para
estes que se está a dar na rúa Alegre por culpa da invasión da beirarrúa polas obras na zona. Lembrar neste sentido, que só existe unha beirarrúa na rúa e polo tanto a situación e especialmente preocupante.
Por último queremos esixir ao Grupo de Goberno que poña os medios necesarios para censar e determinar as instalacións de antenas de telefonía móbil que non están a cumprir a normativa vixente para proceder á súa eliminación polo perigo que para a saúde das persoas supoñen. Esta situación se está a vivir en distintos lugares da cidade pero particularmente en Canido pola súa situación xeográfica.
Dende Esquerda Unida-IU queremos lembrarlle ao Grupo de Goberno, unha vez máis, que a política municipal non se circunscribe ao ámbito das grandes obras e proxectos senón, e con carácter prioritario, a dar cumprimento as necesidades dos veciños e das veciñas e á defensa dos seus intereses colectivos.
Ferrol, 23 de marzo de 2006
Esquerda Unida-IU Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que mañán, xoves día 23 de marzo de 2006, ás 19:30 horas e no local da Asociación de Veciños de A Graña terá lugar a Asamblea aberta con este colectivo veciñal dentro da campaña que está a realizar Esquerda Unida-IU de Ferrol por todos os barrios e as parroquias do Concello.
Como se lembrará Yolanda Díaz, Voceira do G.M. de Esquerda Unida-IU no Concello de Ferrol, anunciou o inicio dunha campaña de asambleas abertas nas asociacións de veciños do Concello de Ferrol. A finalidade que se pretende cumprir con este traballo, como anunciou a devandita Concelleira, é o de poñer a disposición d@s veciñ@s o propio Grupo Municipal para coñecer de primeira man as preocupacións dest@s e para someterse á súa crítica.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol sabemos que este tipo de actos non son habituais na política municipal pero somos conscientes de que outra forma de facer política é posible. Esquerda Unida-IU aposta pola participación cidadán e queremos,neste sentido, animar a toda a cidadanía dos distintos barrios e parroquias de Ferrol a que participen activamente nestes encontros e, particularmente, neste próximo xoves aos de A Graña.
Ferrol, a 22 de marzo de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Co gallo do 75 aniversario da proclamación da II República, Esquerda Unida-IU de Ferrol organizará o sinalado día do 14 de abril, unha cea no Restaurante da FIMO de Ferrol.
Dende Esquerda Unida vémonos na obriga moral, científica e política de lembrar o papel dos democrátas, do movemento obreiro e da esquerda, recuperando a memoria histórica de rebeldía política e loita social dos nosos pobos. É unha obriga respecto ao pasado: é un recoñecemento a un período de apertura democrática, de compromiso social e de vontade de construir un Estado próspero e plural. Pero é tamén un compromiso respecto do presente e do futuro: é reivindicar que os valores que o construiron seguen sendo plenamente vixentes hoxe tamén.
O dito acto, polo tanto, é unha homenaxe aos homes e mulleres que fixeron posible a República e a todos e todas os que, durante os negros anos da dictadura de Franco, mantiveron vivos os valores republicanos: o da igualdade, o da xustiza, o da liberdade e, principalmente, o da democracia.
Por último, suliñar que este acto, no que estarán presentes distintos cargos da nosa organización nacional e federal, ten carácter aberto e, por iso, queremos facer un chamamento a participar nel a tódalas persoas interesadas.
Ferrol, 22 de marzo de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere manifestar que, trala renuncia da Concelleira de Muller e Parques e Xardíns e o nomeamento dun novo Concelleiro na Corporación de Ferrol, na actualidade as ditas Concellerías continúan sen contar cun ou cunha membro da Corporación responsable das ditas Áreas.
Así pois recuperada a normalidade, interrompida pola dita “renuncia”, e contando a Corporación co número completo de Concelleir@s, dende Esquerda Unida-IU consideramos que o Sr. Alcalde debe facer xa unha proposta de nomeamento da persoa ou persoas que ostentarán estas reponsabilidades e proceder, de ser preciso, ás reestructuracións necesarias do Goberno municipal dado que, pola súa trascendencia e incidencia social, ambalas dúas áreas de goberno vacantes deben ser cubertas á maior brevidade.
Sen dúbida esta falta de facer é, en opinión desta organización, síntoma da escasa preocupación do Grupo de Goberno polas cuestións cotidiáns, as que lle preocupan á cidadanía, e por iso lembrámoslle ao Sr. Juncal que foi elexido para ser Alcalde de Ferrol e polo tanto debe cumprir con caracter prioritario o seu papel como tal sobre outros cargos coincidentes na súa persoa. Polo tanto, esixímoslle ao Sr. Juncal, polo ben da cidadanía de Ferrol, que se centre no seu traballo de Alcade de todos e todas os cidadáns e cidadás de Ferrol.
Ferrol, a 21 de marzo de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que mañán, mércores día 22 de marzo de 2006, ás 19:30 horas e no local da Asociación de Veciños de Canido terá lugar a Asamblea aberta con este colectivo veciñal dentro da campaña que está a realizar Esquerda Unida-IU de Ferrol por todos os barrios e as parroquias do Concello.
Como se lembrará Yolanda Díaz, Voceira do G.M. de Esquerda Unida-IU no Concello de Ferrol, anunciou o inicio dunha campaña de asambleas abertas nas asociacións de veciños do Concello de Ferrol. A finalidade que se pretende cumprir con este traballo, como anunciou a devandita Concelleira, é o de poñer a disposición d@s veciñ@s o propio Grupo Municipal para coñecer de primeira man as preocupacións dest@s e para someterse á súa crítica.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol sabemos que este tipo de actos non son habituais na política municipal pero somos conscientes de que outra forma de facer política é posible. Esquerda Unida-IU aposta pola participación cidadán e queremos,neste sentido, animar a toda a cidadanía dos distintos barrios e parroquias de Ferrol a que participen activamente nestes encontros e, particularmente, neste próximo mércores aos de Canido.
Ferrol, a 21 de marzo de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que mañán, martes día 21 de marzo de 2006, ás 19:00 horas e no local da Asociación de Veciños “Castelao” de Brión terá lugar a Asamblea aberta con este colectivo veciñal dentro da campaña que está a realizar Esquerda Unida-IU de Ferrol por todos os barrios e as parroquias do Concello.
Como se lembrará Yolanda Díaz, Voceira do G.M. de Esquerda Unida-IU no Concello de Ferrol, anunciou o inicio dunha campaña de asambleas abertas nas asociacións de veciños do Concello de Ferrol. A finalidade que se pretende cumprir con este traballo, como anunciou a devandita Concelleira, é o de poñer a disposición d@s veciñ@s o propio Grupo Municipal para coñecer de primeira man as preocupacións dest@s e para someterse á súa crítica.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol sabemos que este tipo de actos non son habituais na política municipal pero somos conscientes de que outra forma de facer política é posible. Esquerda Unida-IU aposta pola participación cidadán e queremos,neste sentido, animar a toda a cidadanía dos distintos barrios e parroquias de Ferrol a que participen activamente nestes encontros e, particularmente, neste próximo martes aos de Brión.
Ferrol, a 20 de marzo de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
O Grupo Parlamentario no Congreso dos Deputados Izquierda Unida-ICV presentou, a instancia de Esquerda Unida-IU de Ferrol, unha pregunta dirixida ao Goberno en relación coas obras de derrubo do tramo do muro entre Herrerías e a porta do Estaleiro.
Como se lembrará existe o compromiso do derrubo do dito tramo polo Ministerio de Vivenda quen, o 10 de decembro de 2005, declaraba que as obras remataríanse antes do 31 de decembro do ano pasado. Nembargantes as obras, que si foron iniciadas, non foron concluídas conforme ao dito compromiso e quedan varios metros de muro sen derrubar.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol consideramos que a completa demolición do tramo Herrerías-Porta do Estaleiro significará gañar un novo espacio aberto ao mar para a cidadanía do que por tantos anos se viu privada e, polo tanto, necesario o cumprimento do compromiso do Goberno anunciado en decembro de 2005.
É por iso polo que dende Esquerda Unida consideramos procedente a reposta por escrito do Goberno do Estado ás seguintes cuestións:
Tralo encontro celebrado o día de onte coa A.VV de Valón Esquerda Unida-IU de Ferrol quere, novamente, denunciar a escasa preocupación do Grupo de Goberno pola Zona rural.
Dende Esquerda Unida-IU consideramos ao contrario que o Grupo de Goberno que a cidadanía desta zona o é de primeira clase e non de segunda ou terceira como parece que a considera este. Pois senón non se explica porque o Grupo de Goberno non contesta ás solicitudes deste colectivo veciñal, todas en beneficio da comunidade e moitas de escasos custe.
Por exemplo non se entende como o Grupo de Goberno, tan afecionado o formigón, non sexa capaz facer cousas tan sinxelas como dotar dunha rampa de acceso a discapacitados físicos á propia sede veciñal, proceder á reparación do muro de contención do Camiño da Chousa, a limpeza e desbroce de maleza ou a sinalización vertical das estradas.
Outras queixas veciñais, algunha delas comúns a toda a zona rural, foron postas de manifesto pola A. VV de Valón como o amaño de camiños, o incumprimento reiterado do Regulamento de participación cidadá ou a non convocatoria de reunións coas Asociacións por parte da Concellería de Zona Rural. Ademais foron trasladadas outras demandas como a necesidade de sinalización semafórica, o saneamento de fontes e lavadoiros, a necesidade da renovación dos puntos de luz ou a análise das augas das fontes da zona todas comunicadas aos distintos responsables políticas e todas sen facer.
Dende Esquerda Unida-IU esiximos dunha vez por todas vontade política, investimentos e solucións para a zona rural de Ferrol porque aínda que para o Grupo de Goberno non é así a Zona rural tamén existe e forma parte do noso Concello.
Ferrol, 17 de marzo de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Tralo encontro mantido no día de onte, polo Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU no Concello de Ferrol cos membros da Xunta Veciñal de Doniños, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere manifestar que:
A escasa preocupación pola zona rural existente no Grupo de Goberno do Concello de Ferrol ponse en evidencia de forma especial nesta parroquia en temas como: a falta de convocatorias das comisións coas agrupacións da zona rural por parte da Concellería da mesma competencia, o remate do alcantarillado, a escasa información en relación cos temas que son da súa incumbencia, as nulas xestións conducentes ao amaño do repetidor de televisión, ou o acondicionamento de camiños e estradas, especialmente danadas polas actividades dos maderistas e do tránsito de vehículos pesados para as obras dos accesos ao Porto Exterior.
Neste sentido e dende Esquerda Unida, e ante as queixas veciñais en relación coa caída de materiais a vias públicas e propiedades e polos desmontes realizados, queremos solicitar do Grupo de Goberno de Ferrol que tome as medidas oportunas en aras a comprobar que as obras dos accesos ao Porto Exterior están a cumprir o Estudio de Impacto Ambiental aprobado no seu día e que contou coas alegacións desta formación política.
Por último, ende a Xunta Veciñal ademais sinalouse a escasa operatividade do Concello en relación coa paralización dos recheos realizados en Monte Chá-Brión sobre todo cando son parte na solicitude de declaración de Montes en mancomún e que está a ser tramitada nestes momentos polo Xurado Provincial de Montes.
Ferrol, 15 de marzo de 2006
Esquerda Unida-IU Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que mañán, día 16 de marzo de 2006, ás 18:00 horas, no local da Asociación de Veciños de Valón e tamén o día 16 ás 20:00 horas no local da Asociación de Veciños “O Lago” de Doniños terán lugar as Asambleas abertas con estes colectivos veciñais dentro da campaña que está a realizar Esquerda Unida-IU de Ferrol por todos os barrios e as parroquias do Concello.
Como se lembrará Yolanda Díaz, Voceira do G.M. de Esquerda Unida-IU no Concello de Ferrol, anunciou o inicio dunha campaña de asambleas abertas nas asociacións de veciños do Concello de Ferrol. A finalidade que se pretende cumprir con este traballo, como anunciou a devandita Concelleira, é o de poñer a disposición d@s veciñ@s o propio Grupo Municipal para coñecer de primeira man as preocupacións dest@s e para someterse á súa crítica.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol sabemos que este tipo de actos non son habituais na política municipal pero somos conscientes de que outra forma de facer política é posible. Esquerda Unida-IU aposta pola participación cidadán e queremos,neste sentido, animar a toda a cidadanía dos distintos barrios e parroquias de Ferrol a que participen activamente nestes encontros e, particularmente, neste próximo xoves aos de Valón e Doniños.
Ferrol, a 15 de marzo de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que mañán, día 14 de marzo de 2006, ás 10:00 horas e no local da Xunta Veciñal de Doniños terá lugar a Asamblea aberta con este colectivo veciñal dentro da campaña que está a realizar Esquerda Unida-IU de Ferrol por todos os barrios e as parroquias do Concello.
Como se lembrará Yolanda Díaz, Voceira do G.M. de Esquerda Unida-IU no Concello de Ferrol, anunciou o inicio dunha campaña de asambleas abertas nas asociacións de veciños do Concello de Ferrol. A finalidade que se pretende cumprir con este traballo, como anunciou a devandita Concelleira, é o de poñer a disposición d@s veciñ@s o propio Grupo Municipal para coñecer de primeira man as preocupacións dest@s e para someterse á súa crítica.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol sabemos que este tipo de actos non son habituais na política municipal pero somos conscientes de que outra forma de facer política é posible. Esquerda Unida-IU aposta pola participación cidadán e queremos,neste sentido, animar a toda a cidadanía dos distintos barrios e parroquias de Ferrol a que participen activamente nestes encontros e, particularmente, neste próximo martes á de Doniños.
Ferrol, a 13 de marzo de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que con motivo do día 10 de marzo Día da Clase Obreira Galega os concelleiros do Grupo municipal de Esquerda Unida-IU, Yolanda Díaz e Fernando Miramontes, participarán na ofrenda floral que terá lugar mañán ás 11:00 horas no Monumento ao 10 de marzo de Ferrol e organizados polo Concello de Ferrol.
Ademáis quere anunciar que unha representación de Esquerda Unida participará na manifestación convocada polos sindicatos CCOO e UGT ás 18:00 horas e anima a toda a clase traballadora e á cidadanía en xeral a participar nos actos organizados por este motivo.
O 10 de marzo é unha data sinalada dentro do movemento obreiro galego, e particularmente en Ferrol, nesta data queremos lembrar a figura de Amador e Daniel e a de tódolos traballadores e traballadoras que nos tempos difíciles da dictadura comprometeron incluso as súas vidas para acadar o recoñecemento dos seus dereitos laborais e a consecución da democracia.
Nesta ocasión, ademais, queremos facer unha lembranza especial para Julio Aneiros que finou no presente ano e que foi un dos destacados protagonistas dos acontecementos que hoxe rememoramos.
Hoxe, dende Esquerda Unida reclamamos a unión de acción da clase obreira ante a situación de paro que sofre a nosa bisbarra e ante a precariedade laboral que están a sofrir especialmente a mocidade e as mulleres. E reclamamos das institucións o esforzo e o compromiso para rematar con este panorama.
Vontade política, negociación e unidade de acción de clase.
Ferrol, 9 de marzo de 2006
Esquerda Unida de Ferrol
COMUNICADO DE PRENSA
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que o próximo xoves, día 9 de
marzo de 2006, ás 19:00 horas e no local da Asociación de Veciños de San
Antonio da Cabana terá lugar a Asamblea aberta con este colectivo veciñal
dentro da campaña que está a realizar Esquerda Unida-IU de Ferrol por
todos os barrios e as parroquias do Concello.
Como se lembrará Yolanda Díaz, Voceira do G.M. de Esquerda Unida-IU no
Concello de Ferrol, anunciou o inicio dunha campaña de asambleas abertas
nas asociacións de veciños do Concello de Ferrol. A finalidade que se
pretende cumprir con este traballo, como anunciou a devandita
Concelleira, é o de poñer a disposición d@s veciñ@s o propio Grupo
Municipal para coñecer de primeira man as preocupacións dest@s e para
someterse á súa crítica.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol sabemos que este tipo de actos non son
habituais na política municipal pero somos conscientes de que outra forma
de facer política é posible. Esquerda Unida-IU aposta pola participación
cidadán e queremos,neste sentido, animar a toda a cidadanía dos distintos
barrios e parroquias de Ferrol a que participen activamente nestes
encontros e, particularmente, neste próximo martes á da Cabana.
Ferrol, a 8 de marzo de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que no día de onte presentou no Rexistro xeral do Concello de Ferrol un escrito de alegacións ao “Expediente de División do Polígono AEI-10 San Xoan-Concello de Ferrol”.
O expediente que atópase no trámite de exposición pública consiste na división do devandito Polígono, Campo de Fútbol de San Xoan, co fin de desenvolver os correspondentes aproveitamentos lucrativos.
En opinión de Esquerda Unida-IU de Ferrol baixo esta fórmula de Expediente de división se está a realizar, inapropiadamente, unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Outra cuestión que foi alegada por esta formación política é todo o relativo á división do Polígono. En opinión de Esquerda Unida-IU, e coa normativa urbanística na man, non caben as actuacións parciais nos polígonos, a actuación debe comprender todo o ámbito do polígono. E, tampouco ten cabida que a delimitación destes quede en mans das partes. A competencia para delimitar polígonos corresponde ao propio Plan Xeral ou a un Plan Especial alí onde non exista unha regulación pormenorizada, como é o caso.
Ademais, no dito documento se utiliza terminoloxía non contemplada na lexislación urbanística cal é o termo reaxuste de poligonización.
Por último dende Esquerda Unida faise a aportación de que en todo caso deberán ser tidas en conta as distancias ás liñas férreas que determinan a lexislación sobre esta materia.
Ferrol, 7 de marzo de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que o próximo martes, día 7 de marzo de 2006, ás 19:30 horas e no local da Asociación de Veciños de Pazos terá lugar a Asamblea aberta con este colectivo veciñal dentro da campaña que está a realizar Esquerda Unida-IU de Ferrol por todos os barrios e as parroquias do Concello.
Como se lembrará Yolanda Díaz, Voceira do G.M. de Esquerda Unida-IU no Concello de Ferrol, anunciou o inicio dunha campaña de asambleas abertas nas asociacións de veciños do Concello de Ferrol. A finalidade que se pretende cumprir con este traballo, como anunciou a devandita Concelleira, é o de poñer a disposición d@s veciñ@s o propio Grupo Municipal para coñecer de primeira man as preocupacións dest@s e para someterse á súa crítica.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol sabemos que este tipo de actos non son habituais na política municipal pero somos conscientes de que outra forma de facer política é posible. Esquerda Unida-IU aposta pola participación cidadán e queremos,neste sentido, animar a toda a cidadanía dos distintos barrios e parroquias de Ferrol a que participen activamente nestes encontros e, particularmente, neste próximo martes á de Pazos.
Ferrol, a 6 de marzo de 2006
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que o próximo luns, día 27 de febreiro de 2006, ás 17:30 horas e no local da Asociación de Veciños “San Antonio” de Recimil, antigo “Bambu-Club” terá lugar a Asamblea aberta con este colectivo veciñal dentro da campaña que está a realizar Esquerda Unida-IU de Ferrol por todos os barrios e as parroquias do Concello.
Como se lembrará Yolanda Díaz, Voceira do G.M. de Esquerda Unida-IU no Concello de Ferrol, anunciou o inicio dunha campaña de asambleas abertas nas asociacións de veciños do Concello de Ferrol. A finalidade que se pretende cumprir con este traballo, como anunciou a devandita Concelleira, é o de poñer a disposición d@s veciñ@s o propio Grupo Municipal para coñecer de primeira man as preocupacións dest@s e para someterse á súa crítica.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol sabemos que este tipo de actos non son habituais na política municipal pero somos conscientes de que outra forma de facer política é posible. Esquerda Unida-IU aposta pola participación cidadán e queremos,neste s