Únete a la Izquierda
Ensino | Inmigración | Muller | Mocidade | Cultura | Sanidade | Medio Ambiente | Emprego 
Está en: Inicio > Sedes Comarcais

 

Fene

Direción: Alta-Centieiras, s/n.
Localidade: Perlío
Provincia: A Coruña
Teléfono: 981492 786
Fax: 981492 772 - eu-fene@esquerdaunida.org

EU.IU de Fene rexeita totalmente a proposta do Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia.

A agrupacion de EU.IU de Fene rexeita totalmente a proposta do Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia respecto de a venda, aluguer ou privatizacion do astillero de Astano. Para EU-IU a solución pasa polo cumprimento dos acordos alcanzados en decembro de 2.004 coas centrais sindicais e os respresentantes dos traballadores para relanzar a actividade do Astillero e a súa continuidade no Sector Publico EU-IU de Fene coincidimos co Comité de Empresa de Navantia Fene no rexeitamento á privatización, venda ou aluguer do Astillero e poñémonos ao seu disposición ofrecéndolles o noso apoio e colaboración na medida das nosas posibilidades para que Astano siga sendo empresa pública con carga de traballo A EU-IU Fene sorpréndenos a proposta feita polo Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia: un goberno que di ser de esquerdas e progresista, cando a solución proposta é retrograda e conservadora, típica dun goberno neoliberal de dereitas e liquidadora da empresa pública. Mal empeza a política do cambio progresista para Galicia que nos ofreceu o novo goberno da Xunta (PSOE-BNG) cando comeza por incumprir os acordos asinados cos sindicatos e esquece axiña que a loita dos traballadores do Sector Naval e da Comarca de Ferrolterra para a permanencia de Astano no Sector Publico.

Se o desexa, tamén pode contactar coa sede de Fene cubrindo o seguinte formulario.


Nome
E-mail
Mensaxe

Aviso Legal | Mapa do Sitio | © 2006 ESQUERDA UNIDA