NIN UN PASO ATRÁS, NON CEDAMOS MÁIS
POLA RECONQUISTA DOS DEREITOS LABORAIS E SOCIAIS
Hoxe, o capitalismo, nesta fase que coñecemos como neoliberalismo, vive grazas á súa acción destrutiva, á súa teima de esnaquizar os elos da cadea solidaria que convertera á clase traballadora nunha masa social informada, formada e crítica, capaz de artellar os movementos de reivindicación e contestar as prácticas egoístas da patronal.
A ditadura máis lonxeva de Europa esmorecía na noite que camiña do 24 de abril ao 25 de abril de 1974. Ás 00:25 do día 25, baixo os acordes dunha canción libertaria que Ràdio Renascença divulgaba coemzaba o fin da ditadura de Salazar. A canción, Grândola, vila morena, supón algo máis que un símbolo; un algo máis que, hoxe, mesmo no propio Portugal, se tende a esquecer: o pobo é quen máis ordena, porque a democracia debe ser o goberno do pobo, para o pobo e co pobo. Nin máis nin menos.
Unha vintena de membros de Esquerda Unida, encabezados pola súa coordinadora nacional, Yolanda Díaz, estivo no Pleno do Parlamento de Galicia coa intención de protestar pola existencia dunha mala Lei Electoral e, en concreto, pola porcentaxe do 5 % que marca o teito electoral, teito que estableceu Manuel Fraga, cando gobernaba con maioría absoluta. Unha mostra máis da connivencia deste goberno para coas accións da Dereita e do seu carácter continuista.
Víctor Díaz, David González e Camilo Franco –este último acompañado por Magín Blanco; Guillermo Fernández e Juan Carlos Valle "Karlotty"; Carlos Oroza foron algunhas das voces protagonistas da I Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol, que rematou o sábado 19 de abril.
O 29 de abril de 2008 será día de folga para o profesorado de secundaria. Virá acompañada dunha manifestación que parte da praza do Toural, ás 11h30, e rematará diante da Consellaría de Educación en San Caetano, Compostela. O motivo : acadar que a Consellería saia do seu inmobilismo e obstinación á hora de deseñar o currículo do Bacharelato.
Este domingo 20 de abril, a partir das 12h na Alameda Vella de Cangas, manifestación convocada por:
- FORO SOCIAL DE CANGAS
- A RÍA NON SE VENDE
- GALIZA NON SE VENDE
Reproducimos o texto na súa integridade, tal como foi redactado:
"La comisión unitaria que prepara la IX Asamblea de IU debe consensuar si propone al próximo consejo político federal que ésta se celebre entre los meses de octubre y noviembre.
La propuesta parte de la subcomisión de Organización y Finanzas que, junto a las de Documentos Políticos y la de Comunicación, han iniciado hoy sus trabajos.
O 14 de abril de 1931 a ilusión comezaba a abrirse paso nunha España caduca, dominada polas estruturas caciquís, pola incontestable intromisión dunha Igrexa Católica ben apoiada unha clase dirixente e elitista acomodada, por un exército corporatista e intervencionista, que un ano antes, en 1930, amosara a súa preferencia pola Monarquía e que reflictiría no 36 o seu verdadeiro carácter ao apoiar o golpe de estado.
Ás persoas que consideran que o galego poderá sobrevivir á situación actual, recomendaríamoslles dar un paseo polas portas dos centros educativos máis sobranceiros da nosa comunidade, e que escoiten a lingua que empregan os mozos e mozas á saída das aulas.
Ás persoas que pensan que o galego poderá sobrevivir á situación actual, dicímoslles que atendan ben á persoas que están nos portelos e que escoiten que lingua empregan en canto conversan cos colegas de oficina.
A redución planificada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ás materias de Educación Física e de Filosofía e Cidadanía no anteproxecto de currículo do Bacharelato é todo menos racional, coherente e respectuosa con dúas premisas que hoxe amosan claras deficiencias na formación actual dos nenos e nenas: uns hábitos físicos para unha saúde sana e habilidades argumentativas e de organización do pensamento axeitadas.
O xoves 17 de abril, a partir das 19h, no salón de actos da facultade de Ciencias Políticas.
Mañá, xoves 10 de abril, ás 12 h, Esquerda Unida formalizará no rexistro do Parlamento de Galicia a súa petición de ILP para reforma da Lei Electoral de Galicia, en concreto, a reforma do teito electoral.
Unha representación de Esquerda Unida encabezada pola nosa coordinadora nacional, Yolanda Díaz formalizará o acto e ofrecerá unha rolda de prensa sobre a iniciativa no propio Parlamento.
Afortalando aínda máis o proceso de extensión de Esquerda Unida na comarca de Ferrolterra, este sábado a dirección nacional apoiou a consolidación de Esquerda Unida no concello de Narón mediante a creación dun grupo local.
Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, participará no acto homenaxe a Joaquín González, "O Panadeiro de Monte Alto”, que organiza o Partido Comunista de Galicia. O acto terá lugar domingo 6 de abril de 2008 ás 12h, na rúa homónima sita no barrio de Monte Alto, ao lado do mercado. O histórico camarada nace no ano 19 e inicia a súa militancia comunista moi novo, primeiro nas JSU e xa mais tarde no Partido Comunista. Un feito marcará a súa vida para sempre, o inicio dá Guerra Civil, cando apenas tiña 18 anos: os seus irmás son asasinados.
Esquerda Unida respalda os dereitos do pobo palestino na súa loita contra
a ocupación israelí.
Aviso Legal | Mapa do Sitio | © 2006 ESQUERDA UNIDA