Únete a la Izquierda
Ensino | Inmigración | Muller | Mocidade | Cultura | Sanidade | Medio Ambiente | Emprego 

Actualidade de Ensino

EU ESIXE TRANSPARENCIA E RIGOR NAS AXUDAS PÚBLICAS

Esquerda Unida denuncia que a consellaría de educación promove a confusión en familias e librerías ao respecto do material incluído no programa de gratuidade solidaria

Miniatura

Un pode pensar que é deliberado, que a consellería de educación, a través dos seus máximos reitores, é deliberadamente pícara e que promove o picarismo na sociedade. Ou pode, tamén, como reza un libro recente que todo sexa debido ao enorme poder que ten a estupidez.

Leer máis.

EU PULA POLO DESENVOLVEMENTO UNIVERSITARIO

Esquerda Unida presenta no congreso unha iniciativa para desafectar os terreos militares en Esteiro

Miniatura

Esquerda Unida, a través do seu voceiro parlamentar Gaspar Llamazares, rexistrou no Congreso dos Deputados unha iniciativa, en forma de preguntas parlamentarias, para a desafección dos terreos militares en Esteiro, na súa convicción acerca de que, en Ferrol, ten que ser Esteiro o espazo onde afincar o futuro do desenvolvemento do campus universitario.

Leer máis.

MOSTEIRO DE CELANOVA

Esquerda Unida rexeita a conversión dun conxunto monumental público nun hotel de luxo xestionado por unha empresa privada

Miniatura

O Goberno do PP, como ven realizando dende que chegou ao poder, prosegue co desbaldimento dos recursos da nosa nación na procura de perpetuar o modelo económico do ladrillo e do turismo, un modelo especulativo baseado no neoliberalismo privatizador causante da actual crise económica.

Leer máis.

DETEÑAMOS O PROCESO DE BOLOÑA

Comunicado de Esquerda Unida ante as mobilizacións universitarias

MiniaturaAnte as mobilizacións que protagonizan milleiros de estudantes en toda España e noutros países europeos contra o chamado "proceso de Boloña", Esquerda Unida desexa facer chegar ao conxunto da cidadanía o seu apoio a ditas mobilizacións, que responden a unha lexítima e xstificada preocupación pola implantación de novos plans de estudo sen un amplo e fondo debate coa participación activa de toda a comunidade universitaria.

Leer máis.

Noticias Anteriores

Área de Ensino

Responsable
Xosé Xabier Ron Fernandez
E-mail
ensino@esquerdaunida.org

Aviso Legal | Mapa do Sitio | © 2006 ESQUERDA UNIDA