jSharing - JA Teline III

Ferrol

Praza de España

Correo-e Imprimir PDF

O Grupo Municipal de Esquerda Unida empraza ao alcalde de Ferrol a aplicar a austeridade en materia de ocorrencias  travestidas de proxectos, e a aforrar o gasto anunciado para volver cambiar cousas na Praza de España.

Comedores Sociais

Correo-e Imprimir PDF

EU Ferrol denuncia o mal quefacer do Goberno Municipal que atrasando os pagamentos a entidade que xestionaba os comedores sociais non deixa de producir senón  unha decisión “difícil e dolorosa” segundo manifestou a propia asociación Dignidad.

Ordenanza Soares

Correo-e Imprimir PDF

O Grupo Municipal de Esquerda Unida en Ferrol reclama do Goberno Municipal que faga efectivo o compromiso debido cunha política urbanística de respecto e protección ao patrimonio inmoble da cidade.

Navantia

Correo-e Imprimir PDF

Ao abeiro do debate no Congreso dos Deputados dunha Proposición non de Lei do BNG, Esquerda Unida sumará as súas forzas para reclamar un firme compromiso do Goberno do Estado cos estaleiros públicos de Ferrolterra. En concreto sosteremos a necesidade de dotar  unha partida orzamentaria para construír o dique flotante.

EMAFESA

Correo-e Imprimir PDF

O Grupo Municipal de EU Ferrol quere denunciar a deixación e compracencia do Goberno Municipal en relación coas contas de Emafesa, e en particular a súa relativa inactividade nun dos capítulos máis significativos da súa oposición.

Contra o golpe de estado laboral

Correo-e Imprimir PDF

O  Consello local de EU de Ferrol quere facer pública a súa participación nas mobilizacións convocadas polo sindicalismo de clase na nosa comarca para denunciar o golpe de Estado laboral que vén de ditar o Goberno do PP.  

Mobilizate contra a reforma laboral

Correo-e Imprimir PDF

O consello comarcal de Esquerda Unida en Ferrolterra convoca ás mobilizacións contra a reforma laboral que se celebrarán nos vindeiros días na nosa comarca.

EU Cedeira. Apoio as mariscadorsas

Correo-e Imprimir PDF

A agrupación local de Esquerda Unida en Cedeira ven de presentar unha moción no Concelloinsta para instar a Xunta de Galicia a que cumpra cos compromisos adquirinos de axuda as mariscadoras que non alcanzan o periodo minimo de cotización para a percepción da pensión de xubilacion.

Visita do concelleiro

Correo-e Imprimir PDF

O Grupo Municipal de EU Ferrol agarda que a visita que mañán, martes, vai cursar o conselleiro de medio ambiente e infraestruturas a nosa cidade sirva para avanzar nos compromisos e decisións investidoras que a Xunta de Galicia ten pendentes coa nosa cidade.

Moción contra a reforma laboral

Correo-e Imprimir PDF

O Grupo Municipal de Esquerda Unida presentará unha moción para que o Pleno do concello de Ferrol exprese a súa posición encol da máis brutal das contrarreformas laborais decretadas dende a fin da ditadura franquista.

Devolución de avais

Correo-e Imprimir PDF

O Grupo Municipal de EU Ferrol reclama do Goberno Municipal que sancione á empresa que incumpriu os pregos das obras en Canido coa perda dos avais. Non semella razoable que se lle devolvan logo da desfeita e incumprimentos flagrantes cometidos.

Vivendas baleiras de Recimil

Correo-e Imprimir PDF

EU Ferrol tense interesado en numerosas ocasións en comisións informativas por un tema, o do acceso á vivenda social pública, da meirande importancia na actual situación de carestía social e a vaga de desafiuzamentos en curso.

Páxina 1 de 25