jSharing - JA Teline III

Ferrol

Suspensión obras Praza España

Correo-e Imprimir PDF

g6p10f21.jpg - 12.88 Kb

O Grupo Municipal de  Esquerda Unida lamenta o enésimo atraso na conclusión das obras de superficie na Praza de España. É unha mala noticia para a nosa cidade, que non a merece.

Local social de Ferrol Vello

Correo-e Imprimir PDF

eu.gif - 5.78 KbO Grupo Municipal de Esquerda Unida  manifestase abraiado coa  non resolución da  situación do local social de Ferrol Vello.  O Goberno Municipal arestora non contempla nen unha data aproximada para rematar unhas obras, que non avanzan,  e cuxo contrato de execución vai amplamente vencido. Outro exemplo do mal facer dun goberno sen ideas e incapaz dunha xestión eficiente e eficaz das cuestións que interesan á cidadanía. 

Demandas Federación ANPAS

Correo-e Imprimir PDF

actividades_extra1.jpg - 69.94 Kb

O Grupo Municipal de   Esquerda Unida  mantivo un encontro de traballo coa Federación de Anpas da nosa cidade, diante da extensa problemática que no eido educativo padece a nosa cidadanía. 

Orzamentos participativos

Correo-e Imprimir PDF

orzamentosparticipativos.gif - 14.73 Kb

O Grupo Municipal de  Esquerda Unida   quere expresar públicamente a súa satisfacción pola decisión adoptada no Foro Cívico pola cidadanía no sentido de estender a toda a cidade neste exercicio 2011 os orzamentos participativos, ferramenta de participación cidadá posta en marcha no mandato que desempeñou Javier Galán, membro do noso Grupo Municipal. 

Cayo Lara en Ferrol

Correo-e Imprimir PDF

cayo1.gif - 18.22 KbO Coordinador Xeral de Izquierda Unida visita Ferrol este venres, día 28 de xaneiro,  xusto tralo paro do xoves 27, para desenvolver un conxunto de actividades políticas e sociais nas que dar a coñecer ao programa de  propostas que Esquerda Unida ten desenvolvido  para acadar unha saída de esquerdas á actual crise económica e social. 

Moción Audiencia Provincial

Correo-e Imprimir PDF

eu.gif - 5.78 KbA administración de xustiza constitúe un dos piares do sistema democrático en canto permite á cidadanía a defensa e procura dos seus dereitos. Lamentablemente os sucesivos gobernos  con competencia neste eido non teñen provisto dos medios axeitados materiais e humanos  á Xustiza, un dos poderes do Estado, para garantir a súa eficacia e independencia.

Visita de Cayo Lara a Ferrol

Correo-e Imprimir PDF

cayo1.gif - 18.22 KbO Coordinador Xeral de Izquierda Unida visitará a nosa cidade o vindeiro venres, día 28 de xaneiro, para desenvolver un conxunto de actividades políticas e sociais nas que dar a coñecer as propostas concretas e posibles que Esquerda Unida está a propugnar para acadar unha saída de esquerdas á actual crise económica e social. 

Actividades extraescolares

Correo-e Imprimir PDF

actividades_extra1.jpg - 69.94 KbO grupo municipal de Esquerda Unida  reclama do goberno municipal que garanta unha efectiva e real  programación das  actividades extraescolares nos colexios públicos da cidade. As nenas e nenos de Ferrol e as súas familias non merecen a inacción e malfacer da concellería de educación que os priva delas, subliña Sari Alabau.

Cambio de data do Pleno

Correo-e Imprimir PDF

la20corua20-20ferrol20-20concello20051.jpg - 63.04 KbO grupo municipal de Esquerda Unida  demanda un cambio nas datas para o pleno ordinario e as comisións e xuntanzas no concello que haxa o día 27 de xaneiro, o respecto ao exercicio do dereito de folga diante da grave conxuntura social existente e a nosa posición de apoio á devandita convocatoria  fundamentan a nosa petición.

Moción escola infantil de Esteiro

Correo-e Imprimir PDF

eu.gif - 5.78 KbOs compromisos acadados e as necesidades constatadas e recoñecidas no que atinxe  á escolarización da poboación en idade infantil na nosa cidade  son certas e evidentes. O primeiro compromiso para dotar ao barrio de Esteiro cunha escola infantil pública data do ano 2005, data na cal tería que ter entrado en funcionamento  a devandita escola.

Moción 426 euros

Correo-e Imprimir PDF

O Grupo Municipal de Esquerda Unida considera un imperativo ético trasladar ao Pleno do concello de Ferrol, representación democrática da nosa cidadanía,  a necesidade do debate e toma de posición encol da retirada da axuda de 426 euros ás traballadoras e traballadores en desemprego,  que  vén de acordar o  Goberno do Estado en Consello de Ministros. 

Local social para o barrio de Canido

Correo-e Imprimir PDF

O grupo municipal de Esquerda Unida  reclama  unha dotación no vindeiro orzamento para facer realidade o local social para o barrio de Canido. Esquerda unida considera necesario dotar a  Canido do equipamento dun comedor social para atender a  crecente demanda da veciñanza. 

Páxina 35 de 44