jSharing - JA Teline III

Reganosa é innecesaria

Correo-e Imprimir PDF

O Grupo Municipal de EU Ferrol quere subliñar a falla de relevancia que para o subministro enerxético no Estado supón o negocio do actual emprazamento da planta de gas.

Como ben recollen os medios de comunicación, o borrador da planificación enerxética do Goberno do Estado deixa fóra das previsións de crecemento a planta sita en Mugardos ao non ser unha instalación esencial e, xa que logo, a deixa sen   conexión coa Meseta no tempo que vén.

Esquerda Unida lembra as reiteradas análises que emanadas do Comité Cidadán de Emerxencia subliñan o carácter superfluo, amén de perigoso e ilegal, na que se atopa a planta entrada en funcionamento na primavera de 2007.

A nosa organización fai un chamamento ás autoridades públicas para que rectifiquen e suspendan o funcionamento dunha planta que de cotío pon en risco as nosas vidas e compromete a riqueza marisqueira da nosa ría.