jSharing - JA Teline III

Mobilizate contra a reforma laboral

Correo-e Imprimir PDF

O consello comarcal de Esquerda Unida en Ferrolterra convoca ás mobilizacións contra a reforma laboral que se celebrarán nos vindeiros días na nosa comarca.

 

O Consello Comarcal de Esquerda Unida, a prol da máis que necesaria unidade sindical para loitar en contra desta "Reforma Laboral", decidiu informar de todas as convocatorias que se celebren en contra dela na nosa comarca.

 

En consecuencia, mandamos íntegros os textos das convocatorias das Centrais Sindicais e facemos un chamamento á cidadanía para participar nelas na imprescindible loita contra este ataque directo á clase traballadora.

 

Esquerda Unida  pola súa banda está  a desenvolver nestes días unha humilde laboura de divulgación nas rúas e nos centros de traballo máis significativos  das razóns que ao noso xuízo hai para secundar e apoiar estas mobilizacións convocadas polo sindicalismo de clase na nosa comarca.


16 de febreiro

CONVOCATORIA DA CIG:


Diante da brutal agresión que para a clase traballadora supón a "Reforma Laboral" aprobada polo goberno do PP, a Confederación Intersindical Galega convoca unha concentración o xoves, día 16 de Febreiro ás 20,00h. na Praza do Himno Galego en Esteiro (detrás do local do sindicato).

CONTRA A REFORMA LABORAL, NON Á ESCRAVITUDE.

PARTICIPA COA CIG


19 de febreiro

CONVOCATORIA DE CC.OO, UXT E USTG:


Como todas e todos coñecedes, o pasado venres, o Consello de Ministros aprobou, vía Real Decreto Lei, unha reforma laboral especialmente dura e contraria aos intereses dos traballadores e traballadoras, inútil para o obxectivo que di perseguir: crear emprego.

O sábado, os secretarios xerais confederais de CC.OO. e UGT denunciaron en rolda de prensa os contidos da reforma laboral, e anunciaron a decisión de "sacar á xente á rúa", para amosar o rexeitamento da sociedade á decisión do goberno. Concretaron tamén que a primeira data na que se poñerá en práctica esa decisión será o próximo 19 de febreiro, domingo, con manifestacións en toda España.

 
En Ferrol a manifestación sairá as 12:00 horas do Inferniño e rematará na Praza de Armas.