Direción: Dublín, 8 baixo drta.
Localidade: Santiago
Provincia: A Coruña
Teléfono: 981 589 099
Fax: 981 589 099 - eu-santiago@esquerdaunida.org
A nosa organización considera que o aproveitamento dos edificios públicos, para dar os servizos que os veciños e veciñas precisan, é unha das atribucións máis importantes que as Institucións Públicas teñen que levar a cabo no cumprimento das súas funcións.
Na nosa cidade, despois da reordenación do mapa escolar, o Colexio Ramón Cabanillas, situado na rúa do Castiñeiriño 21, non volverá a cumprir no vindeiro curso escolar 2010-2011 coa función educativa que até o de agora viña desenvolvendo, polo que as súas aulas quedarán baleiras.
Pois ben, Esquerda Unida Compostela, tras diversas xestións realizadas, non ten constancia das novas atribucións que vai ter este espazo público, como ben podería ser a súa transformación nunha centro de día público, que axude coas manifestas necesidades dos veciños e veciñas da nosa cidade; ou ben, tendo en conta que falamos dun barrio que coñeceu un forte incremento poboacional debido ao proceso urbanístico, a súa conversión en calquera outra instalación que cumpra coa función de servizo público.
Por todo isto a agrupación comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:
1) Ten o Concello de Santiago prevista unha nova utilidade pública para as instalacións do Colexio Ramón Cabanillas?
2) Manterá o Concello de Santiago xuntanzas coas distintas asociacións da cidade para ver e valorar de forma participada que nova función pode cumprir este espazo público?
Santiado de Compotela, 16 de xullo de 2010
Esquerda Unida Compostela entende que os trastornos durante a realización dunhas obras son lóxicos, pero é laboura das institucións públicas conseguir minimizar estes trastornos e garantir a seguridade viaria dos peóns e dos diferentes vehículos que transiten pola zona en obras.
Na nosa cidade, dende o 30 de xuño, a rúa Campo do Cruceiro do Gaio está pechada ao tráfico pola realización de obras de reurbanización, por este motivo a saída en coche desde o Campus Vida cara a rúa Galeras faise complicada, facendo inevitable sufrir unhas retencións importantes na Avda. de Coruña para saír á rúa de Rosalía de Castro e subir cara a Alameda.
Outra posible alternativa para o tráfico rodado da nosa cidade está tomando, na rúa Carballeira de San Lourenzo, a Corredoira dos Muíños para chegar ao Carme de Abaixo, pero debido a pouca anchura que ten esta estrada, e ao ter os dous sentidos, faise moi complicado o tránsito dos vehículos en ambos sentidos á vez, obrigando neste caso a manobras que ralentizan o tráfico nesta zona da cidade.
Por todo isto, o consello comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Dotar a Corredoira dos Muíños e o Rueiro das Figueiriñas dun sentido único
Segundo. Prohibir o acceso mediante sinalización vertical dos vehículos en sentido entrada do Rueiro de Figueirñas ata a rúa Carballeira de San lourenzo.
Xullo 2010
Ante as mocións aprobada por 73 concellos de Cataluña, Euskadi, Asturias e Illas Baleares. E a entrada a debate da Iniciativa Lexislativa Popular para a abolición da tauromaquia, no Parlament de Cataluña.
Para nós é totalmente inaceptable considerar a tortura e a morte como forma de diversión, aínda que respondan a unha tradición enraizada dende fai séculos.
Entendemos que temos que avanzar nos dereitos dos animais, para evitarlles sufrimento inútil e menos por diversión; recordando a frase de Gandhi: “Un país, unha civilización pódese xulgar pola forma en como trata aos seus animais”.
Por todo isto, o consello comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Manifestar o apoio do Concello de Santiago á declaración de principios que se expón na lei de protección dos animais 1/93, do 14 de abril, a cal considera os animais como organismos dotados de sensibilidade física e psíquica e, polo tanto, suxeitos a gozar ou sufrir.
Segundo. Que Santiago declárese cidade contraria ás corridas de touros e amiga dos animais.
Terceiro. Que o Concello de Santiago non sexa cómplice dun espectáculo cruel como o das corridas de touros nin de ningún outro espectáculo onde se torture a animais.
Cuarto. Que o Concello de Santiago non permita os anuncios nos medios públicos municipais de corridas de touros nin de ningún outro espectáculo que produza a morte e/ou a dor a animais e que, tamén, téñase en conta esta moción cando se regule a publicidade en espazos públicos.
Quinto. Instar á Xunta de Galicia a prohibir as corridas de touros e todos aqueles espectáculos onde se produza a morte ou a tortura dun animal.
Sexto. Facer chegar este acordo á Xunta de Galicia, á plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas e aos partidos políticos presentes no Parlamento de Galicia.
Sétimo. Publicitar estes acordos a través dos medios públicos municipais.
Xullo de 2010
Dende Esquerda Unida consideramos que en tempos de crise a prevención é máis necesaria que nunca.
A prevención en materia de drogas, así como a atención o máis personalizada posible ante casos que requiren atención social, deben ser o piar no que se apoie unha sociedade democrática. A prevención e a loita contra a desatención social son esenciais para o fomento dunha igualdade de oportunidades. Este foi o duro traballo levado a cabo polas persoas que integraron o Plan Sociocomunitario do barrio de Vite desde finais dos anos 80 do pasado século.
A tan cacarexada austeridade, e outras falacias presentes no discurso neoliberal da Xunta de Galicia non serven para explicar a negativa por parte da Consellaría de Sanidade a manter o convenio coa asociación veciñal de Vite no ano 2011. Dende E.U. Compostela consideramos imprescindible que se manteña o convenio e que se siga desenvolvendo o traballo do Plan Sociocomunitario de Vite.
Esquerda Unida Compostela entende que o Concello de Santiago debe posicionarse publicamente a favor do mantemento do programa e presionar con todas as súas forzas para facer posible que o Plan Sociocomunitario de Vite se manteña. Insistimos en que nestes tempos de crise a tarefa preventiva en materia de drogas é máis importante que nunca.
Por todo isto, o consello comarcal de Esquerda Unida propón ao Pleno do concello de Santiago de Compostela o seguinte
ACORDO
1. Que o Pleno inste a Consellaría de Sanidade a manter o convenio coa Asociación Veciñal do barrio de Vite para seguir desenvolvendo o Plan Sociocomunitario de Vite.
Compostela, 29 de xuño de 2010
Ante o procedemento dilixencias previas n.º 3473/2006 ante o xulgado de instrución n.º 2 de Móstoles, no que se pretende enxuizar os feitos acontecidos durante a visita de Don Felipe de Borbón e Grecia e de Dona Leticia Ortiz á cidade de Móstoles o día 16 de maio de 2006, o consello comarcal de Esquerda Unida, comprometido coa defensa dos dereitos humanos por medio da presente moción vén a manifestar o seguinte:
1. Defender a 3ª República é un dereito. Son aspiracións democráticas lícitas e dignas de protección de acordo cos tratados internacionais en materia de dereitos humanos dos que o Reino de España é parte: Que a xefatura do estado sexa electa por medios democráticos como desenvolvemento do principio de igualdade de todos os cidadáns ante a lei. Que todas as institucións do estado se sometan á vontade popular. Que se de fin ao mecanismo hereditario de transmisións da xefatura do estado. Que a mellor garantía dos dereitos humanos é a participación democrática das persoas na vida política, social, económica e cultural.
En cumprimento do dereito á liberdade de expresión e opinión é obriga das institucións do estado garantir que poidan ser solicitadas publicamente.
2. Os pobos de España teñen dereito a elixir de forma democrática a súa forma de estado e de goberno. A Terceira República e a democracia participativa son aspiracións lexítimas que se insiren no avance da sociedade española cara ao pleno desfrute dos dereitos humanos no marco dun estado plurinacional e solidario.
3. Mostrar publicamente a bandeira tricolor é un dereito democrático de todos os cidadáns no exercicio da memoria histórica e de recoñecemento dos que deron a vida en defensa da democracia e a liberdade do pobo.
4. Defender a 3ª República é unha resposta pola esperanza dos que sofren os rigores da explotación, a precariedade, o paro e a exclusión social. É un dereito defender a posibilidade da construción dunha alternativa que garanta os dereitos humanos das persoas por medio da participación democrática, paritaria, inclusiva e protagónica nas esferas do político, o económico, o social e o cultural.
5. consideramos inaceptable que ninguén poida ser perseguido, detido e enxuizado por defender o dereito dos pobos de España á construción da Terceira República e a democracia participativa.
Por todo iso, o consello comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte
MOCIÓN
1. Solicitar a libre absolución dos mozos detidos por mostrar a bandeira da República en Móstoles o día 16 de maio de 2006
2. Reclamar o esclarecemento das circunstancias nas que se produciu a súa detención e o trato vexatorio recibido durante ésta.
EN TEMPOS DE CRISE A PREVENCIÓN É MÁIS NECESARIA QUE NUNCA
A prevención en materia de drogas, así como a atención o máis personalizada posible ante casos que requiren atención social, deben ser o piar no que se apoie unha sociedade democrática.
A prevención e a loita contra a desatención social son esenciais para o fomento dunha igualdade de oportunidades. Este foi o duro traballo levado a cabo polas persoas que integraron o Plan Sociocomunitario do barrio de Vite desde finais dos anos 80 do pasado século.
A tan cacarexada austeridade, e outras falacias presentes no discurso neoliberal da Xunta de Galicia non serven para explicar a negativa por parte da Consellaría de Sanidade a manter o convenio coa asociación veciñal de Vite no ano 2011. Porque entón sinalaríamoslle á dita consellaría que se retraian diñeiros inútiles que se están desbaldindo en billetes de avión de mera propaganda, ou en mobiliario da mal chamada Cidade da Cultura (que representa o enlousado de diñeiro público máis atroz para as nosas arcas), ou o millón de euros que se vai desbaldir en facer propaganda sobre as falsas bondades do decretazo contra a normalización da lingua galega no ensino.
Desde Esquerda Unida Compostela consideramos imprescindible que se manteña o convenio e que se siga desenvolvendo o traballo do Plan Sociocomunitario de Vite. Por iso, esiximos que a Consellaría de Sanidade dea volta atrás. A prevención en materia de drogas é imprescindible.
Son tempos de naufraxio e deriva causado pola crise do sistema capitalista. A mocidade vive a anguria pola situación das familias, onde aumenta o paro e moitas delas viven na soleira da pobreza; trátase de perigos moi serios e reais que a Consellaría de Sanidade non debera ignorar. E o traballo de prevención que realiza o Plan Sociocomunitario de Vite, que conta coa participación de numerosas persoas en comisións de traballo, non se pode remprazar cun dubidoso programa de subvencións.
Esquerda Unida Compostela reclámalle tamén ao Concello de Santiago a que se posicione a favor do mantemento do programa e que presione con todas as súas forzas e faga todo o posible para que o Plan Sociocomunitario de Vite se manteña para evitar que, no futuro, en vez de previr, se teña que tratar ás persoas por drogadición.
Compostela, 14 de xuño de 2010
O Goberno Central vén de presentar o máis duro axuste económico formulado contra as clases traballadoras dende o final do franquismo. Axuste que foi aprobado no Consello de Ministros do 20 de maio. Desmentindo as diversas e contraditorias declaracións ministeriais, o Goberno racha con calquera vacilación e somete a súa política ás esixencias do capitalismo financeiro internacional, que ten representantes obsecuentes na dirección da Comisión Europea, que teima en continuar a conducir a construción europea cara o abismo cun modelo social e económico neoliberal.
A redución dun 5% dos salarios dos traballadores e traballadoras públicas, a conxelación das pensións agás as non contributivas e mínimas, a eliminación do réxime transitorio para a xubilación parcial, a cancelación do cheque – bebé, a eliminación da retroactividade no cobro das prestacións da Lei da Dependencia, o recorte na axuda ao desenvolvemento por importe de 600 millóns de euros e a redución en 6.000 millóns nos investimentos públicos en infraestruturas, xunto cun recorte adicional en 1.500 millóns a asumir polas administracións autonómicas e municipais representan un ataque inxusto e ademáis ineficaz para atallar a crise. Hai que engadir as nubes negras que con esa mesma orientación rondan a anunciada reforma laboral e sobre as pensións.
Moción contra o plan de axuste
A CREACIÓN DESTE SERVIZO FOI RECLAMADA POR ESQUERDA UNIDA NUNHA MOCIÓN PRESENTADA HAI MÁIS DE DOUS ANOS (28-III-2008)
CRITICAMOS A ESCASA CLARIDADE INFORMATIVA SOBRE AS CARACTERÍSTICAS DO SERVIZO
O día 6 de maio de 2010, hai xa 20 días, presentouse a creación dun novo servizo para a cidadanía: o Centro Municipal de Mediación Cidadá (CEMMCI). O consello comarcal de Esquerda Unida Compostela saúda a creación de dito servizo xa que responde a unha demanda que a nosa organización realizou mediante unha moción rexistrada en marzo do 2008 (adxuntada a este comunicado).
Na presentación do día 6 de maio na Casa das Asociacións xa botamos en falta unha información máis detallada do servizo, xa que no díptico alí facilitado faltaban numerosos aspectos por clarificar:
1) obxectivos detallados do servizo;
2) tipoloxía dos conflitos aos que pode atender e a cales non (nese momento agardamos a que o dito na nota de prensa elaborada polo gabinete do Concello o 5 de maio na que se anunciaba a creación do servizo fose un lance entusiasta, xa que un servizo de mediación non debería dedicarse a resolver “calquera conflito”);
3) a composición do equipo de profesionais que se dedicarán ao servizo;
4) a creación de talleres de formación para a veciñanza.
Este consello comarcal decidiu agardar. Pero 20 días despois atopámonos coa mesma carencia informativa. De feito, na propia web do concello, na pestana de Consellaría de Participación Cidadá e Normalización Lingüística non vemos ningún tipo de enlace ao CEMMCI e baixo a pestana “Servizos” só figura un enlace a “Educación”. Hai que ir á pestana de Servizos Municipais e despois á de Servizos Xerais e logo á de Participación Cidadá para atoparse cun enlace ao CEMMCI. O que demostra que a web do Concello non é un remanso de claridade informativa, todo o contrario. Neste caso, falta circularidade informativa. O peor de todo é que ao acceder á información... atopámonos coa mesma nota de prensa do 5 de maio, pero desglosada en apartados. Nada máis.
Esquerda Unida Compostela solicita que se dixitalice e virtualice xa esa información para que calquera persoa que acceda á web do concello saiba cales son as características reais do servizo, xa que hai certo tipo de conflitos que un servizo coma este non debe tratar.
Compostela, 25 de maio de 2010
Moción prensentada o 28 de marzo do 2008
XABIER RON, O COORDINADOR COMARCAL, PRESENTOU AS ÚLTIMAS INICIATIVAS DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA E ESCOITOU AS REIVINDICACIÓNS DOS VECIÑOS
3 ANOS DESPOIS DAS MUNICIPAIS DO 2007 O BARRIO SEGUE IGUAL DE MAL, A EXPENSAS DO PLAN URBANA NORTE
Esquerda Unida Compostela, representada por Xabier Ron, coordinador comarcal, e José Díaz, membro do consello comarcal e responsable da área de emprego de Esquerda Unida Compostela, mantivo unha xuntanza coa nova Directiva da Asociación Francisco Asorei do barrio da Almáciga, presidida por Santiago Martínez.
O encontro permitiu comprobar o sentir da directiva no tocante ao estado do barrio tres anos despois das municipais do 2007. E, realmente, cabe dicir que as cousas pouco cambiaron no barrio. A directiva queixouse de que sempre se trata de promesas incumpridas desde hai moitos anos. De forma explícita, a directiva cualificou este tempo como “un cúmulo de despropósitos”.
A opinión compartida pola Asociación Francisco Asorei e por Esquerda Unida Compostela é que fica todo a expensas do Plan Urbana Norte, do que aínda se está na fase de selección de persoal, dando a impresión de que se demorou todo por motivos de rendibilidade electoral de cara ás municipais do 2011.
En efecto, son moitos os aspectos que xa deberan estar solventados no barrio. Por poñer algúns exemplos: o estado xeralizado das rúas é deficitario e obstaculiza o tránsito tanto de peóns coma de autos; os accesos ao parque da Almáciga están de auténtica pena; o campos de xogos non está dotado nin ofrece seguridade para o xogo de nenos e nenas; o mobiliario urbán tamén é deficitario.
Reclamamos desde o Concello máis eficiencia e que se deixe de promesas ou de agardar pola arcadia en que semella terse convertido o Plan Urbana Norte, ao cal a directiva denomina nun escrito remitido ao concello en marzo de 2009 como “Plan Marshal”.
Finalmente, e tendo en conta a denuncia ante a oficina da Concellaría de Urbanismo e o Valedor do Pobo polo que consideramos aberración no rueiro da Caramoniña para beneficio duns poucos, e tendo en conta a propia resposta desta concellaría, xustificándose en que aí iría o centro sociocultural dos veciños e veciñas...como pode ser que a Directiva aínda agarde por dito centro e non saiba onde se ubicará?
Compostela, 20 de abril de 2010
O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ESIXE RETIFICACIÓNS ANTE OS ERROS INFORMATIVOS DO PROXETO QUE FALSEAN A REALIDADE
ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA APOIA AS REINVINDICACIÓNS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DE LARAÑO
O consello comarcal de Esquerda Unida Compostela manifesta, despois do traballo de investigación realizado e da reunión cos veciños afectados, que o proxecto que se quere levar a cabo coa nova ubicación da depuradora ten graves deficiencias informativas, que provocan que os documentos que validan esta nova ubicación teñan graves erros.
Como se reflexa na interpelación presentada, hai erros no referente as vivendas afectadas, ó volume de movemento de terras, no análise da vexetación e outras cuestións técnicas que provocan o falseo da realidade que desvirtúa o proxecto que se quere levar a cabo.
Por último EU Compostela apoirá as xustas reivindicacións e os actos de protesta que os veciños e veciñas afectados pola nova ubicación da depuradora leven a cabo.
Compostela, 6 de abril de 2010
ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ESIXE UN MAIOR INVESTIMENTO PARA A MELLORA DO TRANPORTE PÚBLICO
CÓMPRE COMEZAR CON MEDIDAS SERIAS SE QUEREMOS DE VERDADE CONTRIBUIR CO MEDIOAMBIENTE E ACADAR UN NOVO MODELO
O consello comarcal de Esquerda Unida Compostela critica duramente as escusas peregrinas argumentadas polo Concello para xustificar a baixada de usuarios no transporte público. En primer lugar non é concebible considerar a crise económica como causante desta baixada, porque precisamente un transporte público, de calidade e económico, sería unha solución moi acaída para os afogos económicos dos habitantes do noso municipio e comarca.
Tampouco a pueril argumentación de que o ano 2008 tivo máis días laborables, só tres, pode xustificar unha baixa de usuarios superior ao dous por cento, e, moito menos, que a xusta reinvindicación dos gandeiros do noso país coas tratoradas supoña, segundo os responsables de Trasnportes da nosa cidade, un retrotraemento dos usuarios á hora de tomar o autobús como medio de transporte.
Dende EU Compostela consideramos laboura indispensable deste Concello, e de calquera outro, a promoción do transporte público, polo que se deben executar medidas orzamentarias que conleven unha mellora sustancial da calidade do servizo, e medidas para elevar a deficitaria eficacia e eficiencia actual, que permitan subsanar as eivas que sofre o transporte público na nosa cidade e que, de seguro, teñen algo que ver coa redución de usuarios: accesibilidade, frecuencias, conectividade cos municipios limítrofes, deficiencias informativas; etc..
En último lugar, e non por elo menos importante, dende Esquerda Unida consideramos de vital importancia o papel que os Concellos deben ter á hora de promover un cambio no modelo de crecemento económico actual, insolidario e insustentable, para acadar outro no que o transporte público sexa de verdade a pedra angular que substitúa a necesidade, electoralista, de infraestruturas custosas, que palien o caos circulatorio do excesivo tráfico que sufren as rúas das nosas cidades, e que provoca a contaminación ambiental e acústica que merma a calidade de vida da xente.
Tamén queremos volver a esixir, como xa fixéramos en febreiro deste ano, que, no tocante ao servizo de transporte metropolitano, se dea marcha atrás e se retome a gratuidade para o coletivo da terceira idade e se inclúa nesta gratuidade ás persoas cunha discapacidade superior o 33%. En caso contrario, para o ano que vén, atoparémonos que, de novo, a crise ten a culpa do descenso de usuarios.
Compostela, 28 de marzo de 2010
Don Xosé Xabier Ron Fernández, con DNI 32656790-X, e domicilio a efectos da comunicación en Santiago (r/ Dublín, 8 baixo, dta. Sede Comarcal de Esquerda Unida), en calidade de Coordinador Comarcal de Esquerda Unida, e, de acordo co establecido na lexislación local, presenta ao Pleno do Concello de Santiago a seguinte
MOCIÓN
SOLIDARIDADE CO XUIZ GARZÓN
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A maioría da cidadanía estamos a seguir cunha extraordinaria preocupación a situación que se está a producir en relación coa actuación do Tribunal Supremo, con motivo das acusacións por prevaricación contra o xuíz Baltasar Garzón.
Á marxe doutras consideracións sobre o traballo do xuíz Baltasar Garzón, semella sorprendente que se lle abra un expediente de suspensión en base á admisión a trámite dunha querela criminal interposta contra o mesmo pola súa actuación xudicial para tentar investigar os crimes imprescritibles do franquismo, e outra dirixida a deixar sen valor as probas obtidas na investigación do caso Gürtel.
Produce indignación e bochorno comprobar como en troques de animar a persecución dos delitos cometidos durante o franquismo contra moitas persoas do noso país e do Estado, se persiga a quen tenta contribuír a facer xustiza, no incrible salto que supón amparar aos verdugos e abandonar unha vez máis ás vítimas.
Semella igualmente sorprendente a pretensión de, mediante querelas criminais constantes, minar o esforzo xudicial por tentar esclarecer tramas de corrupción como o chamado caso Gürtel, tentando amparar as prácticas corruptas, limitando a posibilidade de investigación. De se continuar a tramitación contra o xuíz Garzón, se estaría a pór en perigo a investigación do caso Gürtel e a sementar un camiño de impunidade para os actualmente implicados.
Estas actuacións xudiciais comezadas polos ámbitos da dereita e a extrema dereita do noso país, autores de querelas criminais admitidas a trámite, supoñen un pulso inaceptable á democracia e á xustiza, que non debe ser amparado polos órganos de goberno dos xuíces.
Por todo isto, o consello comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS:
1º.- Amosar a solidariedade e apoio ao xuíz Baltasar Garzón, diante a campaña de acoso e derrubo ao que está a ser sometido.
2º.- Esixir ao Consello Xeral do Poder Xudicial que actúe con absoluta imparcialidade no presente asunto, sen proceder a tomar decisións de suspensión das funcións do xuíz Baltasar Garzón, mentres non se produzan resolucións xudiciais en relación cos feitos que se lle imputan.
3º.- Esixir que as vítimas do franquismo que instaron o comezo do procedemento xudicial aberto polos crimes da ditadura franquista poidan ser parte no procedemento xudicial aberto contra o xuíz Baltasar Garzón polo Tribunal Supremo.
4º.- Garantir que os procedementos por corrupción, investigados até o momento polo xuíz Garzón continúen e amplíen o ámbito de investigación ao obxecto de esclarecer as responsabilidades penais a que haxa lugar.
5º.- Dar traslado da seguinte proposta de acordos á Presidencia do Consello Xeral do Poder Xudicial.
Compostela, 25 de marzo de 2010
Don Xosé Xabier Ron Fernández, con DNI 32656790-X, e domicilio a efectos da comunicación en Santiago (r/ Dublín, 8 baixo, dta. Sede Comarcal de Esquerda Unida), en calidade de Coordinador Comarcal de Esquerda Unida, e, de acordo co establecido na lexislación local, presenta ao Pleno do Concello de Santiago a seguinte
MOCIÓN
RETIRADA DO SÍMBOLO FRANQUISTA DA FACULTADE DE QUÍMICAS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Consello Comarcal de ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA quere lembrarlle ao concello da nosa cidade a orde CUL/3190/2008, de 6 de novembro de 2008, pola que se ditan instrucións para a retirada de símbolos franquistas nos bens da Administración Xeral do Estado e os seus organismos públicos dependentes.
Facémonos eco tamén da lei 56/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen, amplían dereitos e se establecen medidas a favor de quen padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura establecendo, no seu artigo 15, que as Administracións Públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán medidas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da Represión da Ditadura.
En base ás pescudas realizadas polo Consello Comarcal de ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA esta normativa non se está a levar cabo de forma correcta na nosa cidade xa que no edificio que alberga á Facultade de Químicas da Universidade de Santiago de Compostela, situada na Avda. das Ciencias s/n do Campus Sur, aínda hoxe vése –sopórtase de forma dorosa para as xentes realmente democráticas- o escudo franquista na súa fachada.
Por este motivo, e en ben da memoria democrática do noso país, e en consonancia coas leis, desde ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA propoñemos para a súa toma en consideración polo Pleno do Concello de Santiago de Compostela a seguinte proposta de
ACORDO 1. Retirada inmediata do símbolo franquista da facultade de químicas, situada na avda. das Ciencias s/n
Compostela, 17 de marzo de 2010
ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REAFIRMA O SEU COMPROMISO PARA A PLENA IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES
ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA, neste 8 de Marzo, segue defendendo que as iniciativas políticas e lexislativas deben dirixirse a todos e cada un dos aspectos estruturais de discriminación e violencia que aínda persisten, e estas deben abordarse con medidas preventivas e transversais, baseadas prioritariamente no obxetivo de modificar os valores socias que aínda permiten, toleran e potencian as situacións de desigualdade entre mulleres e homes.
A conciliación entre vida laboral e familiar, de momento é unha mera expectativa. Os homes non comparten equitativamente as cargas familiares e as tarefas domésticas. Para que isto suceda, non só é necesario leis que o regulen, senón tamén, e moito máis importante, crear unha conciencia social de igualdade que transforme a cultura patriarcal e sexista nunha sociedade igualitaria.
A repercusión que ten a crise no mercado laboral, no caso das mulleres, é cada día máis alarmante. A xa permanente precariedade, a desigualdade salarial e a discriminación por razón de sexo ou polo estado civil das mulleres, que condiciona o seu aceso ao emprego e aos traballos estables, agora máis que nunca están patentes en todos os contratos que se realizan a mulleres.
O risco máis temible para as mulleres nesta situación de crise é o retorno de moitas ás tarefas domésticas e de coidados familiares, o que pode producir unha involución sen precedentes cara a vellos roles patriarcais que estamos combatindo.
Por outra parte, os alarmantes índices de pobreza, que afectan con maior rigor ás mulleres inmigrantes, máis desprotexidas, e ás mulleres maiores, con pensións mínimas ou non contributivas que non chegan a cubrir as súas necesidades básicas, fan máis apremiante aínda o reforzamento do Estado Social e dos sistemas de proteción.
Por iso, neste 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, Esquerda Unida Compostela estará na manifestación organizada pola Marcha Mundial das Mulleres e que sairá desde a Praza do Toural, ás 20h30. A nosa organización anima a mulleres e homes a que se posicionen sen ambigüidades pola plena igualdade.
Sabendo que está en vigor o III Plan de Igualdade do Concello (2009-2011), Esquerda Unida Compostela reclama que se fagan público os resultados da súa posta en marcha e sabermos en que aspectos se ten que mellorar nas esferas convivencial, laboral, sociocomunitaria e de cooperación institucional para que o noso concello coñeza a plena igualdade entre mulleres e homes.
Compostela, 6 de marzo de 2010
ESQUERDA UNIDA SOLICITA A GRATUIDADE PARA AS PERSOAS CUNHA DISCAPACIDADE SUPERIOR AO 33%
A declarada intención de Xunta e Concellos de facer pagar ao colectivo da terceira idade parte do prezo do billete, rachando coa gratuidade do transporte público comarcal debe definirse como abraiante e, repetimos, inentendible. Inentendible pola adscripción política de varios dos alcaldes (Santiago, Brión, Ames...) participantes. Inentendible e incoherente coas súas contínuas declaracións de que a crise económica non ía repercutir na prestación de servizos públicos e que non se ían reducir os investimentos en política social.
Esquerda Unida non comparte en absoluto os motivos de posibles fraudes como causa. Significa xulgar a todo un colectivo polo comportamento negativo duns poucos. E, se existe ese fraude, abondaría con establecer mecanismos de control como, por exemplo, bonos diferenciados pola súa cor en función do colectivo ao que benefician acompañados da identificación do usuario. A racionalidade aplicada por estes dirixentes é a racionalidade neoliberal:facer pagar por canto servizo público se preste.
Tanto ten que digan que van elaborar un regulamento: o anterior foi incumprido. O servizo, hoxe, presenta múltiples eivas: paradas sen marquesiña; marquesiñas sen papeleiras, o que converte algunhas paradas en lixeiro improvisado; imposible predecir cando se cumprirá cos horarios establecidos e saber se chegaremos á hora para traballar; os propios horarios foron coñecidos hai escaso tempo desde que se asinara o contrato coas empresas de transporte metropolitano; moitas persoas con discapacidade ou mesmo persoas con carriño para meniños aínda non poden subirse aos buses con facilidade, sendo a accesibilidade unha quimera só aplicada nun mínimo número de buses; dánse aspectos ilóxicos como que custe o mesmo (1,25€) un billete desde Brión a Santiago de 12 Km. que un billete Brión-Bertamiráns de 3 Km. Todas estas eivas únense a unha mala planificación circulatoria e combinatoria das liñas de bus unha vez chegadas a Compostela, e fan que o servizo non medre en canto a usuarios.
Para Esquerda Unida é inentendible que os pensionistas teñan que aboar 0,36 € e só dispoñan dun máximo de 20 billetes ao mes, cando na actualidade dispoñen de 25 billetes mensuais gratuítos. Esta medida afecta a un colectivo de persoas, onde o 70% ten uns ingresos inferiores aos 620 €. Por iso, na racionalidade que defende Esquerda Unida, unha racionalidade radicalmente socialista, a gratuidade debe ser un imperativo.
Para Esquerda Unida o racional é que a comarca dispoña dun bo servizo de transporte público tamén os fins de semana e os festivos, que repercuta e beneficie a todas as persoas, e que se pense sobre todo no colectivo da mocidade para evitar os desprazamentos en vehículo privado.
Para Esquerda Unida o racional é que os autobuses cheguen ao polígono do Tambre os días laborais (cun bono-traballador) para disuadir o uso do coche particular é establecer a gratuídade do servizo para as persoas cunha discapacidade superior ao 33%.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA considera que unha das tarefas máis importantes do Concello da nosa cidade é o fomento do transporte público, axeitándoo ás necesidades e esixencias dos usuarios.
O transporte público de Compostela merece unha mellor atención por parte do Concello. E non poden servir de desculpa unha alegada austeridade provocada pola crise económica, xa que, como tivo ocasión de denunciar a nosa organización, o Concello en sintonía coa Xunta quere gastar millóns e millóns de euros en dous teleféricos de dubidoso beneficio para a veciñanza de Compostela.
Por iso, esta nosa proposta lígase coa nosa petición de que se destine o diñeiro previsto para a construción dos teléféricos en potenciar e mellorar o transporte público da nosa cidade.
Un dos medios de transporte público que o Concello de Santiago debe mellorar é o deficitario servizo de aluguer de bicicletas. Ademais do insuficiente horario de uso e a escasez de postos, as bicicletas que se poñen a disposición das persoas carecen do sistema de cambio necesario para que as persoas podan facer fronte ás dificultades orográficas da cidade e sen facer un prolongado e penoso esforzo físico que inutiliza o seu uso para acudir a postos de traballo, de estudo, etc, debido á carencia de poder asearse de forma axeitada, unha vez finalizado o traxecto previsto.
Un enfoque necesario é o de dotar o servizo de bicicletas eléctricas que facilitarían un aumento do seu uso en base á súa autonomía (25-30 quilómetros) e permitiría ás persoas usuarias utilizala con independencia da condición física e evitar un esforzo físico nas pendentes ao facer uso do pedaleo asistido. Ademais, consideramos que ao menor esforzo na circulación engadiríase unha maior seguridade.
Por iso o Consello Comarcal de ESQUERDA UNIDA propón para a súa aprobación ao pleno do Concello os seguintes
ACORDOS
1. Dotar o servizo de aluguer de bicicletas de bicicletas eléctricas que cumpran coas esixencias dos usuarios.
2. Atender a unha correcta distribución das mesmas en todos os puntos de alugueiro.
3. Realizar as melloras necesarias nos postos para que as bicicletas podan recargarse de forma doada e segura.
Compostela, 12-febreiro-2010
Esquerda Unida Compostela entende que os trastornos durante a realización dunhas obras son lóxicos, pero entendemos, igualmente, que non pode quedar todo a expensas da climatoloxía para que todo se converta nunha lameira chea de obstáculos e perigos para os peóns, propicia para caídas e lesións. Isto é o que acontece na obra da avenida de Lugo, manifesta sobre todo na confluencia co Hórreo.
Esquerda Unida Compostela amosa a súa preocupación para coas persoas con mobilidade reducida que, nestas condicións, a duras penas poden transitar. De feito, púxose en coñecemento da nosa organización o caso dunha persoa maior, que se move en cadeira de rodas, e do seu acompañante que todas as mañáns padecen un auténtico inferno para poder desprazarse e ir cara ao centro para persoas maiores.
As obras non poden quedar días e días inacabadas. A medida que se vai levantando e furando, cómpre ir arranxando e tapando en condicións, atendendo á mobilidade de todas as persoas, pero sobre todo pensando nas persoas que padecen algún tipo de impedimento físico para desenvolverse con plena autonomía. O desleixe non pode incrementar as barreiras e alimentar unha sensación de desamparo e indefensión.
Compostela, 5 de febreiro de 2010
MENTRES AUMENTAN AS QUEIXAS POLAS DEFICIENCIAS DO TRANSPORTE PÚBLICO, O CONCELLO E A XUNTA ALÍANSE NO DESBALDIMENTO DE RECURSOS COA CONSTRUCIÓN DE TELEFÉRICOS PARA XUSTIFICAR A NEFASTA CREACIÓN DO MAUSOLEO CHAMADO CIDADE DA CULTURA
ESQUERDA UNIDA ESIXE ÉTICA E COHERENCIA E QUE SE DESTINE O DIÑEIRO A MELLORAR O TRANSPORTE PÚBLICO
Esquerda Unida Compostela considera un auténtico disparate a pretensión de construir 2 teleféricos para acceder ao mausoleo coñecido como Cidade da Cultura. É unha tomadura de pelo aos veciños e veciñas desta cidade, que padecen as consecuencias do capitalismo salvaxe, ter que asistir a como se funden 9 millóns de euros no primeiro teleférico (2 millóns de euros figuran nos orzamento da Xunta para este 2010).
Todas estes disparates contribúen a amplificar o enlousado de diñeiro público, o de todos os galegos e galegas, que representa a Cidade da Cultura. Un espazo totalmente afastado das súas necesidades e realidades. Un paso máis para o escaparatismo, a elitización da cultura e a museificación de Compostela. Por iso, e porque é preciso defender o ben público, respaldamos o traballo da Plataforma Cultura Si Mausoleo Non que, ante o auto de sobresemento provisional, seguirá traballando para esixir responsabilidades políticas, baseándose nas propias argumentacións do auto (que confirman, di o comunicado realizado pola Plataforma "irresponsabilidade administrativa", anomalías de bulto, ilegalidades administrativas que logo foron convalidadas, contratos en condicións leoninas,etc... “).
Esquerda Unida, tal como o fixemos con anterioridade, súmase ás críticas do órgano da Unesco, o Icomos, e das organizacións ecoloxistas. A invención dos teleféricos vai en contra da racionalidade ecolóxica, xa que é posible facer o enlace co transporte público.
Os teleféricos só obedecen a un desexo: xustificar como sexa o Mausoleo. O desbaldimento de diñeiro público nos mesmos acontece nunha cidade onde o transporte público incumpre todos os parámetros de eficacia e eficiencia en tanto que servizo público: accesibilidade, mobilidade, respecto dos horarios, frecuencias, conectividade cos municipios limítrofes, prezo, mobiliario axeitado (marquesinas, papeleiras, ...).
Desde Esquerda Unida Compostela esixímoslle a retirada do proxecto, a súa anulación, e destinar o diñeiro previsto na construción dos teleféricos a converter o transporte público nun servizo público realmente de calidade e aspirando á súa gratuidade.
Firme defensora dos dereitos humanos, dos dereitos de toda persoa migrante. A compañeira Laura Bugallo ten demostrado ao longo dos anos, desde que cofundamos o Foro de Inmigración de Compostela ou o Foro Galego de Inmigración, que o seu compromiso polo respecto dos dereitos das persoas migrantes e a defensa da súa diginidade están por riba de todo e que as causas que se lle imputan débense ao clima de receo que existe anteas persoas que axudamos ás persoas migrantes estean ou non en situaciónregularizada.
NON PODE SER QUE AXUDAR A INMIGRANTES EN SITUACIÓN IRREGULAR SEXA DELICTO.
Por iso, Esquerda Unida estará representada na concentración convocada polo Foro Galego de Inmigración o 4 de febreiro de 2010, ás 10h30 nas Portas dos Xulgados de Santiago de Compostela para darlle todo o noso calor e ánimo.
Compostela, 1 de febreiro de 2010
Exposición de Motivos
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas, preocupada pola perda continua da diversidade biolóxica, e recoñecendo que se necesita facer un esforzo sen precedentes para acadar o obxetivo de reducir significativamente para 2010 o ritmo de perda da diversidade biolóxica, declarou 2010 como o Ano Internacional da Diversidade Biolóxica.
A conservación da biodiversidade é esencial por moitas e variadas razóns: éticas, emocionais, medioambientais e económicas. Non debemos esquecer que a biodiversidade sustenta a nosa economía e a nosa calidade de vida, achéganos innumerables beneficios económicos directos que a miúdo se subestiman, achega un conxunto de servizos útiles que inclúen a provisión de alimentos, combustible, solo fértiles, ar limpo, auga pura, e materias primas para a fabricación de prendas de vestir e mediciñas. Tamén axudas para regular o clima, controlar inundacións e preveñen a proliferación de enfermedades e pragas. Ademáis a biodiversidade ten un valor intrínseco, xa que sustenta a nosa indentidade cultural, ofrece inspiración espiritual e pracer, e contribúe ao noso benestar mental e físico. Todo isto sen esquecer que temos o deber moral de coidar o noso planeta e preservar a súa riqueza.
Non obstante, os recursos que os seres humanos utilizamos cada ano, como fontes de materiais e enerxía e como sumideiros de refugallos, superan hai tempo a produción anual da Terra, polo que rebasamos os límites que o planeta impón e o fixemos a costa da biodiversidade, das xeracións do futuro e das inxustas desigualdades sociais.
Por iso o Consello Comarcal de Esquerda Unida propón ao Pleno do Concello de Santiago os seguintes
ACORDOS
1. O Concello de Santiago asume o obxectivo de colaborar activamente na detención da perda de biodiversidade, adoptando medidas concretas par acadar este obxectivo.
2. O Concello de Santiago aproveitará a celebración do Ano Internacional da Diversidade Biolóxica para crear máis conciencia sobre a importancia da diversidade biolóxica mediante a promoción de actividades de sensibilización a nivel local.
3. O Concello potenciará a nivel local a adopción das seguintes medidas:
a) Mudar os hábitos de consumo para reducir o uso de recursos naturais (enerxía, auga…);
b) Elaboración de auditorias e estratexias de redución de emisións reponsables do cambio climático nos edificios da administración;
c) Elaboración e posta em marcha de plans de mobilidade sustentable para reducir as necesidades de mobilidade motorizada e facilitar os desprazamentos a pé ou en bicicleta.
d) Potenciar a agricultura ecolóxica e a comercialización de productos de cercanía e de tempada.
e) Poñer en marcha plans de ordenación urbá que aposten pola compactación e a redución da ocupación do solo, e comprometerse na proteción efectiva dos espazos de importancia para a biodiversidade no noso termo municipal.
f) Favorecer a axeitada conservación da Rede Natura 2000 e doutras áreas protexidas.
Don Xosé Xabier Ron Fernández, con DNI 32656790-X, e domicilio a efectos da comunicación en Santiago (r/ Dublín, 8 baixo, dta. Sede Comarcal de Esquerda Unida-IU), en calidade de Coordinador Comarcal de Esquerda Unida-IU, e, de acordo co establecido na lexislación local, presenta ao Pleno do Concello de Santiago a seguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A loita de Aminetou Haidar non é unha loita individual. A folga de fame da activista representa a loita de todo un pobo abafado pola represión marroquí coa connivencia dos sucesivos gobernos democráticos desde a morte do dictador.
A súa loita simboliza non só o sufrimento dun pobo que sobrevive grazas ás diferentes axudas e ao compromiso activo de organizacións e colectivos sociais entre os que está Esquerda Unida que defenden, sen hipocrisía e sen contrapartidas, a autodeterminación saharaui, senón que pon enriba da mesa a quebra dos Dereitos Humanos cando son expostos e sometidos a intereses comerciais e económicos ou simplemente estratéxicos, xa que Marrocos é o xendarme migratorio de España e Europa.
Quebra que cobra especial protagonismo hoxe, día 18 de decembro, cando se celebra o Día Mundial das Migracións. En efecto, a loita de Aminetou tamén representa a defensa do Dereito Humano a circular libremente dun país a outro e a regresar ao seu. Dereitos conculcados polos gobernos de Marrocos e España: o primeiro por expulsala sen a súa documentación, a segunda por vulnerar mesmo o que di a súa propia lexislación en materia migratoria.
Con esta moción o Consello Comarcal de ESQUERDA UNIDA reafirma o seu compromiso coa loita polos dereitos humanos e o dereito a autodeterminación do pobo saharauí, segundo indica a resolución da ONU.
Non esquezamos que a liberdade do pobo saharaui non remata co regreso de Aminetou Haidar e co remate da súa folga de fame. Cómpre acelerar o proceso para que o pobo saharaui, agora mesmo recluido en campos de refuxiados, recupere a súa liberdade como pobo e poda vivir en liberdade no seu país, o Sáhara Occidental.
Tendo en conta o referido, propoñemos para a súa aprobación ao pleno do Concello os seguintes:
ACORDOS
1.- Denunciar a sistemática violación dos dereitos humanos por parte do goberno marroquí nos territorios ocupados do Sahara Occidental.
2.- Condear a expulsión inxustificada do Sahara Occidental da activista polos dereitos humanos e o recoñecemento do Sahara Occidental, Aminetou Haidar e a retirada da súa documentación por parte das autoridades marroquís.
3.- Condear a complicidade das autoridades españolas na retención ilegal de Aminetou Haidar vulnerando os seus dereitos humanos e a propia lexislación en materia de entrada en territorio español e impedindo o retorno ao seu país.
4.- Solicitar que, unha vez restituído o dereito de Aminetou Haidar a regresar ao seu país, o Sahara Occidental, con todas as garantías para a súa integridade persoal e a recuperación da súa documentación, non se volvan a producir vulneracións semellantes.
5.- Transmitir a nosa solidariedade e apoio a Aminetou Haidar e ao pobo saharaui.
6.- Que os acordos sexan enviados á Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharaui, ao goberno do Estado Español e a embaixada de Marrocos en España.
18 de decembro de 2009
Exposición de Motivos Cada día son máis patentes as pegadas ecolóxicas que as cidades están producindo no medio ambiente. Esta situación é moi seria e desde todos os ámbitos da vida social se deben de realizar políticas para frear as emisións de gases contaminantes verquidas á atmosfera.
Nas cidades, o principal elemento contaminante é o tráfico rodado debido ao progresivo aumento do uso do vehículo privado para os desprazamentos que se produciu nos últimos anos. Neste contexto, unha das medidas de máis efecto beneficioso sobre o clima e o medio ambiente e que ademais é compoetencia directa dos poderes públicos consiste en fomentar o transporte público e melloralo para que sexa máis sostible medioambientalmente.
En concreto propoñemos ao Concello de Compostela que se acolla ao Plan de Activación do Aforro e a Eficiencia Enerxética 2008-2011, aprobado polo Consello de Ministros o 1/8/2008, que inclúe na súa medida nº4 “el desarrollo de un proyecto piloto de introducción de vehículos eléctricos con el objetivo de demostrar la viabilidad técnica, energética y económica de esta alternativa de movilidad”.
O proxecto MOVELE, xestionado e coordinado polo IDAE, consiste na introdución nun przao de dous anos (2009 e 2010), dentro de medios urbanos de polo menos 2000 vehículos eléctricos de diversas categorías, prestacións e tecnoloxías, nun colectivo amplo de empresas, institucións e particulares así como na instalación de polo menos 500 puntos de recarga para estes vehículos.
O primeiro paso, a xuizo de EU que presenta esta moción, sería a substitución dos vehículos municipais por outros eléctricos que emitiran menos contaminación á atmosfera.
Por iso, desde EU propón ao Pleno para o seu debate e posterior aprobación os seguintes acordos
1) Que o Pleno do Concello de Compostela mandate a Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel para que presente un proxecto co que acollerse ao Plan de Activación do Aforro e a Eficiencia Enerxética 2008-2011, tendo como obxectivo a substitución dos vehículos municipais.
2) Que ese proxecto sexa confeccionado e sometido a debate no Consello Municipal de Medio Ambiente.
30-outubro-2009
SUPRESIÓN DO HORARIO DE INVERNO DA ALAMEDA
Exposición de Motivos
A alameda compostelá, é o único espazo aberto, onde os composteláns poden, despois dunha xornada laboral, as veces excesiva de máis, pasear, practicar “footing” ou adestrar a súa forma física para a práctica deportiva, tanto do atletismo como de outros deportes que precisan un estado de forma óptimo.
Aínda que nos últimos tempos o solo que tiña a alameda foi cambiado ,sendo o novo moito peor para a práctica da carreira a pé,a alameda constitúe o principal espazo de lecer lonxe do tráfico onde poder pasear despois da xornada laboral. Contribuíndo por tanto a seguridade dos cidadáns que se veñen precisamente a preocupar polo seu estado de saúde, mantendo a súa forma física coa carreira a pé ou simplemente paseando.
Pechar a alameda ás 21h, tendo en conta as actuais xornadas laborais, significa excluír a moitísimos amantes do deporte ou sinxelamente da necesidade de camiñar por un espazo tranquilo. Precisamente as clases máis desfavorecidas son desta forma as máis prexudicadas.
Por todo o antedito, o Concello de Santiago acada o seguinte
Acordo
Manter o horario de peche da alameda ás 23:00 todo o ano e non ás 21:00 como se ven a facer ultimamente no inverno
ESQUERDA UNIDA REAFIRMA O SEU COMPROMISO CO DEPORTE DE BASE
Facéndose partícipe a nosa organización da iniciativa reivindicativa dos atletas e deportistas compostelás da nosa cidade, que amosarán o seu descontento e contrariedade polo peche da Alameda a partir das 21h levando carteis alusivos durante o desenvolvemento da carreira pedestre que terá lugar este domingo 25 de outubro, Esquerda Unida Compostela desexa transmitir o seu apoio e solidariedade con dita iniciativa.
Demóstranse así dúas circunstancias: a primeira, que a nosa organización política tiña razón cando presentou unha moción o 29 de marzo de 2007 reclamando unha alternativa á Alameda avalada coa recollida de 1100 sinaturas, en concreto, a creación no futuro parque das Brañas do Sar dun circuito de terra pisada sen pendentes pronunciadas (un máximo do 3%), sen curvas pechadas, cun amplor de polo menos 3 metros, cunha lonxitude que xira entre os 2.000-2.500 metros e unha axeitada iluminación nocturna para a práctica do atletismo. O silencio foi a resposta do Concello, ao igual que foi silenciosa a resposta á pregunta escrita formulada o 15 de abril de 2008, onde xa deixabamos constancia do descontento dos deportistas da nosa cidade perante o peche da Alameda e perante a existencia de lesións debido á carencia dun espazo en condicións para a practica popular do atletismo. A segunda circunstancia, lamentable e triste, é que os nosos gobernantes municipais falan de deporte coa boca grande, pero, ademais, non só non fan absolutamente nada por dotar á nosa cidade dun espazo en condicións para o deporte de correr, senón que, cada vez máis, incrementan os obstáculos para a realización de dito deporte. Pechar a Alameda ás 21 horas, tendo en conta as actuais xornadas laborais, significa excluír a moitísimos amantes do deporte do atletismo, ou sinxelamente da necesidade de camiñar por un espazo tranquilo e lonxe do tráfico.
Por iso, Esquerda Unida fai súa tamén a petición de que a Alameda non peche ás 21h.
Compostela, 23 de outubro de 2009.
Exposición de Motivos A crise do sistema capitalista está provocando un verdadeiro crebatestas nas familias da nosa contorna, que fan innumerables contas para poder chegar a fin de mes.
Unha consecuencia da crise xa a temos constatado no considerable aumento de demandas de alimentos e roupas nos centros de asistencia social externos ao Concello.
No entanto, estas familias agardan que as institucións máis próximas a eles manteñan unha política atenta á súa situación, unha política que aumente a igualdade de oportunidades.
Por iso, Esquerda Unida entende que é urxente activar medidas conxunturais para aliviar a crise que padecen moitas das familias do noso concello. Unha desas medidas consiste en instrumentar unha política tributaria máis xusta e coherente socialmente, en artellar unha política impositiva favorable, que limite as situacións de carencia provocadas pola actual crise económica.
A nosa organización non pode apoiar que as exencións recaian nas fundacións das entidades financeiras, nos poderosos, que seguen a obter grandes beneficios tras recibir as axudas públicas sen contrapartidas de ningún tipo, e que non haxa os reflexos, e o sentido de xustiza social, para axudar a un colectivo tan numeroso como necesitado como é o dos traballadores e traballadoras en situación de desemprego.
A merma dos ingresos que se produza pola implementación desta medida vai recaer nunhas administracións que teñen suficientes recursos e unha capacidade de endebedamento moi superior á dos particulares a quen vai dirixida esta iniciativa. Por todo o antedito, o Concello de Santiago acada o seguinte
Acordo
1) Declarar exentas de aboar o Imposto de Bens Inmobles (IBI) ás persoas en situación de desemprego, con cargas familiares e cuxos ingresos, por prestación ou subsidio, sexan inferiores ao salario mínimo interprofesional.
Compostela, 22 de outubro de 2009.
Unha vez máis, e xa son incontables as ocasións, o equipo de goberno que preside o Concello de Santiago “pasa” dos colectivos veciñais, aos que utiliza e convoca cando lle convén aos seus intereses, e, facendo mostra dun dirixismo autoritario, que ataca a maioría de idade democrática que debera caracterizarnos como sociedade, reforma o alcance dos investimentos do Plan Urbana Norte.
Esquerda Unida considera urxente que sexa a Comisión de Participación Cidadá a que decida que aspectos son prioritarios e cales non. En calquera caso, antes de coñecermos a través da prensa que se vai a deixar de lado a reurbanización da zona de Concheiros, habería que convocar á Comisión de Participación Cidadá e explicarlles porque dito barrio queda fóra e cales son as razóns que explican o aumento en gastos de xestión en 200.000 euros.
Esquerda Unida entende que os acordos están para cumprirse e que, para mellorar a faciana democrática da que debe ser a Casa do Pobo, o equipo de goberno do Concello debe atender ao compromiso de poñer en marcha a Comisión de Participación Cidadá, compromiso que xa se destacaba na nota de prensa do 10 de xullo de 2009 (colgada na web institucional do Concello) que recollía o encontro do alcalde cos colectivos veciñais e onde se di que “os representantes veciñais demandaron a rápida posta en marcha da Comisión de Participación Cidadá que está contemplada dentro do Programa Urbana e que será o medio a través do cal se canalizará a participación dos diferentes axentes económicos e sociais no proxecto”.
Santiago, 21 de setembro de 2009.
Moción presentada o 4 de xuño en Compostela.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Universidade de Granada acordou realizar a proposta para que lle sexa concedido o Premio Príncipe de Asturias da Concordia ao poeta Marcos Ana.
23 anos tras os muros, 23 razóns para o Premio Príncipe de Asturias da Concordia
1. Pola súa vida: por contribuír de forma exemplar e relevante ao entendemento e á convivencia en paz entre os homes e as mulleres.
2. Pola súa loita contra a inxustiza, a pobreza, a ignorancia.
3. Polo súa defensa da liberdade.
4. Pola súa comprensión: “Yo me sentiría completamente desgraciado si después de haber pasado veintitrés años en la cárcel mi única venganza fuera llenar la cabeza de plomo a aquellos que fueron los causantes de que yo dejara media vida y toda mi juventud en la prisión”
5. Pola súa integridade: “Si pretendiera saciar con la sangre los años que pasé en prisión, me sentiría desgraciado; ni un muerto, ni mil muertos, ni todos los muertos del mundo me pueden devolver a mí estos trozos de mi vida que yo he dejado en los patios y en las celdas de las cárceles”
6. Pola súa xenerosidade: “Lo único que me podría recompensar un poco la vida es ver triunfantes los ideales por los cuales yo he luchado, por los cuales ha luchado toda una generación”
7. Pola súa lucidez: “Si nos sentimos españoles tenemos que cerrar de una vez para siempre este ciclo sangriento, ese hecho terrible de que los españoles cada veinticinco años tengamos que estar degollándonos los unos a los otros. Espero que el futuro de España no sea el futuro de la revancha sino el de la paz y seguridad para todos los españoles”
8. Pola súa humanidade
9. Pola súa solidariedade
10. Pola súa valentía
11. Pola súa enteireza
12. Pola súa honestidade
13. Pola súa sinceridade
14. Polo seu medo
15. Pola súa esperanza
16. Pola súa loita contra a infamia
17. Pola súa loita contra a mentira
18. Pola súa loita contra a crueldade demencial dos inimigos da vida
19. Pola súa sinxeleza
20. Pola súa naturalidade con que é un home. Enteiro, auténtico, completo.
21. Pola súa poesía
22. Por el e para el, por todos e para todos os seus compañeiros e compañeiras de infortunio
23. Por dignidade, reparación, xustiza, paz, reconciliación.
O Premio Príncipe de Asturias da Concordia será concedido a aquela persoa ou persoas, ou institución cuxa labor contribúa de forma exemplar e relevante ao entendemento e á convivencia en paz entre os homes, á loita contra a inxustiza, a pobreza, a enfermidade, a ignorancia ou á defensa da liberdade, ou que abra novos horizontes ao coñecemento ou se destacou, tamén de maneira extraordinaria, na conservación e protección do patrimonio da Humanidade.
Por todas estas razóns, Esquerda Unida propón ao Pleno do Concello de Santiago os seguintes : ACORDOS
1. O Pleno do Concello de Santiago acorda adherirse á proposta realizada pola Universidade de Granada para que lle sexa concedido o Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2009 ao poeta Marcos Ana.
2. O Concello de Santiago trasladará este acordo á Universidade de Granada, á Fundación Príncipe de Asturias e ao poeta Marcos Ana.
Compostela,4-Xuño-2009.
Moción presentada no Concello de Santiago co gallo do 17 de maio. Tal día do ano 1990 a Asemblea Xeral da OMS suprimiu a homosexualidade da lista de enfermidades mentais.
Nesta data de conmemoración a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida quere facer unha chamada á sociedade para reivindicar o final de todas as formas de persecución por orientación sexual e identidade de xénero.
Este 2009 cúmprense trinta anos desde que se despenalizara a homosexualidade no estado español. 30 anos de loita pola conquista da igualdade legal e social onde Esquerda Unida estivo sempre presente.
Moitos foron os avances conseguidos polo colectivo LGTB, situando a España como un referente mundial no desenvolvemento de políticas de igualdade. Tanto a reforma do código civil que permite o matrimonio e a adopción por persoas do mesmo sexo; como a chamada Lei de Identidade de Xénero que dignifica ás persoas transexuais permitindo realizar os cambios pertinentes relativos ao sexo e nome da súa documentación oficial.
Pero isto non é suficiente xa que a LGTBfobia segue estando presente na nosa sociedade e por iso deben impulsarse medidas contundentes para erradicar calquera tipo de discriminación.
Todos os días atopamos noticias onde se nos insulta, se nos discrimina nas escolas, nos centros de traballo, se nos agrede polo que Esquerda Unida reclama neste día, unha sociedade máis libre, máis xusta e máis diversa.
Erguemos especialmente a voz por todas aquelas persoas que, en diferentes lugares do mundo, non poden expresar a súa sexualidade con liberdade e sofren diariamente o odio, o rexeitamento e a marxinación por querer vivir a súa realidade persoal dun xeito digno. Hai que seguir mencionando a situación mundial da LGTBfobia, xa que hai máis de 70 países en todo o mundo onde se persegue aos cidadáns e cidadás pola súa orientación e identidade de xénero e en 8 países (Afganistán, Arabia Saudí, Irán, Mauritania, Paquistán, Sudán, Iemen e algúns estados do norte de Nixeria) séguense castigando as relacións entre persoas do mesmo sexo coa pena de morte. DenuncIamos os casos de LGTBfobia en Europa coma os acontecidos en Poloña, Italia e O Vaticano.
Por todo o anteriormente exposto, Esquerda Unida propón ao Pleno do Concello de Santiago os seguintes
ACORDOS 1.- O Concello de Santiago súmase ás reivindicacións do colectivo LGTB. Ningunha sociedade pode ser democrática se se manteñen ou alimentan situacións de exclusión e de persecución social cara a unha parte dos seus membros.
2.- Esiximos ao Gobierno da Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado medidas contra a discriminación que sofre o colectivo LGTB.
3.- O Concello de Santiago desenvolverá campañas contra a discriminación que axuden a paliar as situacións de exclusión e de fustrigamento que sofren lesbianas, gais, transexuais e bisexuais.
Compostela, 15 de maio de 2009
Exposición de Motivos O uso da bicicleta como transporte alternativo está a ser promovido polas diferentes Administracións Públicas, mesmo neste Concello a través da implementación do Servizo de Alugueiro de Bicicletas.
Servizo que nace con deficiencias, coma os escasos puntos de recollida. Neste senso, os ciclistas vense na obriga de aparcar os seus vehículos en puntos non adaptados do mobiliario urbano, coma árbores ou sinais de tráfico xa sexan usuarios do Servizo de Alugueiro, do servizo de Préstamo da USC ou con bicicleta propia.
Cómpre dotar á cidade de instalacións adecuadas onde poder depositar o vehículo con seguridade; sendo preciso que a distancia entre eles non sexa moi elevada, estimándose que non debería ser superior a 500 m para que sexan de utilidade. Aproximadamente o 15% dos usuarios de bicicletas sufriron o roubo (polo menos unha vez), do seu vehículo, sendo unha das principais causas que desalenta o seu uso. Seria entón necesario que estes aparca bicicletas sean cando menos, do tipo Barcelona, é dicir, que posibiliten a fixación do cadro da bicicleta e non soamente unha das rodas.
Acordos
Instalar por toda a cidade Aparcabicis de maneira que non disten entre eles máis de 500 m. Estas instalacións de depósito de bicicletas deberán de ofrecer un sistema antirroubo (ancoraxes) gratuíto, ou, cando menos, que sexan do tipo Barcelona de modo que se poida amarra-la bicicleta polo cadro.
24-04-2009
Estimad@ compañeir@: A presente é para convocarte á vindeira asamblea comarcal que teremos o venres, día 13, ás 20:15 horas, no noso local comarcal, co seguinte orde.
1. Análise e valoración da pasada campaña electoral “Autonómicas. Galicia 2009”.
2. Traballo a realizar na comarca.
3. Varios.
Agardando poidas asistir á mencionada asemblea, recibe un cordial saúdo.
O Consello Comarcal
Hoxe, luns 9 de marzo, ás 19h, a Asociación de Veciños de As Brañas de San Andrés realizou unha protesta para esixir dunha vez a apertura do local social,
o cal está rematado desde hai anos e ao que non se quere dotar dos mobles imprescindibles para que os veciños e veciñas podan dispoñer dun lugar axeitado para desenvolver a súa vida asociativa.
Esquerda Unida, a través de Xabier Ron, coordinador comarcal, e de José Díaz e José María Tubío, membros do concello comarcal, quixo apoiar a protesta que consistiu nunha clase de informática ao aire libre a uns escasos metros de onde está o local social e transmitirlle á Asociación a súa solidariedade e apoio.
Triste é que os veciños e veciñas se vexan na obriga de levar a cabo tales accións. Debemos lembrarlle ás autoridades que o asociacionismo ten dereitos e que, desde logo, non é de recibo dispoñer dun local restaurado desde hai anos e non poder utilizalo por desidia das administracións públicas.
Agardamos desde Esquerda Unida que a protesta surta efecto e que, en breve, o local poda ser inaugurado pola Asociación de Veciños de As Brañas de San Andrés. 9-MARZO-2009
Hoxe, a nosa agrupación comarcal a través dos seus responsables comarcal (Xabier Ron) e local (Iago Patiño en Ames) rexistrou nos concellos de Santiago, Ames, Brión e Teo unha moción para acadar a plena igualdade entre mulleres e homes.
A base da moción foi a mesma nos catro concellos, da que reproducimos aquí a parte dos acordos:
Acadar o compromiso político de traballar para xerar un municipio de suxeitos iguais en dereitos e obrigas, empregando os medios legais existentes e posibilitando as canles para que homes e mulleres teñamos as mesmas posibilidades de desenvolvemento:
1)Elaborando un Plan de Igualdade integral con carácter transversal, no que se impliquen todas as áreas municipais. Con dotación orzamentaria suficiente e avaliación anual da súa execución e desenvolvemento.
2)En ligazón co mesmo elaborando, supervisando, poñendo en marcha e aplicando o Plan Integral Local de Violencia de Xénero.
3)Creando do Observatorio Municipal da Igualdade e da Violencia de Xénero.
4)Poñendo especial atención sobre a vulnerabilidade das mulleres inmigrantes vítimas de malos tratos e de explotación sexual cando estas se atopan sobre todo en situación administrativa irregular e a denuncia pode supoñer a súa expulsión. O concello creará procesos de formación e integración á vida laboral e garantirá a súa protección social.
5)Implantando e desenvolvendo accións e programas que fomenten a sensibilización e a plasmación da igualdade real entre homes e mulleres.
6)Potenciando o movemento asociativo de mulleres e ao feminismo en todas as súas expresións.
7)Afortalando o Consello Municipal da Muller para que sexa un órgano participativo, aberto á sociedade compostelá.
8)Compromiso de aumento orzamentario a un 5% (comprometendo cando menos un 2% no próximo exercicio) para que as políticas de igualdade de xénero e as medidas para erradicar a violencia de xénero teñan efectividade.
Santiago, 6 de marzo de 2009
Esquerda Unida Compostela adhírese á manifestación convocada pola Marcha Mundial das Mulleres en Compostela, onde tamén estará o Foro Galego de Inmigración. A manifestación sairá da Praza do Toural para dirixirse á Praza 8 de marzo.
Animamos a todas as mulleres e a todos os homes a que loiten e fagan visible esa loita co seu compromiso e solidariedade na manifestación.
Aínda queda moito por facer, moitas inxustizas que impedir, moita desigualdade que eliminar e moita violencia sobre a muller que erradicar. Compostela, 5-marzo-2009
Os resultados electorais do 1 de marzo confirman a tendencia positiva da nosa agrupación na cidade de Compostela. Os 856 votos acadados na nosa cidade case duplican o número de votos das Eleccións Autonómicas do 2005.
Este progresivo aumento, xa reflictido en nteriores comicios, anímanos a seguir traballando de cara ás vindeiras Eleccións Municipais do 2011.
Este crecemento prodúcese nunha campaña electoral marcada por unha dura polarización mediática que excluiu á nosa organización e non a outras forzas extraparlamentarias que contaron con maior presenza mediática.
Coñecedora destes obstáculos, que vulneran a pluralidade democrática, Esquerda Unida realizou unha campaña de contacto, na rúa, explicando o programa, achegando as propostas alternativas ao sistema capitalista de forma clara e directa.
Esquerda Unida é unha organización eminentemente municipalista. E esta circunstancia é a que explica a tendencia ao crecemento dos últimos comicios. Esquerda Unida seguirá traballando para achegar solucións aos problemas dos veciños e veciñas de Compostela.
Consello Local de Esquerda Unida Compostela
3-marzo-2009
Hoxe, ás 17h30, novo reparto de información electoral no campus sur, Esquerda Unida situará un posto de reparto de información electoral á altura da Biblioteca Concepción Arenal.
Hoxe, ás 12h, na Praza de Abastos de Compostela, candidatos e candidatas da zona de Compostela, repartirán información electoral, coa presenza de Xabier Ron, coordinador comarcal e candidato por Coruña.
Mañá, mércores 25 de febreiro, reparto na Porta do Camiño, ás 17h30, con candidatos e candidatas de Compostela, coa presenza de Xabier Ron, candidato por Coruña e coordinador comarcal de Esquerda Unida en Compostela.
A nosa organización considera que os espazos públicos son para uso e desfrute de todos e todas. Un deses espazos privilexiados polo histórico contorno no que se atopa é o Parque de Bonaval, restaurado co diñeiro público cando se construiu o Centro Galego de Arte Contemporáneo.
Trátase, xa que logo dun Parque Público resgardado todo el polo CGAC, Panteón de Galegos Ilustres, Museo do Pobo Galego e unha muralla de mampostería racheada de uns 50 centímetros de ancho por máis de tres metros de alto. Ten tres portas de acceso: unha pola rúa Valle-Inclán, outra pola rúa da Costiña do Monte e outra pola rúa do Rosario, en cada unha das cales hai unha lenda co anagrama do Concello de Santiago que reza: “HORARIO DE USO EN TEMPADA DE INVERNO. APERTURA: 9.00h. PECHE: 20.00h”.
Esquerda Unida tivo coñecemento dunha actuación urbanística na ruela da Caramoniña que, cando menos, esperta suspicacias e outras sensacións que merecen o nome de “falcatrúada” ou mesmo “cacicada”: unha unha mordida, de tremendo e atroz impacto, co fin de conectar por un pasadizo elevado o edificio construído na finca privada da outra parte da dita RUELA co Parque.
Tendo en conta que estamos ante un probable uso privado dun ben público –de desfrute cando ao público se lle nega en certas horas, a agrupación comarcal de Esquerda Unida-IU realiza a seguinte pregunta para a súa resposta por escrito:
1) Coñece o Concello de Santiago a actuación realizada na Ruela da Caramoniña?
2) Se a coñece en nome de que concepto puido conceder tal licencia?
3) Está de acordo o concello coa utilización privada dun ben público?
4) No caso de que descoñeza tal actuación, ordeará rectificar tal feito e sancionará aos culpables?
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2009
Fotos con detalle en: http://eusantiago.blogspot.com.
Hoxe, a partir das 12h, os candidatos e candidatas de Santiago, coa presenza de Xabier Ron, coordinador comarcal de Compostela e candidato por Coruña, repartirán información electoral na Alameda compostelá.
Reparto na Praza de Roxa, ás 17h, con candidatos e candidatas de Compostela, coa presenza de Xabier Ron, candidato por Coruña e coordinador comarcal de Esquerda Unida en Compostela
A partir das 12h, candidatos e candidatas da zona de Compostela repartirán información electoral no feirón de Padrón.
Hoxe, ás 19h, reparto de información electoral na Porta Faxeira. Estarán candidatos e candidatas de Compostela, encabezados por Xabier Ron, candidato por Coruña e coordinador comarcal.
Hoxe, ás 20h45, no Centro Sociocultural do Castiñeiriño, mitin de Esquerda Unida, coa presenza de Xabier Ron, candidato por Coruña e coordinador comarcal de Esquerda Unida en Compostela.
Encontro na sede de Esquerda UNida co Foro Galego de Inmigración, ás 18h, no que participará Xabier Ron, candidato por Coruña e coordinador comarcal de Esquerda Unida en Compostela.
Ás 20h30 do día 17 de febreiro de 2009, mitin de Esquerda Unida no Centro Sociocultural da Almáciga coa presenza de Xabier Ron, candidato ao Parlamento de Galicia.
No Centro Sociocultural de As Cancelas terá lugar, mañá luns 16 de febreiro, ás 20h30, o mitin de Esquerda Unida coa presenza de Xabier Ron e outros membros da organización compostelá
MOCION
Instalación de sinalización vertical na rúa Touro no barrio da Almáciga
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Desde hai uns anos o barrio da Almáciga coñece un constante incremento de tráfico rodado que, tendo en conta a fisionomía de certas rúas,
caracterizadas nalgún caso por pendentes moi acusadas, eleva a inseguridade viaria no barrio, tal como deixan constancia os veciños e veciñas.
En días de choiva, os pasos de peóns, ao non estar o suficientemente ben sinalados, pasan desapercibidos para o tráfico rodado, ocasionando situacións de risco ás que cómpre dar unha solución que faga da seguridade viaria a súa máxima.
Esta situación é a que se dá na rúa Touro. Cando escurece ou cando a climatoloxía é adversa para a visibilidade dos condutores, estes pasos de peóns indebidamente sinalados constitúen, en realidade, un perigo para os peóns.
Na mesma rúa Touro, na súa confluencia coa Travesa da Pastoriza, dáse unha situación de elevada perigosidade, xa que esta Travesa se caracteriza por un desnivel moi pronunciado e cun firme moi irregular e a incorporación á rúa Touro faise nunha situación de dúbida para os condutores ante a ausencia de sinal orientador.
En base a todo o anterior, proponse ao Pleno do Concello de Santiago que adopte o seguinte:
ACORDO
1) A instalación de sinais verticais con luminosidade para os pasos de peóns para favorecer a visibilidade dos condutores e mellorar a seguridade dos peóns cando as condicións son adversas.
2) A instalación dun sinal de ceda o paso á altura do nº 11 da rúa de Touro para favorecer a fluidez circulatoria e disipar as dúbidas dos condutores que se incorporan á mesma desde a Travesa da Pastoriza minimizando deste xeito o risco de accidentes (na moción adxuntamos un mapa coa colocación exacta do ceda).
Santiago-30-maio-08
Coa austeridade e co aproveitamento de recursos propios, estamos repartindo o noso particular voceiro informativo. Nel anotamos breves sínteses do diverso traballo realizado na vila de Compostela.
Desta volta foron 2 000 os exemplares tirados. O traballo dos afiliados e afiliadas está sendo grande nestes días para proceder ao seu reparto polos barrios de Compostela.
Podes descargar o voceiro completo aquí
"ler Esquerda Unida informa nº 1.pdf",
Representantes de Esquerda Unida, entre os que estaba o seu coordinador comarcal, Xabier Ron, mantiveron unha xuntanza coa Asociación de Veciños Francisco Asorey do barrio da Almáciga.
Este encontro encádrase dentro da rolda de encontros que vai manter Esquerda Unida para coñecer a situación dos barrios composteláns, cáseque un ano despois desta nova lexislatura municipal.
Pois ben, despois de case un ano de goberno, o barrio da Almáciga segue na mesma situación de desleixe. Cando Esquerda Unida lle preguntou aos veciños, “que cambios notáchedes no barrio? Mellorou?”, a resposta dos representantes veciñais foi clara: “Nada. Todo segue igual ca antes”. Somos sabedores que o Concello xoga todo a unha carta para con este barrio, o Plan Urbana, como se este fose un maná caído do ceo. Coidamos que hai actuacións que o Concello –repetimos o Concello- pode ir acometendo sen o desbaldimento de cartos públicos observables nalgunha actuación do Concello en certas rúas de Compostela.
E mentres os orzamentos agardaron ata o mes de maio para seren consensuados, mentres se anuncian plans de teleféricos surrealistas cun custo de 20 millóns de euros, os barrios de Compostela, os de vello, seguen o seu paseniño proceso de degradación. No da Almáciga, entre outros aspectos:
- situacións caóticas de aparcadoiro;
- certas rúas precisan paneis de sinalización vertical para regular con seguridade o tráfico;
- as rúas de Arzúa e Enfesta requiren un urxente proceso de acondicionamento e humanización; a de Pastoriza precisa que se repoña o seu firme;
- o principal acceso ao parque segue sendo privado e dificultoso para os veciños e veciñas con problemas de mobilidade;
- cando chove o fin da r/ Basquiños convértese nunha piscina por non esteren canalizadas as augas pluviais;
- o transporte público non chega á parte alta do barrio; ...
Esquerda Unida apoia as demandas do barrio, demandas que, como afirman os veciños, “levamos reivindicando dende hai tempo” e esixe do equipo de goberno unha planificación equilibrada das necesidades dos barrios de Compostela, incluídos os barrios de vello. Antes de elevar a vista ás alturas do cumio do Gaiás, a pé de rúa hai necesidades que os veciños e veciñas queren ver colmadas.
Compostela, 19-maio-2008
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Durante a construción do Polígono de Vivendas de Fontiñas, e máis concretamente durante o período de acondicionamento urbano exterior e de construción do edificio “Área Central”-ao cargo da empresa Ferrovial-,
a florecente Asociación de Veciños “As Fontes” de Fontiñas foi quen de conseguir a construción dun depósito soterrado destinado a recoller as augas pluviais e de manantío para abastecer os sistemas de rego de parterres e outras extensións acotadas como zona verde; incluídos o hoxe Parque de Carlomagno e seu cadoiro.
Dito depósito conta con cadansúa sá de máquinas/bombas e preceptiva maquinaria e ten a súa ubicación baixo a actual Ludoteca e tiña capacidade para albergar suficiente auga como para respostar ao seu cometido e deixar sobrante.
A obtención de dita INFRAESTRUTURA foi absolutamente libre de sobrecusto para a Administración e os veciños, e veu propiciada (ben sabe a nosa Corporación que a clase empresarial non regala nin a información horaria se non vai acompañada dunha plusvalía que multiplique a inversión asumida) pola negativa de dita empresa para asumir o custo da apertura e conexión da Rúa Madrid do mesmo xeito que están conectadas as rúas Berlín e Roma, entanto percibía a posibilidade de habilitar un aparcadoiro soterráneo que requeriría menos investimento ou que, admitindo máis investimento, deparaba unha posible fonte de ingresos futuros.
A razón pobremente esgrimida pola empresa construtora para a non construción do vial era que as cotas de gálibo non eran as axeitadas, evitando propoñer unha saída que se prolongase cara a parte alta da Rúa Madrid. Ao se entregar a obra pasou a titularidade municipal.
Visto o anterior, realizamos a seguinte PREGUNTA:
1) hai algunha razón obxectiva pola cal non se teña utilizado dita infraestrutura, algunha razón pola cal se deixara esmorecer unha construción que se adiantaba ás agora habituais preocupacións pola escaseza de auga; para que se teña que investir parte do presuposto en Parques e Xardíns nun auga que poderiamos obter gratuitamente; para que se deixase sen utilización nin supervisión durante máis de 16 anos?
Santiago, 22 de abril de 2008
Presentamos a moción rexistrada no Concello de Santiago, hoxe venres 4 de abril, para o seu sometemento ao Pleno do Concello.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Desde que desapareceu a conexión ao tráfico rodado rúa Olvido con rúa da Ensinanza, a rúa Pitelos sofre, en horas puntuais, unha saturación de vehículos maior do que viña sendo habitual por mor de canalizar por dito vial máis tráfico rodado creando verdadeiros tapóns. Así, ao eliminar a subida de vehículos no último treito da rúa Pexego de Arriba, temos como resultado insufribles retencions do tráfico rodado na rúa Pitelos. Dito tráfico queda sempre en pendente e agardando a poderse incorporar á rúa do Hórreo, pero para facelo con garantías o primeiro vehículo invade normalmente o paso de peóns ocasionando molestias aos peóns que mesmo poden ser perigosas.
Entendendo que a seguridade viaria debe ser unha obriga, proponse ao Pleno do Concello de Santiago que adopte os seguintes:
ACORDOS
1. Instalar na rúa do Hórreo, á altura dos nº 19 e nº 28, semáforos con intervalo non coincidente cos que xa hai instalados á altura dos nº 13 e nº 20 e que se traduciría en que os primeiros (nº 19 e 28) pecharan un pouco antes (cuestión de segundos) cos mencionados (nº 13 e 20) para permitir que o fluxo de vehículos que veñen da rúa Pitelos se poidan ir situando nos tres carrís que hai no amplo dese treito de vía (de forma estimativa, permitiría a presenza de nove turismos).
Xunto con esta actuación, na confluencia entre rúa Pitelos e rúa do Hórreo, instalar dous semáforos, un a cada lado da rúa, en situación de intermitencia e tamén co intervalo “verde-bermello”, sendo sincronizados co outro grupo mencionado.
2. Dita actividade semafórica sería discrecional, é dicir, faríase uso da nova regularización cando fose preciso, en horas de moito tráfico rodado.
Santiago, 4 de abril de 2008
No Diario Oficial de Galicia de data 3 de xaneiro de 2007 figuraba un anuncio da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no que se sometía a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para o proxecto de restauración do espazo natural Canteira Miramontes, lugar de Grixoa, promovido por Edafoloxía e Restauración do Contorno Galego, S.L: (Eyrega) [Clave 2006/0104 AIA / IPPC].
Hai que fixarse nestas datas (nadal de 2006) para saber moi ben que o anuncio dificilmente ía ser divulgado de forma suficiente. Desde ese afastado momento, e ata hoxe, non se soubo basicamente nada máis de forma pública por como se xestiona o acceso á información desde o Concello. Tivemos que agardar a mediados de marzo de 2008 para enterarnos a través da prensa que a solicitude recibía unhha declaración favorable por parte de Joaquín Lucas Buergo del Río, Director Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental (así consta no DOG do 3-01-07).
Esquerda Unida entende que se fixeron as cousas mal desde o Concello:
a) por non ser dilixentes e estar atentos a un proxecto que foi depositado nas Oficinas do Concello o 3 de xaneiro de 2007;
b) porque está demostrado que a comunicación entre a Xunta e o Concello fai augas;
c) por dicir nun primeiro momento, e como escusa defensiva, que non están enterados da existencia de tal proxecto (Marta Álvarez-Santullano sobre todo, xa que Elvira Cienfuegos dedicábase na anterior lexislatura aos asuntos Educativos, se ben non a exime de estar informada de canto afecta ao seu Departamento);
d) polo escurecemento informativo, xa que o Concello non só non convoca os órganos participativos existentes no Concello para dar a coñecer tal proxecto, senón que non responde aos veciños asistentes no Pleno;
e) porque a realización de tal proxecto representa a inutilidade da política de residuos existentes e supón non avanzar na reciclaxe e reutilización dos refugallos construtivos e outros;
f) porque a ampliación do vaso da canteira suporá a presenza do macrovertedoiro deste tipo máis amplo da toda a Comunidade;
g) porque o selado e a rexeneración non deberían ir condicionados a un negocio de dúas décadas, senón pura e simplemente a unha necesidade ecolóxica;
h) porque, no fondo, representa unha continuidade de negocio para ÁRIDOS CNC, empresa que subcontrata a EYREGA SL;
i) porque o alcalde non pode utilizar a existencia deste vertedoiro para avalar o peche doutro: isto vai en contra dunha boa xestión dos residuos non perigosos e en contra dunha boa política medioambiental e, desde logo, en contra do desenvolvemento da Axenda 21 Local;
k) porque converterá a estrada de acceso, a comarcal que leva ao Val do Dubra e Santa Comba, nun ir e vir de camións que dificultará máis a seguridade viaria e a fluidez do tráfico por esa pequena estrada;
l) porque nada garante a inexistencia de contaminación medioambiental e de filtración aos recursos do solo. Todo o contrario.
En síntese, Esquerda Unida está en contra da existencia deste proxecto tal como se concibe desde un primeiro momento e denuncia a ineficacia do Concello e a súa escasa dispoñibilidade por informar de forma veraz á cidadanía. 4-abril-2008
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
En ocasións, os ritmos da vida cotiá conlevan a aparición de conflitos de pequena intensidade entre veciños que se poderían xestionar de forma civilizada e racional, impedindo que se enquisten de forma negativa no xeito de percibir tal relación e a propia convivencia.
relacionados co ruido. A canalización, as máis das veces, faise de forma cáseque exclusiva a través da denuncia policial, sen que se produza un diálogo entre as partes confrontadas e sen que, no fondo, se chegue á resolución do conflito.
Por iso, Esquerda Unida entende que é preciso un espazo dirixido aos veciños da cidade, de carácter gratuíto, para a resolución pacífica de conflitos. Trátase de fomentar o compromiso cívico cidadán e reforzar a convivencia cun novo modelo para xestionar as situacións conflitivas.
texto da moción completo:
O venres 22 de febreiro, ás 20h, no centro sociocultural de Milladoiro tera lugar un mitin coas intervencións de Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, Iago Patiño, candidato ao Congreso, e Xabier Ron, cabeza de lista ao Congreso.
Mañá xoves 21 de febreiro ás 24h terá lugar a pegada inicial de carteis de Esquerda Unida co gallo das Eleccións Xerais 2008 na praza de Cervantes.
O acto contará coa presenza de Yolanda Diaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, e coa do cabeza de lista ao Congreso pola provincia de Coruña, Xabier Ron, entre outros candidatos e candidatas pola provincia da Coruña
Existe, na escena das declaracións mediáticas, unha dobre distancia. A primeira distancia separa a política das persoas. É un universo paralelo ao que as persoas, a clase traballadora, accedemos a el a través de enquisas, estatísticas e numeroloxía que nos debuxan unha macroescena privilexiada, unha “liga das estrelas” ou restantes metáforas de autoenxalzamento.
A segunda distancia relaciona ás persoas que conviven no día a día. É o universo propio e as persoas, a clase traballadora accedemos a el desde o mesmo momento en que botamos a camiñar día a día. Aquí, as conversas entremestúranse no traballo, na cafetería ou no quiosco de duras realidades que nos falan de hipotecas, de créditos persoais, de cómo se encareceu a cesta da compra, de cómo nos obrigan a vivir pendentes dun fío bancario. As conversas son reais e amosan preocupación. Na rúa hai unha clara apreciación de que a construción foi un “maná” que se quixo apurar a tope e que vai ir esmorecendo. Non houbo racionalidade construtiva. E tamén está a preocupación por ter que aceptar condicións laborais cada vez peores, precisamente por vivir no fío bancario. O mito da conciliación laboral e familiar tamén existe: ninguén o coñece. O fío é de natureza escura e perversa: fíxonos crer que sen hipotecarnos non seriamos nada, que para ser alguén hai que vivir consumindo, consumindo todo,...ata o planeta.
Nas rúas de Compostela esa preocupación tamén existe. Este mes medrou de novo o desemprego en 279 persoas ata chegar a 5851. En porcentaxes supón un aumento do 5%. O maior incremento desde agosto 2007. En termos relativos un 1,1% máis que a media galega. De novo, e xa van moitos meses seguidos, a muller é a que máis sofre as gadoupas do desemprego (3661 de 5851, un 62,57%). Por sectores o sector servizos viu como aumentaba o desemprego en 245 persoas (un 87,81% das persoas que se viron no desemprego este mes), incidindo en que o tipo de contratación no sector servizos é inestable e precario. A mocidade pregúntase onde están os investimentos prometidos en I+D+i, onde a transparencia á hora de asinar un verdadeiro contrato de bolseiro investigador e non un contrato-pantasma de tipo administrativo.
Os números están aí, podemos obvialos e podemos pensar que Galicia está mellor que España, onde xa se nota a desaceleración construtiva e que afecta, e moito, ás persoas inmigrantes. Pero a desaceleración chegará tamén a Galicia, xa que non vivimos nunha burbulla. Non estamos no universo paralelo debuxado pola xerarquía política. Nas nosas rúas faise sentir un vento frío e non é debido ao inverno, non.
Consello Comarcal de Santiago de Compostela
5-febreiro-2008
Hai un ano, Esquerda Unida remitiu aos medios de comunicación diversos comunicados sobre o incumprimento reiterado do contrato das empresas que realizan o transporte metropolitano,
en materia de horarios, de renovación dos autobuses para seren realmente transporte adaptado para todas as persoas e en materia de mobiliario para agardar os autobuses sen expoñerse a unha rotunda molladura, dispoñer de papeleiras para que o chan non sexa o depósito de papeis, botellas de plástico, etc.
Hoxe, un ano despois: ano novo, vellas prácticas. Nada cambiou. Nas marquesiñas unicamente reparamos nunha banda laranxa desgastada que publicita un transporte metropolitano do que ignoramos aínda frecuencias, liñas e horas de paso. Isto é, ofréce se un servizo público deficiente e insuficiente.
Nesta reiterada e deliberada violación do dereito á información que ten a cidadanía, non pode valer de escusas absolutamente nada. E todos son culpables: alcaldes que decidiron acollerse a este sistema sen preocuparse -a non ser en época electoral para quedar ben na foto- e Xunta de Galicia.
Os bares estanse convertendo en improvisadas delegacións dun servizo inexistente. Pero é que hai paradas que non dispoñen nen sequera deste improvisado servizo.
De forma curiosa, os domingos, cando o ocio é máis doado de converterse en negocio, e cando as persoas dispoñen de máis tempo libre, é cando menos autobuses hai e, xa que logo, cando máis se pon a proba a paciencia das persoas.
O acceso ao ocio para persoas que viven en núcleos afastados da atractividade urbana debería ser contemplado como unha preocupación para os nosos dirixentes e pensar non en diminuir, senón cando menos en manter a mesma frecuencia que durante a semana.
Ou, é que o cambio climático só hai que combatilo durante a semana laboral?
Acaso non hai que desmotivar o uso do coche para acceder ao ocio tamén os domingos?
Os nosos dirixentes deberían pensar máis nos dereitos que temos, sobre todo cando, a inicios deste mes de xaneiro sentimos como o noso peto tremía perante o aumento de todos os indicadores de prezos básicos. A cambio, ofrécennos servizos deficitarios...
Este próximo luns, ás 10h, terá lugar un acto de entrega de sinaturas para amosara nosa disconformidade co peche da Oficina Municipal de Atención á Poboación Inmigrante e Emigrante Retornada.
O Concello de Santiago semella embarcado nunha campaña de "modernización" (sic) que leva á privatización, á externalización e ao deterioro dos servizos sociais.
Reproducimos de seguido o comunicado de prensa do Foro, do que forma parte Esquerda Unida.
*******
O Foro de Inmigración composto polas asociacións e entidades que figuran abaixo na zona de Santiago e Comarca, convoca unha rolda de prensa informativa o luns día 7 de Xaneiro ás 10:00 h diante da Oficina do Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa Salvador Allende), previa á presentación nesa oficina de máis de 200 sinaturas individuais que completan a solicitude das asociacións e entidades do Foro para que non peche (polo tanto para esixir a súa inmediata reapertura) a Oficina Municipal de Atención á Poboación Inmigrante e Emigrante Retornada.
No nome deste Foro, que agrupa a asociacións de inmigrantes e emigrantes retornados e asociacións e entidades que prestan servizos á poboación inmigrante e emigrante retornada da cidade e de moitos outros e outras veciños e veciñas da cidade que se solidarizaron con esta causa, solicitamos a través das sinaturas e do propio acto público de presentación das mesmas que se manteña e mellore un servizo público municipal que custou moito conseguir a súa posta en marcha e que as funcións que realiza na actualidade (por exemplo, os informes de arraigo social) son imprescindibles para os cidadáns estranxeiros ou emigrantes retornados da cidade e para moitas outras persoas interesad@s en contratar traballadores ou traballadoras inmigrantes ou en realizar outros tipos de consultas, xestións, etc. Por outra banda, as asociacións e entidades deste Foro entendemos que as traballadoras que viñan desenvolvendo o seu desempeño profesional nesta Oficina realizaban un excelente traballo e que deben continuar, preferiblemente en condicións laborais menos precarias, no seu labor profesional.
Compre tamén, ao contrario do que vimos denunciar no acto público que presentamos, mellorar os recursos humanos e materiais da devandita Oficina, polo aumento continuado da poboación á que debe dar servizos a mesma. O retraso na renovación do convenio coa Secretaria Xeral de Emigración non debe servir de desculpa para xustificar o non mantemento de forma continuada, como un servizo público municipal importante, desta Oficina e das súas traballadoras.
Esquerda Unida pregúntase que está facendo o goberno local para deseñar estratexias propias de creación de emprego. Que hai do Plan de Acción Local polo Emprego?
A desaceleración no sector construtivo xa afecta á poboación compostelá, producíndose un aumento de persoas desempregadas nun 9,4%. Por cuarto mes consecutivo medra o desemprego e afecta xa a 5640 persoas, cun aumento de 182 persoas con respecto a outubro, en termos relativos un 3,3 % máis.
Os datos son incuestionables:
- menores de 25 anos: en total 622 (+79 con respecto a outubro): homes 250 (+46), mulleres 372 (+ 33).
Repárese no incremento tanto en homes coma en mulleres, dándose un novo aumento por terceiro mes consecutivo neste segmento poboacional.
- No segmento de resto de idades o paro aumenta tanto en homes como en mulleres. Así, das 5018 persoas desempregadas, 1823 son homes e 3195 son mulleres. Neste segmento debido, sen dúbida, ao aumento do paro na construción, aumenta máis o paro nos homes, tal como sucedera no mes de outubro. Isto xa indica que estamos ante unha tendencia que, previsiblemente, aumentará. Así, das 103 persoas desempregadas neste segmento de idade, 80 son homes e 23 son mulleres.
- Se repasamos a tendencia dos últimos tres meses, vemos como se dá unha constante progresión indesexada: setembro: 5212 (+107); outubro: 5458 (+246); novembro: 5640 (+182), isto é, en tres meses, un incremento de 535 persoas. Lonxe está o obxectivo de baixar das 5000 persoas desempregadas con esta tendencia.
Insistimos en que a implicación do Concello é necesaria para animar os procesos cooperativos e na necesaria creación para Esquerda Unida da Axencia Municipal de Colocación con vistas ao desenvolvemento e á oferta pública de emprego no sector sociosanitario. Do mesmo xeito, reclamamos que se redefinan os obxectivos do Plan de Acción Local polo Emprego, xa que, segundo se ve, as metas deseñadas, un ano despois, non están dando ningún froito.
Consello Comarcal, 5 de decembro de 2007.
MOTIVO:
AS INICIATIVAS QUE A DELEGACIÓN DE ESQUERDA UNIDA-IU PRESENTOU NO PARLAMENTO EUROPEO SOBRE O VERTEDOIRO INCONTROLADO DE AMES.
INTERVEÑEN:
XABIER RON, COORDINADOR COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA-IU
IAGO PATIÑO, COORDINADOR LOCAL DE ESQUERDA UNIDA-IU DE AMES
DÍA:
VENRES 7 DE DECEMBRO DE 2007
HORA:
ÁS 11 HORAS
LUGAR:
SEDE COMARCAL, R/ DUBLÍN, 8 BAIXO DEREITA (SANTIAGO)
TELÉFONOS DE CONTACTO:
XABIER RON: 678 484 556
IAGO PATIÑO: 647 474 857
Esquerda Unida felicítase da decisión da Concellalía de Medio Ambiente, dirixida por Elvira Cienfuegos, de propoñer a creación da vía verde.
A noticia vén dada en La Voz de Galicia (edición local, p. 7). Isto significa, se ben non se menciona na elaboración do artigo, que a nosa moción prospera e que en Pleno se nos dará oportuna resposta. Lembremos que a moción foi rexistrada o 9 de novembro de 2007.
Varios das nosas demandas, en función do que podemos ler na prensa, semellan ser atendidas, se ben, reparamos nun pero: non se fai mención en ningún momento á posibilidade de que o acondicionamento respecte a accesibilidade e mobilidade das persoas con discapacidade que se moven en cadeira de rodas. As restantes peticións, unha por unha, ao que parece van a ser atendidas.
Agardamos que no Pleno deste mes, a resposta que se lle dea á nosa moción sexa precisamente o que hoxe lemos, que se crea a Vía Verde. Un logro para os nosos veciños e veciñas. No entanto, gustaríanos, simplemente porque é de rigor, que se nos recoñecese a iniciativa, tal como figura no Rexistro do Concello de Santiago, xa que obedece a un duro e difícil traballo realizado por homes e mulleres que estamos fóra das institucións
Xabier Ron
Coordinador Comarcal de Esquerda Unida-IU
A nosa organización política rexistrá no Concello de Santiago o escrito de alegacións ao Regulamento Orgánico Municipal do Pleno do Concello de Santiago.
No noso escrito insistimos na necesaria introdución dun capítulo sobre a intervención e participación da cidadanía no Pleno. "ler alegac-regulamento.pdf",
A recuperación da vella vía de tren que vai de Santiago a Coruña constitúe unha oportunidade única, que non se pode deixar escapar, dado que con poucos investimentos conséguese ofrecer á cidadanía en xeral, e aos amantes do deporte e da natureza en particular, un espazo único para o desenvolvemento dun ocio non alienante, alternativo ás prácticas actuais.
O treito en cuestión transcorre por unha das zonas máis virxes do concello de Santiago, cun alto valor paisaxístico e cunha lonxitude aproximada de 12 quilómetros. Vai desde Amio ata Sigüeiro, pasando pola Sionlla e por Verdía. Dito treito cruza o val do río Tambre e o do río Sionlla, destacando unha ponte sobre este último río.
A recuperación deste espazo permitiría, non só ofrecer un marco incomparable para a cidadanía compostelá, senón que permitiría á administración local ampliar a oferta turística da nosa Cidade dando a coñecer unha mostra do noso turismo verde. Ao mesmo tempo, serviría como revitalizante destas localidades do rural compostelán, poñendo en valor os seus trazos paisaxísticos e medioambientais.
Trátase dunha actuación merecente de todos os esforzos da cidade, polo que deberá contarse para a súa execución coa participación do tecido asociativo (asociación de deporte, de sendeirismo, de bicicleta, etc.) e, igualmente, artellar os mecanismos de axudas tanto autonómicas como europeas.
A actuación prevista permitirá que en dita vía se podan realizar diversas actividades relacionadas coa práctica deportiva: disfrutar dun paseo san, libre de riscos circulatorios; practicar o atletismo; facer patinaxe; andar en bici.
Ao mesmo tempo, permitiranos recuperar a vella estación de Ferrocarril dispoñendo no seu espazo algún local de lecer (bar, museo...) para as persoas que opten por esta alternativa saudable.
En base ao anterior proponse ao Pleno do Concello de Santiago que adopte os seguintes:
ACORDOS
1. Realizar as xestións oportunas ao pé das administracións competentes para recuperar o treito que transcorre entre Amio e Sigüeiro.
2. Facer partícipe ao tecido asociativo na conformación do futuro espazo de lecer.
3. Solicitar canta axuda sexa pertinente a nivel autonómico, estatal e europeo.
4. Crearase nos 12 quilómetros de percorrido unha zona multifuncional de lecer e paseo familiar. A tales efectos, dispoñerase un firme axeitado para que poda ser empregado tamén por persoas que se desprazan en cadeira de rodas. O lecer debe integrar a toda a cidadanía.
5. Crearase un acceso desde Amio e outro desde Sigüeiro, ademais das principais (para o acceso a persoas con discapacidade) desde as estacións da Sionlla e de Verdía.
6. Habilitarase unha iluminación suficiente por cuestións de seguridade nos túneis, alimentada por paneis solares.
7. Situarase o mobiliario preciso e necesario para dotar a Vía Verde: papeleiras, bancos, lugares de quencemento muscular, ...
8. Colocar de forma estratéxica paneis informativos sobre a historia das zonas de paso.
9. Dispoñer dunha estrutura fixa de seguridade na ponte sobre o río Sionlla.
10. Outras accións que sexan pertinentes para converter esta Vía Verde nunha excelente plataforma de saúde e benestar para Compostela e municipios veciños.
Santiago, 8 de novembro de 2007
Para Esquerda Unida resulta ofensivo escoitar que Bugallo, o alcalde de Santiago, sabía que o diñeiro de partida era insuficiente para realizar o proxecto que el mesmo aprobaba. Indignante.
Estamos falando dun proxecto do que comezan a saberse os puntos escuros, puntos aos que contribuiu, xa que logo, coa súa acción de connivencia o señor Alcalde. Isto reafirma o escaso bagaxe político que ten Sánchez Bugallo, xa que en vez de facer pública a súa opinión no seu momento xusto –logo das deliberacións do xurado- optou, por unha discutible “lealdade institucional”, calar. Nós dicimos que foi antes ben unha deslealdade para co pobo de Compostela e de Galicia, xa que o seu proxecto enlousa diñeiro público de forma desnortada desde hai anos.
Optou por calar e, de paso, agochar a realidade, porque quería, coma un megalómano, un proxecto faraónico na súa cidade, xa que outras o tiñan. Si, outras cunha demografía superior. Retamos a que o señor Alcalde nos diga onde hai unha cidade de menos de 100.000 habitantes que teña unha obra semellante e que xa leva enlousados máis de 400 millóns de euros.
Lamentable, repetimos, que as súas palabras pasen impunemente da oralidade ao papel sen que tremen os piares da democracia que el di representar.
Consello Comarcal de Esquerda Unida-IU
Santiago, 7 de novembro de 2007
Esquerda Unida reclama medidas urxentes para a diversificación do emprego e a dinamización do Plan de Acción Local polo Emprego.
A tendencia segue sendo clara en Compostela e comarca: un imparable e contínuo proceso de desemprego que afecta de forma alarmante ás mulleres e aos mozos e mozas de menos de 25 anos.
Os datos, que achegan a fría e dura realidade, son incuestionables no que se refire á nosa cidade: - menores de 25 anos: en total 543: homes 204, mulleres 339. Repárese no aumento neste segmento poboacional nas mulleres: de 265 mulleres desempregadas en setembro a 339, isto é un aumento de 74 persoas nun único mes, o que representa unha porcentaxe de 94,87 % do total experimentado no mes de outubro (78 menores de 25 anos).
- mulleres (resto de idades): 3172 mulleres dun total de 5458 persoas en situación de desemprego, o que representa o 58,11 %. Certo é que nesta franxa aumentou máis o desemprego nos homes, 111 persoas (66,07% do incremento experimentado durante o mes de outubro).
- O paro aumentou en números xerais en 246 persoas, o que representa un 4,7 % de incremento respecto ao mes pasado. O número total, xa que logo, afástase do obxectivo de baixar das 5000 persoas desempregadas, para situarse en 5458 (en setembro eran 5212).
- Se analizamos os sectores produtivos vemos que os aumentos máis significativos e preocupantes prodúcense no sector servizos cun incremento de 182 persoas ata situarse en 3635 persoas, e no sector industrial cun incremento de 25 persoas. Estes dous sectores representan máis do 80% das novas persoas desempregadas durante o mes de outubro.
As administracións deben tomar nota destas circunstancias e achegar valentes solucións que poden pasar desde a necesaria diversificación do emprego (investir en sectores de I+D+i), ata a implicación do Concello en animar os procesos cooperativos e na necesaria creación para Esquerda Unida da Axencia Municipal de Colocación con vistas ao desenvolvemento e a oferta pública de emprego no sector sociosanitario. Do mesmo xeito, reclamamos que se redefinan os obxectivos do Plan de Acción Local polo Emprego, xa que, segundo se ve, as metas deseñadas, un ano despois, non están dando ningún froito.
Consello Comarcal, 5 novembro 2007
Esquerda Unida crítica, unha vez máis, o abandono que coñecen as persoas que practican deporte en Compostela. Resulta curioso que, cando se louva unha prestixiosa carreira pedestre –e con toda razón e xustiza-, as persoas que queren correr para manterse en forma ou relaxarse, ou ben que queren adestrarse, só dispoñan aínda do circuito (sic) da Alameda e sigan espoñéndose a lesións de diversa natureza e consideración.
Non poder ser, non é razoable para unha cidade como Santiago, que a Alameda sexa o único circuito para facer un pouco de carreira contínua. Lembremos que non son infrecuentes os sustos que producen os cans ou a aparición de perigosas pedras torce-nocellos. A Alameda, ademais, como se sabe, coñece numerosos e habituais peches por mor da súa utilización para a realización de diversas actividades e actos festivos.
Esquerda Unida quere lembrarlle á cidadanía que xa presentamos o día 29 de marzo de 2007 unha moción para que o Pleno do Concello apostase pola creación dunha alternativa á Alameda para enriquecer as posibilidades da práctica deportiva do atletismo.
E nela avanzabamos que se debían realizar os estudos oportunos con participación cando menos de entidades representativas deste deporte, e coas organizacións ecoloxistas para situar dita instalación nas beiras do Sar, no futuro parque, adecuando unha zona para a práctica do atletismo, aproveitando sinerxías co multiusos do Sar. Hoxe, despois da resaca electoral coas súas promesas, ollamos como o equipo de goberno aínda non ten previsto nada semellante ao que nós demandamos.
Esquerda Unida segue reivindicando polo tanto a existencia dese espazo alternativo: un circuito de terra pisada sen pendentes pronunciadas (un máximo do 3%), sen curvas pechadas, cun amplor de polo menos 3 metros, cunha lonxitude que xira entre os 2.000-2.500 metros e unha axeitada iluminación nocturna.
Lembrámoslle ao señor Alcalde do Consello de Santiago que dita alternativa gozou do aval de máis de 1000 sinaturas tal como consta no rexistro do Concello, todas elas de persoas vencelladas á práctica desta modalidade deportiva.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida-IU
24 de outubro de 2007
Esta tarde, ás 19h30, preséntase a II Plenaria Internacional pola Paz en Colombia.
Non é casualidade que o acto se insira dentro da semana de actos para a erradicación da pobreza e da desigualdade.
Connosco estará Gilberto Torres, sindicalista colombiano e un dos voceiros da Asemblea Permanente da Sociedade Civil pola Paz en Colombia. Será en Filosofía, ás 19h30.
Ao igual que en anos anteriores, as diferentes plataformas, organizacións non gobernamentais, asociacións e colectivos convocan a “Semana de Acción Global contra a Pobreza” en denuncia do endebedamento dos países do Sur e a actividade das Institucións Financeiras Internacionais (IFI´s).
Esquerda Unida, como organización comprometida coa xustiza e o desenvolvemento sostible, amosa o seu compromiso coa iniciativa a escala internacional de Acción Global contra a Pobreza, desde o convencemento de que é posible conseguir a erradicación da pobreza.
"ler mocion-pobreza-2007,pdf",
Esquerda Unida xa denunciara, nun comunicado dado a coñecer no mes de xaneiro de 2007, que a operación urbanística prevista polo Concello de Santiago en Bando era un auténtico despropósito. A Xunta de Galicia, 9 meses despois, vén de dar pleno sentido e validez á nosa crítica.
A construción de 308 chalés en Bando e a do famoso campo de golf supoñen de todo menos contribuír a unha ordenación racional do territorio. A dispersión urbanística só pode contribuir a un incremento dos parámetros de insustentabilidade. Pero é que, ademais, os terreos desafectados do ministerio de Defensa deberían ter un destino, unha finalidade e un uso social. Está claro que os 300 chalés non van responder a esta finalidade. E o campo de golf…moito menos.
E claro, nestas condicións, e tendo en conta que o Concello entregou máis de 200 000 euros para a elaboración do proxecto técnico do campo de golf, moito nos tememos que os grupos que nos gobernan no Concello farán todo o inimaxinable para xustificar –ao igual que o fan co enxendro da Cidade da Cultura- que 308 chalés en Bando son vivendas sociais para familias de escasos recursos e que a súa construción favorecerá a creación da cidade compacta e a prestación equilibrada e redistributiva de servizos públicos, asemade dirán que o campo de golf fai un uso da auga moi respectuoso coa ecoloxía e que responde a unha necesidade social longamente demandada en Compostela.
Santiago, 6 de outubro de 2007
Consello Comarcal de Esquerda Unida
Na Asemblea Comarcal mantida onte en Compostela, Esquerda Unida adoptou por unanimidade a decisión de apoiar a petición de indulto para os tres veciños de O Eixo condeados a 7 anos de cárcere e ao pagamento dunha sanción económica de 156 000 euros.
Sobran as medias tintas, non só pasaron xa 9 longos anos desde que sucederan os incidentes do 14 de xullo de 1998, logo da manifestación reivindicando seguridade na N 525, senón que non está probada culpabilidade nas lesións sufridas por un policía. Isto é, 3 persoas inocentes ingresarán en prisión de non mediar o indulto.
Por iso, para Esquerda Unida o mellor que pode acontecer o 31 de outubro é que Simón Márquez, José Moreira e Jesús Montoiro non ingresen en prisión. Por iso, pedimos a liberdade para estes nosos veciños. E esa liberdade debe vir desde un posicionamento social que non pode deixar sós a estes veciños. Sós non están: teñen o amparo e axuda dos seus veciños e veciñas. Pero cómpre un apoio global. Por iso, animamos ao conxunto da poboación compostelá a que secunde a petición de indulto, que remata este mércores 10 de outubro. Agardemos que o 31 de outubro tres familias non sufran o desmembramento e separación de tres seres queridos.
5-outubro-2007
A Asemblea Comarcal de Esquerda Unida
Despois do desastroso mes de agosto en canto aos índices de desemprego, o mes de setembro non se presenta moito mellor para as persoas de Compostela.
E é que, a pesar da mellora nalgúns sectores, o desemprego segue focándose nos colectivos de menores de 25 anos e, en xeral, nas mulleres compostelás.
O paro unicamente baixa, en datos xerais, en dúas persoas con respecto ao mes anterior, o que non é, realmente, un dato para tirar foguetes triunfais.
O dato que realmente preocupa a Esquerda Unida, como diciamos máis arriba, é que o desemprego segue marcando ás mulleres tanto menores de 25 anos coma no resto de idades.
Así, no sector de menores de 25 anos, se ben hai 15 parados menos en homes (200 fronte a 215 en agosto), rexistramos unha cifra de 27 mulleres máis en situación de desemprego (265 fronte a 238). En total, neste sector de poboación, o paro sube en 12 persoas (465 fronte a 453), o que supón o 2,6% máis respecto ao mes de agosto.
No resto de idades, das 4747 persoas desempregadas (4761 en agosto), 3115 eran mulleres (en agosto eran 3107), o que nos dá un incremento total na poboación feminina de 35 persoas en situación de desemprego con respecto ao mes de agosto, isto é un 1%.
A pesar de que os gurús do sector inmobiliario seguen na nube do optimismo, cómpre non deixarse enganar e traballar para diversificar o tipo de traballo que se desenvolve en Compostela, en previsión dunha ralentización do sector construtivo moito máis acusada do que se poda pensar. Prever é traballar para o futuro. Seguir coas contas da leiteira é querer xogar con el.
Consello Comarcal, 5-outubro-2007
Se os datos referidos á Oficina de Emigración e Inmigración, que figuran no portal electrónico do Concello de Santiago, son certos, estamos en condicións de afirmar que, de forma paradoxal, a Oficina incumprirá a funcións coa que naceu.
Para Esquerda Unida é altamente revelador que a Oficina abra só de luns a xoves (será que o resto da clase traballadora nos libraremos de traballar os venres?), e que o faga nun horario de 9h a 14h, isto é, tan só de mañá.
A poboación emigrante e inmigrante require unha maior flexibilidade nos horarios, xa que, en moitas ocasións, non será ata a tarde cando podan ter algo de tempo libre para achegarse a unha Oficina para realizar xestións administrativas. E iso, nos mellores casos. Lembremos que as condicións de traballo actuais non son, desde logo, as máis idóneas para coa posibilidade de ausentarse sequera por un número de horas reducido para realizar xestións administrativas.
Polo tanto, desde Esquerda Unida reclamamos que o horario de atención ao público se amplie ao venres e que abra, cando menos, entre as 16h e as 20h.
E se a desculpa esgrimida será a falta de persoal, cómpre facer entón un esforzo en contratación de persoal cualificado para a realización das tarefas. Por suposto, nunhas condicións salariais dignas e mediante un procedemento contractual público e transparente. E que non digan que non hai capacidade económica, xa que, no momento de establecer os Orzamentos 2007, os “xestores” do Concello vanagloriábanse de ter 4 millóns de euros de superávit. Pero, aínda máis, citaríamoslle a morea de cartos que se están dedicando á redacción de proxectos técnicos encargados ou entregados (campo de golf en Bando, por exemplo) a entidades privadas, negando as propias capacidades do persoal técnico do Concello.
Santiago, 27 de setembro de 2007
Consello Comarcal de Esquerda Unida
Reunido o Consello Comarcal o 12 de setembro de 2007 procedéuse, entre outras cousas, á análise dos datos de desemprego do mes de agosto de 2007, sendo a seguinte a valoración que realiza a nosa agrupación comarcal:
O mes de agosto, normalmente un mes clave para a economía de Compostela, por aspectos normalmente vencellados ao turismo e ao sector servizos, pechouse cun incremento de 107 persoas desempregadas máis. A pesar de que a ocupación hoteleira estivo próxima ao 90 %, esta non repercutiu no mercado laboral, xa que o desemprego neste sector incrementouse nun 4 %.
Debe facer reflexionar ás autoridades competentes o feito de que existan 3517 persoas desempregadas no sector servizos, producíndose unha suba de 82 persoas máis neste mes de agosto. Este alarmante dato está initimamente ligado tanto á economía mergullada como ao freo no consumo interno, motivado polo encarecemento do diñeiro, o aumento dos tipos de interese e, en consecuencia da hipoteca. Todo isto repercutindo de forma moi negativa na capacidade de manobra económica das familias.
O dato máis negativo dos números de agosto figura no colectivo de mulleres e menores de 25 anos que representan o 70 % das novas persoas desempregadas.
Cómpre poñerse a traballar para idear solucións a este feito que non podemos facer recaer no mal tempo do mes de agosto, senón a unha circunstancia estrutural. Todo isto, nun contexto de emigración de persoas mozas, onde mesmo as máis cualificadas vense na obriga de emigrar por falta de traballo na súa terra.
Consello Comarcal de Compostela, 12-setembro-2007
A anunciada retirada da liña de axudas para a compra de material escolar para as familias con menos recursos supón un erro e instala no imaxinario deste colectivo social a “impresión” de que as axudas sempre van para as persoas inmigrantes.
Isto aconteceu e acontece normalmente en gobernos de dereitas, coma en Madrid, onde a redución de axudas sociais é constante e confronta socialmente aos máis desfavorecidos. Que o faga un goberno que se autodefine como “progresista” representa un absurdo moi en consonancia coa mala relación que teñen socialistas (sic) e nacionalistas coa redistribución da riqueza. O peor é a sensación que se instala na sociedade, sensación á que contribúen erros coma os que hoxe denunciamos e criticamos.
A Administración Pública ten que ser cohesionadora e integradora. Esta medida non o é, desde logo. Para selo o Concello debería non só manter a liña de axudas para a compra de material escolar, senón aumentar a súa contía e conceder as axudas a tempo. Por iso, criticamos tamén a súa demora e tardanza, xa que o curso comeza a semana que vén en Educación Infantil e Primaria.
Lembremos que o material de Educación Infantil non entra no programa de gratuidade, que os cadernos de actividades non entran, que mesmo algunhas librarías, ante o escaso diñeiro que a Xunta destinou para 1º e 2º de Educación Primaria, algún libro téñeno que pagar os pais e nais, e que material auxiliar, imprescindible para o correcto progreso no proceso de aprendizaxe, como dicionarios, atlas, etc., non entra no dito programa. Ante esta realidade, non deixa de sorprender a acción (des)educativa e antisocial realizada pola area de educación do Concello de Santiago.
Para Esquerda Unida o mellor medio de non segregar, de non marcar liñas étnicas é que as axudas aumenten e se destinen a todas aquelas familias que as necesiten sexan de onde sexan.
Santiago, 9 de setembro de 2007
A Cidade da Cultura é un auténtico despropósito, unha enorme lousa. Pero semella que este despropósito reconforta ao alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo. Quizais marabillado pola magnificencia que lle contaron tiñan os proxectos faraónicos.
De menos é para o alcalde que xa se leven gastado case 400 millóns de euros. De menos, para o alcalde, son as declaracións dunha persoa autorizada coma o arquitecto alemán, Wilfried Wang, que anuncia un gasto aínda de 200 millóns máis, se seguimos co proxecto inicial de Eisenman. Se a isto lle engadimos os gastos de funcionamento e mantemento anuais (grosso modo 50 millóns anuais), resulta anoxante a frivolidade coa que quere pechar o asunto Sánchez Bugallo. De menos para o alcalde é o informe do Consello de Contas. De menos é a realidade dos feitos.
E é que todo este diñeiro, en primeira instancia, é o diñeiro de todas as persoas que construimos Galicia e ben merecemos un respecto e unha mellor utilización do noso diñeiro público. Proporcionalidade, coherencia, transparencia e equilibrio son esenciais e primordiais, sobre todo cando ollamos preocupados as enormes eivas aínda existentes en materia de educación, de sanidade, de servizos sociais e outros servizos públicos coma o transporte.
Por iso, cando o alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, pide que ollemos cara ao futuro no tocante á Cidade da Cultura, pídelle á sociedade compostelá e galega que deixe facer á Gran Política. Sánchez Bugallo quere que a sociedade sexa unha simple espectadora, pasiva, e pídelles que permitan que a Gran Política hipoteque o seu futuro. Esa é a verbigracia de Sánchez Bugallo.
Esquerda Unida, pola súa banda, defenderá e animará as accións cidadás destinadas a parar o enlousado de diñeiro público no Monte Gaiás. Porque é necesario.
Santiago, 30 agosto 2007
O Consello Comarcal de Esquerda Unida desexa facer público o seu malestar e indignación polas consecuencias das recentes redadas en dous locais de alterne de Compostela e Bertamiráns.
Malestar e indignación xa que o “castigo” para as mulleres atopadas en situación administrativa irregular foi o de abrir un expediente de expulsión, para que recaian, de novo e unha vez máis, nas mesmas redes de trata de persoas que as trouxeron.
Mentres, os responsables dos locais, os explotadores, ou cando menos os que se lucran, tiñan que, unicamente, facer fronte a unha multa de 6000 euros por cada unha das persoas en situación irregular. Iso é o que vale a vida dunha persoa para as autoridades españolas.
A esta agrupación comarcal gustaríalle saber se, cando menos, os explotadores pagaron dita multa para que, cando menos o local de Bertamiráns, xa estea desde hai uns días de novo aberto.
Vése claramente que para os explotadores a sanción económica é unha “ganga” e que as mulleres prostituídas son vítima por partida dobre, vítimas das redes de trata de persoas e da explotación sexual e vítimas da absurda e inhumana Lei de Estranxeiría levada a cabo polo goberno socialista. Inhumanidade que se confirma co Protocolo previsto por Interior onde se permiten prácticas que atentan contra a dignidade das persoas e que sitúan ao noso páis no sendeiro das prácticas dos Estados Unidos e nos afastan dos parámetros dos Dereitos Humanos, hoxe, máis que nunca, no saco dos intereses neoliberais dos países ricos.
Cómpre rematarmos coa hiprocrisía xeral que acompaña ás palabras dos nosos gobernantes e que, dunha vez por todas, se procure unha solución “humana” e integradora para as persoas sometidas a estas redes e a esta explotación. E, desde logo, as sancións para os explotadores deberían ser moito máis severas.
24-agosto-2007
“El Concello está concebido para gestionar bienes, no prestaciones como las de servicios sociales que exigen soluciones a problemas de corto plazo y que precisan agilidad en la gestión y capacidad para obtener recursos por vías diferentes a las del presupuesto municipal”
Ante estas declaracións de Mar Martín, responsable da área de Benestar Social, sobre a función do Concello como organismo, a pesar de que obedecen a unha clara estratexia da política tanto socialista (sic) como nacionalista, non deixan de resultar, para nós, erradas no seu fundamento.
En Esquerda Unida temos moi claro que o que a cidadanía escolleu o pasado 27 de maio foi aos seus representantes na Casa do Pobo. E o fai, non para que se efectúe unicamente un reparto de diñeiro por áreas, senón para que estes representantes leven ás súas vidas a consecución da igualdade de oportunidades entre todas as persoas e trasladen aos fogares un pouco do celebrado (pero debilitado) Estado do Benestar.
De todos os entes públicos responsables (fondos europeos, Estado, Nación, Deputación e Concello), o Concello é o máis próximo na vida cotiá dos veciños e veciñas. Por iso, aspectos coma un transporte público eficaz e eficiente, un ensino público nivelador e integrador, unha cultura accesible para e de todos e todas, o fortalecemento da sanidade pública, e o fomento da corresponsabilidade veciñal na adopción de decisións, entre outras, son parte integrante da tarefa directa que debe levar a cabo o Concello. Entre esas outras tarefas está a de dotar ao Concello duns Servizos Sociais fortes, integradores, niveladores, que tendan á universalidade...se realmente son o Cuarto Píar do Estado de Benestar, como se afirma desde o poder establecido hoxe.
Non eliximos simples técnicos ou xestores de bens, para iso convocaríamos unha oposición para que se demostrase o mérito e a capacidade das persoas. Escollemos ás persoas que mellor –ou polo menos esa é a vana esperanza- van incarnar na Casa do Pobo a defensa dos intereses e dereitos do Pobo.
O Concello é, xa que logo, o primeiro garante e prestador de servizos públicos. 88 concellos galegos experimentan nas súas rúas hoxe o que significa privatizar / externalizar un servizo básico coma o da recollida do lixo. E logo ven o “bombeiro” (Xunta) a apagar o lume creado unicamente polos Concellos ao privatizar o servizo.
Pero, non é de abraio, xa que, no fondo, a visión da concelleira non deixa de ser mercantil e empresarial. En consecuencia, dubidamos moito do carácter de servizo público dese Instituto/ Fundación “axil” e con “capacidade”. Mediante que máxicas vías acadará diñeiro unha entidade verdadeiramente pública e que non puidese conseguir de forma directa o Concello? Ao final, veremos a quen lle botará a culpa o Concello cando a promoción da autonomía das persoas en situación de dependencia estea sen desenvolver. Perigosa visión a que nos traen os “xestores de bens” que non son quen de achegar solucións a curto prazo aos retos sociais que está presentando este inicio de século XXI.
24 de agosto de 2007
O acordo de goberno asinado polo PSdG e o BNG o 19 de xuño representa o triunfo da inconcreción.
Son escasas as medidas que reflictan a necesaria temporización para a súa execución, dando a sensación de que varias das promesas quedarán, moi probablemente, esquecidas. Dicir tamén que o texto asinado é deficitario desde o punto de vista estrutural, xa que as medidas deberían ir reagrupadas en base ás áreas de acción política.
“Favorecer”, “fomentar”, “impulsar” son os verbos comodíns máis empregados e, como o seu propio significado indica, non “aseguran”, nin “garanten” nada. Estos semellan, xa que logo, os compromisos: non garantir nada.
Destaca, tal como detallamos no informe que se adxunta (consultable en: eusantiago.blogspot.com), a ausencia da democracia participativa como gran obxectivo xeral, máis importante se cabe despois de comprobar que un 43% da poboación se abstivo de pronunciarse nas urnas o pasado 27 de maio. Non se garanten os mecanismos de participación cidadá (un novo regulamento, orzamentos participativos, …) na elaboración da política que debe seguir o concello. Dito obxectivo resulta esencial para que a medida 42 adquira un valor de verdade e non quede en mera palabrería.
O acordo de goberno demostra descoñecemento da realidade municipal, xa que o Consello Municipal de Migracións xa está creado (medida 31). O que si falta, e non figura é a elaboración e aplicación do Plan Local de Inmigración, agora mesmo na súa fase incipiente.
A escasa visión metropolitana, a ausencia de medidas que concreten a aplicación e desenvolvemento da Lei de Dependencia, a ausencia dun Plan de Atención Integral para as Persoas Invidentes e Xordomudas, a falta de compromiso orzamentario con Políticas de Muller (mín. 5% ) e Cooperación (mín. 1%), a ausencia dunha cartografía de telefonía móbil, e outros aspectos que desenvolvemos no Informe, reflicten as enormes eivas do acordo de goberno asinado.
Todo apunta a que seguirá a externalización mediante a política de subvencións e que se insistirá na política de privatización, xa que non se garante, en ningún momento, a súa paralización e remunicipalización dos servizos públicos esenciais.
A pesar das enormes eivas sinaladas, Esquerda Unida vixiará polo cumprimento estrito do que consignaron PSdG-BNG para que dentro de 4 anos non teñamos unicamente un listado de promesas incumpridas e os nosos veciños e veciñas a sensación de que, unha vez máis, foron vítimas da palabra dada (pénsese, por exemplo, no probablemente xa desaparecido centro educativo para Sar, medida 25).
Este mércores Verdegaia organiza a proxección do documental El Salario del Silencio realizado por Enrique Banet e Mabel Rivera. Será ás 20h30 no local da Gentalha do Pichel (rúa Santa Clara, nº 21).
Tras a proxección haberá unha mesa redonda coa participación de Enrique Banet, Mabel Rivera e un membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Segundo nota remitida polos organizadores, Verdegaia, o documental pretende aportar unha información obxectiva e contrastada sobre a problemática da planta regasificadora construída dentro da Ría de Ferrol, na parroquia de Mehá (Mugardos). E que, ademais e sobre todo, quere "axudar a romper o silencio que sempre rodeou a esta instalación e informar á sociedade de cómo se levan a cabo certos proxectos empresariais ou urbanísticos que poden afectar gravemente aos cidadáns, aos que nunca se lles consulta sobre decisións que atentan impunemente contra as súas vidas, o seu entorno, e sobre todo, a súa seguridade".
Que hai un muro de silencio é certo, pero hai tamén unha enorme manipulación levada a cabo de certos medios nacionais galegos, defensores cegos do proxecto Reganosa no interior da Ría de Ferrol. Manipulación que non dubida en atacar Esquerda Unida por manter unha postura coherente: que o proxecto saia da Ría. Véxase, sen ir máis lonxe, a portada e información de A Nosa Terra desta semana...ou o constante goteo de informacións que La Voz de Galicia lle dedica ao proxecto empresarial día tras día.
Temos que estudar moi seriamente e dunha vez por todas a imbricación do Cuarto Poder cos medios empresariais galegos e ollar quen manda e con que finalidades...Non hai máis que ver os constantes premios que conceden algúns medios a certos persoeiros e, ao revés, os premios que algúns grupos -galegos, iso si, non vaia ser, como se a condición de clase desaparecese con esta afirmación tan manida!!- conceden a certos medios.
Un saúdo
Animamos ás persoas desexosas de informarse con rigor a que asistan á proxección do documental.
U-lo documento de acordos?
Tras a constitución da nova corporación, a que debe guiar os pasos de Compostela ata o 2011, quedan claras algunhas premisas:
a) trátase de conseguir áreas de poder para poder "presumir" da xestión exercida nelas ao cabo de 4 anos;
b) trátase de non facelo sobre un documento programático, senón non ten sentido que non teñamos acceso a el coa debida facilidade e transparencia.
Se se artella un documento programático uniforme, por que tanta teima con conseguir tal ou tal área? Se temos un documento base que unifica a nosa acción, por que dicir que renunciamos? Se creamos unha forma común sobre a que construir os alicerces da nova Compostela, por que dá a sensación de que importa antes dar o golpe "partidista" desde as áreas de cada quen? As reunións de traballo para acadar o pacto deberon ser "durísimas". Doutra forma non se entenden as palabras de Bugallo, que debeu experimentar sensacións próximas a un casus belli, cando di que "ás veces hai que pagar un prezo para acadar a paz". Agardemos que a acaden para ben dos e das compostelás. Pero, a que prezo uns e outros artellaron o programa de acción conxunta? Que primou? A porción de tarta máis suculenta posible? Por iso, ante a dúbida, ante a falta de información, desde Esquerda Unida preguntámonos cales foron os puntos programáticos que permitiron o reparto das áreas e conformaron o compromiso de unidade. Ou é que se fixo primeiro un reparto da tarta de poder e logo o acordo de programa?
Os veciños e veciñas de Compostela merecen saber de forma alta e clara todos e cada un dos puntos programáticos que PSdG e BNG asumen como proxecto global.
Desde Esquerda Unida emprazamos ao novo equipo de goberno a que faga público o documento programático que impulsará o seu traballo durante estes 4 anos. Desde Esquerda Unida someteremos a seguemento constante e permanente dito programa, porque, desde logo, a poboación compostelá non merece 4 anos máis de incumprimentos sistemáticos.
Desde Esquerda Unida alegrámonos da rápida reacción do Concello -a través de Elvira Cienfuegos- ante o anuncio de que pecharía unha escola no rural, concretamente en Rial.
En Compostela aínda se manteñen 6 unitarias e o seu mantemento debe estar por riba de numeroloxías absurdas e outras chanzas económicas, xa que a súa función social debe impoñerse como único criterio.
O rural precisa dun urxente paquete de medidas de reactivación (entre elas a de dignificar o traballo agrogandeiro) e, desde logo, precisa que as escolas unitarias se manteñan abertas. Debe ser a educación, en tanto que dereito esencial universal e gratuito, a que vaia cara o rural e non o rural cara a educación. É un medio imprescindible para asentar poboación no rural.
Pero, ademais, é preciso, para cohesionar sociedade e territorio no noso Concello, poñermos en marcha un proxecto de desenvolvemento global do rural (véxanse as propostas de Esquerda Unida no seu programa para as eleccións do 27 de maio).
Non permitamos máis a paseniña degradación do noso agro, dos nosos montes, dos nosos praos. A mellor maneira é voltalos produtivos -atendendo, claro está, ao equilibrio e á sustentabilidade-.
Valoración realizada un día despois no blog (eusantiago.blogspot.com).
Onte, por uns momentos, houbo na TVG unha enquisa a pé de urnas que anunciaba a posibilidade de acadar un representante en Santiago. Durou unha hora esa alegría, pero foi un momento importante para a nosa organización.
Desde 1987 non conseguíamos un resultado así. Duplicamos os resultados do 2003. Fíxose un bo traballo de rúa e presentámonos cun programa ben artellado e realizado de forma participativa.
As 1119 persoas que nos votaron agardan agora que Esquerda Unida siga traballando igual, siga presionando a un Goberno que non cremos altere de forma esencial o que fixeron até o de agora. Podo garantir que Esquerda Unida seguirá loitando contra todas as inxustizas sociais que se van dar na cidade e seguirá en estreito contacto co tecido asociativo da vila. Serán 4 anos de traballo moitas veces silenciado, pero se insistimos seguro que logramos tamén derrubar o muro mediático e o escurecemento informativo.
Desde a miña posición de cabeza de lista estou contento co traballo realizado pola candidatura. Chegamos a todos os recunchos do Concello como o demostra o feito de que temos en votos en todas as mesas (menos nunha de Marantes), tanto no rural coma no centro urbán. Iso xa é un primeiro indicio de traballo ben realizado.
Esquerda Unida subiu en votos e en concellais en Galicia. No que atinxe á nosa comarca, en Ames acadamos algo máis dun 3%. Isto sinala que se fixo un bo traballo.
A intención é seguir subindo, seguir medrando, aumentar a nosa presenza na comarca.
Desde aquí reitero o meu agradecemento a todas as persoas que fixeron posible esta duplicación de votos e porcentaxe. Para elas vai o meu recoñecemento.
Ás 1119 persoas que nos votaron dicímoslle que estarán con nós en cada acción, en cada acto de denuncia, en cada moción, pregunta ou alegación que presentemos. A todas elas graciñas. Xabier Ron Coordinador Comarcal de Esquerda Unida-IU
Está xa na rúa que a Sala Yago vive as últimas horas debido á cobiza urbanística -quen sabe que desexarán erixir- e debido ao abandono xeralizado das institucións.
A pregunta que lle facemos á sociedade é: debe o Concello preservar un local cultural, xa patrimonio dos e das compostelás ou ben debe "pasar de todo" e ollar como sobre o sartego da cultura se cementa un artificio de deseño frío???
No fondo, aínda que sabemos que agora están moi líados cos seus pactos, é unha pregunta que debería responder o Concello. Semella que si houbo actividade en pleno período electoral para aprobar movementos urbanísticos na Xunta de Goberno, pero moito nos tememos que axudar a que os pequenos locais se manteñan non forme parte da filosofía actual...., xa que todos ollan as formas de saltar a cidade para crear un artificio chamado Cidade da Cultura. Quizais, para xustificar a súa existencia decidan sacrificar aos pequenos. É a loita do máis grande (grandes superficies comerciais (grandes salas de cine; rúas artificiais); imperios de mercadotecnia cultural (grandes museos, grandes salas de exposición)) fronte ao máis pequeno (pequeno comercio; pequenas salas de cine, xa esmorecidas; pequenas salas de exposición e pequenas galerías).
Nós, os que amamos a cultura popular, a cultura accesible para todos e todas, temos moi claro que o Concello debe preservar dito local. Xa foron pechando salas de cine tradicionais. Pouco nos queda. Os deseños fríos e sintéticos van roubando, pouco a pouco, a memoria das rúas e dos barrios.
Que non nos rouben a Sala Yago
No seguinte enderezo, eusantiago.blogspot.com, está o blog de campaña de Esquerda Unida Santiago. Nel poderase consultar o programa por partes, os actos do día, e as noticias máis interesantes con respecto á campaña.
É unha forma máis de poder divulgar a nosa tese política e de reflictir as concrecións que leva a nosa praxe. Ademais, por suposto de ser unha canle de participación social.
Día: 11 de maio de 2007
Lugar: Restaurante Las Huertas (Rúa das Hortas, 19)
Hora: 12h
Motivo:
presentación programa político e social para as eleccións municipais 2007 ao Concello de Santiago
Interveñen:
membros da candidatura de Esquerda Unida-IU encabezada por Xabier Ron.
O día 30 de abril, ás 13h, Esquerda Unida-IU a través do seu representante de zona na cidade de Santiago, José Diáz Pérez, presentou un escrito ante a Xunta Electoral de Zona solicitando a retirada das bandeirolas coa foto do candidato do Bloque Nacionalista Galego á Alcaldía do Concello de Ames. Hoxe, 3 de maio, agárdase unha resolución da Xunta Electoral de Zona
EXPÓN
A utilización por parte do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Ames de farolas públicas colocando nelas bandeirolas coa foto do candidato de dita agrupación política (achegamos dúas fotos como proba documental), na localidade de Bertamiráns, Concello de Ames, e considerando que estes feitos están prohibidos polas disposicións prescritas no Título I, Capítulo VI da sección V da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño do Réxime Electoral Xeral nos artigos 53 e 56.
SOLICITA
A retirada inmediata de ditas bandeirolas por parte do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Ames, ata que a Xunta Electoral de Zona comunique aos representantes de cada candidatura a adxudicación dos lugares reservados para a súa colocación.
O luns 23 de abril, o candidato á Alcaldía de Santiago por Esquerda Unida-IU, Xabier Ron, acompañado por Ángel José Rodríguez López, Fernando Sánchez del Río e Malaika Cousillas Figueiras mantivo un encontro co Foro de Inmigración de Santiago.
A organización política e social fíxolle saber os medios que se utilizarán para poder lograr unha verdadeira democracia participativa e un sistema claro e transparente, así como unha breve síntese dos contidos do noso programa de cara ás Eleccións Municipais 2007.
O compromiso de extensión da atención dos servizos sociais municipais a toda a poboación inmigrante e que reside na cidade, información e vías de acceso á vivendas, campaña municipal de apoio ó voto nas eleccíons locais da poboación inmigrante con residencia no concello, potenciación de asociacionismo dos colectivos de inmigrantes e emigrantes retornados, introducción do tecido asociativo migrante no resto dos consellos municipais, son algunhas das propostas e obxectivos para conseguir que as persoas inmigrantes e emigrantes retornadas teñan os mesmos dereitos que o resto da cidadanía.
O préstamo de pago baséase nun concepto errado de sociedade como mercado; un mercado onde todo se compra, onde todo se vende nun progresivo acoso e derrubo aos servizos públicos.
A aprobación por parte do Goberno Español dunha nova normativa que contempla o préstamo de pago (en concreto, sinalando que as bibliotecas deberán pagar en torno a 20 céntimos por libro prestado) non pode ser máis que recibida con disgusto por Esquerda Unida-IU Santiago. Ante este feito mercantilista, cremos que unha política de promoción cultural debe apostar polo mantemento do actual límite de préstamo que contempla a vixente Lei de Propiedade Intelectual no seu artigo 37. Isto, ademais, está en consonancia co marco legal tamén recollido pola mencionada Directiva 2006/115/CE, pois no seu art. 6 xa establece a posibilidade de que cada Estado membro determine libremente a remuneración polo préstamo de obras en función das súas políticas de promoción cultural, outorgándolles a potestade de eximir a determinados establecementos de devandito pago, e incidindo na importancia dos servizos de préstamo que ofrecen as institucións públicas.
Tampouco nos serve o argumento de que puidese ser o Estado quen pagase este canon, xa que todos os servizos públicos están sufragados pola cidadanía e o que non podemos compartir é que a lectura quede gravada economicamente.
ACORDOS:
1.- O Concello de Santiago declara que as bibliotecas, arquivos, museos, fonotecas, filmotecas, etc. cumpren unha función de difusión da cultura e o pensamento que supón un apoio ao fortalecemento dos valores democráticos.
2.- O Concello de Santiago manifesta o seu rexeitamento e disconformidade coa posibilidade de adoptar unha taxa por préstamo nas bibliotecas públicas.
3.- Deste xeito, o Concello de Santiago solicita ao Goberno español que declare as bibliotecas públicas exentas de pago por préstamo, atendendo á posibilidade recollida no art. 6 da Directiva 2006/115/CE, de 12 decembro que deixa a posibilidade de que os estados membros eximan do pago a certas entidades de utilidade pública.
4.- O Concello de Santiago amosa o seu apoio ás medidas adoptadas nas Xornadas contra o préstamo de pago celebradas en Guadalajara, en contra da proposta da Unión Europea de modificación da Lei de Propiedade Intelectual para o cobro dos dereitos de autor polos préstamos que se realicen nas bibliotecas públicas.
5.- Deste acordo darase traslado ás seguintes institucións: Xunta de Galicia, Parlamento do Estado español, Ministerio de Cultura e Federación española de Municipios e Provincias.
Santiago, a 25 de abril de 2007
Na exposición de motivos alúdense aos datos, cada vez máis aterradores, desta nova forma de escravitude. Por iso, O Consello de Europa creou un Convenio para garantir os dereitos das persoas vítimas da trata por riba de calquera outro aspecto. Ata o momento só 33 dos 46 estados membro do Consello de Europa se acolleron ao Convenio e unicamente 5 o ratificaron...España non está, de forma incomprensible, entre eses países. De aí a nosa moción que busca os seguintes acordos:
ACORDOS
1. Solicitar ao Goberno español que acelere a súa adhesión ao Convenio Europeo contra a Trata de Persoas.
2. Demandar ao Goberno español a posta en marcha inmediata do Plan de Acción Nacional de Loita contra a Trata de Persoas en España máis aló do parámetro de explotación sexual, abranguendo outras situacións derivadas da Trata de Persoas (extracción de órganos; traballos ou servizos forzados; servidume) e abrindo o seu deseño e realización á participación dos múltiples axentes sociais implicados.
3. Esixir que non se supedite a protección das vítimas a políticas de control migratorio e de seguridada transfronteiriza en España.
4. Solicitar á Xunta de Galicia que poña en marcha todos os dispositivos necesarios para que na futura Carta de Dereitos Cidadáns se contemplen as medidas de protección, reparación da dignidade das Persoas vítimas de trata.
5. Establecer todas as medidas e garantías para ofrecer desde o Concello de Santiago a debida protección dos dereitos das persoas vítimas de trata, con especial énfase na atención ás persoas menores de idade.
6. Ditas medidas e garantías serán definidas nun Plan de Acción Local participado e transversal para que as persoas vítimas de trata se vexan reparadas na súa dignidade e poidan integrarse con plena normalidade á vida cotiá.
7. Ditas medidas e garantías serán aplicadas sen que sexa requisito indispensable a colaboración das vítimas coas forzas de seguridade.
Ao Excmo. Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Santiago
O xoves pasado, 19 de abril, dentro da rolda de encontros co tecido asociativo da cidade, Esquerda Unida-IU mantivo unha xuntanza con varios membros da Directiva da Asociación Veciñal As Cancelas para coñecer de primeira man as necesidades do barrio compostelán.
A delegación de EU-IU ía encabezada polo primeiro cabeza de lista, Xabier Ron, acompañado polos tamén candidatos, Blanca Fernández González, responsable de Mocidade e Política de Igualdade, e Fernando Sánchez del Río.
O encontro serviu para coñecer as perspectivas de futuro que se abren co proceso “urbanizador” do barrio. Xabier Ron puido coñecer as numerosas actividades que oferta a Asociación. Neste sentido, os membros da Directiva manifestaron que o local non está habilitado para a realización simultánea de diferentes actividades, polo que agardan que no futuro macroproxecto urbanizador de Cancelas poidan contar cun local propio, preparado e acondicionado.
Xabier Ron atendeu ás reclamacións que os veciños e veciñas demandan para a zona (rematar procesos de urbanización e humanización do barrio; seguridade vial; pista deportiva; área recreativa; problemas de mobilidade das persoas maiores, etc.) e comprometéuse a volver pola asociación para entregar o programa político e social e para que poidan comprobar as medidas concretas que Esquerda Unida-IU terá previsto aplicar para dar solución ás necesidades do barrio de As Cancelas, que en moitos aspectos son coincidentes coas demandas doutros barrios históricos da cidade de Santiago.
O mércores 18 de abril, Xabier Ron, candidato á Alcaldía do Concello de Santiago por Esquerda Unida-IU, acompañado por Eva Gloria Barbero Patiño e por José Díaz, mantivo unha xuntanza coa Fundación do Secretariado Xitano, representada por Gorka de Luis.
O encontro encádrase dentro da rolda de reunións co tecido asociativo da cidade de Santiago para elaborar un programa político ancorado no concreto das necesidades reais dos veciños e veciñas da vila.
A organización política e social fixo entrega de información sobre os procesos que guían a creación dunha verdadeira democracia participativa, asi como unha breve síntese das prioridades programáticas de cara ás Eleccións Municipais 2007.
O acceso a unha vivenda, a política de emprego, a educación e a formación nos seus variados e transversais aspectos, foron algúns dos factores que se describiron como prioritarios á hora de acadar o obxectivo de conseguir unha plena integración do colectivo xitano e poder así construir os alicerces necesarios de Santiago como cidade non só educadora, senón intercultural.
Mañá , 11 de abril de 2007, Gaspar Llamazares apoiará a presentación ante os medios en rolda de prensa das candidaturas de Santiago e Ames para as vindeiras Eleccións Municipais.
CONVOCATORIA ROLDA DE PRENSA
Sede de Esquerda Unida-IU
(r/ Dublín, 8 baixo drta. Santiago)
11 de abril, 12h45
Presentación das Candidaturas de Santiago e Ames
Interveñen
GASPAR LLAMAZARES
Coordinador Federal de Izquierda Unida
IAGO PATIÑO
Candidato á Alcaldía do Concello de Ames
XABIER RON
Candidato á Alcaldía do Concello de Santiago
Se os veciños e veciñas de Santiago non pagan, poñamos por caso, os máis de 6 euros que vale o imposto de circulación dos ciclomotores, se lle embarga tal cantidade da conta bancaria tras o pertinente requerimento. Aquí pouco importan os motivos. Embárgase como proba de seguemento e sanción.
Pois ben, ante a non rendición das contas correspondentes aos anos 2002 e 2003 da Mancomunidade de Santiago, o Alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, é capaz de xustificar primeiro extrañeza, algo absurdo se temos en conta que el é o presidente e que o interventor da Mancomunidade é o do Concello de Santiago. E, en segundo lugar, o que nos semella máis grave, amosa frivolidade. Xa que é frívolo argumentar que non presentar as contas de 100.000 euros de orzamento anual, é algo pouco importante porque, di o señor Alcalde, a elaboración do orzamento e a remisión do estado de contas é un trámite case rutinario.
Será rutinario, pero o certo é que non se fixo. E non se fixo, segundo o estado de rendición de contas do Consello de Contas, por partida dobre, no 2002 e no 2003. Sánchez Bugallo, en calidade de presidente da Mancomunidade, debería ter supervisado dita rutina.
Os veciños e veciñas dos concellos integrados dentro da mancomunidade merecen saber, xa que non se lles deixa participar, en que se gastan os cartos, amais das xa famosas viaxes a Latinoamérica da Mancomunidade.
Meréceno porque 200.000 euros non son ningunha rutina, xa que se trata de diñeiro público, diñeiro, no fondo que sae, de diferentes formas, do peto dos veciños e veciñas que son, en primeira instancia, os que sosteñen ao país. Claridade e transparencia co diñeiro público é algo que lle temos que esixir á clase política.
E, ao igual que nos embargan aos veciños e veciñas as contas, cabe pensar nunha sanción, como anuncia o Consello de Contas de Galicia. Pero aos alcaldes afectados semella non preocuparlles porque quen perde, por riba, somos nós, a cidadanía de a pé. A perda de subvencións repercute negativamente en nós. De aí a soberbia da que fan uso os alcaldes afectados. Pero non só iso, senón que alimentan, de forma innecesaria, a sospeita de que o diñeiro se administra mal e, de paso, afianzan a desconfianza que ten hoxe a cidadanía de a pé sobre a clase política.
DÍA: Xoves 29 de marzo de 2007
HORA: 11h15
LUGAR: diante das portas do Rexistro Xeral do Concello de Santiago.
PARTICIPAN:
• Xabier Ron, coordinador comarcal de Esquerda Unida-IU e candidato á Alcaldía de Esquerda Unida-IU
• Ángel José Rodríguez, membro do Consello Comarcal de Esquerda Unida-IU, encargado de Deportes e candidato
• Unha representación de atletas da nosa cidade
MOTIVO:
Entrega da moción “Creación dunha pista de atletismo ás beiras do Sar” acompañada do documento testemuñal de 1000 sinaturas recollidas de entre as persoas que practican o san deporte de correr. Esta recollida reflicte que Esquerda Unida-IU ten razón cando plantea a necesidade de crear unha infraestrutura alternativa á Alameda para a realización desta práctica deportiva, máxime despois de tantos meses de obras e que incidiron de forma negativa na súa práctica e desenvolvemento, tendo constancia a nosa organización política de incrementos de tendinites, esquinces e outras lesións deportivas pola carencia dunha infraestrura axeitada.
Que o nome das rúas sexa motivo de esperpento é algo que indigna a todas as persoas que agardan dos representantes políticos maior capacidade política.
Xabier Ron, candidato á Alcaldía de Santiago de Esquerda Unida-IU, considera que o esperpento actual pón á luz do día o esencial: que no Concello de Santiago houbo dous gobernos divididos, con escasa relación entre departamentos, e cunha deficiente visión do que significa unha politica global e integral para a o municipio, e de paso detalla a ineficacia dunha oposición que non foi quen de realizar un traballo crítico realmente construtivo e beneficioso.
O rueiro de Compostela non debería coñecer a loita personalista á que se vé sometido hoxe. Tempo atrás, a nosa organización política presentara unha iniciativa consistente en feminizar o rueiro de Santiago, onde as mulleres están escasamente representadas, xa que houbo mulleres excepcionais que se enfrontaron á ignorancia, ao esquecemento e ao desprezo patriarcais e que impulsaron procesos de transformación social emancipatorios.
Pero, quizais, o máis importante e relevante é que deberían ser as persoas residentes nesas novas urbanizacións as que decidisen tras un sinxelo proceso participativo. Nese proceso, desde logo, non deberían ter cabida os nomes antidemocráticos ou con delitos de sangue nas súas mans. Pero igualmente, a nosa organización pensa en que neste proceso se debe explicar ás persoas residentes cal é a microtoponimia do lugar onde se asenta a nova urbanización, o que significou para a memoria identitaria do pobo compostelán e que a súa conservación axuda a preservar a nosa tradición lingüística e cultural e axuda a tender unha ponte entre o noso pasado e o noso futuro.
Tras unha nova celebración dun Día sinalado, neste caso do Día Mundial da Auga, xorden sempre as mesmas sensacións que con calquera día: todo se enche de actos para a liturxia dos xestos, para o goce e disfrute dos estetas e mesmo dos narcisistas ao contemplar como as páxinas de medios gráficos e as imaxes dos audiovisuais se enchen desa liturxia que procura tranquilizar a nosa conciencia.
Pero os pequenos xestos cotiáns, aqueles que significan de verdade a construción dun novo mundo desde o concreto, desde a raíz, quedan esquecidos. Ollamos para os países que non teñen auga coma un deses xestos, para sentir unha enorme mágoa e así autotranquilizarnos, pero esquecemos as desfeitas que realizamos no noso territorio, contribuíndo así á degradación ecolóxica do planeta. A solidariedade non comeza sentindo pena e nada máis, senón actuando e amosando coherencia nas pequenas accións e rutinas da vida cotiá (alguén pensa niso, por exemplo, cando na festa da auga se xoga a despilfarrar litros e litros do precioso líquido?). A solidariedade comeza cando nos concienciamos do mal uso que lle damos á auga no concreto e cambiamos esa dinámica e, por exemplo, adoptamos unha austeridade necesaria na práctica cotiá.
No concreto, temos que a depuradora da Silvouta non dá abasto e van directamente ao río, á auga, os resíduos dun marco urbanístico disperso e insostible. Sábese que case un 40 por cento das augas residuais do Concello van directas ás cuncas hídricas que bañan outros Concellos que poden participar ou non da desfeita ecolóxica.
No concreto, temos o lago do auditorio de Galicia que dá verdadeira pena e non só para as olladas de estudantes e turistas perdidos, senón para a vida acuática de patos e patas.
No concreto, nas zonas rurais aínda despilfarramos auga porque non se inviste en infraestruturas de control á hora de regar os cultivos.
No concreto, constrúese ás beiras dos ríos, por exemplo, no Pego, en Brión, ou no propio Bertamitráns; ou en antigas lagoas, con valor paisaxístico, que se enchen de auga cada vez que chove (zona de Cortes, no concello de Ames).
No concreto, os ríos sofren unha tras outra os ataques de empresas sen que se cheguen a depurar responsabilidades.
No concreto, planifícase un campo de golf en Bando –isto é o que se entende por solidariedade-, onde poderían ir infraestruturas para uso social, públicas e con gratuitade. Iso si que é solidariedade señores do Concello.
No concreto, dáse un mal uso dos sistema de rego nos parques e xardíns, que utilizan auga potable…esa que tanto precisan noutros mundos.
No concreto, temos que as nosas fontes, as da cidade, son declaradas como non potables por non ter desexos de sanealas, de recuperalas para uso e desfrute da poboación.
Cómpre que desde unha correcta praxe política, urbanística, ecolóxica, cultural e educativa, se muden as mentalidades, os xestos, as accións e rutinas do cotián. Para poder mudar a realidade desde o concreto, a solidariedade comeza en nós mesmos.
50 manifestacións espalladas pola xeografía do Estado terán lugar para esixir o dereito a unha vivenda digna. Cómpre que este dereito constitucional (art. 47) sexa realmente considerado por parte das Administracións Públicas. Esquerda Unida-IU así o esixe.
Na nosa cidade o ritmo construtivo non vai parello a unha ocupación de vivendas. Produciuse unha perda poboacional a pesar da construción de milleiros de vivendas en cinco anos. Todo porque a vivenda se converteu nun valor de cambio e perdeu a súa condición de valor de uso. A voracidade de promotoras, a complicidade de entidades bancarias, a connivencia de Concellos, a demanda falseada, a ausencia de control sobre a adquisición de vivendas protexidas, …todo mesturado nun cóctel fixo que vivir na nosa cidade sexa un imposible para as rendas medias e baixas.
Os prezos infláronse ata tal punto que todo se incrementou, un 12% as vivendas de réxime libre. As de protección oficial máis dun 7% ….de tal forma que en Santiago a empresa municipal EMUVISSA considera axeitado que as vivendas custen entre 20 e 25 millóns das antigas pesetas. Non é esta afirmación perder de vista a realidade de que iso supón hipotecarse de por vida para unha familia de renda media? Que para as de renda baixa, nen sequera é doado acceder a elas?
E no réxime libre xa é a lei do máis rico, do máis especulador. A mocidade non pode independizarse, mesmo pagando un aluguer é imposible. Hai que seguir compartindo, como cando eramos estudantes. Incluso os alugueres tampouco son doados para todos os petos. As persoas inmigrantes sábeno moi ben. Os salarios galegos non dan para moito máis que vivir coma autómatas: de casa ao traballo, do traballo a casa e o ocio redúcese o fin de semana a deixarnos engaiolar nalgún centro comercial.
Para Esquerda Unida-IU tense que crear xa unha Oficina de Coordinación de Política de Vivenda supramunicipal. Coordinar a oferta en base a unha demanda real, para que a especulación non devore os alicerces da democracia e non consuma o noso hábitat. Coordinar tanto a demanda de vivenda libre como –sobre todo- de vivenda protexida. Crear parques públicos de vivenda en réxime de aluguer…a prezos sociais, asequibles. E comezar a realizar un censo de vivendas baleiras e coñecer as razóns. E facer todos os esforzos para que a meirande parte das máis de 7000 vivendas baleiras que hai en Santiago saian áo mercado público en forma de alugueres asequibles.
Con criterio, con esforzo político, con coordinación, debemos frear a actual situación que conculca o artigo 47 da Constitución Española. Esquerda Unida-IU reitera o seu compromiso cunha política de vivenda pública que faga realidade o dereito a unha vivenda digna e apoia as mobilizacións do sábado 24 de marzo.
Esquerda Unida-IU desexa felicitar aos veciños e veciñas do barrio da Almáciga polo carácter innovador e imaxinativo da súa protesta, onte, sábado 17 de marzo, ao mesmo tempo que quere denunciar o obstrucionismo practicado polo departamento que dirixe José Baqueiro, que negou un permiso para un acto que supuxo unha demostración de civismo.
Ese que ás veces non teñen os dirixentes políticos. De forma tranquila, con fina ironía e moito humor, os veciños e veciñas realizaron un percorrido polo barrio sinalando as diferentes obras non realizadas e procedendo á súa inauguración. Os simbólicos nomes escollidos para as rúas inauguradas, “rúa das Molladuras”, “rúa da Ineficacia”, amosan moi ben a situación na que se atopa o barrio. Non houbo nin ruido, nin nada que poida xustificar a negativa do Concello para a autorización do acto. Nada, a non ser que queren silenciar as reivindicacións do movemento veciñal.
Ao completo desaguisado que supón ter 7 antenas de telefonía móbil por riba das cabezas, 5 delas polo menos con ilegalidade recoñecida, súmase a decepción de ver que, unha lexislatura máis, o barrio só coñeceu arranxos moi parciais e mal realizados e experimenta un deterioro nas súas condicións urbás.
Os veciños e veciñas do barrio están fartos de anos de promesas incumpridas e denuncian así o abandono no que se deixou ao barrio: feísmo permitido de forma institucional no muro do convento de Santa Clara que dá á rúa Arzúa; parches de chapapote en vez dun firme regular en cáseque todo o barrio; beirarrúas que non cumpren a norma de accesibilidade; augas pluviais na r/ Basquiños aínda sen canalizar; espazos de lecer para nenos e nenas mal acondicionados; o acceso ao parque desde a Travesa de Teo segue igual que hai unha década, o mesmo que os galpóns; as persoas maiores quéixanse con razón de que o transporte público debe subir ata o barrio, pois as costas fánselle cáseque imposibles; os procesos urbanizadores prometidos (r/ Betanzos; r/ Tomiño) seguen como proxectos que consumiron diñeiro público para obras que non se realizaron, etc.
E mentres isto acontecía, o Alcalde, coa concelleira de Emigración-Inmigración en terras Latinoamericanas amosando unha falsa preocupación pola situación dos e das compostelás que emigraron, xa que, por moito que queiran disimulalo, o que procuran coas súas promesas é o voto para as vindeiras eleccións, a dous meses vista. E nesa carreira vai entrar tamén, segundo a prensa, Conde Roa. Lamentable espectáculo.
Esquerda Unida-IU lamenta que a institución do Concello, cos seus tres grupos políticos, sexa sentida como algo alleo, como algo do que non poden participar veciños e veciñas. De feito, na páxina web do Concello, nada se di da iniciativa da Almáciga, nin das protestas do Castiñeiriño. É a web do Concello? Ou é un medio de propaganda infumable?
Esquerda Unida-IU quere recuperar para os veciños e veciñas o Concello, que sexa realmente a Casa do Pobo. Para iso traballamos e traballaremos.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Unha sociedade democrática non pode tratar a cantos nela viven e traballan en dous grupos con dereitos e condicións de vida desiguais, onde non todas as persoas contamos coa igualdade necesaria para exercer os nosos dereitos na nosa vida en sociedade.
Unha sociedade non merece recibir o cualificativo de democrática se unha parte das persoas que conforman dita sociedade se ven privados de dereitos fundamentais para a conformación da nosa individualidade en tanto que integrantes do colectivo social: os dereitos de reunión, asociación, sindicación e folga; a denegación da xustiza gratuíta na meirande parte dos casos; o non recoñecemento do dereito ao traballo, ou a unha educación fóra dos tramos obrigatorios e o dereito de voto.
As persoas estranxeiras e inmigrantes merecen o esforzo por parte de todas as forzas democráticas das nosas administracións públicas para acadar un dos dereitos que máis se lles conculca, que máis se lles nega: o dereito ao voto e á participación social e política no país e municipio onde viven, onde traballan, onde pagan os seus impostos, onde cotizan á Seguridade Social, onde contribúen a equilibrar a perda demográfica, onde achegan diversidade cultural, etc.
Esquerda Unida-IU, comprometida coa radical igualdade de todas as persoas, require que se adopten medidas que vaian no sentido de recoñecer os dereitos fundamentais, segundo recolle unha resolución do Parlamento Europeo (2000/2331 INI), que nos seus artigos 121-122 recomenda aos Estados membros que amplíen o dereito de voto ás persoas cidadás de terceiros países con anos de residencia na UE, e que amplíen o dereito de sufraxio activo e pasivo nas municipais e europeas, – que o artigo 19 do tratado da CE concede á cidadanía da UE- aos cidadáns e cidadás de terceiros países que residan legalmente no territorio da UE dende un mínimo de 3 anos.
En España dita acción está supeditada ao criterio de reciprocidade que estable a Constitución Española no seu artículo 13.2. A proposición non de lei inicial presentada por IU-ICV en xaneiro de 2006 ía máis aló deste criterio, ao reclamar as reformas legais necesarias para que as persoas inmigrantes puidesen exercer o dereito de voto. A proposición finalmente aprobada en marzo 2006, tras emenda do PSOE, volve ao criterio de reciprocidade. Dito criterio non pode realizarse con algúns países en conflito ou países que descoñecen ese dereito: imos permitir entón que as persoas deses países non teñan dereitos aquí? Unha sociedade democrática debe mirarse, ante todo, a si mesma.
Por todo isto, o Concello de Santiago adopta os seguintes acordos:
ACORDOS
1.- Solicitar que o goberno estude as reformas legais necesarias para que as persoas inmigrantes podan exercer os dereitos de voto e de participación na vida política e social. Para que dereito ao voto estea ligado ao concepto de residencia, non ao de nacionalidade.
2.- Demandar do goberno español a sinatura e ratificación do convenio europeo sobre a participación dos estranxeiros na vida pública local, de 4 de febreiro de 1992.
3.- Instar ao goberno do Estado a derogar a vixente Lei de Estranxeiría e á redacción doutra que respecte aos dereitos humanos de todas as persoas residentes.
A ironía é moitas veces compañeira da denuncia, mesmo é necesaria. Situar dentro dun marco concreto a excesiva tendencia ás viaxes latinoamericanas da aínda concelleira de Emigración e Inmigración durante esta lexislatura precisa dunha certa ironía.
Seremos benintencionados se pensamos que estas viaxes se fan a cargo do peto persoal da concelleira? Ou será que se fan a cargo das arcas públicas dun departamento que precisa que o diñeiro que custa ter aberta unha Concellaría de Emigración-Inmigración sexan distribuidos con maior equilibrio e ecuanimidade entre a atención á poboación emigrante de Compostela –non só a que foi a Latinoamérica- e o desenvolvemento dunha verdadeira política de integración para as persoas inmigrantes?
Manter aberta unha Concellaría de Emigración e Inmigración custa moito diñeiro público. Absurdo é non darlle un uso racional e ecuánime. Pero máis absurdo é crear (anunciado o 12/02/2007) para a Mancomunidade unha unidade de orientación para inmigrantes e emigrantes retornados se, como se di, vai consistir en dar resposta a ese 80% da distribución censal que corresponde ao Concello de Santiago. Non sería mellor que a Concellaría fose responsable directa de atender a toda a poboación inmigrante e emigrante do seu concello e que se xestionase o diñeiro público dunha forma máis racional? E que en Ames ou nos restantes Concellos se dispuxesen uns Servizos Sociais ben dotados, con recursos humanos e materiais para dar cobertura ás persoas inmigrantes e emigrantes que retornan? A que obedece este solapamento funcional?
A Mancomunidade debería velar por aspectos que no día a día preocupan á cidadanía e deixarse de viaxes promocionais: transporte, urbanismo e vivenda, sostibilidade e cohesións social, emprego, servizos sociais...E se temos unha Secretaría Xeral de Emigración, pois que sexa ela a que informe sobre os programas de atención ás persoas emigrantes que, por outra banda, para iso existe. E para iso que se coordine cos Consulados, cos Centros Galegos, e tamén que fagan uso áxil dos Portais de Información na Rede, unha forma económica de informar e de facer partícipes ás persoas do que lles é útil e relevante.
Esquerda Unida-IU lamenta a ineficacia demostrada pola Concellaría de Emigración-Inmigración ao longo destes catro longos anos de lexislatura para poñer os alicerces dunha verdadeira política de integración aquí, no Concello. Os seus xestos foron de segmentación, nunca de integración. Foron de frear a creación dun Consello Municipal realmente participativo, nunca de impulsar a súa existencia, que, se é realidade, foi polas contínuas protestas realizadas desde o Foro de Inmigración. De feito, a ausencia de Teresa Regúlez na candidatura encabezada, unha vez máis, por Bugallo, reflicte que non imos desencamiñados na nosa crítica, crítica que facemos extensible ao propio alcalde como máximo responsable do equipo de goberno.
Esquerda Unida-IU critica tanta viaxe, xa que agochan un nunca confesado desexo de captar votos. Insistimos en que as accións no exterior dispoñen de axentes institucionais con partidas orzamentarias elevadas para realizar o seu traballo.
Semella que catro anos de goberno non dan para coidar algunhas rúas da Compostela de sempre. Esquerda Unida-IU puido comprobar como a rúa do Home Santo de Bonaval presenta un firme irregular sazonado de forma mesmo pouco organizada e acertada por parches de alquitrán.
Coches aos dous lados da estreita rúa, beirarrúas estreitísimas que impiden o paso de dúas persoas ao mesmo tempo e, desde logo, escasa accesibilidade para as persoas con problemas de discapacidade ou con mobilidade reducida. Únase isto a unhas fachadas que precisan dunha política de rehabilitación urxente.
Constátase que é unha rúa con moi pouco movemento de xentes, cando, de forma curiosa e paradoxal, a Estación de Buses está ao ladiño. Paseando pola rúa repárase en como son varios os anuncios de baixos que se alugan e é que o pequeno comercio da zona o ten moi compricado para poder competir coa grande superficie comercial de Área Central, competitividade, impulsada ao máis alto nivel cando se faga o macrocentro de As Cancelas.
Reflíctese tamén unha carencia de espazos de lecer dotados de material para o xogo de nenos e nenas. O pequeno espazo de cemento, que fai funcións de parque improvisado, ao remate da rúa, en dirección rúa da Angustia, semella un espazo triste, falto de vida. E a pequena cancha que hai ao carón das escaleiras que suben á Estación de Autobuses…esmorece.
No BOP nº 99 do 3 de maio de 2005 saía a concurso público o expte. 2005/0030 no que se licitaban 45.971,77 euros para a redacción dun proxecto para a reurbanización da rúa Home Santo de Bonaval. Dito proxecto, informaba o Consorcio, foi adxudicado por 39.076 euros a COTECNO (BOP, nº 234, 13 outubro de 2005). O 8 de marzo de 2006, a Asociación Veciñal A Xuntanza informaba aos seus membros que se ían entrevistar co Consorcio ante o inicio inminente das obras na rúa Betanzos e na rúa do Home Santo de Bonaval. O 15 de novembro de 2006 a mesma asociación volvía informar que na reunión mantida no Concello, ao preguntar pola demora nas obras prometidas, se lle dixo que o proxecto presentaba deficiencias –entón porque o aprobaron anteriormente, preguntamos nós-e que as obras –curioso-, comezarían no 2007. Ben, xa estamos no 2007, marzo: 22 meses despois, cáseque 2 anos despois, a rúa segue igual.
Esquerda Unida-IU agarda que, polo ben da democracia, a reurbanización da zona non forme parte das promesas electorais nin do PSdG nin do BNG (neste sentido, son de lamentar as obras que se ofrecen con data posterior ao 27 de maio, xa que encobren, de forma sibilina, unha petición de votos para que unha posible derrota non impida ditas obras, por exemplo, o ARI de Vista Alegre), xa que é algo que debería estar feito xa, pois este excesivo retraso condiciona o emerxer dunha zona que precisa un urxente plan de rehabilitación integral para que a rúa coñeza un novo dinamismo e un rostro máis humanizado.
Dentro do programa de encontros co tecido asociativo da cidade, con vistas á elaboración dun programa político participativo, realmente afondado no concreto da cidade de Santiago. Esquerda Unida-IU manterá un encontro coa Confederación Galega de Minusválidos o xoves 15 de marzo, ás 17h, no local de dita organización.
A delegación de EU-IU estará X encabezada por Xabier Ron, candidato á Alcaldía do Concello de Santiago de Esquerda Unida-IU, acompañado por Xosé María Tubío, responsable de Organización local, e de Blanca Fernández, responsable de Mocidade e Políticas de Igualdade.
O encontro servirá para coñecer a situación actual da nosa cidade á hora de promover unha política da autonomía persoal, de valorar as zonas que precisan unha reforma con vistas a mellorar a accesibilidade, de saber a súa valoración ante a aplicación da que se coñece como Lei de Dependencia, e moitas outras temáticas que seguramente abrollarán.
Consello Comarcal de Santiago
13-03-2007
Esquerda Unida-IU, representada por Xabier Ron, candidato á Alcaldía do Concello de Santiago, e Fernando Sánchez del Río, mantivo un encontro en Santiago con Verdegaia, en Santiago o mércores 7 de marzo.
A organización ecoloxista, representada polo seu Coordinador, Xan Duro, espuxo unha serie de circunstancias que incidían na, polo de agora, ineficiente xestión do Concello de Santiago en materia medioambiental e sustentabilidade.
Varios foron os puntos tratados: desde a recollida de lixo, onde é urxente traballar para que se dea unha redución de residuos e a imperativa saída de SOGAMA, ata a necesidade de elaborar un plano integral de mobilidade sustentable, baseado na eficiencia e eficacia en tanto que servizo público, pasando pola necesidade de crear un patrimonio verde de roteiros, recuperando os camiños tradicionais que se deben percorrer a pé e dotándoos dunha correcta información para a súa utilización.
Un dos aspectos máis analizados foi o da necesidade de potenciar e adoptar medidas que freen o cambio climático e o derroche enerxético: entre outras, a creación dunha Axencia Local de Enerxía, aumentar a plantación de flora autóctona nos parques e xardíns da cidade, e controlar o rego, evitando que se faga con auga potable e recuperar para o seu consumo as fontes existentes na cidade.
En resumo, un encontro interesante no que emerxeron aspectos que requiren dunha decisiva actuación desde a Corporación Municipal para que a nosa cidade non siga avanzando cara a un modelo insustentable ambientalmente e socialmente.
A partir das 20h15, no local da r/ Dublín, no barrio compostelán de Fontiñas, terá lugar a Asemblea Comarcal de Esquerda Unida-IU de Santiago.
A orde do día xirará, entre outros temas agrupados no apartado de varios, ao redor de: a) informe dos documentos aprobados no CPN; b) eleccións municipais 2007 (planificación; programa; soportes de campaña; etc.)
Agardando unha presenza maioritaria das bases, vémonos esta tarde-noite.
Xabier Ron
Coordinador Comarcal de Esquerda Unida-IU
Pode semellar que os países capitalistas se adheriron sempre, de forma comprometida e solidaria, á causa da igualdade real da muller. No entanto esta foi unha causa que adquire realmente rango internacional a partir da I Conferencia Mundial das Nacións Unidas para as Mulleres en México en 1975, xa que dous anos despois, en 1977, é cando a ONU propón que o Día da Muller Traballadora se celebre en todos os países o 8 de marzo.
Antes, lendas e feitos. Todos, con aspiracións de ser parte do imaxinario da orixe deste Día. Representa unha loita permanente do século XX, que se enerva neste inicio de século XXI de neoliberalismo salvaxe. Mulleres no berce: a Insurrección das 20.000 en Nova Iork, que durante 13 longas semanas (22 nov.1909-15 febr.1910) sofren fame e detencións pero que, ao final, logran melloras salariais, redución da carga laboral e dereito á sindicación; ou tamén vemos a folga das obreiras téxtiles de Petrogrado un 8 de marzo de 1917, preludio da Revolución Rusa. E hoxe, ao noso redor, en Compostela, a folga das mulleres de ISS, do sector sociosanitario da limpeza, que esixe igualdade salarial ante unha mostra de discriminación favorecida polas políticas de externalización e privatización da corporación municipal.
A precariedade supón unha lousa terrible para as mulleres galegas. Un 60% delas está desempregada. A temporalidade afecta sobre todo as mulleres. Cobran menos polo mesmo traballo realizado en relación aos homes (un 27% menos de media). Son tamén as mulleres as que a duras penas chegan a fin de mes a partir dos 65 anos por mor das contías ridículas das pensións tanto de viuvez como non contributivas e por mor dun sistema patriarcal que as incorpora máis tarde ao mundo laboral e que provoca que o teñan que abandoar antes. EU-IU esixe unha loita activa das Administracións para evitar a crecente “feminización da pobreza”. Para EU-IU é necesario modificar a lei da dependencia, para evitar que deixe ás mulleres no rol de coidadoras, baixo a fórmula dun soldo.
Son urxentes medidas educativas claras que insistan na corresponsabilidade no fogar e medidas politicas reais que fagan da conciliación da vida familiar e laboral un feito e non un servizo para que as persoas entreguen máis horas á empresa, mentres os fillos e fillas pasan unha ducia de horas en centros educativos. Queremos medidas de concienciación cidadá para que non se toleren os berros de violencia que chegan da casa do lado, as pelexas entre matrimonios e logo escudarnos nun “víase chegar”, cando sucede o que sucede: 14 mulleres mortas no que vai de 2007, 68 ao longo do 2006.
Esquerda Unida-IU de Santiago esixe a elaboración de planos integrais que abranguen todos os aspectos e as necesidades das mulleres que sofren violencia de xénero, empregando os recursos económicos e humanos. Para que o século XXI sexa o século da igualdade plena e efectiva entre homes e mulleres, feitos e menos promesas!
O semana pasada, dentro da rolda de encontros co tecido asociativo da cidade, Esquerda Unida-IU mantivo unha xuntanza coa Asociación do Castiñeiriño para coñecer de primeira man as necesidades do barrio compostelán.
A delegación de EU-IU ía encabezada polo candidato á Alcaldía de Santiago, Xabier Ron, acompañado por Blanca Fernández González, responsable de Mocidade e Política de Igualdade, por Ramiro Santalices, responsable de Política Municipal e por Fernando Sánchez.
Tras o diálogo que mantivemos con representantes da Asociación, presidida por Lois Calvelo, quedou de manifesto que as promesas que se realizan en época electoral quédanse en fumata de cores indescifrables. A grandes trazos, a Asociación manifestou que é preciso unha importante dotación en infraestruturas, orixinada en parte pola crecente construción de urbanizacións e polo desexo do barrio de non ser un barrio simplemente para durmir, senón un barrio con dinamismo e vida propia: zonas públicas de lecer, espazos deportivos, escolas públicas, centros de día, centros culturais, zonas de tráfico menos perigosas para os peóns, etc.
Outra liña da conversa xirou ao redor do transporte público. Consideran que a pesar de que hai suficientes liñas de transporte público, son escasos os horarios e que a distribución das paradas dos autobuses está demasiado concentrada nun punto concreto da cidade e que así é imposible que se xestionen ben os horarios e chegar a tempo aos lugares de traballo. De forma parella, consideran que os aparcamentos públicos son insuficientes e que os prezos, tanto en públicos coma nos privados, son elevados.
Esquerda Unida-IU, pola súa banda, espuxo o contido da moción presentada no Concello para establecer un plan integral de transporte público sustentable, destinado a facer do transporte público un servizo público de calidade, aberto ás necesidades reais da poboación, atento ás necesidades de mobilidade en zonas cunha maior propensión de persoas maiores, destinado a fomentar a cohesión social e a reducir densidade circulatoria da nosa cidade e, de paso, ir eliminando a contaminación ambiental e acústica; igualmente, Esquerda Unida-IU espuxo o seu convencemento de que é preciso mudar o concepto de participación cidadá existente hoxe na Corporación compostelá e impulsar un novo regulamento e unhas novas estruturas de participación cidadá, tendo como meta os orzamentos participativos.
Unha vez máis, a cidadanía compostelá amosa ter máis cordura e empaque que a corporación municipal ao rexeitaren os veciños e veciñas dun dos bloques do polígono de Salgueiriños a instalación de antenas de telefonía móbil.
Argumento importante utilizado: a veciñanza de centros de ensino, espazos de alta sensibilidade ante a exposición de ondas electromagnéticas. En semanas anteriores, Esquerda Unida-IU esixía ao Concello que recurrise a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de suspender cautelarmente o punto 2.2. da normativa municipal, o principio que regulaba a distancia mínima ante espazos sensibles (principio de prevención).
Ignoramos se recurriron ou non, xa que os políticos que nos gobernan hoxe están moi pouco habituados a dialogar: no entanto, os veciños e veciñas do barrio da Almáciga durmirían máis tranquilos, xa que sobre as súas cabezas se instalaron varias antenas de telefonía móbil de forma ilegal e se ben deberían ser desmanteladas, o certo é que os veciños e veciñas afectadas contan como se poden escoitar as alarmas das mesmas perante a simple proximidade dun gato…isto é seguen operativas.
Esquerda Unida-IU, sabedora de que non se debe anular o principio de prevención, encabezada polo candidato á Alcaldía, Xabier Ron, repartiu unha serie de dípticos e entregou á Asociación Veciñal do barrio da Almáciga informes científicos (Declaración de Benevento do 2006 de expertos en ondas electromagnéticas) e normativos (Proposición de Lei francesa do 2005 que establece distancias mínimas en base ao principio de prevención) sobre a nocividade ante a exposición ás ondas electromagnéticas.
Mágoa que neste Concello non gobernen persoas como as do Concello de Huelva, que perante unha sentenza semellante do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía decidiron recurrir a sentenza e pelexar para tratar de controlar a actividade voraz das operadoras de telefonía móbil.
A saúde das persoas, o dereito a unha vida sá, o dereito a vivir sen medos, deberían guiar os pasos da corporación municipal e non a posible “ofensa” que se lle puidese facer a unhas empresas que, por riba, utilizan espazo público para o seu lucro.
Desde Esquerda Unida-IU reiteramos que seremos belixerantes no tocante á instalación de antenas de telefonía móbil que vulneren o principio de prevención, tal como establece a propia Unión Europea.
En rolda de prensa celebrada o 31 de xaneiro de 2007, Esquerda Unida-IU, por medio de Xabier Ron, candidato á Alcaldía do Concello, e de Ramiro Marier Santalices, responsable de Política Municipal, xa denunciara que a cantidade de diñeiro destinada a Servizos Sociais nas contas realizadas polos tecnócratas do Concello eran claramente insuficientes, con independencia da Lei de Dependencia –á que todos ven como unha panacea…que non é tal.
Resulta que sae do forno do departamento que aínda dirixe Adelaida Negreira un informe –segundo a prensa e con solicitude realizada na Xunta de Goberno de onte - no que se revela que ten que demandar máis diñeiro para poder cumprir coas necesidades das persoas maiores e dependentes para promovelos na súa autonomía.
A pregunta que se fai Esquerda Unida-IU de Santiago é se este informe se tivo en conta para que desde o Concello se destinen só pouco máis dun millón de euros –case tanto como para o capítulo de festas- ao Departamento de servizos Sociais na formulación dos Orzamentos recentemente aprobados. Lembremos que o 26 de decembro de 2006 se solicitaba unha subvención de 42.075 euros á Deputación Provincial precisamente para o programa de axuda no fogar e aí dicíase que se destinaban 319.477 euros a dito programa para o ano 2007…destacando precisamente a cantidade dedicada como unha gran consecución (sic). Resulta agora que só para a axuda a domicilio son precisos máis de 3 millóns e medio de euros.
Se o Informe xorde con posterioridade é ter pouca vista para non darse conta que as necesidades reais eran desde logo superiores ás que se estaban ofrecendo desde o Concello.
Como lle pode explicar Sánchez Bugallo á cidadanía que as persoas maiores de Compostela pasarán dificultades….precisamente no momento en que desde o Pleno do Concello se cantan as excelencias dos Orzamentos porque teremos superávit de máis de 4 millóns de euros….suficientes en si mesmos para cubrir as necesidades enumeradas no Informe do Departamento de Servizos Sociais.
Inoperancia? Improvisación? Unha inxénua falta de cálculo? A errada crenza de que a Lei de Dependencia é un maná cargado? Ou todo ao mesmo tempo?
Esquerda Unida-IU entende que o benestar social das persoas non pode estar en mans da inoperancia, da inxenuidade ou de falsas expectativas. Cómpre que dunha vez por todas o Concello se converta nun prestador de servizos públicos de calidade e non nunha xestoría de funcionamento errático e que repousa en tecnócratas pouco ligados á realidade social da cidade. E esixímoslle a esta corporación que os 74.000 euros destinados a financiar a elaboración do I Plan Municipal de Servizos Sociais sexan dedicados a unha finalidade moito máis necesaria, tal como se pode comprobar nas demandas que realiza a propia Adelaida Negreira.
O 3 de febreiro o consello comarcal de Esquerda Unida-IU de Santiago de Compostela emitía un comunicado de apoio ás trinta traballadoras da empresa privada ISS Facility Services. Hoxe, insistimos en reiterar a nosa solidariedade para cun colectivo que simplemente –e non é doado debido ás condicións que hoxe envolven á clase traballadora- reclaman o seu dereito a ter por igual traballo, igual salario.
Desde Esquerda Unida-IU denunciamos as declaracións de Sánchez Bugallo que demostran que actúa coma un xestor de servizos externalizados, coma un xerente de asuntos económicos, antes que coma un rexedor municipal. A externalización e a privatización de servizos é a trampa na que, de moi boa vontade, caen os dirixentes socialistas e nacionalistas alí onde gobernan, sexan corporacións locais, coma neste caso, sexa no goberno autonómico.
A desmotivación da clase traballadora comeza coa atitude vergoñenta de dirixentes políticos coma Sánchez Bugallo e todos aqueles que calan perante este exercicio de indiferenza e de “pasotismo”.
Esquerda Unida-IU é sabedora das enormes dificultades que pasan as traballadoras e de que se achega o fin dun mes e a nómina desaparecerá. Pero é unha loita por unha razón xusta que podemos parafrasear en “se ela fai o mesmo ca min, e para o mesmo señor –o Alcalde- e para a mesma cidade – Santiago- porque teño que ter unhas condicións salariais tan diferentes?”. Ademais, o feito de que haxa homes secundando o acto de folga non é, todo o contrario do que deixou caer o Alcalde, un acto supérfluo ou inútil: é un acto solidario. Ou acaso, cando peche a factoría Delphi de Cádiz, as parellas dos afectados e afectadas non van poder ir ás manifestacións a esixir o seu?
Insistimos que un Alcalde é algo máis que un xerente ou administrador de diñeiro –por riba mal administrado- e que, por mor da súa teima privatizadora, entre as súas funcións está a de mediar nos conflitos entre os traballadores e traballadoras de empresas que prestan servizos públicos para o Concello e a patronal. Claro está, tanto ao Alcalde como á Patronal o que lles interesa, nestes casos, é a rendibilidade económica, o beneficio antes que a rendibilidade social e ética. Por iso externalizan, por iso privatizan.
Santiago, 26 de febreiro de 2007
Unha enquisa publicada nun medio de importancia de Galicia, realizada a través de 400 entrevistas telefónicas á poboación de Compostela, semella suficiente para calcular a “realidade” informativa da vida política compostelá de cara ás Eleccións Municipais 2007.
Se na enquisa telefónica se ofrecese a pluralidade das 4 candidaturas, polo de agora oficializadas, incluindo a nosa, a de Esquerda Unida-IU (oficial desde o 12 de decembro de 2006), entenderíamos que sería unha realidade moi reducida en tanto en canto a mostra non semella ser, desde o punto de vista estatístico, moi representativa.
Pero resulta que sabemos que na enquisa telefónica non se ofrecía a posibilidade de decantarse por unha cuarta candidatura, que non se incluía a nosa opción política. Sabémolo porque hai persoas que responderon á enquisa que comunicaron o seu desexo de votar a Esquerda Unida-IU amosando a enquisadora unha total voz de abraio, xa que nos seus papeis, loxicamente, non figuraba Esquerda Unida-IU.
Entón resulta ofensivo para a verdadeira pluralidade informativa que debe caracterizar a todo medio de comunicación constatar que se constrúe un castelo de naipes sobre unha media verdade, ou sobre unha verdade simplemente “institucionalista”. Resulta incluso manipulador, xa que se está dicindo de forma clara que en Compostela só se presentan 3 candidatos. Pero é unha absoluta falsidade, presentámonos 4, por moito que o queiran negar algúns.
Porque este procedemento? A que obedece esta ocultación de información á cidadanía, á que se lle nega o seu dereito a estar ben informada? Os medios non deben ser instigadores políticos. Non deberían selo. Para ben da información. Quizais simplemente por ética. Quizais todo repouse no perigoso matrimonio sufragado que constitúen hoxe medios de comunicación e política.
Xabier Ron, candidato á Alcaldía do Concello de Santiago de Esquerda Unida-IU reitera a súa denuncia deste tipo de enquisas “institucionalistas”, que desinforman, que ocultan información, e que inducen a crear unha imaxe da vida política compostelá que non é a real.
Santiago, 26 de febreiro de 2007
Dentro do programa de encontros sectoriais, Xabier Ron, candidato de Esquerda Unida-IU á Alcaldía de Santiago, acompañado por Ramiro Marier Santalices, responsable da Área de Municipal, mantivo unha xuntanza onte, xoves 15 de febreiro, cos membros da dirección da Unión Comarcal de Comisións Obreiras encabezada pola súa responsable Concha Trasande.
O encontro tivo lugar na sede do sindicato en San Lázaro. Un dos eixos esenciais era coñecer e diseccionar a tipoloxía do mundo laboral en Santiago e comarca. Do groso da xuntanza destacaríamos principalmente a sintonía na constatación dos graves problemas estruturais que caracterizan ao tipo de traballo que se está dando en Santiago e comarca, onde a precariedade laboral presenta unha elevadas taxas e onde a clase traballadora padece dos efectos das modalidades contractuais, quedando á mercede da ameaza de paro –á mercede, noutras palabras, da patronal-, incluso en casos de contratación indefinida. Outro centro da conversa tivo como protagonista o Plan Estratéxico para Santiago, do que se comentaron con detalle as súas eivas.
Esquerda Unida-IU presentou unha moción para a elaboración dun plano integral de transporte sustentable. O caos circulatorio, a contaminación, as deficiencias do servizo que oferta agora TRAPSA e a desatención política da Corporación figuran tratados na exposición de motivos.
Para impulsar estas circunstancias, o Concello de Santiago adopta os seguintes acordos:
ACORDOS
1. Crear as condicións necesarias para a elaboración dun plano integral de transporte que atenda a dúas condicións prioritarias: sustentabilidade e servizo público de calidade.
2. Reforzar liñas, cadencias, e accesos, actuando con especial coidado nas zonas onde existe unha maior densidade de poboación maior de 65 anos.
3. Poñer máis unidades de transporte nas horas punta de entrada e saída de postos de traballo e de centros escolares.
4. Complementar os horarios de paso de liñas de bus que coinciden nun mesmo traxecto para que non sexan coincidentes.
5. Creación de bonos que teñan en conta a renda da cidadanía e desde logo gratuito para as persoas desempregadas e para colectivos en risco de exclusión social.
6. Deseño de carril bus nas rúas e estradas de nova creación e estudo da súa implantación nas restantes.
7. Tendo en conta a concesión actual a TRAPSA, esixir a súa necesaria cooperación.
8. Valorando a posición central e estratéxica da Estación de Tren, realizar os estudos para poñer en marcha unha pequena rede de tren de cercanías, moito máis ecolóxico desde logo que asfaltar de autovías o noso contorno, para vertebrar o territorio metropolitano.
9. Creación de buses lanzadeiras desde aparcadoiros disuasorios establecidos na entrada á cidade (San Lázaro, Salgueiriños, A Rocha, Castiñeiriño, Campus Sur, …), xestionados de forma pública, para que cumpran coa función de desconxestionar o tráfico e favorecer a fluidez do transporte público.
10. Creación do bono combinado tanto para as persoas que proceden do transporte metropolitano (vía autobus, vía ferrocarril de cercanía), como para as persoas usuarias dos buses lanzadeiras.
11. A tales efectos, e tendo en conta a importancia da poboación que vive noutros concellos limítrofes, pero traballa en Compostela, proxectarase un órgano de coordinación metropolitana de transporte público, que teña en conta a actual rede de transporte metropolitano, pero mellore as súas prestacións e incorpore a futura rede de ferrocarril de cercanía.
12. Introducir as medidas de adaptación necesarias para o acceso ao transporte público de todas as persoas.
13. Crear a infraestrutura necesaria para que a bici sexa un medio de transporte máis:
a. Crear un servizo público de cesión gratuita temporal de bicicletas
b. Artellar unha rede de itinerarios: no novo ensanche; liña entre os campus, dende o norte até o sur pasando polas zonas verdes intermedias; liña de cinturón verde da cidade
c. Crear no propio transporte e nas vivendas espazos para as bicicletas
d. Establecer as medidas de respeto e seguridade (semáforos, etc..) para as persoas usuarias de bicicleta
e. Crear unha rede de aparcadoiros en toda a cidade, creando e reforzando neste sentido ditas estruturas nos centros educativos do municipio.
Santiago, 15 de febreiro de 2007
Este xoves 8 de febreiro, ás 20h, Xabier Ron, acompañado por membros do grupo municipal de Esquerda Unida-IU de Santiago, entre eles Ramiro Santalices, responsable da Área de Municipal, vai manter un encontro con representantes da Asociación de Veciños Francisco Asorei, sita no barrio da Almáciga, no seu local da rúa de Touro.
O encontro encádrase dentro das reunións con persoas do tecido asociativo da cidade con vistas a elaborar un programa electoral ancorado nas realidades dos barrios composteláns.
Agárdase discutir sobre a retirada das antenas de telefonía móbil, colocadas en situación de ilegalidade, e sobre outros aspectos estruturais, sociais e económicos que preocupan aos veciños e veciñas do emblemático barrio compostelán.
Santiago, 8 de febreiro de 2007
Esquerda Unida-IU de Santiago presentou onte no rexistro do Concello de Santiago unha moción para que se reserve solo público para a creación de centros de día e recursos de atención a persoas maiores e dependentes de titularidade e xestión públicas.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
As previsións de envellecemento da poboación de Santiago de Compostela –ao igual que a de todo o Estado- vai ir en aumento por mor da mellora da calidade de vida xeral da poboación. De feito, o censo do ano 2005 indicaba que había un total de 15.541 persoas maiores de 65 anos (16,72% do censo total), delas 4220 maiores de 80 anos (4,54% do total). O crecemento destes segmentos de poboación vai medrar sen cesar ata situarnos nunha poboación de 17082 persoas maiores de 65 anos no ano 2011.
Os cálculos realizados por Esquerda Unida-IU a partir do Libro Branco sobre saúde mental no Concello de Santiago –e teñamos en conta que o Libro Branco non recolle o trastorno do espectro autista e outras enfermidades mentais que é prioritario que si sexan contempladas polos Servizos Sociais do Concello- inciden en amosar que a cantidade de dependentes irá en constante aumento (2005 persoas no ano 2005; 2640 no ano 2011).
Hoxe en día o noso Concello amosa graves deficiencias neste sentido, sendo a externalización e a xestión de titularidade privada as que se ocupan das persoas maiores e das persoas dependentes. Non é preciso agardar a que se poña en marcha a Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención das Persoas en Situación de Dependencia (LEPA) para garantir unha axeitada cobertura por parte do sistema de atención público que permita que estas persoas, tanto maiores coma dependentes, podan exercer a súa cidadanía sen discriminacións, nen prexuízos.
Por todo isto, o Concello de Santiago adopta o seguinte acordo:
ACORDO
1. Crear unha reserva de solo público para a construción de centros de día, centros de noite e outros tipos de establecementos (pisos adaptados en réxime de aluguer, por exemplo), de titularidade e xestión públicas, para que as persoas maiores e dependentes podan construir un proxecto de vida o máis autónomo posible.
Santiago, 8 de febreiro de 2007
Dentro do programa de encontros sectoriais, con vistas a coñecer as necesidades de mellora do sistema educativo de Santiago de Compostela, Xabier Ron, candidato de Esquerda Unida-IU á Alcaldía de Santiago, acompañado por Ramiro Santalices, responsable da Área de Municipal, mantivo unha xuntanza onte, mércores 7 de febreiro, co Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia (STEG).
O encontro tivo lugar no local do Sindicato, sito na avda. de Coimbra, e por parte do sindicato estiveron desde un inicio Concha Fernández, Xosé Cabido, Maiuca Cortón e logo se uniu Toña Callón, educadora moi vencellada coa integración educativa e social da etnia xitana.
Tras o encontro quedou de manifesto que son moitas as eivas que manifesta o ensino público en Compostela, manifestándose casos nos que cómpre actuar, xa que están relacionados con barrios que coñecen unha deficitaria estruturación socioeconómica.
A necesidade de reforzar os servizos complementarios nos centros públicos, reforzando o equilibrio de recursos e a igualdade na oferta, para que a demanda se equilibre e rachar cos desequilibrios que se manifestan hoxe, por exemplo, en Sar e na Almáciga e para evitar a desestruturación, cada vez máis preocupante, do rural compostelán.
Habituados estamos á instrumentalización da información por parte dos medios de comunicación, máis ben dos seus xerarcas, encamiñados cada vez máis á rendibilidade económica –e xa que logo tamén política- da información que publican.
Así se explica, por exemplo, que a prensa escrita de Compostela silenciara a rolda de prensa que deu este mércores pasado o candidato á Alcaldía, Xabier Ron. Esta práctica instrumentalizadora, focada baixo o prisma económico neoliberal da rendibilidade, entendémola, se ben non a compartimos, xa que lesiona a pluralidade existente na vida social e política do Concello de Compostela.
O que xa non podemos entender, nin tolerar, é que con diñeiro público, isto é co diñeiro de todos e todas, se edite unha guía Guía Cidadá do Concello (Editorial Compostela, S.A., 2006) na que se omita todo tipo de información relativa á existencia de Esquerda Unida-IU no Concello de Santiago. Isto é oscurantismo. Somos unha forza política pequena, é certo, pero temos vida e foron numerosos os veciños que confiaron e confían na nosa organización. Eles e elas tamén sofren esta omisión. Na páxina 47, baixo o epígrafe Organizacións Políticas, só figuran os tres que teñen representación institucional. Lesiónase o dereito á información garantido pola propia Constitución.
Detrás desta lamentable práctica está o concepto institucional de política, isto é, “se non estás nas institucións, non existes”. Craso erro da democracia meramente formal que representan os da corporación municipal. Existimos e son numerosas as mocións, comunicados –silenciados en moitas ocasións-, accións reivindicativas e presenza nos movementos asociativos da vila que o demostran.
Por riba, noutra lamentable omisión, o epígrafe dedicado ás asociacións de emigrantes e inmigrantes (p. 169) é un auténtico despropósito. Figuran un sindicato (CITE) –falta por exemplo Migracións da CIG- e unha entidade (Foro de Inmigración) –á que nos pertencemos- que non é realmente unha asociación, e no entanto faltan as verdadeiras protagonistas do tecido asociativo migratorio: Gondwana, Banda Oriental, Puente Cultural Rumano-Gallego, entre outras; e no epígrafe dedicado a ONG’S (p. 169) mesmo falta unha como Amarante.
En fin, lamentable. Esiximos que nunha próxima edición da Guía se teña en conta a realidade política –amais da nosa faltan varias outras- e a realidade social deste Concello que vai máis aló do que figura institucionalizado.
Santiago, 3 de febreiro de 2007
As traballadoras da empresa privada ISS Facility Services están en folga por unha sinxela razón: se discriminadas pola desigualdade salarial e laboral existente ao compararse coa limpiadoras do Concello. Só exercen o seu dereito a ter por igual traballo, igual salario. Por iso, as traballadoras en folga teñen todo o noso apoio e a nosa solidariedade.
As prácticas externalizadoras e privatizadoras conlevan sempre esta fenomenoloxía: cando hai problemas, os mandatarios, que privatizaron, lávanse as mans culpando ás empresa da situación de traballadores e traballadoras.
Resulta irónico ollar as declaracións do BNG, antes de chegar ao poder, sobre as políticas privatizadoras, xa que, unha vez que se fixeron co sillón (tanto local coma autonómico) aplicaron a mesma receita que sempre criticaran. Incoherencia que é levada ao seu máximo expoñente coa política de privatizar (de permitilo en calquera caso) a casa de acollida de mulleres (no concello) ou a de entregar o 57% do capital do Consorcio de Servizos Sociais ideado por Vicepresidencia a unha empresa privada.
No entanto, a culpa, en primeira instancia, é do grupo que xestiona o Concello por privatizar servizos que afectan de forma directa o desenvolvemento da vida municipal. E iso hai que dicilo alto e claro. De feito, non ten ningún sentido entregar parte do sector da limpeza do Concello –a dos centros socioculturais e algún pabillón polideportivo- a unha empresa privada (ISS Facility Service), e non dispoñer dunha cláusula que obrigue á empresa privada a equiparar (en condicións salariais e laborais) ás súas traballadoras co colectivo contratado polo propio Concello.
Non facer iso é permitir de forma manifesta a discriminación laboral e salarial. Por iso, Esquerda Unida-IU esixe que os mandatarios municipais deixen xa de ser meros espectadores e que medien no conflito. Non entendemos como en seis días de folga o grupo de goberno non foi quen de desactivar o conflito. A solución sendo a equiparación salarial e laboral para un colectivo que presta un servizo público esencial (hixiénico-sanitario). E o Concello é quen de buscar esta resolución.
Desde Esquerda Unida-IU reclamamos non só o cese da política privatizadora, senón tamén a necesaria municipalización dos servizos básicos que afectan ao Concello.
O mércores 31 de xaneiro, ás 11h30, no local da sede nacional de Esquerda Unida-IU (r/ Dublín, nº 8 baixo drta. Santiago), Xabier Ron, candidato á Alcaldía do Concello de Santiago nas vindeiras Eleccións Municipais 2007, acompañado do responsable da política municipal da organización de esquerdas, Ramiro Santalices, convoca unha rolda de prensa para tratar temas da vida municipal.
En concreto serán cinco os aspectos principais tratados: o desemprego no municipio, o problema da vivenda, o uso que se fai do espazo público, unha valoración sobre os orzamentos e a crise que soporta o pequeno comercio que por non poder competir coas grandes superficies camiñan paseniñamente á quebra e, ao mesmo tempo, asístese a unha perda social e funcional dos barrios nos que se asentan.
O venres 26 de xaneiro, na sede de Esquerda Unida-IU, o candidato á Alcaldía do Concello de Santiago, Xabier Ron, acompañado por Ramiro Santalices, responsable da Área de Municipal, e de Eva Gloria Barbero, segunda cabeza de lista, mantivo unha xuntanza coa Asociación Enfesta 2005.
A asociación, cuxa masa social supera as 2100 persoas e que abrangue ás 12 parroquias do antigo concello de Enfesta, anexionado a Santiago a finais de 1962, estivo representada por Conchita Rúa (presidenta), Jaime Bosch (secretario), Oscar Ferreiro (responsable de Infraestruturas), Rafael Peña (responsable de Mocidade) e Xacobe Chorén (vocal).
O encontro encádrase dentro das reunións que Esquerda Unida-IU vai manter co movemento asociativo do municipio para elaborar o programa político en base a realidades e concrecións, tanto urbanas como rurais. Un programa feito desde a participación das bases da sociedade e non desde a imposición xerárquica e tecnocrática.
A xuntanza coa Asociación Enfesta 2005 permitiu coñecer de boca dos seus protagonistas unha serie de deficiencias que se poden considerar históricas. Non só se concretaron demandas que inciden na necesaria creación de infraestruturas (saneamento; atención sanitaria de proximidade (médico, farmacia); unha política de emprego que teña en conta as condicións socioeconómicas do contorno; postos de traballo xestionados por e para a vecindade; vivenda; un transporte que sexa realmente un elemento aglutinante das parroquias de Enfesta; etc.) para que as persoas teñan acceso a prestacións que, hoxe, non teñen e que, curiosamente, si tiñan –polo menos as sanitarias- cando era concello independente.
Por riba de todo, o que quedou de manifesto é que a problemática exposta pola Asociación se insire dentro da necesidade de artellar un proxecto global conxunto para as parroquias de Enfesta. Un proxecto social para que as persoas que viven no antigo Concello de Enfesta, eminentemente rural, podan seguir vivindo nel tendo garantidas as condicións de vida dignas dun Estado de Benestar Social.
Santiago, 26 de xaneiro de 2006
Vivendas de luxo (308 chalés) e campos de golf (cuxo informe vai custar máis de 200.000 euros das arcas públicas) non semellan ser o mellor xeito de encarar a carestía da vivenda e o dereito constitucional a unha vivenda digna nesta cidade. Máxime se consideramos que a lei contempla que os terreos militares que se desafecten –semella que o de Bando aínda non é de titularidade municipal- se adicarán á vivenda protexida.
Hoxe, en plena burbulla especulativa inmobiliaria, a vivenda protexida ten que ser unha prioridade dunha política social de esquerdas, que vale tanto como dicir dunha política que sirva o interese da meirande pate da sociedade, da clase traballadora e moi en especial da xuventude que traballa en condicións de precariedade, baixos salarios e sobreexplotación e con verdadeiras dificultades, cando non imposibilidade, para acceder a unha vivenda e poder emanciparse.
Santiago incrementou o parque de vivendas en máis de tres mil vivendas e perdeu cáseque dous mil veciños como consecuencia directa dunha política de vivenda que se rexe por facer da construción un gran negocio (para uns poucos), entregado á tiranía do lucro que esixe o mercado, e comprometendo a sustentabilidade da nosa cidade. Hai pouca vivenda protexida (sen control nos prezos e nos usos), case nula vivenda social e de aluguer, e non se crea patrimonio público de solo... a equipa de goberno ten desenvolto o manual duna política conservadora neste eido.
Nos máis de novecentos mil metros cadrados de solo en Bando hai que desenvolver un proxecto de vivenda pública nos seus diversos réximes, xunto a unha infraestrutura deportiva pública.
Esquerda Unida-IU chama a cidadanía de Compostela a demandar un novo concepto de planeamento urbanístico onde se priorice de forma absoluta a vivenda pública para garantir o dereito constitucional á vivenda e loitar así contra a especulación.
Esquerda Unida-IU de Santiago elevará a este respecto unha iniciativa ao grupo parlamentar de EU-IU para que solicite no Congreso unha garantía de que o ministerio de defensa cumprirá a lei e o espírito con que foi concebida.
O auto xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de suspender cautelarmente o punto 2.2. da normativa que regula a instalación de elementos e equipos de radiocomunicación do Concello de Santiago de Compostela debe ser recurrida polo goberno local.
Desde Esquerda Unida-IU entendemos que a decisión do Tribunal Superior ignora a marxe de prevención que se introduciu en 1993 no Tratado de Maastrich como principio. A Unión Europea recomenda aos países membros que adopten políticas de precaución.
A normativa municipal marca que entre as “escolas infantís, centros educativos, hospitais, centros de saúde, residencias xeriátricas ou parques urbanos públicos” e a instalación de antenas de radiocomunicación debe mediar unha “distancia non inferior a 100 metros”. Xa presentaramos no seu momento unha moción solicitando a ampliación a 1000 metros.
Non podemos renunciar a unha mínima e escasa marxe de prevención. Agora, intereses de dubidosa moralidade poden indicir na afirmación (científica?) de que as ondas electromagnéticas non teñen ningunha indicencia no ser humano.
A ciencia aínda non pode pronunciarse de forma fiable porque as bases son inestables, pero xa dan os primeiros resultados como reflicte a Comisión Internacional para a Seguridade Electromagnética (ICEMS) reunida en febreiro de 2006 en Benevento e que aconsella manter o “principio de precaución”, xa que existen “evidencias epidemiolóxicas e experimentais in vivo como in vitro” que reflicten que mesmo a exposición de campos de frecuencias extremadamente baixas pode aumentar o risco de cancro infantil e inducir problemas de saúde en persoas adultas (risco tumores cerebrais ante uso prolongado teléfonos móbiles) e, por suposto, nos nenos e nenas.
Esquerda Unida-Iu reclama e esixe ao equipo de goberno local a que recurra a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A nosa saúde ben merece o esforzo.
En resposta ao chamado realizado por Gondwana, asociación de persoas migrantes, voceiro da asociación de ecuatorianos en España, en ligazón coas manifestacións que se van celebrar en todo o Estado en contra do terrorismo, Esquerda Unida-IU de Santiago solidarízase "pola paz, contra o terrorismo".
Como membros integrantes do Foro de Inmigración, reproducimos de seguido o comunicado que con motivo da concentración se redixiu:
O FORO DE INMIGRACIÓN na súa xuntanza plenaria ordinaria do pasado mércores día 10 de Xaneiro acordou remitir á opinión pública o seguinte comunicado en relación co atentado terrorista cometido en Madrid o día 30 de Decembro:
1.- Lamentar fondamente o asasinato de dous traballadores de nacionalidade ecuatoriana. Amosar a nosa solidariedade, respecto e achegamento coas familias, amigos e coñecidos destas persoas.
2.- Esixir das administracións públicas estatais, autonómicas e locais que estas persoas e as súas familias accedan en igualdade de condicións ás indemnizacións que lles corresponden como vítimas de terrorismo e que se habiliten todas as vías ordinarias e extraordinarias que recolle a lexislación de estranxeiría para que os familiares directos e indirectos destas persoas poidan desenvolver en España unha vida digna e en igualdade de condicións: permisos de residencia e traballo, acceso a programas de inserción laboral ou emprego protexido, acceso a prestacións sociais públicas, etc.
3.- Rexeitar de forma contundente a utilización da violencia contra as persoas, bens ou propiedades públicas ou privadas. Estas accións non poden xustificarse por ningún tipo de obxectivo político, social, económico ou de calquera outra índole.
4.- Animar á cidadanía galega e española a participar nos actos públicos de solidariedade con estas víctimas e con todas as vítimas e de rexeitamento da violencia que se convoquen nas vindeiras datas, nomeadamente á Convocatoria promovida polas asociacións de ecuatorianos en España en Madrid para mañá sábado día 13 de Xaneiro. E convoca e promove unha concentración simbólica de solidariedade o o mesmo sábado 13 de Xaneiro ás 12 horas na praza do Toural en Santiago de Compostela.
EU-IU na semana de loita contra a precariedade e por unha vivenda digna expresou o seu apoio ás mobilizacións que tiveron lugar o día 23 de decembro. Igualmente, fixemos un chamamento aos traballador@s , mocidade e á cidadanía en xeral para que participaran non só nestas actividades de protesta e proposta, para que se leven a cabo os mandatos constitucionais de pleno emprego e de vivenda digna, senón a que exerzan con convicción o poder cidadá e denuncien todo tipo de especulación.
Nesta cidade o PXOM foi aprobado coas presas e aplausos dos promotores e construtores que fan negocio contra as necesidades d@s veciñ@s, que nos vemos obrigados a vivir cada vez máis lonxe, ou fóra da nosa cidade e con máis dificultades económicas. Este PXOM esquece que contamos cun furco de 7-10.000 vivendas baleiras, e nembargantes aposta por seguir a construir cando as previsións demográficas desminten o horizonte de cáseque 40.000 vivendas novas contempladas no PXOM. Este, en verbas do alcalde, concíbese como motor da economía –duns poucos, decimos nós-, pero este modelo repousa na insustentabilidade, na precariedade no traballo, e de baixo valor engadido na produtividade.
EU-IU demanda do concello unha política á que veñen obrigados constitucionalmente os poderes públicos: procurar vivenda digna para tod@s e combatir a especulación inmobiliaria. Dacordo a este postulado é urxente a elaboración dun censo de vivendas baleiras na cidade, que permita coñecer con rigor a extensión deste mal social e insustentable ambientalmente.
A moción contempla tamén o desenvolvemento dunha posibilidade recollida na lei de facendas locais pola cal os concellos poderán gravar até o 50% máis sobre o tipo contemplado no IBI ás vivendas desocupadas. Un ano máis, EU-IU demanda a aprobación deste recargo extraordinario ao concello. A finalidade desta taxa é coadxuvar a poñer coto a especulación no mercado da vivenda na cidade.
Para EU-IU as políticas de vivenda teñen que facer valer o seu carácter de ben social, garantía dunha cidadanía incluínte, cohesionada socialmente e perseguir as prácticas que reducen a vivenda á mera condición de mercadoría, produto feito para gañar cartos contra as necesidades das persoas e da natureza.
Xa venceu o prazo que recolle a ordenanza de telefonía móvil aprobada este ano para legalizar ou retirar as antenas instaladas de xeito ilegal no municipio. EU-IU xa alegara sobre as insuficiencias e timideces do texto aprobado, pero resulta inexcusable que agora o concello ofreza información inmediata acerca do grao de cumprimento da ordenanza, máis cando vai vencido o prazo contemplado na ordenanza para restaurar a legalidade.
EU-IU demanda do concello información do proceso de retirada das antenas instaladas ilegalmente e coa oposición vecinal. Reclama da equipa de goberno os pasos legais pertinentes para restaurar a legalidade.
EU-IU entende que o concello ten que facer notar que nas próximas solicitudes de autorización de antenas terá que pesar o grao de cumprimento por parte das empresas de telefonía móvil no que atinxe á vixente ordenanza.
EU-IU vén de presentar unha moción para que o concello implante unha taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local, e que se cuantifica por un réximen especial que supón o 1,5% dos ingresos brutos obtidos no término municipal. Un negocio tan lucrativo e tan en alza como a telefonía móbil tamén ten que contribuir na mesma medida ao afortalamento das arcas municipais.
Na Asemblea realizada onte procedéuse a renovar o Consello Comarcal sendo elexido Xabier Ron, coordinador comarcal.
O desexo do novo coordinador é consolidar a implantación de Esquerda Unida-IU na Comarca de Compostela. Sendo xa notorios os pasos dados nese sentido polo grupo de Ames, cómpre agora estender a acción política de Esquerda Unida-IU a máis núcleos e a recuperar o espírito reivindicativo que sempre acompañou a algún Concello coma Teo e outros.
Para Esquerda Unida-IU xa non é paradoxal comprobar como a patronal está separada da realidade da rúa, da existencia máis inmediata das persoas. Hai apenas un par de días, empresarios importantes reuníanse convidados por un medio de comunicación en Compostela. As súas palabras, cargadas de autosuficiencia, non só destacaban a actual bonanza económica de Galicia, senón que mesmo algún empresario saudaba a chegada da globalización.
Sempre denunciamos a paralización da Mesa Local polo Emprego. Finalmente, cando a lexislatura está a piques de rematar, reuniuse o 10 de novembro. Pero falta sabermos cales son os contidos exactos dun Plan que semella un acto electoralista e baleiro de contido real.
Compostela coñeceu no mes de novembro un novo aumento do paro: había 6239 persoas desempregadas, case 400 máis que no mes anterior.
En Ames o paro tamén volveu, un mes máis, a aumentar e son agora 1407 persoas as que están desempregadas. Se consideramos que o 70% da clase traballadora se despraza fóra do seu Concello, podemos pensar que as iniciativas da corporación local por diversificar o tipo de emprego e por desenvolver unha política laboral con sede e base en Ames está en mans da improvisación e da inxenuidade máis absoluta.
Desde Esquerda Unida-IU reclamamos unha actuación realista e valente das autoridades locais de Santiago e Ames para que deseñen e planifiquen, coa participación dos segmentos da sociedade implicados e do conxunto da cidadanía, unha política de emprego alternativa, atendendo a procesos de cooperación e a unha necesaria diversificación dos perfís laborais (por exemplo, non seguir esquilmando os recursos do solo e pensar en fomentar e manter actividades tradicionais), hoxe en mans do sector servizos e da construción.
O pasado mes, o alcalde de Brión, Xosé Lois García, facendo uso da súa condición de presidente da Oficina da Mancomunidade anunciaba que, despois da súa reunión cos responsables das empresas implicadas no transporte metropolitano, o 15 de decembro era a data límite para que ditas empresas reflictisen nas marquesinas liñas, horarios e frecuencias.
Hoxe é xoves 21 e as persoas que desexen coller un autobus desde Brión ou Bertamiráns, por poñer exemplos constatados persoalmente, terán que facer fronte a unha nova desconsideración por parte dos empresarios, xa que nas marquesinas non vemos ningunha presenza da información necesaria para que o servizo sexa plenamente satisfactorio.
De seguro que se nos dirá que nuns días se solucionará o problema, pero é que isto xa é unha auténtica tomadura de pelo ao conxunto da cidadanía. No convenio asinado falabase de que o plan respondía a unha “política pública da mobilidade” –xerga que liga coa retórica empresarial do traballo, e non tanto coa necesidade de ofrecer un servizo público de calidade-, e de que unha das premisas era o “perfeccionamento da información aos usuarios”. Pois ben hoxe temos a enésima constatación de que as palabras sen unha acción política eficaz de nada valen. Cales on as medidas –solicitadas no convenio- realmente deseñadas para promover o uso do transporte público colectivo? Non as coñecemos, a non ser, claro está, as necesidades de cada quen. As empresas non saen, baixo ningún concepto, perxudicadas, por iso, mal entendemos e mal podemos tolerar as constantes mostras de desconsideración para coas persoas que usan o servizo. Lembremos que os 0,225 centimos de euro que a Xunta bonifica e os 0’105 centimos de euro a cargo dos Concellos saen dos impostos directos da cidadanía, que é a que paga integramente de forma directa e indirecta o prezo do billete.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida-IU esixe que de forma inmediata se solucionen non só esta gran deficiencia informativa por parte das empresas implicadas, senón que se dote de infraestruturas a un bo número de paradas que non teñen aínda marquesina e obriga ás persoas a mollarse en caso de choiva, e pedimos aos dirixentes políticos -aos que animamos a que fagan uso do servizo para contribuir eles tamén a facer real esa “política pública de mobilidade”- a que deixen as palabras e pasen aos feitos.
Acto de presentación da candidatura de Esquerda Unida-IU de Santiago para as vindeiras Eleccións Municipais do mes de maio de 2007.
O acto terá lugar o 12 de decembro de 2006, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Fontiñas, na R/ Berlín.
Santiago, 29 de novembro de 2006
A Policía Nacional, lembrando vellos tempos, exerceu o pasado martes a violencia contra un grupo de cidadáns e cidadás de diferentes organizacións que protestabamos de xeito pacífico – berrando a prol dos dereitos do Pobo Palestino – diante do lugar onde daba unha charla o que fora Ministro israelí de Exteriores, Ben Ami, cómplice destacado do Sionismo. Para EU-IU é inaceptable esta actitude de agresión ás persoas alí presentes, entre outr@s a un membro da nosa organización, que foi perseguido e rexistrado por levar unha cámara fotográfica. Asemade solidarízamonos coas outras organizacións, particularmente con aquelas que sufriron as detencións arbitrais dalgúns dos seus militantes.
EU-IU quere denunciar publicamente o comportamento policial que vulnerou os dereitos constitucionais e a liberdade de expresión e reunión. Todo isto en presenza de significados cargos públicos do BNG, que nada fixeron por evitar tal situación e nada teñen feito por denunciala.
Esiximos que se depuren responsabilidades políticas por parte de quen ordenou semellante proceder. A Subdelegada do Goberno de A Coruña e o Delegado do Goberno teñen que respostar pronto a tales atropelos antidemocráticos e autoritarios aos dereitos cidadáns.
Urxe clarexar as directrices coas que a Policía acudiu ao lugar. Dende EU-IU non desbotamos presentar unha denuncia penal aos responsables do despliegue policial de non obter resposta a nosa demanda.
EU-IU quere lembrar que a misión da forza pública é velar polos dereitos da cidadanía e en modo algún poñelos en cuestión. Queremos insistir en que as persoas congregadas, incluída unha representación diplomática do Goberno de Cuba, exercíamos de xeito pacífico os nosos dereitos constitucionais. As palabras non se poden respostar con violencia, nin en Palestina nin en Santiago de Compostela.
Santiago, 23 de novembro de 2006
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, propuxo porlle o nome de Manuel Fraga Iribarne a unha rúa ou avenida relevante da cidade, intención que someterá a debate nun pleno municipal; mentres medita a proposta continua paralizado o proceso de denominación de moitas rúas compostelás de recente creación, feito que prexudica aos veciños e veciñas de Compostela ao dificultar un funcionamento óptimo de determinados servizos municipais.
Os asinantes deste manifesto, queremos rexeitar que se utilice a nomenclatura das rúas compostelás para honrar unha persoa que non merece este recoñecemento social. Algunhas das razóns que xustifican a nosa posición son:
1º) Cómpre diferenciar entre o respecto institucional a quen ocupou a presidencia da Xunta e unha homenaxe, no nome da cidade, a unha persoa que non conta co apoio dunha boa parte da cidadanía.
2º) A avaliación da xestión do Sr. Fraga durante os anos que ocupou a presidencia da Xunta é discutida por amplos sectores sociais que a consideran negativa para a Galiza. Mentres que o Estado español crecía en desenvolvemento a Galiza afundíase nos principais indicadores socioeconómicos.
3º) O Sr. Fraga Iribarne como parte dos gobernos presididos por Franco na Ditadura, foi partícipe de numerosas decisións antidemocráticas. Sendo ministro de Información e Turismo, asinou en Consello de Ministros, a execución de Julián Grimau en 1963 e foi o encargado de contrarrestar propagandisticamente o acontecido referíndose a el como "ese caballerete", como tamén sucedería durante o Proceso de Burgos. Tivo un papel relevante no aparello de censura de Franco, prohibindo Sempre en Galiza ou condenando a Alberto Míguez pola publicación de El pensamiento político de Castelao.
4º) O Sr. Fraga Iribarne ten mostrado, durante a súa xestión como presidente, o seu desprezo polos dereitos das mulleres tirándolle importancia aos abusos sexuais a unha adolescente por parte do alcalde Toques ( do seu partido), ou referíndose a unha deputada dicindo que "lo único que exhibía era su escote".
5º) Neste Ano da Memoria, en que se traballa para restituír a verdade sobre a represión que padeceu o Pobo Galego após o golpe militar franquista, entendemos que a nomenclatura das rúas en que vivimos debe axudar a construír unha consciencia social xusta, respectuosa cos dereitos humanos e dos pobos, así como a restaurar a figura dos que representaron e defenderon os valores da democracia, do progreso e da igualdade. Por isto: SOLICITAMOS
Que sexa retirada a proposta de dedicarlle unha rúa da cidade ao Sr. Fraga Iribarne.
http://ruafraganon.blogspot.com
EU-IU está a traballar con outras forzas políticas, sindicais e sociais de Compostela para evitar a infamia de entregarlle una rúa da cidade a quen foi un prohome da ditadura franquista, Fraga Iribarne.
No ano da memoria resulta inaceptable que, a unha persoa que ten a conciencia tinguida da sangue de morte, torturas e cadeas dunha ditadura fascista, se lle queira adicar unha rúa. E que tal pretensión proveña dun alcalde do PSOE. O señor Bugallo tería que lembrar ou aprender que socialistas consecuentes como Largo Caballero ou Juan Negrín loitaron cóbado con cóbado con mulleres e homes comunistas, anarquistas, republicanos e galeguistas para evitar que personaxes como o devandito, amamantado nas ubres da ditadura, poideran berrar na impunidade que a rúa é súa.
EU-IU forma parte dunha ampla plataforma política, sindical e social que xa ten acordado desenvolver unha serie de actividades de divulgación, explicación e movilización para que o rueiro de Compostela recolla os nomes de mulleres e homes que son ou foron os mellores, aos que coa súa entrega abnegada na loita empurraron o carro da historia das liberdades e da xustiza .
A Plataforma ven de pedirlle ao alcalde unha entrevista para obter de él a retirada definitiva desta proposta ignominiosa. Milleiros de volantinas e cartaces van encher as rúas de Compostela para negarlle a Fraga a rúa na que tanto medo e violencia desplegou ( condea a morte de Julián grimau no 63 ou morte dos obreiros en Araba-Vitoria no 76... ). Charlas explicativas nos diferentes ámbitos da cidade van alumear as razóns neste novembro, para chegar a unha primeira movilización na Praza do Toural o martes, día 28, ás 20: 30 horas. Toca traballarmos arreo ara que ningún antifascista falta nestas actividades. A memoria d@s heroes da guerra contra o fascismo e da loita contra a ditadura franquista ben o merece; algúns del@s aínda van estar connosco.
EU-IU está a desenvolver unha campaña de divulgación da súa proposta para feminizar o rueiro de Compostela. Antes do verán esta campaña sacounos á rúa para recoller sinaturas, recibindo unha moi boa acollida cidadá, polo que temos previsto darlle continuidade nos vindeiros meses.
A idea é facerlle fronte ao sexismo que aínda hoxe desprega unha sistemática de violencia material (desemprego, precariedade, feminización da pobreza), simbólica (reducción da muller a mero obxecto, mercadoría para o mercado), e física (os asasinatos causados por razón de xénero) que agrede a máis da metade da humanidade e que nos encadea a todos. Por iso urxe que os poderes públicos removan os obstáculos para acadar unha igualdade plena e real, e espir as contradiccións dun Estado que proclama a igualdade de dereitos e de oportunidades individuais, namentres sostén unha praxe defensora dos intereses capitalistas e patriarcais.
Un dos xeitos de poñer en valor o feito polas mulleres, de rachar co espellismo da súa invisibilidade, é transmitirlle á sociedade o exemplo do quefacer social das mulleres ao longo da historia. Obradoiros, unidades didácticas e charlas son tarefas a impulsar dende os gobernos municipais. Asímesmo, e no mesmo ámbito, xurde a idea de que no rueiro de Santiago gañen visibilidade os nomes de mulleres que traballaron desafiando a ignorancia, o olvido e o desprezo patriarcais, e que impulsaron procesos de transformación social emancipatorios. Os nomes de Ascensión Concheiro, Maruja Mallo, Pasionaria, María Victoria Villaverde e tantas outras explican a nosa historia.
Así, con motivo da celebración do 8 de marzo –Día Internacional da Muller Traballadora- EU-IU propuxo ao Pleno do Concello de Santiago de Compostela o acordo de que as novas rúas en Santiago sexan adicardas preferentemente a mulleres que se teñan significado pola súa contribución a emancipación das mulleres en todos os eidos da vida social. Agora, nesa liña, o Concello homenaxea cunha rúa á deputada da II República Clara Campoamor, fervente defensora dos dereitos das mulleres, e en particular dos políticos. Dende a agrupación de EU-IU de Santiago de Compostela celebramos esta decisión, que marca un paso adiante no recoñemento das importantes aportacións levadas a cabo por mulleres, ao tempo que esperamos que esa laboura non sexa algo puntual e anecdótico e se garanta a súa continuidade, como xeito de avanzar cara o restablecemento dunha certa xustiza social co xénero feminino.
AO EXCMO. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
D. Ramiro Marier Santalices Martínez con d.n.i. nº 36106226-K , e con enderezo a efectos de notificación na rúa Dublín 8, baixo-dta, en representación do consello comarcal de EU-IU vén de presentar a seguinte moción ao pleno do Concello de Santiago ao abeiro do artigo 44 do regulamento orgánico de funcionamento do Concello de Santiago de Compostela.
Pouco importan os números, unha morte é unha morte. E con iso debería abondar. Sobre todo porque ao longo de todo este xa lamentable 2006 morreron 56 mulleres, vítimas da violencia que exerce o home sobre elas. O recente asasinato de M.F.P., residente en Bertamiráns, permite extraer unhas tristes e lamentables conclusións.
Primeiro, que este asasinato se puido evitar.
Bastaba simplemente con denunciar a situación de violencia que padecían ela, a compañeira sentimental do maltratador e os dous menores que convivían con eles. Bastaba simplemente con alporizarse e anoxarse ao escoitar os berros que se afirma eran escoitados na vivenda de cando en vez e denunciar esa situación. Bastaba simplemente con que ao ver no seu rostro os sinais evidentes do maltrato unha persoa se sentise solidaria e denunciara a situación. Sabemos que é difícil, pero cómpre denunciar simplemente por ética, por solidariedade, por humanidade. Ou se non ousamos, polo menos debemos achegarnos ao Concello, aos Servizos Sociais, aos axentes sociais, grupos politicos ou asociacións e informar do feito para que se inicien as oportunas pesquisas e se poñan en marcha os mecanismos de protección que a Lei ten previstos.
Insistimos, esta morte puido evitarse.
Ao poñer a denuncia, ademais, evitaríamos as situacións de violencia que padeceron os menores que convivían con maltratador.
Desde o Consello Comarcal de Esquerda Unida-IU queremos animar a que sempre que se teña a mínima sospeita de que nun domicilio existe unha situación de violencia se denuncie. A denuncia é o camiño máis doado para evitar que se reproduzan os malostratos e para evitar unha posible morte.
9 de setembro de 2006
Ó 14 de xuño pasado, o responsable da Área de Inmigración, Paz e Solidariedade de EU-IU de Santiago, presentou "alegacións ", ao "Regulamento do Consello Municipal de Migracións do Concello de esa cidade.
EU-IU non pode estar de acordo con que "7400 persoas sexan dadas de baixa nos distintos padróns municipais de Galicia ",
EU-IU de Santiago, convócate a unha manifestación que se vai celebrar o 17 de
maio, co gallo do Día das Letras Galegas á que a nosa organización vai
sumarse. Será as 12:00 horas e sairá da Alameda. Quedaremos a carón das
chamadas "Marias".
Noutro orde de cousas, decirche tamén que os días 15 e 18 de maio imos
poñer unhas mesas informativas para reivindicar o papel da muller na
historia.
Agardando poidas asistir aos actos mencionados, recibe un cordial saúdo.
O Consello Comarcal
O sábado 6 de maio, entre as 20h e 22 h, tivo lugar na Praza do Toural o primeiro acto de solidariedade cos parados e paradas do municipio de Compostela. O acto central consistiu na lectura dun manifesto “Abrindo a caixa dos dereitos”. No acto estiveron presentes o coordinador comarcal de Esquerda Unida-IU, Rafael Fernández, o responsable de Municipal, Ramiro Santalices, e o responsable de Inmigración, Paz e Solidariedade, Xabier Ron.
O paro aumenta na zona de Santiago, o que xa motivou que presentaramos unha moción no Concello de Santiago, obrigando ás administracións locais a que a Mesa Local polo Emprego creada hai tres anos desenvolva de forma urxente un plano de emprego local coa participación de todos os axentes sociais. Con respecto ao ano pasado, son case 1000 persoas máis en situación de desemprego, para un total de 6711 persoas en paro só en Santiago. Se nos fixamos na comarca vemos que son máis de 16000.
Ante esta situación cabe saudar a inicativa de Cáritas Interparroquial de Santiago de convocar ano tras ano –xa van 13- unha xornada de Solidariedade cos parados e paradas para concienciar e para amosarlle á sociedade a gravidade desta situación e ás administracións locais que cómpre actuar con urxencia e que os axentes sociais da Mesa Local polo Emprego se impliquen de inmediato nesta tarefa, hoxe por hoxe detida porque estes axentes son incapaces de dialogar, o que provoca o perxuízo da sociedade.
Algunhas das demandas contidas no manifesto “Abrondo a caixa dos dereitos” son:
O Consello Comarcal de EU-IU de Santiago de Compostela, presenta no Concello da Cidade, a seguinte:
MOCIÓN
1.- Elaboración e aprobación con carácter de urxencia dun PLANO DE EMPREGO LOCAL PARTICIPATIVO, que conte coa participación de cantas asociacións e organizacións políticas, sindicais de clase, e sociais estean a traballar no eido do emprego. A potencia analítica e propositiva deste conxunto favorecerá a concreción dun plano de emprego estable e con dereitos, nunha lóxica social de defensa dos intereses da clase traballadora.
Sr. Alcalde- Presidente do Concello de Santiago de Compostela
Ó vindeiro xoves día 27 ás 20,15h. celebraráse xuntanza da Área de Muncipal Comarcal da Sede da Rúa de Dublín.
O Consello Comarcal
A Área de Inmigración, Paz e Solidariedade de Esquerda Unida-IU da Comarca de Compostela desexa amosar a súa preocupación e, ao mesmo tempo, denunciar a privatización, unha máis, dos servizos que unha Administración Pública coma o Concello debería garantir de forma aberta e transparente a todo o conxunto da cidadanía.
Semella que a Concellería de Emigración e Inmigración non sabe en que invertir o diñeiro que lle corresponde e contrata a unha empresa privada chamada CAMPA (durante tres meses) para coordinar e programar as actividades do 2006 vencelladas coa emigración/inmigración coas propias asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes. Mal entendemos esta absoluta ineficiencia e ineficacia, xa que o Concello debería atender ás necesidades das propias asociacións e entidades de forma directa e sen intermediarios privados. Para que existe unha oficina específica de emigración/inmigración cunha inauguración demorada en varios meses? Cal será a función específica da Concellería a partires de agora?
Por outra banda, este anuncio dáse en pleno proceso de creación do Consello Municipal de Migracións do Concello de Santiago, anunciado (por fin!) en Pleno no Concello despois dunha promesa electoral nas pasadas eleccións municipais do 2003 e tras unha serie de actos de protesta levados a cabo polo Foro de Inmigración de Compostela. As diferentes organizacións que integramos o Foro estamos analizando o Regulamento, inconsistente en varios puntos, e agardando á fase de alegacións. Porque non avanzar na formalización tanto do Regulamento como do Consello, para que este sexa un verdadeiro órgano participativo? Porque non agardar a que sexa o Consello Municipal, atendendo á súa función consultiva, quen decida que facer co diñeiro destinado ás persoas migrantes, outorgándolle voz ás propias persoas migrantes?
Afastarse das súas responsabilidades e impoñer un ente privado entre a institución pública e a cidadanía, esnaquizando a interlocución precisa e imprescindible entre as personalidades políticas e as persoas migrantes. A práctica do PSOE, encargada desta Concellería, vése ben: acelerar a externalización dos servizos públicos. Pouco a pouco, a meirande parte das accións sociais relevantes estarán en mans de órganos de control exterior, en mans de estratexias empresariais, que buscan, non nos enganemos, o beneficio económico, razón da súa existencia. A integración, a convivencia, o diálogo intercultural, obxectivo prioritario das diferentes actividades das asociacións e entidades, non poden estar en mans desta estratexia perversa.
Compostela, 14 de marzo de 2006
Área de Inmigración, Paz e Solidariedade de Esquerda Unida-IU
Comarca de Compostela
EU-IU de Santiago, organiza a proxección dun DVD sobre a precariedade titulado: “A la deriva por los circuitos de la precariedad femenina” co gallo do 8 de marzo –día Internacional da Muller Traballadora-. Será ás 19:45 horas, día 7 de marzo, na Escola de Relacións Laborais (frente a dereito), na Áula Seminario.
Tamen, o día 8, entre as 18:00 horas e as 19:00 horas, na Praza do Toural, poñerá unha mesa informativa vinculada á campaña que estamos a levar de recollida de sinaturas para feminizar o rueiro compostelán.
Ese mércores, día 8, as 20:30 horas, na Praza 8 de marzo (mais coñecida como Praza da R/ de San Pedro –Porta do Camiño-) participaremos na manifestación convocada para celebrar o 8 de marzo.
O Consello Comarcal
Co gallo do 8 de marzo, día internacional da Muller Traballadora, EU-IU vai desenvolver unha campaña de recollida de sinaturas para feminizar o rueiro compostelán. Entendemos que un xeito de contribuir a realización da igualdade real entre homes e mulleres pasa por poñer en valor, por dar a coñecer as contribucións das mulleres ao longo da historia. Esa historia que rescata as achegas das mulleres en todos os eidos da vida social é unha boa oportunidade para a reflexión e a toma de consciencia nunha tarefa que nos incumbe a todas e todos. Este xoves, día 2, a partires das 18:00 horas imos poñer unha mesa informativa na Praza do Toural na que agardamos contar coa túa presencia.
Dentro da mesma campaña do 8 de marzo, contamos proxectar un DVD sobre a precariedade vista dende unha perspectiva de xénero na Escola de Relacións Laborais o vindeiro martes, 7 de marzo , no entorno das 20:00 horas (confirmaremosche nun ulterior correo –sexa electrónico o por correo ordinario- hora e aula).
O Consello Comarcal
A área de municipal de ESQUERDA UNIDA-IU vai presentar unha moción ao Pleno do Concello de Santiago para que o noso Concello se incorpore a AXENDA 21 DA CULTURA.
Esta AXENDA 21 DA CULTURA xurde do encontro en Barcelona dos gobernos locais comprometidos cos dereitos humanos, a diversidade cultural, o desenvolvemento sustentable e a democracia participativa.
Consta dunha serie de principios, compromisos e recomendacións inxeridos nunha praxe de actuación que no eido municipal é indisociable da democracia participativa, proposta programática chave de ESQUERDA UNIDA-IU. Nunha cidade como Santiago de Compostela, vencellada á cultura universal é prioritario extender e democratizar a xestión e o acceso a todas as manifestacións da cultura.
ESQUERDA UNIDA-IU vai demandar na moción do goberno local:
A coordinadora xeral de Esquerda Unida-IU mantén un encontro coa Asociación de Veciños da Almaciga en relación cos problemas causados pola instalación ilegal de antenas de telefonía móbil
Yolanda Díaz, coordinadora xeral de Esquerda Unida-IU, acompañada de membros da Comarcal de Compostela vai manter un encontro con membros da Asociación de Veciños da Almáciga para interesarse pola situación do barrio tras comprobarse que se instalaron antenas de telefonía móbil de forma ilegal.
O goberno municipal non actúa e a pesar de que ten decretada unha moratoria para a instalación de novas antenas, o certo é que as empresas fan o que queren ante a atitude silenciosa, pasiva e compracente das autoridades locais e instalan antenas non só na Almáciga, senón tamén no Ensanche compostelán.
A Asociación de Veciños leva anos tratando de impoñer unha medida de prudencia ata que non se coñezan os resultados da exposición a este tipo de ondas para as persoas do contorno.
Para Esquerda Unida-IU é imprescindible voltar a unha situación de legalidade, para que reclamamos e esiximos a inmediata retirada das antenas instaladas con posterioridade ao decreto da moratoria.
Esquerda Unida-IU demanda a redacción dunha ordenanza municipal que regule –baixo o principio de precaución- a instalación das antenas de telefonía móbil, ordenanza que ten que contar na súa elaboración coa participación dos veciños e veciñas de Santiago.
A participación cidadá é fundamental para garantir que a normativa –que urxe desenvolver- extreme o principio de prudencia e precaución, para evitar riscos de saúde pública e limitar o negocio rápido para as empresas do sector.
O mércores dia 28, EU-IU de Santiago, fixo un reparto de folletos no barrio da Almáciga, onde se informaba da súa proposta sobre antenas de telefonía.
A área de municipal de EU-IU demanda a aprobación urxente dunha ordenanza sobre a instalación das antenas de telefonía móvil, ordenanza que extreme o principio de precaución.
O goberno municipal está a facer deixación das súas obrigas, pois está a deixar facer as compañías de telefonía móvil: unha tras outra, xurden antenas que non respetan a moratoria dictada polo Concello e aínda por riba se instalan sen as máis mínimas cautelas. Os poderes públicos teñen que velar polo cumprimento da legalidade; neste caso a moratoria declarada e imcumprida.
EU-IU demanda do Concello que implemente as medidas pertinentes para retirar as antenas colocadas trala aprobación da moratoria, en especial as da Almáciga. A área de municipal de EU-IU quere amosar o seu respaldo aos vecinos deste barrio compostelano.
Entendemos que é fundamental unha vixilancia continuada para evitar a política de feitos consumados das empresas de telefonía móvil, en especial coa chegada da última xeración de antenas, as cales polo seu tamaño son difíciles de detectar.
EU-IU esixe da equipa de goberno a elaboración urxente dunha ordenanza municipal, acordada coas asociacións veciñais e que extreme o principio de precaución, para evitar riscos a saúde pública da cidadanía.
Asdo. Ramiro Marier
( área de municipal )
A Área de Municipal de EU-IU rexeita o actual PXOM por relegar as
prioridades social e sustentable e por adolecer dunha verdadeira
participación cidadá.
Para EU-IU resulta fundamental garantir a participación da cidadanía
dende o comenzo da elaboración dun documento básico para o
desenvolvemento municipal dos próximos quince anos. Este PXOM non
contou con ela –desmentindo o carácter central da participación d@s
veciñ@s na vida municipal que debe de presidir un municipalismo de
esquerdas– ; só agora, no tramo final das alegacións aparecen as
disconformidades d@s veciñ@s, nun contexto de pouco coñecemento do
documento por parte d@s interesad@s, a cidadanía.
A Carta de Aalborg, xérmolo da Axenda 21, e máis a praxe dos
orzamentos participativos entenden que non son posibles planeamentos
sustentables e de carácter social sen a participación da cidadanía. A
democracia esixe a participación de tod@s nos asuntos públicos, non que
sexan éstes un coto pechado d@s concelleir@s. Este PXOM está feito de
costas @s veciñ@s.
A previsión de edificar cáseque 40.000 vivendas se compadece mal cos
propósitos dun desenvolvemento sustentable e coas previsións
demográficos recollidas no propio PXOM. Só resulta explicable dende a
lóxica de considerar as vivendas como mercadorías, valores de cambio para
acumular cartos uns poucos posuidores de solo, promotores e
constructores.
EU-IU vai defender na filosofía e no detalle que informa as súas
alegacións un PXOM feito dende o comenzo polo asociacionismo da
cidade; un documento que contemple a vivenda protexida como primeira
tarefa; un documento respectuoso co medio e, xa que logo, favorecedor dun
desenvolvemento sustentable, antagónico cos principios de
crecemento sostido que informan o actual proxecto de PXOM.
EU-IU defende a reducción da capacidade residencial contemplada no
plan e das superficies edificables. A necesidade de consolidar con
dotacións equipacionais e de saneamento ao rural. A importancia de cambiar
os hábitos no que atinxe aos deprazamentos, co desenvolvemento do
carril-bici. A conveniencia de atender as demandas feitas polo
asociacionismo da cidade (Castiñeiriño,Meixonfrío e Salgueiriños,
Conxo). A urxencia de facer accesible a cidade a tod@s, o que supón
rematar coas barreiras físicas que impiden unha vida en igualdade ás
persoas con minusvalías. A esixencia de que as novas edificacións
conten para as súas necesidades enerxéticas coas enerxías renovables, caso
dos paneis solares. En suma, un PXOM elaborado entre tod@s e que prime o
interés xeral, esto é, un PXOM SOCIAL E SUSTENTABLE.
Área de Municipal de EU-IU de Santiago
Mitín ó mércores día 15, ás 20,00h. no colexio Público Pío XII
Falarán:
Xesús Redondo Abuín, membro de EU-IU de Santiago
Susana López, Responsable do Área Federal de IU de Migracións
Xosé Xabier Ron, Candidato pola Coruña.
Acto Público con Yolanda Díaz e Oskar Matute de Ezker Batúa.
Ás 20,30h. Mitin en Tomiño.
Xuntanza de Yolanda co Sindicato Labrego Galego ás 18,00h.
Ás 19,00h. xuntanza en Noia co Coletivo NON Ó VIADUCTO.
A candidata de EU-IU á presidencia da Xunta de Galicia, Yolanda Díaz, manterá o luns, 30 de maio, ás 10:00 horas un encontro co secretario xeral do sincidacto nacional das CC.OO de Galicia, Xan María Castro. O encontro terá lugar na sede nacional do sindicato CC.OO sita na R/ Miguel Ferro Caaveiro 12 de Santiago de Compostela. A continuación e no mesmo lugar ás 11:30 horas Yolanda Díaz fará unha valoración do encontro ante os medios de comunicación.
Ó vindeiro mércores día 18, celebraráse unha Rolda de Prensa en Santiago, será no Café Rúa Nova, ás 12,00h.
Falarán:
Yolanda Díaz, Candidata de EU-IU á Presidencia da Xunta de Galicia.
Eva Gloria Barbero, Psicóloga e nº 3 pola provincia da Coruña.
Xosé Xabier Ron, Profesor de Lingua Francesa.
Rafael Fernández, Psicólogo, Coordinador Comarca de EU-IU Santiago.
Celebración do CPN.
Ó día 7 de maio ás 17,00h. celebrouse na sede Nacional xuntanza do CPN ampliado, co fin de ratificar as listas provinciais de cara ás eleccións autonómicas e aprobar tamén o programa electoral.
Nomeouse tamén como candidata a Presidencia da Xunta de Galicia a compañeira Yolanda Díaz Pérez, membro do CP Federal de IU e da dirección Nacional de EU-IU. Tamén é portavoz do Grupo Municipal de EU-IU no Concello de Ferrol.
Xuntanza da Comisión Electoral
Ás 5 da tarde na Sede Nacional na Rúa Dublín de Santiago, xuntanza da Comisión Electoral
O vindeiro día 29 de maio ás 11:30 terá lugar un CPN ampliado no Hotel Santiago Apóstol de Santiago de Compostela que contará coa presencia de Javier Álcazar responsable federal de emprego e seguridade social de IU.
O vindeiro día 29 de maio ás 11:30 terá lugar un CPN ampliado no Hotel Santiago Apóstol de Santiago de Compostela que contará coa presencia de Javier Álcazar responsable federal de emprego e seguridade social de IU. A orde do día é único:
O próximo día 27 de maio ás 12:00 no Hotel Santiago Apóstol de Santiago de Compostela terá lugar un coloquio-presentación do programa para as eleccións para o Parlamento europeo no que intervirá o cabeza de lista para as ditas eleccións, Willy Meyer. A este acto están convidados os representantes de distintas organizacións e sindicatos, así como os membros do CPN.
Se o desexa, tamén pode contactar coa sede de Santiago cubrindo o seguinte formulario.
Aviso Legal | Mapa do Sitio | © 2006 ESQUERDA UNIDA