Únete a la Izquierda
Ensino | Inmigración | Muller | Mocidade | Cultura | Sanidade | Medio Ambiente | Emprego 

Actualidade de Inmigración

CONTINUA O ACOSO POLICIAL CONTRA OS INMIGRANTES

O Foro Galego de Inmigración no que participa Esquerda Unida mostra a súa preocupación ante as posibles ordes de expulsión “Express” de inmigrantes

Miniatura

O Foro Galego de Inmigración formado por máisde 80 asociacións e entidades de toda Galicia presentou o mércores día 10 de febreiro, sendos escritos para facerchegar a nosa preocupación diante das informacións que falan dunha circular 1/2010, asinada polo Comisario Xeral de Estranxeiría e Fronteiras queincluiría ordes secretas para a expulsión “express”de inmigrantes.

Leer máis.

6000 TRABALLADORES “SEN PAPEIS” EN FOLGA

Esquerda Unida saúda a mobilización e coraxe dos inmigrantes en situación irregular en Francia e das 11 organizacións que os apoian reclamando dereitos e unha regularización ordinaria

Miniatura

Once organizacións sindicais e asociativas francesas (CGT, CFDT, FSU, UNSA, Solidaires, Ligue des Droits de l’Homme, Cimade, Autremonde, Femmes Egalité, RESF, Droits Devant !!) dirixíanlle ao primeiro ministro, o 1 de outubro de 2009, un carta solicitando unha circular que mellorase, simplificase e aplicase no conxunto da República Francesa, os procedementos de regularización seguro e estandarizado co fin de garantir unha igualdade no trato ao conxunto dos asalariados. Denunciaban a arbitrariedade reinante no tocante á regularización por traballo.

Leer máis.

A INICIATIVA ATENDE NUMEROSAS DEMANDAS SOCIAIS

O Grupo Parlamentario de EU rexistra unha iniciativa para que os prexubilados forzosos cobren a súa xubilación completa

Miniatura

O Grupo Parlamentario de Esquerda Unida rexistrou no Congreso dos Deputados unha proposición de lei onde formula que os traballadores que pasen á situación de “xubilación anticipada forzosa” perciban a súa pensión completa sen penalizacións ao cumprir os 65 anos.

Leer máis.

Noticias Anteriores

Área de Inmigración

Responsable
Xosé Xabier Ron Fernandez
E-mail
inmigracion@esquerdaunida.org

Aviso Legal | Mapa do Sitio | © 2006 ESQUERDA UNIDA