Únete a la Izquierda
Ensino | Inmigración | Muller | Mocidade | Cultura | Sanidade | Medio Ambiente | Emprego 
Esta en: Inicio > Actualidade

 

EU REXEITA A PRIVATIZACION DA SANIDADE

Esquerda Unida valora como un grande éxito a manifestación desenvolvida en defensa da sanidade pública

26/03/2010

Esquerda Unida, que participou activamente cun nutrido grupo de afiliados e simpatizantes baixo a súa faixa, valora como un grande éxito a manifestación desenvolvida onte en Vigo para esixir a plena titularidade pública do hospital novo que se proxecta para Vigo e comarca, ao tempo que saúda ao conxunto do persoal sanitario e aos sindicatos de clase CCOO, CIG e UGT polo seu esforzo e capacidade convocatoria.

A pesares dos esforzos desmobilizadores impulsados polo PP, quen chegou a negar a realidade privatizadora, unhas 50.000 persoas mobilizáronse ante a convocatoria da Plataforma en defensa da Sanidade Pública para demostrarlle ao Goberno do PP que a cidadanía galega rexeita radicalmente as políticas privatizadoras.

Unha mobilización das grandes que se recordan en Vigo coloca ó PP contra as cordas e manda un aviso ó tripartito (PSOE, BNG e PP) de cómo poden ser tratadas a partires de agora as súas politicas privatizadoras ao longo de todo o territorio galego, pois non debemos esquecer que tanto PSOE como BNG incumpriron as súas promesas electorais cando gobernaban na Xunta,xa que logo, tamén son culpables desta situación.

Esquerda Unida quere facer fincapé na hipocrisía que amosan PSOE e BNG, por unha banda participan en manifestacións na rúa na defensa do público e por outra privatizan servizos alá onde gobernan como sucede nos concellos e nas Deputacións cos Servicios de Emerxencias.

A nosa Organización quere recordar a cidadanía que a orixe do problema privatizador sitúase na Lei 15/1997, do 25 de abril, aprobada polo goberno de Aznar e votada favorablemente polo PSOE.

Por último, a Executiva Nacional de Esquerda Unida saúda o traballo desenvolvido polo Consello Comarcal de EU en Vigo quen realizou un importante esforzo económico e de militancia en apoio a manifestación, os nosos compañeiros levan días mobilizando a cidadanía, explicando a situación e repartindo miles de ocativillas.


Imprimir noticia
Enviar a un amigo
Aviso Legal | Mapa do Sitio | © 2006 ESQUERDA UNIDA