Actualidade

O Parlamento Europeo dá luz verde á ignominia
Só 197 dos 672 eurodeputados dixeron NON á Directiva dos 18 meses
MiniaturaEuropa camiña polos sendeiros da sinrazón. Esta é a Europa que pretenden construir os voitres do neoliberalismo (Directiva das 65 horas; Tratado de Lisboa -grazas Irlanda pola túa cordura; liberalización e privatización de servizos públicos;etc.): a negación do dereito humano de libre circulación de persoas; a criminalización e encarceramento de maiores e menores;....ISTO É UN AUTÉNTICO DISPARATE XENÓFOBO E RACISTA!!! ATA 18 MESES PRIVADOS DE LIBERDADE EN VERDADEIROS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN!!!

ESQUERDA UNIDA IMPLICADA NA DEFENSA DA TERRA
En defensa das nosas rías, por unha costa sen cementos e lonas negras
MiniaturaDentro da defensa que Esquerda Unida fai do medioambiente, mañá, estaremos en dúas frontes interrelacionadas: a) por unha banda, na manifestación en contra da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol; b) pola outra, na concentración que terá lugar na praza de Praterías en Compostela e que se insire dentro dos actos en defensa do noso ecosistema (Día Mundial do Medio Ambiente, 5 de xuño; Día Mundial dos Océanos, 8 de xuño).



PARA O DESMANTELAMENTO DA PLANTA DE GAS
O grupo municipal solidarízase coas demandas do pobo
MiniaturaO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA NO CONCELLO DE FERROL SOLIDARÍZASE COAS DEMANDAS PARA O DESMANTELAMENTO DA PLANTA DE GAS DE REGANOSA

EU FAI UN CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN NA MANIFESTACIÓN DO PRÓXIMO DOMINGO CONTRA A INSTALACIÓN GASISTA NO INTERIOR DA RÍA.

EXPOSICIÓN CENSOS AFILIACIÓN
Os censos deberán estar expostos desde hoxe, 1 de xuño, ata o 20 de xuño
MiniaturaTal como consta nas normas da IX Asemblea Federal de IU, e tal como se comunicou onte no Consello Político Nacional, os censos dos afiliados e afiliadas deberán estar expostos nas sedes desde hoxe, día 1 de xuño, ata o 20 de xuño, para que os afiliados e afiliadas os consulten e subsanen as posibles eivas que existan nos mesmos.

Compostela, 1 de xuño de 2008

PREGUNTA DE GASPAR LLAMAZARES AO GOBERNO DO ESTADO
Insta ao goberno español e intervir e interumpir as verteduras contaminantes á Ría do Burgo
MiniaturaMadrid/A Coruña, 29 de Maio de 2.008

A petición da organización comarcal coruñesa de Esquerda Unida, (EU), o deputado e Coordinador Federal de IU, Gaspar Llamazares, presentou unha serie de preguntas ao goberno do Estado a través do rexistro da Mesa do Congreso dos Deputados.

SÁBADO 31 DE MAIO, EN COMPOSTELA
Reúnese o Consello Político Nacional de Esquerda Unida
MiniaturaO Consello Político Nacional terá lugar o sábado 31 de maio de 2008 na sede nacional de Compostela (r/ Dublín, 8 baixo dereita), a partir das 10h30 e presenta a seguinte orde do día:

III ASEMBLEA XERAL DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
O Forum Metropolitano da cidade herculina acollerá o evento
MiniaturaO domingo 25 de maio de 2008, e despois dun longo ano de preparativos e de xuntanzas desde a II Asemblea Xeral que tivera lugar en Vigo, desenvolverase no Forum Metropolitano da cidade herculina a III Asemblea Xeral do Foro Galego de Inmigración e Emigración de Retorno.

MANIFESTO 1º DE MAIO
Nin un paso atrás, non cedamos máis
MiniaturaNIN UN PASO ATRÁS, NON CEDAMOS MÁIS

POLA RECONQUISTA DOS DEREITOS LABORAIS E SOCIAIS

Hoxe, o capitalismo, nesta fase que coñecemos como neoliberalismo, vive grazas á súa acción destrutiva, á súa teima de esnaquizar os elos da cadea solidaria que convertera á clase traballadora nunha masa social informada, formada e crítica, capaz de artellar os movementos de reivindicación e contestar as prácticas egoístas da patronal.

A REVOLUÇAO DOS CRAVOS CUMPRE JA 34
A lección para todas as persoas: "o pobo é quen máis ordena"
MiniaturaA ditadura máis lonxeva de Europa esmorecía na noite que camiña do 24 de abril ao 25 de abril de 1974. Ás 00:25 do día 25, baixo os acordes dunha canción libertaria que Ràdio Renascença divulgaba coemzaba o fin da ditadura de Salazar. A canción, Grândola, vila morena, supón algo máis que un símbolo; un algo máis que, hoxe, mesmo no propio Portugal, se tende a esquecer: o pobo é quen máis ordena, porque a democracia debe ser o goberno do pobo, para o pobo e co pobo. Nin máis nin menos.

ESQUERDA UNIDA EXPULSADA DO PLENO DO PARLAMENTO
Durante uns minutos houbo máis pluralidade no Parlamento de Galicia
MiniaturaUnha vintena de membros de Esquerda Unida, encabezados pola súa coordinadora nacional, Yolanda Díaz, estivo no Pleno do Parlamento de Galicia coa intención de protestar pola existencia dunha mala Lei Electoral e, en concreto, pola porcentaxe do 5 % que marca o teito electoral, teito que estableceu Manuel Fraga, cando gobernaba con maioría absoluta. Unha mostra máis da connivencia deste goberno para coas accións da Dereita e do seu carácter continuista.

Propostas
Propostas Propostas Propostas Propostas Propostas Propostas Propostas Propostas Propostas Propostas

Axenda

07/07/2008
Ferrol: Esquerda Unida rexistra unha solicitude no Concello de A Guarda

07/07/2008
A Coruña: Esquerda Unida rexistra unha solicitude no Concello de A Guarda

07/07/2008
Ourense: Esquerda Unida rexistra unha solicitude no Concello de A Guarda

07/07/2008
O Morrazo: Esquerda Unida rexistra unha solicitude no Concello de A Guarda

07/07/2008
Arousa: Esquerda Unida rexistra unha solicitude no Concello de A Guarda

07/07/2008
Baixo Miño: Esquerda Unida rexistra unha solicitude no Concello de A Guarda

07/07/2008
Barbanza: Esquerda Unida rexistra unha solicitude no Concello de A Guarda

07/07/2008
Lugo: Esquerda Unida rexistra unha solicitude no Concello de A Guarda

07/07/2008
A Mariña: Esquerda Unida rexistra unha solicitude no Concello de A Guarda

07/07/2008
Santiago: Esquerda Unida rexistra unha solicitude no Concello de A Guarda

 

Aviso Legal | Mapa do Sitio | © 2006 ESQUERDA UNIDA

Valid HTML 4.01 Transitional ¡CSS Válido!