
Un total de 117 delegados elixidos polas Asembleas Comarcais de toda Galicia asistiron, onde día 25 de outubro, á Conferencia Nacional de Esquerda Unida que se celebrou no Hotel Puerta del Camino de Santiago.
Sábado 6 de setembro de 2008 reunirase o CPN a partir das 11h30 na sede nacional de Esquerda Unida (r/ Dublín, 8 baixo dereita), dedicado de forma monográfica ao proceso que nos leva de cara á IX ASEMBLEA FEDERAL. Antes, entre as 10h e as 11h están convocados os coordinadores e coordinadoras comarcais a unha reunión previa.
Europa camiña polos sendeiros da sinrazón. Esta é a Europa que pretenden construir os voitres do neoliberalismo (Directiva das 65 horas; Tratado de Lisboa -grazas Irlanda pola túa cordura; liberalización e privatización de servizos públicos;etc.): a negación do dereito humano de libre circulación de persoas; a criminalización e encarceramento de maiores e menores;....ISTO É UN AUTÉNTICO DISPARATE XENÓFOBO E RACISTA!!! ATA 18 MESES PRIVADOS DE LIBERDADE EN VERDADEIROS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN!!!
Dentro da defensa que Esquerda Unida fai do medioambiente, mañá, estaremos en dúas frontes interrelacionadas: a) por unha banda, na manifestación en contra da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol; b) pola outra, na concentración que terá lugar na praza de Praterías en Compostela e que se insire dentro dos actos en defensa do noso ecosistema (Día Mundial do Medio Ambiente, 5 de xuño; Día Mundial dos Océanos, 8 de xuño).
O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA NO CONCELLO DE FERROL SOLIDARÍZASE COAS DEMANDAS PARA O DESMANTELAMENTO DA PLANTA DE GAS DE REGANOSA EU FAI UN CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN NA MANIFESTACIÓN DO PRÓXIMO DOMINGO CONTRA A INSTALACIÓN GASISTA NO INTERIOR DA RÍA.
Tal como consta nas normas da IX Asemblea Federal de IU, e tal como se comunicou onte no Consello Político Nacional, os censos dos afiliados e afiliadas deberán estar expostos nas sedes desde hoxe, día 1 de xuño, ata o 20 de xuño, para que os afiliados e afiliadas os consulten e subsanen as posibles eivas que existan nos mesmos.Compostela, 1 de xuño de 2008
Madrid/A Coruña, 29 de Maio de 2.008A petición da organización comarcal coruñesa de Esquerda Unida, (EU), o deputado e Coordinador Federal de IU, Gaspar Llamazares, presentou unha serie de preguntas ao goberno do Estado a través do rexistro da Mesa do Congreso dos Deputados.
O Consello Político Nacional terá lugar o sábado 31 de maio de 2008 na sede nacional de Compostela (r/ Dublín, 8 baixo dereita), a partir das 10h30 e presenta a seguinte orde do día:
O domingo 25 de maio de 2008, e despois dun longo ano de preparativos e de xuntanzas desde a II Asemblea Xeral que tivera lugar en Vigo, desenvolverase no Forum Metropolitano da cidade herculina a III Asemblea Xeral do Foro Galego de Inmigración e Emigración de Retorno.
NIN UN PASO ATRÁS, NON CEDAMOS MÁISPOLA RECONQUISTA DOS DEREITOS LABORAIS E SOCIAIS
Hoxe, o capitalismo, nesta fase que coñecemos como neoliberalismo, vive grazas á súa acción destrutiva, á súa teima de esnaquizar os elos da cadea solidaria que convertera á clase traballadora nunha masa social informada, formada e crítica, capaz de artellar os movementos de reivindicación e contestar as prácticas egoístas da patronal.