Alternativa Galega de Esquerda rexeita o inicio de privatización dos cárceres que ensaian en Teixeiro e A Lama. Yolanda Díaz denuncia que o Estado español pretende seguir o exemplo estadounidense e colocar as prisións en mans de empresas particulares.
Lei de emprendemento do PP
Alternativa Galega de Esquerda acusa á Xunta de estar fóra da realidade mentres o tecido empresarial do país vai a pique. A deputada Consuelo Martínez teme que cacarexada lei de emprendemento do PP “só se faga para a galería e para propaganda do Goberno”.
Séctor lácteo
Aprobase por unanimidade a Proposición non de Lei de AGE na que se insta ao goberno do Estado a incluir o prezo mínimo de venda do leite.
Recortes do 73% en educación
Alternativa Galega de Esquerda esixe á Xunta que garanta a suficiencia financieira para os centros escolares públicos. Xabier Ron e Ramón Vázquez denuncian os “brutais” recortes nos gastos correntes que anunciou a Consellería e que nalgúns casos chega ao 73 por cento.
ILP contra a corrupción
Alternativa Galega de Esquerda critica que a Mesa do Parlamento se negase a admitir unha ILP sobre corrupción. A proposta, presentada pola formación Compromiso por Galicia, foi rexeitada polo órgano que rexe a Cámara.
Consello Galego da Minaría
Alternativa esixe á Xunta a constitución do Consello Galego da Minaría para controlar os proxectos mineiros en curso. A lei de 2008 incluía a creación deste órgano, denuncia o deputado Antón Sánchez, paralizado malia as mudanzas na extracción de minerais respecto da que se viña facendo en Galicia.
Consello Político Nacional
A Asemblea nacional de Esquerda Unida que terá lugar o vindeiro 27 de abril, será un paso máis de cara a fortalecer a organización e a afiliación no marco da mobilización fronte á quebra dos dereitos sociais que o goberno nos está a impoñer.
Fábrica de armas
Hoxe a coordinadora nacional de Esquerda Unida e covoceira do grupo parlamentar de AGE, Yolanda Díaz e o voceiro do grupo municipal de EU-V na Coruña, desenvolveron unha rolda de prensa na porta da Fábrica de Aramas xunto cos traballadores.
Dimisión conselleiro de educación
Alternativa Galega de Esquerda pide a dimisión do conselleiro de Educación xa que “destroza todo o que toca”. O ‘repago’ do servizo de comedor anunciado por Jesús Vázquez supón fulminar o carácter gratuíto e universal do sistema educativo.
Programas sociosanitarios

Alternativa Galega de Esquerda denfede o mantemento das axudas aos programas sociosanitarios. A vicevoceira, Yolanda Díazrelama a integración na rede pública do equipo específico que desenvolve o programa de saúde mental na área sanitaria de Ferrol.
Reforestación en terras agrarias
AGE esixe á Xunta que deixe de ser cómplice da reforestación das terras agrarias. O secretario xeral técnico de Medio Rural recoñeceu en Comisión parlamentaria a parálise na resolución de expedientes derivados das denuncias.
Mastectomías en Povisa
Alternativa Galega de Esquerda insta a Xunta a esixir a Povisa a realizar nun mesmo proceso cirúrxico as mastectomías e a reconstrución de mama.
Páxina 7 de 60








































