jSharing - JA Teline III

Localidades

Caos circulatorio

Correo-e Imprimir PDF

O GM de EU denuncia a parálise do goberno municipal en canto á toma de decisións  necesarias para evitar o caos circulatorio que vivimos en Mugardos durante estes meses de verán como consecuencia do incremento de poboación.

Ler máis...

Axudas á escolarización

Correo-e Imprimir PDF

O GM de EU denuncia que a día de hoxe, o grupo de goberno  aínda non aprobou ás bases que rexirán a convocatoria para acollerse ás axudas para a escolarización. 

Ler máis...

Modificación P-1 A Pedreira e construcción campo de herba artificial

Correo-e Imprimir PDF

A orde de 5 de xullo de 2010 da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras resolve:

“Non outorgar a aprobación definitiva á Modificación Puntual do PXOM de Mugardos, no ámbito do Solo Urbano Non Consolidado P-1 Pedreira.O Concello deberá introducir as correcións necesarias para emendar as deficiencias relacionadas, para, logo dos trámites oportunos elevar de novo o expedente para a súa aprobación definitiva”.

Ler máis...

Comedor Escolar

Correo-e Imprimir PDF

O GM de EU solicitará que na vindeira comisión de educación se aborde a posiblidade de que o Concello asuma a xestión do comedor escolar do colexio “Unión Mugardesa”.O noso grupo xa plantexou esta cuestión varias veces, a última na comisión do día 13 de xullo, obtendo sempre un vaga resposta que non concreta absolutamente nada e deixa os/as usuarios/as do comedor no curso escolar 2009-2010 nunha absoluta desinformación sobre a posibilidade da súa continuidade dada a decisión adoptada polas ANPAs de Ferrolterra e o enrocamento da Xunta de Galicia de non asumilos.

Ler máis...

Retraso construcción campo de herba artificial

Correo-e Imprimir PDF

O GM de EU reclama que na vindeira comisión de urbanismo e industria se inclúa na orde do día un punto relativo á situación actual da proposta de modificación puntual do P-1 aprobada polo concello pleno para permitir a creación dun campo de herba artificial nos terreos, agora propiedade municipal tras a cesión feita polo Galicia de Mugardos.A aprobación definitiva corresponde ó conselleiro de ordenación do territorio, comunicación que chegou o 7 de xullo ó concello e da que a oposición non temos coñecemento do contido exacto. A día de hoxe non sabemos si a comunicación foi en setido favorable ou si aínda hai problemas por resolver. 

Ler máis...

Campaña control poboacional das gaivotas

Correo-e Imprimir PDF

Durante o ano 2009, na comisión de medioambiente xa se tratou este asunto chegándose tácitamente á conclusión da necesidade de articular un programa de control poboacional das gaivotas.

Ler máis...

Recuperación ambiental do Río Baa: Parque Lineal

Correo-e Imprimir PDF

O GM de EU solicita ó grupo de goberno a redacción dun proxecto de recuperación ambiental do Río Baa, ó seu paso polo Seixo e San Xoán, para presentar dentro dos proxectos non productivos á Asociación Costa Noroeste que xestiona os Fondos Europeos do Leader Galicia 2007-2013.

Ler máis...

Páxina 9 de 14