jSharing - JA Teline III

Presentación candidatura

Correo-e Imprimir PDF

pres_cand.jpg - 14.52 Kb

A todos os que onte nos apoiaron e animaron coa súa presenza; especialmente a aqueles que, procedentes doutras forzas políticas e doutras ideoloxías se achegaron a nós para coñecer as nosas propostas.

 

 

Estamos emocionados polo éxito da convocatoria e pedimos desculpas ás persoas que non puideron asistir ó acto do Centro Cívico por falta de espazo: vímonos desbordados por unha afluencia de público como non se recorda dende hai moitos anos.

 

Os membros da nosa candidatura afirmaron públicamente o seu compromiso có proxecto de EU e a súa ilusión por formar parte del. Pilar Díaz respostou ás preguntas dos asistentes e falou maxistralmente, durante máis de media hora, de Urbanismo, Educación, Maiores, Infraestructuras e, sobre todo, Emprego, cunha base ideolóxica clara e coherente e, coma sempre, con realismo, con claridade, con datos concretos e con obxectivos posibles de cumplir.

 

Pronto subiremos á Rede o vídeo do acto. De novo, grazas.