
Esquerda Unida denunciou no seu día a privatización do plan madruga, antes eran traballadoras do concello que desenvolvían ese traballo e logo o concello dunha forma cando menos sospeitosa o cede a unha empresa privada.

Esquerda Unida denunciou no seu día a privatización do plan madruga, antes eran traballadoras do concello que desenvolvían ese traballo e logo o concello dunha forma cando menos sospeitosa o cede a unha empresa privada.

Máis alá das eleccións do 20N, Esquerda Unida pretende constituír unha fronte social alternativa no cal converxan diferentes movementos sociais para facer fronte ás políticas neoliberais. Consideramos que a política se debe facer en contacto coa cidadanía, gobernar có pobo e non para o pobo, con esta ideoloxía xa expusemos a elaboración do programa electoral como un traballo colectivo mediante a participación de colectivos e movementos sociais nas asembleas programáticas.
Seguindo con esta metodoloxía trocaremos o mitin clásico de campaña por un foro aberto ao cal convidamos a participar aos membros activos de colectivos locais.
Porque non somos un partido clásico senón un movemento social alternativo propomos novas formas participativas de facer política na que a colaboración cidadá é imprescindible.
Con este escrito quedades convidados a este foro aberto baixo o lema “democracia ou mercados”(fronte á dicotomía bipartidista) o sábado 12 de Novembro na sala de conferencias do auditorio Reveriano Soutullo as 20h.
Veciño/a de Ponteareas Convidámoste a participar nesta CONVOCATORIA SOCIAL. Para debater e elaborar un Novo Programa Político para as esquerdas no Estado. Un programa para o que queremos contar coa implicación de todas as enerxías sociais alternativas. Un programa para o que queremos contar coa túa implicación.

A Xunta volve a incumprir os compromisos acadados co CEIP Fermín Bouza Brey, o centro comezará un novo curso sen o aulario de infantil rematado.

Por primeira vez dende a historia da democracia se convoca unha manifestación o día da clase traballadora en Ponteareas. A manifestación sairá o vindeiro 1º de maio ás 12 da mañán dende diante do Concello e percorrerá as rúas mais céntricas da vila.

Xosé Henrique González Lago pide a conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia que compareza publicamente e explique cantos pediatras de tarde vai ter o PAC de Ponteareas.

Xosé Henrique González Lago cabeza de lista de Esquerda Unida de Ponteareas denuncia ante a xunta electoral ante os medios de comunicación e ante a cidadanía, que o PP só haxa posto a disposición da xunta electoral o auditorio para facer actos electorais.
Páxina 1 de 6