jSharing - JA Teline III

Obras e alumeado público

Correo-e Imprimir PDF

Alumeado

Esquerda Unida de A Guarda presentou no Concello de A guarda unha pregunta sobre as obras que se están realizando no Bº da pasaxe en Camposancos, así como a solicitude dun cartel informativo de ditas obras.

  

Tamén presentou unha moción ao concello unha mellora do alumeado público en Camposancos. 

 

 

 

 

  • Pregunta sobre o cartel das obras:

De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte pregunta:

En Camposancos Bº da Pasaxe estanse realizando obras nos arredores das docas, e non existe cartel explicativo das obras.

Quixeramos saber cal é a razón de non facer o arranxo  da rampla de fondeo e varado das embarcación da doca do medio.

Lembrámoslle  que a rampla mais cerca dos asteleiros e caótica e inoperante.

Dende Esquerda Unida solicitamos:

Colocación do cartel informando: empresa realiza as obras, nº de licenza, inversión ou orzamento das obras que se están realizando.

 

A Guarda a 27 de marzo 2012

Asd. José Antonio González Morais

  •  Moción sobre o alumeado:

De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

 

UNIFICACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO EN CAMPOSANCOS

 

Fronte a entrada do club de tenis Codesal o Concello ten un equipo de medida de alumeado público,  a escasos metros ten outro no lateral da casa de Granada.

 

Dende Esquerda Unida solicitamos:

 

Que o Concello faga a unificación do alumeado público na zona do Codesal, ante a empresa suministradora de enerxía, dando unha póliza de baixa.

Que faga os cambios na instalación eléctrica  co persoal do Concello.

 

 

 

 

A Guarda a 02 de abril do ano 2012

Asd. José Antonio González Morais.