jSharing - JA Teline III

Constitución do Foro Feminista de Ourense “FALANDO NÓS”

Correo-e Imprimir PDF

Onte, 26 de outubro, tivo lugar a constitución do Foro Feminista de Ourense FALANDO NÓS. Este acto, que forma parte da campaña de Refundación da Esquerda, auspiciada por ESQUERDA UNIDA, celebrouse no Centro cívico da rúa Colón da nosa cidade coa participación de máis de 50 persoas que, de xeito libre e individual, acudiron a debater sobre os problemas que acucian ás mulleres no século XXI.

 

 

O debate contou con dúas relatoras: Camino Rodríguez e Celsa Perdiz. A primeira delas plantexou os problemas da muller arredor da publicidade, do mundo do traballo, da universidade e do ensino, os roles das adolescentes e as situacións de violencia. Por outra banda, a histórica militante feminista Celsa Perdiz fixo unha introducción da recentemente aprobada Lei do aborto, ao libre acceso aos anticoceptivos, aos Centros de planificación familiare e á obxección de conciencia dos profesionais da sanidade ante o aborto.

 

Despois dun amplo debate, acordouse dar por constituído o devandito Foro e convocar a todos os presentes para a seguinte xuntanza a celebrar no mes de decembro e cunha orde do día centrada nos seguintes temas:

 

- A Lei de familia, recentemente aprobada pola Xunta.

 

- A legalidade constitucional da obxección de conciencia nos centros de

saúde públicos.

 

- A potenciación dos centros de planificación familiar.

 

- O papel da muller na sociedade capitalista.

 

Máis alá do debate teórico, e intención do Foro emprender actividades na defensa dos dereitos das mulleres para rachar coa crecente desigualdade e violencia que sofre de xeito alarmante máis da metade da poboación.

 

Ourense, 27 de outubro de 2010