jSharing - JA Teline III

Pontevedra

Vanesa Angustia candidata

Correo-e Imprimir PDF

Nacín en Pontevedra hai 34 anos. Son Historiadora da Arte con especialidade en Xestión Cultural e Museística e Técnica de Dinamización Turística. Son unha desas mozas privilexiadas que ainda non se veu forzada ao exilio e consigue traballar na profesión que ama. Milito en Esquerda Unida e o PCG, centrada na loita polos dereitos das mulleres e o colectivo LGTBI. Colaboro igualmente en movementos polos dereitos sociais como SOS Sanidade Pública, FELGTB, Asociación Unadikum...

Ler máis...

Presentacion candidatura Pontevedra

Correo-e Imprimir PDF

Alternativa Galega de Esquerda, convídavos a todos este luns 1 de outubro a coñecer aos candidatos de AGE da comarca de cara as vindeiras eleccións. Estarán presentes Claudio Quintillán (ANOVA) Santiago Meis (EU) Serafín Valencia (EQUO), Xoan Hermida (Ecosocialistas) e Vanessa Angustia (EU).

De igual xeito comunicaremos nesta asamblea aberta o calendario de campaña comarcal e convidámosvos a participar nela.

 

 

Xuntanza cos comités de empresa de Adif e Renfe

Correo-e Imprimir PDF

Juan Fajardo (nº 1 da lista de AGE por Pontevedra) e Chelo Martínez (número 2º da candidatura) mantiveron hoxe unha xuntanza cos comités de empresa de RENFE OPERADORA e ADIF para dar traslado do apoio da ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA ás mobilizacións dos traballadores e traballadoras do sector ferroviario amenazados polo proceso privatizador inciado polo PSOE e continuado polo PP mediante o REAL DECRETO 22/2012.
Ler máis...