Este domingo 20 de abril, a partir das 12h na Alameda Vella de Cangas, manifestación convocada por:
- FORO SOCIAL DE CANGAS
- A RÍA NON SE VENDE
- GALIZA NON SE VENDE
Milleiros de persoas saíron da Alameda de Santiago o domingo 17 de febreiro para esixir aos poderes políticos e económicos que deteñan a destrución que infrinxen ao país e para que escoiten á sociedade civil organizada na rede Galiza Non se Vende.
A situación de cobiza actual leva á Terra e á Cidadanía comprometida a berrar e a actuar para frear e deter o ritmo actual de devastación, de acaparamento de recursos, de sobreconsumo e desbaldimento enerxético, de enlousados pétreos artificiais que arruinan a nosa economía, de plans acuícolas que non teñen en conta as inquedanzas do pobo galego, de canteiras que machacan a natureza, de rías que levan no seu interior augas sen depurar, e un longo etcétera digno deste capitalismo salvaxe e bárbaro que padecemos.
Aviso Legal | Mapa do Sitio | © 2006 ESQUERDA UNIDA