O 14 de abril de 1931 a ilusión comezaba a abrirse paso nunha España caduca, dominada polas estruturas caciquís, pola incontestable intromisión dunha Igrexa Católica ben apoiada unha clase dirixente e elitista acomodada, por un exército corporatista e intervencionista, que un ano antes, en 1930, amosara a súa preferencia pola Monarquía e que reflictiría no 36 o seu verdadeiro carácter ao apoiar o golpe de estado.
O xoves 17 de abril, a partir das 19h, no salón de actos da facultade de Ciencias Políticas.
Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, participará no acto homenaxe a Joaquín González, "O Panadeiro de Monte Alto”, que organiza o Partido Comunista de Galicia. O acto terá lugar domingo 6 de abril de 2008 ás 12h, na rúa homónima sita no barrio de Monte Alto, ao lado do mercado. O histórico camarada nace no ano 19 e inicia a súa militancia comunista moi novo, primeiro nas JSU e xa mais tarde no Partido Comunista. Un feito marcará a súa vida para sempre, o inicio dá Guerra Civil, cando apenas tiña 18 anos: os seus irmás son asasinados.
Aviso Legal | Mapa do Sitio | © 2006 ESQUERDA UNIDA