jSharing - JA Teline III

Xuntanza EU-V co SLG

Correo-e Imprimir PDF

Unha delegación da Executiva Nacional de Esquerda Unida manterá este xoves, 7 de xuño, contra ás 10:00 horas da mañán unha xuntanza de traballo co Sindicato Labrego Galego, que virá encabezado pola súa Secretaria Xeral, Carme Freire. 

 

Esquerda Unida vén mantendo unha secuencia de encontros periódicos co Sindicato Labrego Galego  nunha estreita colaboración en diferentes cuestións que importan ao artellamento social e produtivo do país, en materias que van da loita contra o canon do auga ate as propostas varias que inciden na consecución da soberanía alimentar.