Únete a la Izquierda
Ensino | Inmigración | Muller | Mocidade | Cultura | Sanidade | Medio Ambiente | Emprego 
Esta en: Inicio > Actualidade

 

COMUNICADO DO FORO GALEGO DA INMIGRACIÓN

O Foro Galego da Inmigración, do cal forma parte Esquerda Unida, apoia a Presentación Pública das sinaturas da Campaña pola Despenalización do Top-Manta

Miniatura

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia) apoia a Presentación Pública das sinaturas recollidas na Campaña Estatal pola Despenalización do Top-Manta, que tera lugar hoxe martes día 20 de Abril ás 12:00 h. no Círculo de Bellas Artes de Madrid.

A Campaña comezou hai máis dun ano coa recollida de sinaturas pola Despenalización do Top Manta. No acto que se celebra hoxe no Círculo de Bellas Artes de Madrid amosaranse as decenas de miles de sinaturas recollidas, que se presentarán a continuación por rexistro no Parlamento Español. Esta Presentación faise no marco da Reforma do Código Penal que se atopa no momento decisivo da súa negociación.

O PSOE presentou unha segunda proposta, non defintiva, que pese a cambiar de delicto a falta penal a conducta d@s manteir@s, manten a súa regulamentación no Código Penal, empregando por tanto o dereito máis punitivo para conductas de mera sobrevivencia e que pouco desvalor provocan as entidades de xestión dos dereitos de autor, provocando a criminalizació n da pobreza.

Por iso, esiximos a despenalización do top manta e que se exclúa  a súa regulamentación do Código Penal. Agora máis que nunca tempos que berrar: POLA DESPENALIZACIÓN DO TOP MANTA.


 
Aviso Legal | Mapa do Sitio | © 2006 ESQUERDA UNIDA