Únete a la Izquierda
Ensino | Inmigración | Muller | Mocidade | Cultura | Sanidade | Medio Ambiente | Emprego 
Esta en: Inicio > Actualidade

 

5 XUÑO AS 11:30 H. TEATRO PRINCIPAL DE COMPOSTELA

Acto principal do proceso de Refundación da esquerda na Galiza

Miniatura

Hoxe, no Teatro Principal de Santiago de Compostela as 11:30 h. desenvolverse o acto principal do proceso de Refundación da esquerda na Galiza. Este acto supón o lanzamento dun proceso de converxencia da esquerda social e política do pais coa intención de crear un fronte amplo social que sexa quen de loitar contra o pensamento único neoliberal e desenvolver as ferramentas necesarias para, entre todas e todos, dun xeito participativo, transformemos a sociedade.

PORQUE OS TEMPOS SON CHEGADOS,

SUMEMOS ESFORZOS POLA REFUNDACIÓN DA ESQUERDA

Os tempos son chegados. O pobo quere esquerda.

O Capitalismo non é humanizable. Por iso, os programas políticos de acomodo, de reforma, fracasaron. Non, o capitalismo non é humanizable porque o capital non quere esquerda. Non quere obstáculos na súa desenfreada carreira por acumular beneficios.

O Capitalismo non é humanizador: esnaquiza o medioambiente, desfai as relacións sociais, corrompe a actividade política, confronta e mata seres humanos de forma activa, coas guerras de expansión, e de forma pasiva, permitindo que milleiros de persoas morran de fame cada minuto. O capital non quere esquerda. Non é democrático.

Os tempos son chegados. O pobo quere esquerda. O capitalismo logrou que nos atomizáramos; acadou que discutamos entre nós por matices e que nos perderamos nos cruces de camiños para impedir que cheguemos ao punto de encontro e diálogo desexado.

E mentres o facía, de forma calculada, divulgaba desde os seus altares mediáticos que “Non hai alternativa”. Tanto insistiron que domesticaron consciencias, actitudes e hábitos. Negaron a nosa afirmación, a nosa alternativa.

Pero hai alternativa: a esquerda transformadora. Abonda xa de perder o tempo en personalismos ou en protagonismos de portada que a nada nos levan. Temos a obriga de recompoñer as pezas do mosaico ferido.

Refundar a esquerda é iso: unha suma de esforzos. É unha suma para confluír nunha serie de premisas mínimas, pero básicas. Sinxelas, pero transparentes. Para construírmos entre as persoas e organizacións que nos comprometamos os piares da esquerda alternativa, transformadora, anticapitalista que precisa o pobo.

Non será doado, pero é necesario. Temos que sumar o que nos une.

Galicia precísao. Temos que frear a quebra da dignidade humana. Hoxe, todos os eidos esenciais da nosa sociedade están en perigo: a nosa lingua e a nosa cultura; o medio ambiente e a economía; a educación, a sanidade e os servizos públicos... todo é cobizado pola voracidade do capitalismo para sometelo a unha privatización que impediría para sempre a igualdade de oportunidades. Temos que impedir a legalización da discriminación económica e social.

NECESITÁMOSTE A TI, MULLER, A TI, HOME, ATI, POBO


 
Aviso Legal | Mapa do Sitio | © 2006 ESQUERDA UNIDA