Únete a la Izquierda
Ensino | Inmigración | Muller | Mocidade | Cultura | Sanidade | Medio Ambiente | Emprego 
Esta en: Inicio > Actualidade

 

COMPOSTELA, 11 H. 19 DE XUÑO DE 2010

I Xuntanza Aberta do proceso Refundando a esquerda

Miniatura

O Acto do pasado 5 de xuño significou unha pequena pausa no proceso de reflexión iniciado por REFUNDANDO A ESQUERDA. As expectativas, de primeiras, cumpríronse.

Mais, agora, temos que comezar a camiñar xuntos e xuntas. Como dicía o poeta, non hai camiño, faise camiño ao andar. E temos que andar. A forma de andar a marcaremos entre todos e todas.

Este proceso só é entendible desde o contributo, desde a achega, desde a  radicalidade democrática, desde a participación activa das persoas e organizacións que cremos que, en efecto, os tempos son chegados para artellarmos a nosa alternativa.

Somos conscientes do naufraxio das prácticas que procuraron humanizar ou domesticar o capitalismo. Día tras día, as novas semellan representar unha volta de porca máis na nosa caluga. Case non nos deixan respirar. E sobre todo, non nos deixan pensar. Porque non queren. Os versículos deste credo capitalista eloxian o desánimo, a desazón e, por riba de todo, a resignación porque “non hai alternativa posible”.

MENTIRA! Haina.

Temos que unirnos para facer fronte e loitar contra a imposición do novo contrato social do século XXI que vulnera as normas máis elementais da nosa dignidade.

O camiño non será doado. As dúbidas e os medos poboarán as beiras. Só coa lucidez do diálogo e do encontro poderemos vencelos. E se somos quen de iniciar este camiño con sinceridade e transparencia estaremos en disposición, quizais, de vencer ao capitalismo e convencer á sociedade de que hai alternativa ao sistema capitalista. Que é posible facer economía de forma máis humana e en estreita relación coa resposta ás necesidades reais das persoas. Que é posible convivir coa Nai Terra.

O sábado 19 de xuño de 2010, na I XUNTANZA ABERTA DO PROCESO REFUNDANDO A ESQUERDA citémonos todos e todas co ilusionante traballo de iniciar o camiño cara a construción da nosa alternativa, transformadora e anticapitalista.

Vémonos o 19!

Saúdos e apertas

REFUNDANDO A ESQUERDA


 
Aviso Legal | Mapa do Sitio | © 2006 ESQUERDA UNIDA