Únete a la Izquierda
Ensino | Inmigración | Muller | Mocidade | Cultura | Sanidade | Medio Ambiente | Emprego 
Esta en: Inicio > Actualidade

 

EU PARTICIPARÁ ACTIVAMENTE CON FAIXA PROPIA

Esquerda Unida, xunto a outras forzas políticas e sindicais, convoca unha mobilización a prol da Folga Xeral

Miniatura

Coincidindo coa Folga Xeral convocada en Euskadi por LAB e ELA a que se sumou CCOO, Esquerda Unida xunto a outras forzas políticas e sindicais como Esquerda Anticapitalista, PCPG, FPG, Redesescarlata, Adiante, CGT, CUT ou Forza Republicana veñen de convocar unha nova mobilización en Vigo para o martes, 29 de xuño de 2010, as 20:00 h. dende o cruce da Doblada.

A mobilización que foi aprobada na Executiva Nacional de Esquerda Unida, encádrase dentro da estratexia de mobilizacións desenvolvida por Izquierda Unida federal a prol da folga xeral, que comezou coa masiva manifestación desenvolvida o pasado 27 de xuño onde miles de persoas encheron a madrileña Praza Maior, baixo o título “Loitemos polo emprego, por unha alternativa social a crise".

Así pois Esquerda Unida está a traballar para que a cidadanía participe masivamente na folga xeral convocada ante a política antisocial que está a desenvolver o Goberno do PSOE preso do gran capital.

A suba do IVE, a conxelación das pensións, a rebaixa salarial aos empregados e empregadas públicas (moitos deles non son nin mileuristas), a eliminación dos cheques-bebe, a precarización das axudas de dependencia, a ampliación da idade de xubilación, a eliminación de supostos para a xubilación parcial, o aumento dos anos de cotización e, agora, a reforma laboral que incide na precariedade do conxunto de traballadores e traballadoras, obriga a unha contundente contestación da clase traballadora, mediante unha folga xeral.

Fronte os ataques ao estado do mal chamado “estado do benestar” que está a desenvolver o Goberno do PSOE, Esquerda Unida propón entre outras medias:

- Eliminación dos paraísos fiscais

- Creación unha banca pública

- Fiscalidade progresiva

- Recuperación do Imposto de Patrimonio

- Reparto do tempo de traballo


 
Aviso Legal | Mapa do Sitio | © 2006 ESQUERDA UNIDA