jSharing - JA Teline III

Valoración resultados electorais

Correo-e Imprimir PDF

ruben_perez_eu copiar.gif - 21.26 Kb

O consello local de esquerda unida considera históricos os resultados electorais en Vigo e ratifica a estratexia política de EU para esta lexislatura.

O coodenador Local de EU presentou un informe político no que se suliña o histórico crecemento electoral de EU (maís dun 290% o que significan 4193 votos máis) e pasar do 1,59 ao 4,53. EU quedouse a 0,47 puntos e pouco máis de 300 votos do concelleiro. EU considera que o teito do 5% para as forzas políticas que marca a lei electoral e de ser un sistema proporcional o concelleiro 19 (dos 27) corresponderia a EU. Estes serían uns resultados históricos dende 1986 que EU considera un pulo para consolidar definitivamente o proxecto en Vigo

EU ratificou a súa liña política de elaboración dun programa político alternativo para Vigo que vai ser continuada nestes meses, expondo a proposta programática de EU aos colectivos e movementos sociais aos que non se pudo chegar antes e durante o proceso electoral. EU confrontará a proposta política para que sexa un verdadeiro polo alternativo que recolla as demandas e propostas do tecido asociativo da nosa cidade.

O consello local aprobou igualmente un PLAN DE EXTENSIÓN AFILIATIVA de EU que se complementará co artellamento de estructuras descentralizadas da organización nos barrios da cidade co fin de adaptar a proposta programática de EU a realidade dos barrios e ao futuro artellamento distrital que a lei de grandes cidades obrigará se Vigo sube dos 300.000 habitantes. O consello local informou igualmente que ESQUERDA UNIDA dende xaneiro de 2011 experimentou un crecemento afiliativo dun 30% o que facilitará este proceso descentralizado de organización.

O coordenador local de EU, Rubén Pérez, considera que o traballo ilusionante e imprescindible que afronta ESQUERDA UNIDA a partir de agora significa un reto pero unha oportunidade histórica para un verdadeiro proxecto de esquerda anticapitalista e alternativa na nosa cidade.

O consello local aprobou igualmente o relanzamento do proceso de refundación en Vigo que levará a EU a retomar o contacto con outras forzas políticas que se parou durante o proceso para evitar confusións electoralistas e oportunistas. Porque unir a esquerda é máis que sumar votos, e falar e coñecerse nas propostas políticas concretas e nos proxectos políticos reais.