yolanda diaz.jpg - 2.80 Kb

Recortes tamén en cooperación

 

O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere denunciar os brutais recortes acordados pola Xunta de Galicia en materia dos programas de cooperación para as subvencións ao fomento do emprego nas entidades locais e sen ánimo de lucro.

 

O Goberno Municipal non pode descoñecer a enorme laboura que desenvolve nesta cidade o tecido asociativo  de entidades sociais sen ánimo de lucro. E ten que ter presente que o recorte ameaza pola base a capacidade de intervención social das entidades. Cuestións e fenónemos que en eidos como o sociosanitario, o das drogodependencias ou no que atinxe a inmigración impoñen, van impoñer, unha situación de verdadeira emerxencia, dada a prevalencia que teñen nestes programas as devanditas axudas públicas.

 

Entidades sociais que xa están a padecer nestes últimos exercicios recortes nas axudas públicas para os programas que elaboran e que requiren cartos públicos dado que estas entidades atenden servizos públicos para a nosa veciñanza. Servizos que non xera quen debería facelo en primeiro lugar, as administracións públicas.

 

Cando o paro non deixa de crecer co seu cortello de exclusión e necesidade, a Xunta non deixa de afondar nos recortes producindo cada día máis situacións explosivas. Este novo golpe publícase hoxe no DOG e supón unha redución de case 10 millóns de euros para as entidades non lucrativas, nun golpe á partida que supón perder o 54,27% da mesma. Para as entidades locais o recorte todavía é maior o 72,74% de recorte  perdendo máis de 32 millóns de euros.

 

Yolanda Díaz reclámalle ao Goberno Municipal que explique as consecuencias que vai ter para a prestación de servizos e actividades no noso concello semellante recorte. Recorte que tamén vai afectar de xeito especial as posibles contratacións en entidades sociais da cidade que desempeñan un papel sobranceiro na prestación de servizos públicos que non atende este concello ou outras administracións públicas.

 

Eu demanda a alcaldía que se enfronte a este novo recorte e defenda o mantemento das axudas, xa de seu insuficientes, para a crecente demanda cidadá. “O  alcalde ten que plantarse e defender á veciñanaza, non dicir amén aos recortes de Madrid e Compostela”, sinala a Voceira do Grupo.

 

EU vai pedir xa unha Xunta de Voceiros urxente para abordar a situación de excepción que se crea con estes brutais recortes. É o momento de que as entidades se unan en defensa dunhas axudas que fan delas entidades  fundamentais para defender o benestar da nosa veciñanza.

Relacionados